PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da...

47
PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA IES “EDUARDO BLANCO AMOR” OURENSE

Transcript of PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da...

Page 1: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

IES “EDUARDO BLANCO AMOR” OURENSE

Page 2: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

DAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 1º ESO

MATERIA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

A programación da terceira avaliación sofre unha adaptación como consecuencia do

estado de alerta decretado polas autoridades competentes. As adaptacións que se fan

seguen as indicacións dás Instrucións do 27 de abril de 2020, dá Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ou desenvolvemento do

terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes dá Comunidade

Autónoma de Galicia. Neste sentido non se programan novos contidos. Realizarase un

repaso, reforzo e nos casos necesarios recuperación, dos contidos que se impartiron

durante as dúas primeiras avaliacións. Nalgún caso coméntase algún contido novo que

sirva de apoio a contidos xa impartidos, e sempre baixo a perspectiva de beneficiar ao

alumno.

En relación aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles, ao

tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados nas

dúas primeiras avaliacións, mantéñense igual que os que xa figuran na

programación realizada para esas dúas avaliacións previas.

2.- ACTIVIDADES

As actividades que se propoñen teñen como principal obxectivo axudar a adquirir as

competencias básicas e imprescindibles que deberían ter os alumnos nas dúas primeiras

avaliacións. Neste sentido propóñense:

Actividades de reforzo e ampliación relacionadas cos contidos xa vistos nas

dúas primeiras avaliacións. Estas realízanse a través do aula virtual do centro mediante

cuestións que se lles plantexan aos alumnos, e que estes poden resolver perfectamente

co material do que xa dispoñen.

- Actividades de repaso consistentes na elaboración de resumos dos aspectos

fundamentais dos diferentes contidos. Estes envíanos ao profesorado empregando tamén

a aula virtual do centro. Tamén se lle plantea ao alumnado a posibilidade de que fagan

Page 3: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

traballos propostos por eles mismos e de curta extensión.

- Actividades de recuperación, empregando como ferramenta básica as

diferentes preguntas que xa se realizaron nas diferentes probas que tiveron nas dúas

avaliacións e que se aclararon, revisaron e reflexionaron no seu momento en clase.

Todas estas actividades teñen un seguimiento directo do profesorado, utilizando

mensaxes no aula virtual para aclarar calquera dúbida ou problema que lle xurda ao

alumnado.

3.- AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A nota final será a media aritmética das notas da primeira e segunda avaliación.

Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas (ampliación, reforzo e

repaso) e o interese mostrado durante o período de formación non presencial. En

todo caso, isto último só poderá terse en conta en sentido positivo na calificación

do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5 puntos.

Page 4: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 3º ESO

MATERIA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

Como consecuencia do estado de alerta decretado polas autoridades competentes, as

programacions das diferentes materias impartidas polo Departamento, e en concreto a de

Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO, sofren unha necesaria adaptación para esta terceira

avaliación. Ditas adaptacións pretenden ir acorde coa situación na que nos atopamos e

seguen as indicacións dás Instrucións do 27 de abril de 2020, dá Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do

terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes dá Comunidade

Autónoma de Galicia. Seguindo estas directrices, non se programan novos contidos. A

actividade global consistirá fundamentalmente nun repaso, reforzo e nos casos

necesarios recuperación, dos contidos impartidos durante as dúas primeiras avaliacións.

Realizaranse tamén comentarios básicos de novos contidos desde a perspectiva de que

sirvan de apoio á contidos xa impartidos, e sempre coa intención de beneficiar ao alumno.

Con respecto aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles,

ao tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados

nas dúas primeiras avaliacións, mantéñense sen cambios en relación aos que xa

figuran na programación feita para as dúas primeiras avaliacións xa realizadas.

2.- ACTIVIDADES

O principal obxectivo das actividades que se propoñen é axudar a adquirir as

competencias básicas e imprescindibles que deberían ter os alumnos nas dúas primeiras

avaliacións. Neste sentido propóñense:

- Actividades de reforzo e ampliación, que estarían relacionadas cos contidos xa

vistos nas dúas primeiras avaliacións. Levaríanse a cabo a través do aula virtual do centro

utilizando preguntas e cuestións que se lles plantexen aos alumnos, e que estes poden

resolver perfectamente co material que se utilizou para as ditas dúas primeiras avaliacións.

Page 5: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

Nas actividades de ampliación avánzase na programación realizando resumos e

cuestións de contidos novos. Devanditos resumos son remitidos ao profesor utilizando

tamén a aula virtual do centro, wasap, etc

- Actividades de repaso, que fundamentalmente consisten na elaboración de

resumos dos aspectos máis destacables dos diferentes contidos. Devanditos resumos son

remitidos ao profesor utilizando tamén a aula virtual do centro, wasap, etc

- Actividades de recuperación, neste caso utilizamos como ferramenta de traballo

básica as diferentes preguntas que xa se realizaron nas probas que tiveron nas dúas

avaliacións e que se aclararon, revisaron e reflexionaron no seu momento na clase.

Como se mencionou anteriormente tamén se empregan actividades de ampliación de

contidos, pero sempre baixo a premisa de que se terán en conta dun xeito positivo para o

alumno. Estas actividades teñen un seguimiento directo do profesorado, utilizando

mensaxes na aula virtual ou wasap para aclarar calquera dúbida ou problema que lle

xurda ao alumnado.

3.- AVALIACIÓN. CALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A avaliación final do alumno terá en conta os seguintes parámetros:

A nota final será a media aritmética das notas da primeira e segunda

avaliación. Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas (ampliación,

reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período de formación non

presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en sentido positivo

na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5 puntos.

Page 6: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 3º PMAR

MATERIA: AMBITO CIENTÍFICO E MATEMÁTICO II

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

Debido a situación excepcional do estado de confinamento, a imposibilidade de

realizar clases presenciais, por mor da Pandemia do covid-19 e seguindo as directrices

impostas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Departamento de Bioloxía-

Xeoloxía, realiza as seguintes modificacións na programación da terceira avaliación, tanto

a nivel dos contidos que se van a desenvolver, a través de actividades propostas,

encamiñados a reforzar, repasar e, de ser o caso ampliar, os mesmos; medidas para a

recuperación das avaliacións suspensas e establecer novos criterios de avaliación global.

En relación aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles, ao

tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados nas

dúas primeiras avaliacións, mantéñense igual que os que xa figuran na

programación realizada para esas dúas avaliacións previas.

2. ACTIVIDADES

Os alumnos recibiron as instruccións para realizar as actividades que, unha vez

rematadas, deben devolver vía telemática ao profesor. As tarefas han ser revisadas e

cualificadas, constituíndo o principal elemento para valorar o esforzo do alumnado durante

a derradeira avaliación do curso.

Exemplos de actividades son:

Page 7: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

1º.- Actividades de repaso, reforzo e recuperación de matemáticas da 1ª avaliación

1.1. Realización de exercicios de operacións de números enteiros e racionais.

1.2. Realización de exercicios de potencias de expoñente enteiro

1.3. Realización de exercicios de notación científica e unidades de medida.

2º.- Actividades de repaso, reforzo e recuperación de matemáticas da 2ª avaliación

2.1. Realización de exercicios do teorema de Pitágoras

2.2. Realización de exercicios do teorema de Tales

2.3. Realización de exercicios de escalas semellanzas

2.4. Realización de exercicios de áreas de triángulos e cuadriláteros (cuadrado,

rectángulo, polígono regular, rombo, trapecio)

2.5. Realización de exercicios de áreas e volúmenes de prismas e pirámides.

2.6. Realización de exercicios da circunferencia e do círculo.

2.7. Realización de exercicios de área e volumen de cilindro, cono e esfera.

3º .- Actividades de ampliación de matemáticas (3ª avaliación)

3.1. Realización de exercicios de operacións de polinomios

3.2. Realización de exercicios de identidades notables

3.3. Realización de exercicios de resolución de ecuacións de primer grado

3.4. Realización de exercicios de ecuacións de segundo grado

3.5. Realización de exercicios de sistema de ecuacións

4º.- Actividades de repaso, reforzo e recuperación de física-química da 1ª avaliación

4.1. Realización de exercicios da Ley de Boyle-Mariotte

4.2. Realización de exercicios da ley de Charles y Gay-Lussac

4.3. Realización de exercicios da estructura do átomo.

4.4. Realización de exercicios da táboa periódica.

4.5. Realización de exercicios relacionados co enlace químico.

5º.- Actividades de repaso, reforzo e recuperación de bioloxía da 2ª avaliación

Page 8: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta.

5.2. Realización de exercicios sobre os distintos tipos de tecidos

5.3. Realización de exercicios relacionados cos alimentos e as dietas

5.4. Realización de exercicios relacionados co aparato dixestivo e a dixestión

5.5. Realización de exercicios relacionados co aparato respiratorio e a respiración.

5.6. Realización de exercicios relacionados co aparato circulatorio e a circulación

sanguinea.

5.7. Realización de exercicios relacionados co aparato urinario e a excreción.

5.8. Realización de exercicios relacionados cas enfermidades de todos estos aparatos.

6º .- Actividades de ampliación de bioloxía (3ª avaliación)

6.1. Realización de exercicios sobre os órganos dos sentidos

6.2. Realización de exercicios sobre o sistema nervioso

6.3. Realización de exercicios relacionado sobre o sistema endocrino

6.4. Realización de exercicios relacionados sobre o aparato locomotor

6.5. Realización de exercicios sobre o aparato reproductor humano

6.6. Realización de exercicios sobre o desarrollo embrionario

6.7. Realización sobre métodos anticonceptivos

3.- AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A cualificación final do curso obterase de facer a media dos exames das dúas

primeiras avaliacións. Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas

(ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período de

formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en

sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 2 puntos.

