Os muíños de abadín

30
Grupo 2

description

Traballo escolar do grupo 2 do proxecto Muíños

Transcript of Os muíños de abadín

Page 1: Os muíños de abadín

Grupo 2

Page 2: Os muíños de abadín

Un muíño é un aparello que serve para moer

algo, normalmente cereais, especialmente trigo

e millo.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa

sobre a cal se move outra de forma

troncocónica que ao xirar segue a forma do

anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón

chámase moa.

Para movelo, utilizábanse distintos tipos de

enerxía: eólica, hidráulica ou animal.

Page 3: Os muíños de abadín

1. Muíños de vento (tipo Castilla ou tipo Ortega).

2. Muíño de auga.

3. Tahona ou muíño de sangue.

4. Muíño de man.

5. Muíño de máquina ou motor.

Page 4: Os muíños de abadín

Tipo Castilla: estes muíños teñen unha sólida

e alta estrutura. O número de aspas pode

variar entre catro ou seis. Cando o muiñeiro

solta as aspas e pon as súas velas de lona a

través do empuxe do vento, comezan a

realizar o movemento xiratorio polo que se

pon en marcha todo o mecanismo interno

producindo o seu funcionamento.

Page 5: Os muíños de abadín

Tipo Ortega: este construíu un muíño de pivote

con planta rectangular, que se dividía en tres

partes: torre, maquinaria e edificio.

Fíxolle máis fácil o traballo ao muiñeiro, xa que

reuniu nunha soa planta os traballos de moenda

e manexo do gran. O seu número de aspas varía

entre oito e doce na Illa de Palma; e doce, seis

ou catro en Forteventura.

Page 6: Os muíños de abadín

Cando chove nas serras e montañas, a auga flúecara aos ríos e de aí cara ao mar.

A caída da auga leva enerxía cinética e potencial

que se pode aproveitar como fonte de enerxía.

A transformación da enerxía contida nos cursos da

auga en enerxía utilizable pódese facer mediante

unha roda hidráulica. Ao abrir as comportas da presa,

a auga retida pasa a través da turbina causando coa

súa forza motriz a rotación da roda. Deste xeito, o

xerador acoplado á turbina converte a enerxíamecánica en electricidade.

Page 7: Os muíños de abadín

As tahonas, tamén chamadas muíños de

sangue, funcionan a través do movemento que

exerce un animal (burro, cabalo, egua ou

camelo) ou a forza humana ó empuxar unha

viga de madeira curvada, colocada

horizontalmente a uns centímetros do chan. Esta

insértase noutra viga colocada verticalmente

sobre o chan, a modo de punzón. Unida ao

mecanismo de molturación da tahona, permite o

movemento da pedra de moer e a obtención do

preciado alimento.

Page 8: Os muíños de abadín

Os muíños de man construíronse a partir de

pedras basálticas porosas talladas. Podían ter

numerosas formas: naviformes, circulares con

buratos para colocar os dedos na pedra superior,

cun único burato para añadir un corno de cabra

ou pequeño pau co que xirar a pedra superior,

sen burato, tipo morteito, etc.

Os muíños de man modernos chámanse muíños

de pedra e están formados por dúas pedras

circulares de igual tamaño acopladas unha

sobre outra.

Page 9: Os muíños de abadín

Os primeiros eran alimentados por gasoil e,

despois, eléctricos. A súa maior rapidez e

capacidade de molturación fixeron que todos os

anteriores fosen abandonados.

Unha desvantaxe para os muiñeiros foi que

cesou o seu traballo debido a que xa non tiñan

que preocuparse de manter os cabalos,

tampouco tiñan que colocar as velas, etc.

Page 10: Os muíños de abadín

De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da

persoa que leva o gran unha parte (maquía) da

fariña resultante como cobro do seu traballo. O

tamaño da maquía era un neto, cantidade

regulada polo concello.

De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do

muíño é compartida e transmítese por herdanza.

As quendas de uso regúlanse por un tempo

determinado. Deste uso compartido xurdían

relacións sociais e comunais moi ricas, por

exemplo as muiñadas (festas nocturnas nos

muíños).

Page 11: Os muíños de abadín

Os muíños poden ter diferentes usos, como por

exemplo:

Moenda de grans.

Bombeo de auga.

Saída eléctrica.

Aireación dun estanque.

Muíños de vento de xardín.

Page 12: Os muíños de abadín

Consiste en transformar os grans de trigo en

fariña. Os primeiros muíños de vento utilizáronse

para moer os grans cun fin agrícola. Os muíños

modernos utilizados para esta tarefa funcionan a

base de electricidade ou combustibles fósiles.

Page 13: Os muíños de abadín

Outra función dos muíños de vento é bombear

auga dende os pozos para o rego. Así permiten

que os cultivos se ocupen grandes extensións de

terreo.

