Redes, caamouco

6

Transcript of Redes, caamouco

Page 1: Redes, caamouco
Page 2: Redes, caamouco

San Vicente de Caamouco é a parroquia máis ao leste do concello de Ares, á que pertence

o pobo de Redes, situado na provincia da Coruña. Este é un pobo mariñeiro que ten un

grande atractivo turístico e que conserva na actualidade todo o sabor mariñeiro

tradicional.

Os lugares da parroquia de Caamouco son A Lousada, A Malata, A Regueira, A Rúa de

Barracido, A Solaina, As pezoas, Barracido, Burreiros, Carballás, Curmá, Curro, Ixobre,

Lameira, Liñares, Mazaído, O Castro, O Outeiro de Barracido, O Pallizo, Redes, O Raso,

Ríos Rodelas e Seselle.

Page 3: Redes, caamouco

A súa igrexa é unha construción do século XIX e de estilo predominantemente barroco. A

planta é de Cruz Latina, composta de dous brazos, un lonxitudinal, máis alongado, e outro

transversal. Ten unha soa nave con bóveda reforzada con arcos faxones. O seu cruceiro está

cuberto por unha cúpula sobre pendentes, a cal exteriormente se asenta sobre un tambor

octogonal con cuberta a oito augas.

Page 4: Redes, caamouco

O Porto de Redes é coñecido por ser un dos portos pesqueiros máis belos e pintorescos das

Rías Altas. Destacan as súas típicas casas a beiras da Ría de Ares, cuxa entrada é utilizada

polos mariñeiros para amarrar as súas embarcacións.

Page 5: Redes, caamouco

En lembranza do traballo mariñeiro do que naceu o pobo de Redes, a Agrupación

Instrutiva de Caamouco celebra cada ano a Festa da Cabria. Nesta celebración fanse varias

demostracións tradicionais no Porto. Un xeito de achegar a tódolos veciños,

especialmente aos máis novos, as actividades que antano centraban a vida da vila e que co

paso do tempo foron desaparecendo.

As redes volven secar ao sol na cabria e as buguinas volven guiar aos mariñeiros pola ría.

Page 6: Redes, caamouco