Terase tamén presentes as dificultades de caracter tecnolóxico, social ou persoal

de cada alumno.

Page 9: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 4º ESO

MATERIA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

Como consecuencia do estado de alerta decretado polas autoridades competentes, as

programacions das diferentes materias impartidas polo Departamento, e en concreto a de

Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, sofren unha necesaria adaptación para esta terceira

avaliación. Ditas adaptacións pretenden ir acorde coa situación na que nos atopamos e

seguen as indicacións dás Instrucións do 27 de abril de 2020, dá Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do

terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes dá Comunidade

Autónoma de Galicia. Seguindo estas directrices, non se programan novos contidos. A

actividade global consistirá fundamentalmente nun repaso, reforzo e nos casos

necesarios recuperación, dos contidos impartidos durante as dúas primeiras avaliacións.

Realizaránse tamén comentarios básicos de novos contidos desde a perspectiva de que

sirvan de apoio á contidos xa impartidos, e sempre coa intención de beneficiar ao alumno.

Con respecto aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles,

ao tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados

nas dúas primeiras avaliacións, mantéñense sen cambios en relación aos que xa

figuran na programación feita para as dúas primeiras avaliacións xa realizadas.

2.- ACTIVIDADES

Os alumnos recibiron as instruccións de cada profesor para realizar tarefas, resumes,

cuestións ou traballos que, unha vez rematados, deben devolver vía telemática (por

correo electrónico, whatsapp, aula virtual, etc) ao profesor correspondente. As tarefas han

ser revisadas e cualificadas, constituíndo o principal elemento para valorar o esforzo do

alumnado durante a derradeira avaliación do curso.

Algúns exemplos de actividades son:

Page 10: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

Actividades de ampliación:

A.- Ler o libro de texto e facer un resumo dos temas que quedaron sen ver, respondendo

as cuestións que veñen ao final de cada tema.

B – Responder unha serie de cuestións, formuladas e enviadas polo profesor,

relacionadas cos temas que quedaron sen ver. O libro de texto vai servir como guía

fundamental para respondelas, sen prexuízo de que poidan utilizar outras fontes de

coñecemento.

Actividades de reforzo, repaso e recuperación

A.- Ler o libro de texto e facer un resumo dos temas estudiados na primeira e segunda

avaliación, respondendo as cuestións que veñen ao final de cada tema.

B – Responder unha serie de cuestións, formuladas e enviadas polo profesor,

relacionadas cos temas da primeira e segunda avaliación . O libro de texto vai servir como

guía fundamental para respondelas, sen prexuízo de que poidan utilizar outras fontes de

coñecemento.

C – Facer pequenos traballos (de un par de folios como máximo) de temas escollidos polo

profesor e relacionados coas unidades didácticas do libro.

D – Baseándose en presentacións gráficas aportadas polo profesor na aula virtual,

responder as cuestións prantexadas ou facer as tarefas asociadas ás mesmas.

3.- AVALIACIÓN. CALIFICACIÓN. NOTA FINAL

Os instrumentos para a avaliación do 3º trimestre serán, polo tanto:

1 – As cualificacións das tarefas e traballos realizados durante os meses de abril, maio e

xuño.

2 – O interese e maila actitude que cada alumno teña amosado no desenvolvemento das

mesmas (puntualidade nas entregas, limpeza e orde nas mesmas, concreción e

exactitude nas respostas, etc).

Evidentemente, aínda que a metodoloxía empregada nesta parte final do curso é moi

diferente á usada anteriormente, o libro de texto é o mesmo, as cuestións son semellantes

e as competencias básicas que se perseguen son exactamente as mesmas que as que

están reflectidas na programación xeral do departamento. Se acaso, por mor de empregar

os móbiles, o correo electrónico, aula virtual, etc, traballaríase lixeiramente mellor a

competencia dixital.

Page 11: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

A cualificación final será o resultado de calcular a media das notas obtidas nos

dous primeiros trimestres. Realizarase tamén a avaliación das actividades

realizadas (ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período

de formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en

sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5

puntos.

Recuperación e atención á diversidade:

Os alumnos con avaliacións suspensas ou con necesidades especiais, ante a

imposibilidade de facer exames de recuperación presenciais, recibirán tarefas adicionais

dirixidas a reforzar os coñecementos e a acadar as competencias básicas non adquiridas

na primeira parte do curso. As cualificacións de ditas tarefas servirán como instrumento

para recuperalas e poder aprobar (se é o caso) a asignatura.

Un exemplo de ditas tarefas é:

Contestar correctamente unha serie de cuestións escollidas polo profesor. Estas cuestións

han ser prácticamente todas as máis importantes que xa se viron na aula, xa caeron nos

exames e xa foron corrixidas a posteriori. Respondidas axeitadamente, poden ser un

sucedáneo válido para avalialos. En todos os casos, teranse presentes as dificultades de

carácter tecnolóxico, social e persoal de cada alumno, no caso de que non poida facer ou

presentar algunha destas tarefas.

Page 12: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 4º ESO

MATERIA: CULTURA CIENTÍFICA

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

Debido a situación excepcional do estado de confinamento, a imposibilidade de

realizar clases presenciais, por mor da Pandemia do covid-19 e seguindo as directrices

impostas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Departamento de Bioloxía-

Xeoloxía, realiza as seguintes modificacións na programación da terceira avaliación, tanto

a nivel dos contidos que se van a desenvolver, a través de actividades propostas,

encamiñados a reforzar, repasar e, de ser o caso ampliar, os mesmos; medidas para a

recuperación das avaliacións suspensas e establecer novos criterios de avaliación global,

e de ser o caso de promoción e titulación.

Con respecto aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles,

ao tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados

nas dúas primeiras avaliacións, mantéñense sen cambios en relación aos que xa

figuran na programación feita para as dúas primeiras avaliacións xa realizadas.

2. ACTIVIDADES

1º.- Actividades de ampliación:

1.1.- Búsqueda de información sobre 10 enfermidades producidas por bacterias, sobre os

seguintes puntos: nome da enfermidade – nome científico do axente patóxeno – ciclo

epidemiolóxico – a que órganos afecta – análise da súa mortalidade e morbilidade.

1.2.- Búsqueda de información sobre 10 enfermidades producidas por virus, sobre os

seguintes puntos: nome da enfermidade – nome científico do axente patóxeno – ciclo

epidemiolóxico – a que órganos afecta – análise da súa mortalidade e morbilidade.

2º.- Actividades de reforzo:

2.1.- Esta materia non amosa contidos que supoñan un esforzo de comprensión e

Page 13: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

entendemento grande por parte dos alumnos/as, por este motivo e dada a baixa

porcentaxe de alumnos/as que non superan algunha avaliación, decídese, en principio,

prescindir deste tipo de actividades, por consideralas pouco relevantes e resolutivas e

establecer, como prioritarias as de ampliación e recuperación para os alumnos/as

afectados. Deste xeito, evitamos, ademais, a posible sobrecarga de traballos que estes

alumnos terán que afrontar nunhas condicións que precisamente, consideramos, non

idóneas.

3º.- Actividades de Recuperación

Establécense dous tipos de actividades por cada avaliación, para superar as

avaliacións suspensas, deste xeito en cada avaliación haberá dúas opcións excluíntes,

que cada profesor coordinará cos seus respectivos alumnos/as

3.1.- Actividades de recuperación para a 1º Avaliación

3.1.1.- Realización e resolución de cuestións relacionadas cos temas

desenvolvidos durante ese trimestre e que serán remitidos aos respectivos alumnos, os

cales os remitiran unha vez resoltos ao seu respectivo profesor, polos medios ou sistemas

acordados con eles.

3.1.2.- Realización dun traballo relacionado co tema de recursos renovables, que o

profesor correspondente detallará pola vía empregada habitualmente durante este

confinamento, cos seus respectivos alumnos/as.

3.2.- Actividades de recuperación para a 2º Avaliación

3.2.1.- Realización e resolución de cuestións relacionadas cos temas

desenvolvidos durante ese trimestre e que serán remitidos aos respectivos alumnos, os

cales os remitiran unha vez resoltos ao seu respectivo profesor, polos medios ou sistemas

acordados con eles.

3.2.1.- Realización dun traballo relacionado co tema de contaminación de augas,

que o profesor correspondente detallará pola vía empregada habitualmente durante este

confinamento, cos seus respectivos alumnos/as.

AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A cualificación global do curso obterase de facer a media dos exames das dúas

primeiras avaliacións. Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas

Page 14: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

(ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período de

formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en

sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5

puntos.

Como resulta obvio, por mor desde estado de confinamento e ante a

imposibilidade de realizar clases presenciais, resultará imposible poder avaliar de

xeito obxectivo e preciso, tódalas competencias establecidas por este

Departamento para este nivel, por esta razón, utilizaremos para esta función, sólo

aquelas que consideramos que fan un fiel reflexo da súa merecida cualificación.

Page 15: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 1º BACHARELATO

MATERIA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1.- IDENTIFICACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS

IMPRESCINDIBLES

Con respecto á identificación dos estándares de aprendizaxe e as competencias

imprescindibles que debe desenvolver o alumnado e que servirán de referente para o

deseño das actividades de repaso, reforzo, ampliación e recuperación dos contidos

traballados no primeiro e segundo trimestre, mantéñense os relacionados cas seguintes

unidades didácticas e que figuran na programación inicial:

- Tema 1. A materia viva

- Tema 2. A vida e a súa organización

- Tema 3. Os tecidos

- Tema 4. As funcións de reprodución

2. ACTIVIDADES

Actividades de ampliación:

Ademais de actividades relacionadas cas unidades didácticas anteriormente citadas,

propuxéronse as seguintes:

Finalización e entrega dos traballos grupais relacionados cas funcións vitais

dos seres vivos que foron iniciados con anterioridade ó inicio do período de

formación non presencial.