Page 14: Os muíños de abadín

Algúns muíños teñen tamén a función de xerar

electricidade. A enerxía eólica obtense a partir

da forza de correntes de aire e aprovéitase

transformándoa en electricidade, entre outras

formas de enerxía.

Page 15: Os muíños de abadín

Os muíños de especializados axudan a airear os

estanques co fin de controlar os contaminantes

e as algas. En lugar de bombear a auga, estes

muíños de vento bombean o aire dentro do

estanque.

Os muíños de vento de xardín están deseñados

principalmente para decorar, aínda que poden ser

equipados para converterse en aireadores en

estanques pequenos.

Page 16: Os muíños de abadín

1. Muíños fariñeiros.

2. Muíños aceiteiros.

Page 17: Os muíños de abadín

A auga recollíase do río mediante unha

pequena presa ou azud, circulaba por unha

canle e chegaba ata o cubo do muíño (pozo). O

cubo tiña a función de almacenar a auga, pero

tamén conseguir que esta tivera máis presión

para poder mover a roda de madeira (pás) que

facía xirar a pedra de moer. Despois a auga saía

por debaixo do muíño e volvía ao río.

Page 18: Os muíños de abadín

Durante cada xornada laboral había que

cargar as olivas dende as troxes ata o muíño,

coidar da molturación arrimando o froito á moa,

transportar a pasta oleosa obtida no muíño ata

a regaifa, manipular a prensa e formar o cargo

cos capachos, vixiar a caldeira e quentar a

auga para o prensado e sacar o aceite dos

decantadores para o seu almacenamento na

bodega.

Page 19: Os muíños de abadín

A gradilla é unha

grade ou reixa que

impide o paso de paus

ou pedras ao cubo.

O inferno é a abertura

no edificio do muíño, na

que desemboca o cano e

permite pasar a auga

cara á maquinaria.

Inferno con gradilla

Page 20: Os muíños de abadín

A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe

descendente que se chama cubo e acaba nun

picho chamado buzo.

A saída da auga do buzo cara

ao rodicio regúlase cunha billa.

Page 21: Os muíños de abadín

O rodicio é a roda con penas (pás) que converte

a velocidade da auga en movemento xiratorio

que se transmite ás pedras de moer.

O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesa

de madeira e é suxeitado na parte superior por un

eixo que consta de vara, zuncho, veo e varela.

Rodicio

Page 22: Os muíños de abadín

No andar superior do edificio atópase o

tremiñado, desde onde o muiñeiro

controla a altura da mesa (e polo tanto a

velocidade do rodicio) mediante un ferro

chamado brandeiro.

Brandeiro

Page 23: Os muíños de abadín

O gran deposítase nun recipiente suxeito pola

escada, chamado moega. O muiñeiro controla a

caída do gran cara ás pedras por medio dunha

caneta.

Hai dúas pedras de moer ou moas: unha fixa ou

pé e outra móbil ou capa que roda sobre a fixa.

Moega

Page 24: Os muíños de abadín
Page 25: Os muíños de abadín

O NOSO MUÍÑO

Nome: o muíño de Corvite.

Page 26: Os muíños de abadín

O NOSO MUÍÑO

Os seus usos: usámolo para obter fariña de trigo

ou centeo. Aínda se segue utilizando

actualmente, pero con menos frecuencia

porque só é empregado polo seu dono.

Page 27: Os muíños de abadín

O NOSO MUÍÑO

Construción: leva en pé dende 1907, aínda que

con algunha reparación como a que se iniciou

en 2004 e continúa actualmente.

Propiedade: pertence a unha soa persoa.

Importancia na comarca: tivo pouca, pero moita

vida xa que era o único desa parroquia.

Page 28: Os muíños de abadín

O NOSO MUÍÑO

Estado: Bo, en reparación.

Nº de visitas: Non ten visitantes.

Curiosidade: O anterior propietario morreu na

escaleira do muíño desangrado por culpa

dunhas varices.

Page 29: Os muíños de abadín

O NOSO MUÍÑO

Historia:

Isto ocorreu fai moitos anos, cando aínda había que

gardar turno para moer.

“Un día un veciño da miña avoa levou dous ferrados

para moer o día que lle correspondía. Ao día seguinte,

cando ía recoller a fariña, encontrou que o muíño

estaba baleiro, roubáranlla. Ao voltar cara á porta

encontrouse cun escrito que dicía: “A necesidade

carece de lei ; segundo a levo, xa a volverei.”

Non se soubo quen a roubara e o conto quedou así,pero meses máis tarde, cando se recolleu o trigo, este

veciño quedou asombrado xa que tiña un saco de

trigo diante da porta.”

Page 30: Os muíños de abadín

Grupo 2:

- Iván B.

- Lucía B.

- Adrián B.

- Hugo B.

- Marcos L.

- Uxía P.

- Iván S.