Outras actividades transversais e interdisciplinares de interese científico.

Actividades de reforzo e repaso:

As actividades de reforzo e repaso realizaranse en base ás seguintes unidades didácticas

xa citadas:

- Tema 1. A materia viva

- Tema 2. A vida e a súa organización

Page 16: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

- Tema 3. Os tecidos

- Tema 4. As funcións de reprodución

Actividades de recuperación

Para a recuperación dos contidos non superados na 1ª e 2ª avaliación proporase a

resolución de cuestións e/ou un traballo relacionados cos contidos desenvolvidos en cada

un dos trimestres. Dito traballo deberá realizarse a man por parte do/a alumno/a e terá

unha extensión mínima que se concretará.

O/a alumno/a deberá entregar ó/á profesor/a ditas cuestións e/ou traballo nos prazos

establecidos e a través dos medios ou canles acordados.

3. AVALIACIÓN. CALIFIACIÓN. NOTA FINAL

A avaliación final realizarase en base ós estándares de aprendizaxe e competencias

previamente definidos.

A calificación final da materia será o resultado da media aritmética das calificacións

obtidas nas probas escritas realizadas durante as dúas primeiras avaliacións.

Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas (ampliación, reforzo e

repaso) e o interese mostrado durante o período de formación non presencial. En

todo caso, isto último só poderá terse en conta en sentido positivo na calificación

do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5 puntos. A calificación da terceira

avaliación coincidirá ca calificación final da materia.

No caso do alumnado que deba realizar actividades de recuperación da 1ª e/ou 2ª

avaliación, terase en conta a superación ou non de ditas actividades.

Dadas as circunstancias actuais, valoraranse as posibles dificultades de carácter

tecnolóxico, social ou persoal de cada alumno/a.

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

Page 17: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

NIVEL: 2º BACHARELATO

MATERIA: BIOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE IMPRESCINDIBLES

1. - Explica os elementos químicos fundamentais que forman os seres vivos, compara a

súa proporción nos seres vivos e no resto da Terra e explica por que o carbono é o

elemento químico básico na constitución dos seres vivos.

2.- Define os conceptos de principio inmediato e de monómeros distinguindo os

diferentes grupos funcionais presentes neles, e cita as interaccións moleculares que

manteñen as estruturas das macromoléculas.

3.- Identifica a estrutura da molécula de auga e as súas propiedades físicas e químicas,

en relación coas súas funcións biolóxicas.

4.- Define o concepto de pH e explica a importancia e o funcionamento dos sistemas

tampón.

5.- Explica as dúas formas nas que se presentan os sales minerais nos seres vivos e as

súas funcións biolóxicas, así como a acción osmótica e a importancia do equilibrio iónico,

dada a acción específica dos ións.

6.- Identificar a natureza química dos glícidos e clasificalos en función dos seus

monómeros.

7.- Destacar a importancia biolóxica dos carbonos asimétricos e a súa consecuencia: a

estereoisomería dos monosacáridos.

8.- Describir e explicar como se forma o enlace O-glicosídico e enumerar as funcións dos

principais disacáridos.

9.- Formular e describir os oligosacáridos, os polisacáridos e os compostos mixtos

(peptidoglicáns e glicoproteínas) máis importantes, e explicar as súas funcións biolóxicas

10.- Recoñecer a heteroxeneidade do grupo de compostos considerados lípidos e

clasificalos.

11.- Recoñecer, formular esquematicamente e clasificar os ácidos graxos, e enunciar as

Page 18: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

características peculiares dalgún dos seus derivados.

12.- Identificar a estrutura molecular dunha graxa neutra e dun lípido de membrana, e

construír as fórmulas de triacilglicéridos e fosfolípidos a partir dos seus compoñentes.

13.- Describir a estrutura molecular dos terpenos e dos esteroides, e enumerar os

diferentes tipos e as súas funcións biolóxicas.

14.- Comprender o comportamento no medio acuoso das moléculas dos lípidos e explicar

as súas propiedades para a constitución das membranas. .

15.- Describe a fórmula xeral dos aminoácidos e as súas propiedades, clasifica e explica a

formación do enlace peptídico.

16.- Describe as estruturas que adquiren as proteínas e as interaccións que as manteñen.

Clasifícaas en niveis estruturais, explicando os conceptos de conformación e

desnaturalización, e a relación entre a estabilidade da conformación dunha proteína, a

súa estrutura primaria e a súa función.

17.- Explica a clasificación das proteínas pola súa composición, pola súa estrutura e polas

súas funcións, e as características da súa funcionalidade, a súa especificidade e a súa

versatilidade.

18.- Explica os conceptos de catalizador e de encima, en que consiste a catálise e a

cinética química, os mecanismos de actuación dos encimas e as características da súa

acción, e os factores que inflúen nesta.

19.- Expón o concepto de inhibidor, os tipos de inhibición, os mecanismos de acción e de

regulación dos enzimas alostéricos e as características específicas destes.

20.- Expresa o concepto de vitamina (clásico e moderno), a clasificación dos tipos de

vitaminas, as funcións destas e a relación entre os conceptos de coenzima e vitamina.

21.- Sinala as distintas bases nitroxenadas indicando os nucleósidos e nucleótidos que

forman, a súa clasificación e a formación do enlace N-glicosídico.

22.- Menciona os principais nucleótidos libres (non nucleicos) e as súas funcións, e

formula esquematicamente os distintos tipos de ácidos nucleicos (polinucleótidos),

sinalando que teñen en común e cales son as súas diferenzas.

23.- Describe o modelo de Watson e Crick para a estrutura do ADN; diferencia os tipos de

ARN, a súa estrutura básica e as súas funcións, e explica por que os ácidos nucleicos

poden conter información.

24.- Sinala os datos experimentais que levaron á proposición do modelo de Watson e

Crick e explica como contribuíu o descubrimento do modelo de estrutura do ADN a

reforzar a hipótese sobre a súa función.

25.- Explica o significado da teoría celular e valora a súa importancia como teoría básica

Page 19: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

da bioloxía, as súas anotacións na actualidade, a importancia dos descubrimentos en

microscopía en relación co estudo da célula e as achegas de Ramón y Cajal á

xeneralización da teoría celular.

26.- Compara a organización celular procariota e eucariota como a división fundamental

entre os seres vivos, sinalando similitudes e diferenzas na súa composición química,

estrutura e función.

27.- Enumera e interpreta as semellanzas e as diferenzas entre as células animais e as

das plantas, e a estrutura interna dunha célula eucariótica animal e unha vexetal, e dunha

célula procariótica –tanto no microscopio óptico coma no electrónico–, identificando os

seus orgánulos e describindo a función que desempeñen.

28.- Modelo da membrana plasmática de Singer & Nicholson, indicando as súas

moléculas constitutivas e a disposición que estas adoptan, e explica a composición

química e a función do glicocálix.

29.- Analiza a necesidade do transporte a través da membrana, cada un dos tipos de

transporte transmembrana e os distintos modelos de transporte por desprazamento da

membrana celular.

30.- Sinala a forma e as características dos distintos tipos de unións intercelulares.

31.- Detalla a estrutura e a composición química da parede celular das plantas, dos

fungos e das bacterias.

32.- Explica as características e misións do hialoplasma, citando as funcións e os

elementos compoñentes do citoesqueleto.

33.- Sinala a composición química, a estrutura e a función dos ribosomas, os centríolos,

os cilios, os flaxelos e as inclusións.

34.- Describe a orixe, a morfoloxía e as funcións do retículo endoplasmático e do aparato

de Golgi.

35.- Describe a orixe, a morfoloxía, os tipos e as funcións dos lisosomas, os peroxisomas

e os vacúolos.

36.- Coñece a orixe, a morfoloxía, a composición química e a actividade metabólica do

núcleo.

37.- Analiza a ultraestrutura e a función da cuberta nuclear, describindo a estrutura dun

poro nuclear (complexo do poro), e sinala as características de permeabilidade desta

envoltura.

38.- Explica as características da cromatina e describe a morfoloxía, a composición

química e a función do nucléolo.

39.- Coñece a natureza dos cromosomas, a súa estrutura, a súa clasificación e a

Page 20: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

terminoloxía relacionada con eles.

40.- Describe as características, a morfoloxía, as estruturas e os compoñentes das

mitocondrias e sinala a súa función metabólica.

41.- Diferencia os distintos tipos de plastos, as súas relacións e as súas respectivas

funcións metabólicas, analizando a morfoloxía dos cloroplastos en comparación coas

mitocondrias.

42.- Define ciclo celular, describindo as características xerais da interfase e os

acontecementos de cada unha das súas fases.

43.- Desenvolve o concepto de mitose e explica a función biolóxica deste proceso,

analizando os acontecementos celulares que acontecen en cada fase. Explica o proceso

da citocinese, detallando as diferenzas que existen entre a citocinese de células animais e

a das plantas.

44.- Explica o concepto e a función biolóxica da meiose, detallando os procesos que

teñen lugar en cada fase, e relacionando conceptos como quiasma, recombinación,

sobrecruzamento, variabilidade xenética e formación dos gametos.

45.- Cita as diferenzas e as similitudes entre o proceso mitótico e o meiótico, compara os

mecanismos da reprodución sexual e asexual, e explica a regulación do ciclo celular.

46.- Distingue os tipos de células e os procesos anabólicos e catabólicos en función das

necesidades de intercambio de materia e enerxía co medio, e realiza un esquema do ciclo

enerxético da célula.

47.- Explica a función do ATP como intermediario universal de enerxía libre, a do NAD

como intermediario na transferencia de electróns, e a do CoA como intermediario de

grupos químicos activados.

Sinala as distintas formas de reserva de glicosa, os procesos e as células en función do

último aceptor dos electróns; e explica cada unha das etapas da glicólise.

48.- Realiza un balance de enerxía, un esqueleto hidrocarbonado, un balance de ATP e

unha recuperación NAD.

49.- Explica como se obteñen as unidades de glicosa a partir de glicóxeno, amidón e

disacáridos, e describe a regulación dos glícidos.

50.- Identifica os reactivos, as fases e a ecuación global da respiración celular.

51.- Establece as conexións entre a glicólise e o acetil-CoA.

52.- Sinala as etapas, as características, o balance e a ecuación global do ciclo de Krebs.

53.- Explica as etapas do transporte de electróns, o papel do osíxeno e a síntese de ATP.

Page 21: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

54.- Describe os sistemas de lanzadeiras e obtén o balance global da respiración,

comparando o seu rendemento co das rutas fermentativas e a respiración celular.

55.- Define o proceso da fotosíntese, indicando que organismos a realizan, cal é a súa

función, cales as súas fases, a procedencia do osíxeno molecular desprendido e a súa

ecuación xeral, e poñendo de manifesto o seu carácter redox con necesidade de enerxía.

56.- Explica os principais pigmentos fotosintéticos, a súa función, o concepto de

fotosistema, como se produce o fluxo de electróns impulsado pola luz (á vista do chamado

esquema Z), o balance global da fase lumínica e como se produce a fotofosforilación no

fluxo cíclico e non cíclico.

57.- Describe o proceso de fixación do CO2 e a demostración de como se produce a

obtención neta dunha molécula de glicosa a través das etapas do ciclo de Calvin, e

confecciona o balance global deste ciclo, extraendo as conclusións sobre os

requirimentos enerxéticos que deben proceder da fase lumínica.

58.- Resume o fenómeno da fotorrespiración, as súas causas, as súas consecuencias e

como as plantas de ambientes cálidos resolven o problema das perdas por

fotorrespiración.

59.- Define quimiosíntese e indica as características dos organismos que a realizan e o

papel destes na biosfera.

60.- Explica as diferenzas entre xenética e herdanza, e define os termos relacionados con

estes conceptos.

61.- Describe os experimentos de Mendel.

62.- Explica a terminoloxía que permite traballar a xenética mendeliana.

63.- Enuncia as leis de Mendel, as explicacións que actualmente se dan aos resultados

que obtivo, e as relacións de dominancia.

64.- Resolve problemas de xenética descubrindo xenotipos e aplicando a análise

estatística aos resultados.

65.- Define en que consiste a teoría cromosómica da herdanza.

66.- Define os conceptos de epistasia, alelismo múltiple, xenes letais e herdanza

polixénica, aplicándoos a algúns exemplos.

67.- Elabora esquemas das distintas posibilidades de determinación do sexo.

68.- Resolve problemas de herdanza ligada ao sexo en casos sinxelo.

69.- Define o concepto de xene, cales son as súas funcións, como flúe a información

xenética no seo da célula.

70.- Explica as hipóteses que se propuxeron sobre a replicación do ADN, os enzimas que

Page 22: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

participan na súa síntese, os problemas que formula a forquita de replicación e cal é a súa

solución, e distingue a replicación en eucarióticos e en procarióticos.

71.- Explica o concepto de transcrición, as moléculas que interveñen no proceso e as

fases nas que se divide, diferenciando a transcrición nos organismos procariotas e nos

ecuariotas.

72.- Comprende o concepto de código xenético, as súas características e como se chega

ao establecemento da relación numérica entre os nucleótidos e os aminoácidos que

codifican.

73.- Interpreta, mediante o uso dunha táboa, a relación entre bases e aminoácidos

(traduce unha secuencia de bases a unha secuencia de aminoácidos).

74.- Define os conceptos de codón e anticodón e explica cada unha das fases nas que se

divide a biosíntese de proteínas, enumerando as diferenzas que esta presenta en

procariotas e en eucariotas.

75.- Describe de forma sinxela o modelo de regulación do operón, a relación entre o

control da expresión xénica e a diferenciación celular; enuncia a función das hormonas na

regulación da devandita expresión.

76.- Define o concepto de mutación, clasifica os tipos de mutacións e describe as

consecuencias das mutacións.

77.- Analiza as causas das mutacións, describe como se producen os erros da replicación

e as lesións no ADN, e que efectos producen os axentes mutáxenos.

78.- Explica, utilizando o vocabulario apropiado, os mecanismos de reparación do ADN.

79.- Expón os fundamentos da teoría da selección natural de Darwin.

80.- Explica as características da teoría sintética da evolución e refire a relación das

mutacións co proceso evolutivo.

81.- Expón en que consiste a xenética de poboacións e define frecuencia xenotípica e

frecuencia xénica.

82.- Explica as condicións que debe cumprir unha poboación para ser considerada ideal

segundo a lei de Hardey-Weinberg, así como os factores que poden alterar as devanditas

condicións.

83.- Describe en que consiste o puntualismo e define microevolución e macroevolución.

84.- Identifca cal é o principal motor da evolución segundo a teoría do neutralismo.

85.- Define órgano homólogo e órgano análogo, e desenvolve a clasificación das probas

da evolución.

Page 23: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

86.- Explica o concepto de virus, a súa orixe, a súa composición química e a súa estrutura,

e a morfoloxía dos diferentes tipos de virións.

87.- Define as fases do ciclo de multiplicación lítico e lisoxénico, e identifica o modo de

actuación dos retrovirus.

88.- Indica as características xerais e a actividade biolóxica dos plásmidos; a natureza dos

prións e a estrutura, a composición química e a función biolóxica dos viroides.

89.- Indica, dunha forma xeral, as características dos reinos moneras, protistas e fungos.

90.- Describe a morfoloxía e a función de cada un dos reinos aos que pertencen os

microorganismo.

91.- Detalla a actuación dos microorganismos na natureza, e as características e a

importancia ecolóxica dos ciclos bioxeoquímicos.

92.- Explica o concepto de patoxeneidade, os tipos de toxinas microbianas, o modo de

actuación das bacterias e o de transmisión dos patóxenos.

93.- Sinala a metodoloxía necesaria para realizar cultivos en microbioloxía e observacións

microscópicas con microorganismos, e explica as fases de crecemento das poboacións

bacterianas.

94.- Define biotecnoloxía, diferencia os procedementos biotecnolóxicos tradicionais e a

nova biotecnoloxía, e explica os principais campos de traballo que esta abarca.

95.- Explica algúns procedementos utilizados en enxeñería xenética, recoñecendo o

avance que supuxeron no seu desenvolvemento.

96.- Explica o uso que se dá á biotecnoloxía na minería e na industria, especialmente na

industria alimentaria.

97.- Sinala as principais aplicacións da biotecnoloxía na agricultura, na gandería e no

medio.

98.- Recoñece os principais usos da biotecnoloxía, en especial da enxeñería xenética, no

campo da medicina.

99.- Desenvolve o concepto de defensa orgánica e os mecanismos de defensa tanto

externos como internos.

100.- Describe as células do sistema inmunitario, as relacións existentes entre elas, as

funcións dos macrófagos, os diferentes tipos de linfocitos e a súa participación na

resposta inmunitaria.

101.- Expón os conceptos de antíxeno e de anticorpo describindo as súas características

e modos de actuación.

102.- Explica o proceso da reacción inflamatoria e o funcionamento do sistema de

complemento.

Page 24: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

103.- Comprende como funcionan os mecanismos que conducen á resposta inmunitaria

celular e á humoral.

104.- Describe o concepto de inmunidade e os seus tipos, así como a importancia das

vacinas, as súas clases, as súas características e as diferenzas entre elas e os soros.

105.- Indica as causas e os síntomas dalgunhas enfermidades autoinmunes, e os seus

tratamentos.

106.- Analiza as causas das inmunodeficiencias e indica cales son as células diana do

VIH e os síntomas que presentan as persoas que se ven afectadas pola sida.

107.- Describe as fases dunha reacción alérxica e sinala os principais tipos de alérxenos.

108.- Explica como actúa o sistema inmunolóxico no transplante de órganos, e indica que

hai que ter presente para que unha transfusión sexa compatible.

109.- Explica o papel que desempeña o sistema inmunitario na loita contra o cancro.

2. ACTIVIDADES

Por mor do confinamento xeral, celebráronse poucas clases presenciais no terceiro

trimestre do curso. Houbo, polo tanto, que proceder a adaptar a programación da

asignatura ás devanditas circunstancias.

Non obstante, os alumnos de bioloxía conseguiron facer un examen dun tema

correspondente á terceira avaliación. O temario non chegou a rematarse, de calquera

xeito, dispoñen dos apuntes correspondentes aos temas non rematados. Recibiron a

instrucción de resumilos, realizar distintos tipos de exercicios e estudialos. Tamén

contactan co profesor, para as dudas e para entregar o material, de maneira telemática.

3. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA TINAL

A cualificación final será o resultado de calcular a media das notas obtidas de todos os

exames feitos durante o curso. Realizarase tamén a avaliación das actividades

realizadas (ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período

de formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en

sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5

puntos.

Page 25: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 2º BACHARELATO

MATERIA: XEOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES

1 – Coñece a orixe do noso planeta e de todo o sistema solar.

2 – Explica a orixe da enerxía interna do noso planeta.

3 – Describe a xénese da nosa atmósfera, dos océanos e das primeiras áreas

continentais.

4 – Coñece a división do tempo en Eóns, Eras e Periodos e ordena cronolóxicamente os

prinicipais acontecementos da evolución dos seres vivos ao longo da historia.

5 – Coñece os métodos de estudio do interior do noso planeta (meteoritos e ondas

sísmicas).

6 – Elabora gráficos coas capas internas do planeta, as súas características e a

composición de cada unha.

7 – Coñece a dinámica interna da Terra e describe os movementos isostáticos da litosfera,

as correntes de convección do manto e a orixe do campo magnético terrestre.

8 – Compara as características xeolóxicas da Terra coas da Lúa e con outros planetas do

Sistema Solar.

9 – Diferencia entre datación relativa e absoluta das rochas.

10 – Describe os principais métodos de datación radiactivos e explica en que están

baseados.

11 – Define mineral e as principais características físicas dos mesmos: dureza, raia, brillo,

exfoliación, etc.

12 – Clasifica os principais minerais segundo a súa composición química.

13 – Describe a estructura dos principais silicatos e pon exemplos de cada tipo.

Page 26: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

14 – Describe correctamente o ciclo xeolóxico das rochas.

15 – Coñece a orixe dos magmas e os procesos de cristalización dos mesmos para

formar os diferentes minerais das rochas (series de Bowen).

16 – Clasifica as rochas magmáticas segundo a súa orixe (plutónicas, filonianas e

volcánicas) e describe as texturas máis habituais en cada tipo.

17 – Identifica visualmente as rochas magmáticas máis coñecidas entre as mostras que

posuímos no laboratorio, e é quen de enumerar os seus principais minerais.

18 – Define o concepto de metamorfismo, as súas causas e as deformacións que provoca

o mesmo nas rochas.

19 – Diferencia entre os distintos tipos de metamorfismo (térmico, rexional,

metasomatismo, etc).

20 – Identifica visualmente as rochas metamórficas máis coñecidas entre as mostras que

posuímos no laboratorio, e é quen de enumerar os seus principais minerais.

21 – Describe os principais tipos de meteorización mecánica e química das rochas.

22 – Describe os procesos de diaxénese para a formación das rochas sedimentarias.

23 – Diferencia os distintos tipos de rochas sedimentarias segundo a súa orixe (detríticas,

organóxenas e de precipitación química).

24 – Identifica visualmente as rochas sedimentarias máis coñecidas entre as mostras que

posuímos no laboratorio, e é quen de enumerar os seus principais minerais.

25 – Enuncia a teoría da Tectónica de Placas, as súas causas e as súas consecuencias.

26 – Describe as características dos diferentes límites de placa, os movementos das

placas en cada un e as consecuencias. Pon exemplos de cada tipo de límite no noso

planeta.

27 – Describe o ciclo de Wilson e pon exemplos de supercontinentes que existiron ao

longo da historia xeolóxica.

28 – Relaciona os diferentes tipos de oróxenos cos distintos tipos de límite de placas.

29 – É quen de reconstruir a historia xeolóxica do noso planeta dende Panxea ata a

actualidade.

30 – Describe o perfil edáfico dun solo típico.

31 – Coñece os factores que influen na formación dos solos (tipo de rocha, clima,

orografía, tempo, etc).

32 – Describe as características dos solos máis habituais.

33 – Enumera as causas que favorecen os movementos de ladeira e as medidas

correctoras que poden impedilos.

34 – Explica correctamente a orixe do modelado kárstico e das estructuras máis

Page 27: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

características do mesmo.

35 – Define o concepto de acuífero e enumera os problemas máis habituais que afectan

ás augas subterráneas (contaminación, salinización, sobreexplotación, etc).

35 – Describe as características do curso alto, medio e baixo dos ríos e explica a orixe

das terrazas fluviais.

36 – Coñece as principais estructuras derivadas do modelado litoral.

37 – Clasifica os glaciares segundo a súa orixe e describe as características máis

importantes do modelado provocado polos glaciares de montaña.

38 – Describe a acción xeolóxica do vento e explica a orixe e o movemento das dunas, do

deserto pedregoso ou reg, das rochas alveoladas, etc.

39 – Clasifica correctamente as distintas áreas do noso país segundo a súa orixe

xeolóxica (áreas hercínicas, alpinas e volcánicas).

40 – Describe a historia xeolóxica da Península Ibérica e da nosa rexión (Galicia) en

particular.

41 – É quen de explicar a orixe da Cordilleira Cantábrica, Pirineos, Sistemas Betico e

Penibético, as cuncas do Douro, Taxo e Ebro.

42 – Describe o relevo de Galicia e explica a súa orixe xeolóxica.

43 – Debuxa dobras e fallas sinalando os principais elementos que as compoñen.

44 – Clasifica as dobras e as fallas en tipos segundo a súa morfoloxía e a súa orixe

tectónica.

45 – Diferencia os distintos tipos de discontinuidades estratigráficas (discordancias,

inconformidades e disconformidades).

46 – Analiza os perfiles so subsolo e reconstrúe a historia xeolóxica dunha rexión a partir

dos mesmos.

47 – Constrúe perfiles do subsolo a partir de mapas xeolóxicos e das súas indicacións.

48 – Elabora perfiles do relevo a partir de mapas topográficos e resolve problemas

sinxelos a partir dos mesmos (cálculos de pendentes, cálculos de buzamento dos estratos,

etc).

2. ACTIVIDADES

Por mor do confinamento xeral, celebráronse poucas clases presenciais no terceiro

trimestre do curso. Houbo, polo tanto, que proceder a adaptar a programación da

asignatura ás devanditas circunstancias.

Page 28: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

Non obstante, os alumnos de xeoloxía conseguiron facer dous exames de temas

correspondentes á terceira avaliación (precisamente, o último fíxose o venres 13 de

marzo, xusto antes do confinamento). O temario non chegou a rematarse e houbese sido

moi interesante facerlles o exame da parte de xeoloxía práctica (análise de perfís do

subsolo, comentario sobre imaxes de xacementos minerais, gráficos sobre tectónica de

placas, tipos de fallas e pregamentos, etc). De calquera xeito, dispoñen dos apuntes e das

cuestións correspondentes aos temas non rematados. Recibiron a instrucción de lelos e

contestar as actividades. Tamén poden contactar co profesor no caso de teren dúbidas.

Ademais, polo que comentaron, non teñen intención de escoller a asignatura de xeoloxía

nos exames da ABAU. Polo tanto, esta vai ser unha das poucas asignaturas nas que se

poida avaliar incluíndo os resultados de probas escritas feitas dentro do terceiro trimestre.

3. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A cualificación final será o resultado de calcular a media das notas obtidas nos tres

trimestres. Seguindo as instruccións enviadas pola consellería de educación, as notas

correspondentes á terceira avaliación non poderán ter un efecto negativo na media das

dúas primeiras avaliacións e farémolas coincidir coa cualificación final.

Os instrumentos para a avaliación do 3º trimestre serán, polo tanto:

1. – As cualificacións obtidas nos exames feitos antes do confinamento.

2.– O interese e a actitude amosadas no desenvolvemento das clases e a realización das

tarefas e actividades propostas ao remate de cada tema (prácticas de laboratorio,

identificación de rochas, visualización dos videos, etc). En todo caso, isto último só

poderá terse en conta en sentido positivo na calificación do alumnado, podendo

chegar a sumar ata 1,5 puntos.

Recuperación e atención á diversidade:

Neste caso, ningún alumno suspendeu ningunha avaliación. Polo tanto, non é necesaria

ningunha actividade de recuperación nin de atención á diversidade. Ao seren só 4

alumnos, foron, prácticamente, clases particulares.

Page 29: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 2º BACHARELATO

MATERIA: CIENCIAS DA TERRA E MEDIO AMBIENTE

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

Debido a situación excepcional do estado de confinamento, a imposibilidade de

realizar clases presenciais, por mor da Pandemia do covid-19 e seguindo as directrices

impostas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Departamento de Bioloxía-

Xeoloxía, realiza as seguintes modificacións na programación da terceira avaliación, tanto

a nivel dos contidos que se van a desenvolver, a través de actividades propostas,

encamiñados a reforzar, repasar e, de ser o caso ampliar, os mesmos; medidas para a

recuperación das avaliacións suspensas e establecer novos criterios de avaliación global,

e de ser o caso de promoción e titulación.

Con respecto aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles, ao

tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados nas dúas

primeiras avaliacións, mantéñense sen cambios en relación aos que xa figuran na

programación feita para as dúas primeiras avaliacións xa realizadas.

2. ACTIVIDADES

1º.- Actividades de ampliación:

1.1.- Realización de Traballos individuais, de libre elección, pero distinta temática. A idea

era expoñelos na clase, pero ante a imposibilidade de realizar este acto, deberán entregar

o traballo estruturado da seguinte forma:

- Arquivo do traballo completo, que incluirá, texto, esquemas e imaxes, vídeos ou enlaces

necesarios e relacionadas co tema en cuestión.

O formato elixido, é libre pero deberá de ser compatible cos sistemas operativos

Page 30: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

tradicionais ou habituais.

- Arquivo que amose o esquema, mapa conceptual, notas, etc, que se pretendía seguir,

para a exposición do mesmo

- Arquivo do cuestionario que deberían de confeccionar para os seus compañeiros, coa

pretensión de intentar valorar varios aspectos: o nivel de atención, entendemento e

interese polo tema exposto, por parte dos seus compañeiros. Estes parámetros podería

ser reflexo do nivel de exposición do mesmo, non só da claridade da explicación e

exposición, senón do grao de motivación e implicación, que, en resumidas contas, son

datos que pode reflectir, de forma moi significativa, a calidade da exposición, por parte

dun poñente.

Hai que matizar, que estes traballos xa estaban contemplados na programación do

curso normal e que varios alumnos/as xa empezaran a expoñer, polo tanto, esta

actividade, plantéxase como unha continuidade da programación, sen necesidade de

establecer novas actividades. Os alumnos/as que xa habían exposto o traballo, terán que

remitir, igualmente, os traballos tal e como se especifica no parágrafo anterior, pero

incluíndo as recomendacións, correccións e carencias, que no momento da súa

exposición , foron detectados e advertidos.

2º.- Actividades de Recuperación:

– Dependendo da avaliación que estea pendente de recuperar, solicitarase un

traballo, por cada avaliación suspensa, feito a man e dun límite mínimo de 5 folios por

ámbalas dúas caras, sobre un tema de interese relacionado cos que se desenvolveron

nese trimestre.

3º. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A cualificación global do curso obterase de facer a media dos exames das dúas primeiras

avaliacións, tendo en conta a superación ou non, das actividades de recuperación, para

os alumnos/as implicados. Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas

(ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período de

formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en

sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5

puntos.

Page 31: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos
Page 32: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: PENDENTES DE 1º ESO

MATERIA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1.- IDENTIFICACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS

IMPRESCINDIBLES

Con respecto á identificación dos estándares de aprendizaxe e as competencias

imprescindibles que debe desenvolver o alumnado e que servirán de referente para o deseño

das actividades de recuperación dos contidos traballados no primeiro e segundo trimestre,

mantéñense os relacionados cas seguintes unidades didácticas e que figuran na

programación inicial:

1.- ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN

Para a recuperación dos contidos non superados na 1ª e 2ª avaliación proporase a

resolución de resumos. Os alumnos entregarán ao Xefe de Departamento os resumos dos

temas dun libro de texto de 1º da E.S.O. que abaixo se indican e nas datas tamén indicadas.

Trala entrega o xefe de departamento pedirá ao alumno oralmente aclaracións sobre os

resumos presentados. Finalmente outorgarase unha nota por cada resumo en función a

calidade dos resumos e das aclaracións dos alumnos. Tamén se realizará o resumo de

temas relacionados coa 3ª avaliación e que se indican a continuación.

1ª Avaliación. Contidos: Tema 1. Tema 2. Tema 3. Tema 4 2ª Avaliación Contidos: Tema 5. Tema 6. Tema 7. Tema 8. 3ª Avaliación Contidos: Tema 9. Tema 10 Tema 11

Page 33: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

Tema 12 2. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A calificación final da materia será o resultado da media aritmética das calificacións

obtidas durante as dúas primeiras avaliacións. Realizarase tamén a avaliación das

actividades realizadas (ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante

o período de formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en

conta en sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata

1,5 puntos.

No caso do alumnado que deba realizar actividades de recuperación da 1ª e/ou 2ª

avaliación, terase en conta a superación ou non de ditas actividades.

Dadas as circunstancias actuais, valoraranse as posibles dificultades de carácter

tecnolóxico, social ou persoal de cada alumno/a.

NIVEL: PENDENTES DE 3º ESO

MATERIA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1.- IDENTIFICACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS

IMPRESCINDIBLES

Con respecto á identificación dos estándares de aprendizaxe e as competencias

imprescindibles que debe desenvolver o alumnado e que servirán de referente para o deseño

das actividades de recuperación dos contidos traballados no primeiro e segundo trimestre,

mantéñense os relacionados cas seguintes unidades didácticas e que figuran na

programación inicial:

2.- ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN

Para a recuperación dos contidos non superados na 1ª e 2ª avaliación proporase a

resolución de resumos. Os alumnos entregarán ao Xefe de Departamento os resumos dos

temas dun libro de texto de 3º da E.S.O. que abaixo se indican e nas datas tamén indicadas.

Trala entrega o xefe de departamento pedirá ao alumno oralmente aclaracións sobre os

resumos presentados. Finalmente outorgarase unha nota por cada resumo en función a

calidade dos resumos e das aclaracións dos alumnos. Tamén se realizará o resumo de

temas relacionados coa 3ª avaliación e que se indican a continuación.

1ª Avaliación. Contidos: Tema 1. Tema 2. Tema 3.

Page 34: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

2ª Avaliación Contidos: Tema 4. Tema 5. Tema 6. 3ª Avaliación Contidos: Tema 7. Tema 8. Tema 9

3. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A calificación final da materia será o resultado da media aritmética das calificacións

obtidas durante as dúas primeiras avaliacións. Realizarase tamén a avaliación das

actividades realizadas (ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante

o período de formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en

conta en sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata

1,5 puntos.

No caso do alumnado que deba realizar actividades de recuperación da 1ª e/ou 2ª

avaliación, terase en conta a superación ou non de ditas actividades.

Dadas as circunstancias actuais, valoraranse as posibles dificultades de

carácter tecnolóxico, social ou persoal de cada alumno/a.

Page 35: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 1º BACHARELATO ADULTOS

MATERIA: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1.- IDENTIFICACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS

IMPRESCINDIBLES

Con respecto á identificación dos estándares de aprendizaxe e as competencias

imprescindibles que debe desenvolver o alumnado e que servirán de referente para o

deseño das actividades de repaso, reforzo, ampliación e recuperación dos contidos

traballados no primeiro e segundo trimestre, mantéñense os relacionados cas seguintes

unidades didácticas e que figuran na programación inicial:

- Tema 1. A materia viva

- Tema 2. A vida e a súa organización

- Tema 3. Os tecidos

- Tema 4. As funcións de reprodución

2. ACTIVIDADES

Actividades de ampliación:

Ademais de actividades relacionadas cas unidades didácticas anteriormente citadas,

propuxéronse as seguintes:

Finalización e entrega dos traballos grupais relacionados cas funcións vitais

dos seres vivos que foron iniciados con anterioridade ó inicio do período de

formación non presencial.

Outras actividades transversais e interdisciplinares de interese científico.

Actividades de reforzo e repaso:

As actividades de reforzo e repaso realizaranse en base ás seguintes unidades didácticas

xa citadas:

- Tema 1. A materia viva

- Tema 2. A vida e a súa organización

- Tema 3. Os tecidos

Page 36: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

- Tema 4. As funcións de reprodución

Actividades de recuperación

Para a recuperación dos contidos non superados na 1ª e 2ª avaliación proporase a

resolución de cuestións e/ou un traballo relacionados cos contidos desenvolvidos en cada

un dos trimestres. Dito traballo deberá realizarse a man por parte do/a alumno/a e terá

unha extensión mínima que se concretará.

O/a alumno/a deberá entregar ó/á profesor/a ditas cuestións e/ou traballo nos prazos

establecidos e a través dos medios ou canles acordados.

3. AVALIACIÓN. CALIFIACIÓN. NOTA FINAL

A avaliación final realizarase en base ós estándares de aprendizaxe e competencias

previamente definidos.

A calificación final da materia será o resultado da media aritmética das calificacións

obtidas nas probas escritas realizadas durante as dúas primeiras avaliacións.

Realizarase tamén a avaliación das actividades realizadas (ampliación, reforzo e

repaso) e o interese mostrado durante o período de formación non presencial. En

todo caso, isto último só poderá terse en conta en sentido positivo na calificación

do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5 puntos. A calificación da terceira

avaliación coincidirá ca calificación final da materia.

No caso do alumnado que deba realizar actividades de recuperación da 1ª e/ou 2ª

avaliación, terase en conta a superación ou non de ditas actividades.

Dadas as circunstancias actuais, valoraranse as posibles dificultades de carácter

tecnolóxico, social ou persoal de cada alumno/a.

Page 37: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 2º BACHARELATO ADULTOS

MATERIA: BIOLOXÍA

ÁREA: CIENCIAS NATURAIS

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE IMPRESCINDIBLES

1. - Explica os elementos químicos fundamentais que forman os seres vivos, compara a

súa proporción nos seres vivos e no resto da Terra e explica por que o carbono é o

elemento químico básico na constitución dos seres vivos.

2.- Define os conceptos de principio inmediato e de monómeros distinguindo os

diferentes grupos funcionais presentes neles, e cita as interaccións moleculares que

manteñen as estruturas das macromoléculas.

3.- Identifica a estrutura da molécula de auga e as súas propiedades físicas e químicas,

en relación coas súas funcións biolóxicas.

4.- Define o concepto de pH e explica a importancia e o funcionamento dos sistemas

tampón.

5.- Explica as dúas formas nas que se presentan os sales minerais nos seres vivos e as

súas funcións biolóxicas, así como a acción osmótica e a importancia do equilibrio iónico,

dada a acción específica dos ións.

6.- Identificar a natureza química dos glícidos e clasificalos en función dos seus

monómeros.

7.- Destacar a importancia biolóxica dos carbonos asimétricos e a súa consecuencia: a

estereoisomería dos monosacáridos.

8.- Describir e explicar como se forma o enlace O-glicosídico e enumerar as funcións dos

principais disacáridos.

9.- Formular e describir os oligosacáridos, os polisacáridos e os compostos mixtos

(peptidoglicáns e glicoproteínas) máis importantes, e explicar as súas funcións biolóxicas

10.- Recoñecer a heteroxeneidade do grupo de compostos considerados lípidos e

clasificalos.

11.- Recoñecer, formular esquematicamente e clasificar os ácidos graxos, e enunciar as

características peculiares dalgún dos seus derivados.

12.- Identificar a estrutura molecular dunha graxa neutra e dun lípido de membrana, e

Page 38: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

construír as fórmulas de triacilglicéridos e fosfolípidos a partir dos seus compoñentes.

13.- Describir a estrutura molecular dos terpenos e dos esteroides, e enumerar os

diferentes tipos e as súas funcións biolóxicas.

14.- Comprender o comportamento no medio acuoso das moléculas dos lípidos e explicar

as súas propiedades para a constitución das membranas. .

15.- Describe a fórmula xeral dos aminoácidos e as súas propiedades, clasifica e explica a

formación do enlace peptídico.

16.- Describe as estruturas que adquiren as proteínas e as interaccións que as manteñen.

Clasifícaas en niveis estruturais, explicando os conceptos de conformación e

desnaturalización, e a relación entre a estabilidade da conformación dunha proteína, a

súa estrutura primaria e a súa función.

17.- Explica a clasificación das proteínas pola súa composición, pola súa estrutura e polas

súas funcións, e as características da súa funcionalidade, a súa especificidade e a súa

versatilidade.

18.- Explica os conceptos de catalizador e de encima, en que consiste a catálise e a

cinética química, os mecanismos de actuación dos encimas e as características da súa

acción, e os factores que inflúen nesta.

19.- Expón o concepto de inhibidor, os tipos de inhibición, os mecanismos de acción e de

regulación dos enzimas alostéricos e as características específicas destes.

20.- Expresa o concepto de vitamina (clásico e moderno), a clasificación dos tipos de

vitaminas, as funcións destas e a relación entre os conceptos de coenzima e vitamina.

21.- Sinala as distintas bases nitroxenadas indicando os nucleósidos e nucleótidos que

forman, a súa clasificación e a formación do enlace N-glicosídico.

22.- Menciona os principais nucleótidos libres (non nucleicos) e as súas funcións, e

formula esquematicamente os distintos tipos de ácidos nucleicos (polinucleótidos),

sinalando que teñen en común e cales son as súas diferenzas.

23.- Describe o modelo de Watson e Crick para a estrutura do ADN; diferencia os tipos de

ARN, a súa estrutura básica e as súas funcións, e explica por que os ácidos nucleicos

poden conter información.

24.- Sinala os datos experimentais que levaron á proposición do modelo de Watson e

Crick e explica como contribuíu o descubrimento do modelo de estrutura do ADN a

reforzar a hipótese sobre a súa función.

25.- Explica o significado da teoría celular e valora a súa importancia como teoría básica

da bioloxía, as súas anotacións na actualidade, a importancia dos descubrimentos en

microscopía en relación co estudo da célula e as achegas de Ramón y Cajal á

Page 39: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

xeneralización da teoría celular.

26.- Compara a organización celular procariota e eucariota como a división fundamental

entre os seres vivos, sinalando similitudes e diferenzas na súa composición química,

estrutura e función.

27.- Enumera e interpreta as semellanzas e as diferenzas entre as células animais e as

das plantas, e a estrutura interna dunha célula eucariótica animal e unha vexetal, e dunha

célula procariótica –tanto no microscopio óptico coma no electrónico–, identificando os

seus orgánulos e describindo a función que desempeñen.

28.- Modelo da membrana plasmática de Singer & Nicholson, indicando as súas

moléculas constitutivas e a disposición que estas adoptan, e explica a composición

química e a función do glicocálix.

29.- Analiza a necesidade do transporte a través da membrana, cada un dos tipos de

transporte transmembrana e os distintos modelos de transporte por desprazamento da

membrana celular.

30.- Sinala a forma e as características dos distintos tipos de unións intercelulares.

31.- Detalla a estrutura e a composición química da parede celular das plantas, dos

fungos e das bacterias.

32.- Explica as características e misións do hialoplasma, citando as funcións e os

elementos compoñentes do citoesqueleto.

33.- Sinala a composición química, a estrutura e a función dos ribosomas, os centríolos,

os cilios, os flaxelos e as inclusións.

34.- Describe a orixe, a morfoloxía e as funcións do retículo endoplasmático e do aparato

de Golgi.

35.- Describe a orixe, a morfoloxía, os tipos e as funcións dos lisosomas, os peroxisomas

e os vacúolos.

36.- Coñece a orixe, a morfoloxía, a composición química e a actividade metabólica do

núcleo.

37.- Analiza a ultraestrutura e a función da cuberta nuclear, describindo a estrutura dun

poro nuclear (complexo do poro), e sinala as características de permeabilidade desta

envoltura.

38.- Explica as características da cromatina e describe a morfoloxía, a composición

química e a función do nucléolo.

39.- Coñece a natureza dos cromosomas, a súa estrutura, a súa clasificación e a

terminoloxía relacionada con eles.

40.- Describe as características, a morfoloxía, as estruturas e os compoñentes das

Page 40: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

mitocondrias e sinala a súa función metabólica.

41.- Diferencia os distintos tipos de plastos, as súas relacións e as súas respectivas

funcións metabólicas, analizando a morfoloxía dos cloroplastos en comparación coas

mitocondrias.

42.- Define ciclo celular, describindo as características xerais da interfase e os

acontecementos de cada unha das súas fases.

43.- Desenvolve o concepto de mitose e explica a función biolóxica deste proceso,

analizando os acontecementos celulares que acontecen en cada fase. Explica o proceso

da citocinese, detallando as diferenzas que existen entre a citocinese de células animais e

a das plantas.

44.- Explica o concepto e a función biolóxica da meiose, detallando os procesos que

teñen lugar en cada fase, e relacionando conceptos como quiasma, recombinación,

sobrecruzamento, variabilidade xenética e formación dos gametos.

45.- Cita as diferenzas e as similitudes entre o proceso mitótico e o meiótico, compara os

mecanismos da reprodución sexual e asexual, e explica a regulación do ciclo celular.

46.- Distingue os tipos de células e os procesos anabólicos e catabólicos en función das

necesidades de intercambio de materia e enerxía co medio, e realiza un esquema do ciclo

enerxético da célula.

47.- Explica a función do ATP como intermediario universal de enerxía libre, a do NAD

como intermediario na transferencia de electróns, e a do CoA como intermediario de

grupos químicos activados.

Sinala as distintas formas de reserva de glicosa, os procesos e as células en función do

último aceptor dos electróns; e explica cada unha das etapas da glicólise.

48.- Realiza un balance de enerxía, un esqueleto hidrocarbonado, un balance de ATP e

unha recuperación NAD.

49.- Explica como se obteñen as unidades de glicosa a partir de glicóxeno, amidón e

disacáridos, e describe a regulación dos glícidos.

50.- Identifica os reactivos, as fases e a ecuación global da respiración celular.

51.- Establece as conexións entre a glicólise e o acetil-CoA.

52.- Sinala as etapas, as características, o balance e a ecuación global do ciclo de Krebs.

53.- Explica as etapas do transporte de electróns, o papel do osíxeno e a síntese de ATP.

54.- Describe os sistemas de lanzadeiras e obtén o balance global da respiración,

comparando o seu rendemento co das rutas fermentativas e a respiración celular.

Page 41: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

55.- Define o proceso da fotosíntese, indicando que organismos a realizan, cal é a súa

función, cales as súas fases, a procedencia do osíxeno molecular desprendido e a súa

ecuación xeral, e poñendo de manifesto o seu carácter redox con necesidade de enerxía.

56.- Explica os principais pigmentos fotosintéticos, a súa función, o concepto de

fotosistema, como se produce o fluxo de electróns impulsado pola luz (á vista do chamado

esquema Z), o balance global da fase lumínica e como se produce a fotofosforilación no

fluxo cíclico e non cíclico.

57.- Describe o proceso de fixación do CO2 e a demostración de como se produce a

obtención neta dunha molécula de glicosa a través das etapas do ciclo de Calvin, e

confecciona o balance global deste ciclo, extraendo as conclusións sobre os

requirimentos enerxéticos que deben proceder da fase lumínica.

58.- Resume o fenómeno da fotorrespiración, as súas causas, as súas consecuencias e

como as plantas de ambientes cálidos resolven o problema das perdas por

fotorrespiración.

59.- Define quimiosíntese e indica as características dos organismos que a realizan e o

papel destes na biosfera.

60.- Explica as diferenzas entre xenética e herdanza, e define os termos relacionados con

estes conceptos.

61.- Describe os experimentos de Mendel.

62.- Explica a terminoloxía que permite traballar a xenética mendeliana.

63.- Enuncia as leis de Mendel, as explicacións que actualmente se dan aos resultados

que obtivo, e as relacións de dominancia.

64.- Resolve problemas de xenética descubrindo xenotipos e aplicando a análise

estatística aos resultados.

65.- Define en que consiste a teoría cromosómica da herdanza.

66.- Define os conceptos de epistasia, alelismo múltiple, xenes letais e herdanza

polixénica, aplicándoos a algúns exemplos.

67.- Elabora esquemas das distintas posibilidades de determinación do sexo.

68.- Resolve problemas de herdanza ligada ao sexo en casos sinxelo.

69.- Define o concepto de xene, cales son as súas funcións, como flúe a información

xenética no seo da célula.

70.- Explica as hipóteses que se propuxeron sobre a replicación do ADN, os enzimas que

participan na súa síntese, os problemas que formula a forquita de replicación e cal é a súa

solución, e distingue a replicación en eucarióticos e en procarióticos.

Page 42: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

71.- Explica o concepto de transcrición, as moléculas que interveñen no proceso e as

fases nas que se divide, diferenciando a transcrición nos organismos procariotas e nos

ecuariotas.

72.- Comprende o concepto de código xenético, as súas características e como se chega

ao establecemento da relación numérica entre os nucleótidos e os aminoácidos que

codifican.

73.- Interpreta, mediante o uso dunha táboa, a relación entre bases e aminoácidos

(traduce unha secuencia de bases a unha secuencia de aminoácidos).

74.- Define os conceptos de codón e anticodón e explica cada unha das fases nas que se

divide a biosíntese de proteínas, enumerando as diferenzas que esta presenta en

procariotas e en eucariotas.

75.- Describe de forma sinxela o modelo de regulación do operón, a relación entre o

control da expresión xénica e a diferenciación celular; enuncia a función das hormonas na

regulación da devandita expresión.

76.- Define o concepto de mutación, clasifica os tipos de mutacións e describe as

consecuencias das mutacións.

77.- Analiza as causas das mutacións, describe como se producen os erros da replicación

e as lesións no ADN, e que efectos producen os axentes mutáxenos.

78.- Explica, utilizando o vocabulario apropiado, os mecanismos de reparación do ADN.

79.- Expón os fundamentos da teoría da selección natural de Darwin.

80.- Explica as características da teoría sintética da evolución e refire a relación das

mutacións co proceso evolutivo.

81.- Expón en que consiste a xenética de poboacións e define frecuencia xenotípica e

frecuencia xénica.

82.- Explica as condicións que debe cumprir unha poboación para ser considerada ideal

segundo a lei de Hardey-Weinberg, así como os factores que poden alterar as devanditas

condicións.

83.- Describe en que consiste o puntualismo e define microevolución e macroevolución.

84.- Identifca cal é o principal motor da evolución segundo a teoría do neutralismo.

85.- Define órgano homólogo e órgano análogo, e desenvolve a clasificación das probas

da evolución.

86.- Explica o concepto de virus, a súa orixe, a súa composición química e a súa estrutura,

e a morfoloxía dos diferentes tipos de virións.

Page 43: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

87.- Define as fases do ciclo de multiplicación lítico e lisoxénico, e identifica o modo de

actuación dos retrovirus.

88.- Indica as características xerais e a actividade biolóxica dos plásmidos; a natureza dos

prións e a estrutura, a composición química e a función biolóxica dos viroides.

89.- Indica, dunha forma xeral, as características dos reinos moneras, protistas e fungos.

90.- Describe a morfoloxía e a función de cada un dos reinos aos que pertencen os

microorganismo.

91.- Detalla a actuación dos microorganismos na natureza, e as características e a

importancia ecolóxica dos ciclos bioxeoquímicos.

92.- Explica o concepto de patoxeneidade, os tipos de toxinas microbianas, o modo de

actuación das bacterias e o de transmisión dos patóxenos.

93.- Sinala a metodoloxía necesaria para realizar cultivos en microbioloxía e observacións

microscópicas con microorganismos, e explica as fases de crecemento das poboacións

bacterianas.

94.- Define biotecnoloxía, diferencia os procedementos biotecnolóxicos tradicionais e a

nova biotecnoloxía, e explica os principais campos de traballo que esta abarca.

95.- Explica algúns procedementos utilizados en enxeñería xenética, recoñecendo o

avance que supuxeron no seu desenvolvemento.

96.- Explica o uso que se dá á biotecnoloxía na minería e na industria, especialmente na

industria alimentaria.

97.- Sinala as principais aplicacións da biotecnoloxía na agricultura, na gandería e no

medio.

98.- Recoñece os principais usos da biotecnoloxía, en especial da enxeñería xenética, no

campo da medicina.

99.- Desenvolve o concepto de defensa orgánica e os mecanismos de defensa tanto

externos como internos.

100.- Describe as células do sistema inmunitario, as relacións existentes entre elas, as

funcións dos macrófagos, os diferentes tipos de linfocitos e a súa participación na

resposta inmunitaria.

101.- Expón os conceptos de antíxeno e de anticorpo describindo as súas características

e modos de actuación.

102.- Explica o proceso da reacción inflamatoria e o funcionamento do sistema de

complemento.

103.- Comprende como funcionan os mecanismos que conducen á resposta inmunitaria

celular e á humoral.

Page 44: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

104.- Describe o concepto de inmunidade e os seus tipos, así como a importancia das

vacinas, as súas clases, as súas características e as diferenzas entre elas e os soros.

105.- Indica as causas e os síntomas dalgunhas enfermidades autoinmunes, e os seus

tratamentos.

106.- Analiza as causas das inmunodeficiencias e indica cales son as células diana do

VIH e os síntomas que presentan as persoas que se ven afectadas pola sida.

107.- Describe as fases dunha reacción alérxica e sinala os principais tipos de alérxenos.

108.- Explica como actúa o sistema inmunolóxico no transplante de órganos, e indica que

hai que ter presente para que unha transfusión sexa compatible.

109.- Explica o papel que desempeña o sistema inmunitario na loita contra o cancro.

2. ACTIVIDADES

Por mor do confinamento xeral, celebráronse poucas clases presenciais no terceiro

trimestre do curso. Houbo, polo tanto, que proceder a adaptar a programación da

asignatura ás devanditas circunstancias.

Non obstante, os alumnos de bioloxía conseguiron facer un examen dun tema

correspondente á terceira avaliación. O temario non chegou a rematarse, de calquera

xeito, dispoñen dos apuntes correspondentes aos temas non rematados. Recibiron a

instrucción de resumilos, realizar distintos tipos de exercicios e estudialos. Tamén

contactan co profesor, para as dudas e para entregar o material, de maneira telemática.

3. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA TINAL

A cualificación final será o resultado de calcular a media das notas obtidas de todos os

exames feitos durante o curso. Realizarase tamén a avaliación das actividades

realizadas (ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o período

de formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en conta en

sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5

puntos.

Page 45: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos
Page 46: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DA 3º AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-20

NIVEL: 2º BACHARELATO ADULTOS

MATERIA: CIENCIAS DA TERRA E MEDIO AMBIENTE

ÁREA: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA

1.- ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.

Debido a situación excepcional do estado de confinamento, a imposibilidade de

realizar clases presenciais, por mor da Pandemia do covid-19 e seguindo as directrices

impostas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o Departamento de Bioloxía-

Xeoloxía, realiza as seguintes modificacións na programación da terceira avaliación, tanto

a nivel dos contidos que se van a desenvolver, a través de actividades propostas,

encamiñados a reforzar, repasar e, de ser o caso ampliar, os mesmos; medidas para a

recuperación das avaliacións suspensas e establecer novos criterios de avaliación global,

e de ser o caso de promoción e titulación.

Con respecto aos estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles,

ao tratarse dun repaso, reforzo e recuperación daqueles contidos xa traballados

nas dúas primeiras avaliacións, mantéñense sen cambios en relación aos que xa

figuran na programación feita para as dúas primeiras avaliacións xa realizadas.

2. ACTIVIDADES

1º.- Actividades de ampliación:

1.1.- Realización de Traballos individuais, de libre elección, pero distinta temática. A idea

era expoñelos na clase, pero ante a imposibilidade de realizar este acto, deberán entregar

o traballo estruturado da seguinte forma:

- Arquivo do traballo completo, que incluirá, texto, esquemas e imaxes, vídeos ou enlaces

necesarios e relacionadas co tema en cuestión.

O formato elixido, é libre pero deberá de ser compatible cos sistemas operativos

tradicionais ou habituais.

- Arquivo que amose o esquema, mapa conceptual, notas, etc, que se pretendía seguir,

para a exposición do mesmo

- Arquivo do cuestionario que deberían de confeccionar para os seus compañeiros, coa

pretensión de intentar valorar varios aspectos: o nivel de atención, entendemento e

Page 47: PROGRAMACIÓN 3ª AVALIACIÓN DEPARTAMENTO DE …...5.1. Realización de exercicios da estructura da célula procariota e eucarióta. 5.2. Realización de exercicios sobre os distintos

interese polo tema exposto, por parte dos seus compañeiros. Estes parámetros podería

ser reflexo do nivel de exposición do mesmo, non só da claridade da explicación e

exposición, senón do grao de motivación e implicación, que, en resumidas contas, son

datos que pode reflectir, de forma moi significativa, a calidade da exposición, por parte

dun poñente.

Hai que matizar, que estes traballos xa estaban contemplados na programación do

curso normal e que varios alumnos/as xa empezaran a expoñer, polo tanto, esta

actividade, plantéxase como unha continuidade da programación, sen necesidade de

establecer novas actividades. Os alumnos/as que xa habían exposto o traballo, terán que

remitir, igualmente, os traballos tal e como se especifica no parágrafo anterior, pero

incluíndo as recomendacións, correccións e carencias, que no momento da súa

exposición , foron detectados e advertidos.

2º.- Actividades de Recuperación:

– Dependendo da avaliación que estea pendente de recuperar, solicitarase un

traballo, por cada avaliación suspensa, feito a man e dun límite mínimo de 5 folios por

ámbalas dúas caras, sobre un tema de interese relacionado cos que se desenvolveron

nese trimestre.

3º. AVALIACIÓN. CUALIFICACIÓN. NOTA FINAL

A cualificación global do curso obterase de facer a media dos exames das

dúas primeiras avaliacións, tendo en conta a superación ou non, das actividades de

recuperación, para os alumnos/as implicados. Realizarase tamén a avaliación das

actividades realizadas (ampliación, reforzo e repaso) e o interese mostrado durante o

período de formación non presencial. En todo caso, isto último só poderá terse en

conta en sentido positivo na calificación do alumnado, podendo chegar a sumar ata 1,5

puntos.