Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39

41
1 ORXAS C. C. C. C. E. E. E. E. I. I. I. I. P. P. P. P. E S P I Ñ E I R A A L D Á N Nº 39 MARZO 2008

Transcript of Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39

Page 1: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

1

ORXAS

C.C.C.C.

E.E.E.E.

I.I.I.I.

P.P.P.P.

EEEE

SSSS

PPPP

IIII

ÑÑÑÑ

EEEE

IIII

RRRR

AAAA

AAAA

LLLL

DDDD

ÁÁÁÁ

NNNN

Nº 39

MARZO 2008

Page 2: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

2

EDITORIAL

Ola amigas e amigos! Aquí estamos de novo coa nosa revista escolar “Orxas”.

E como di o refrán, que é de ben nacidos ser agradecidos, queremos comezar por darvos as grazas a todo o alumnado e profesorado, que axudades a encher este novo número cos vosos traballos e producións.

Organizamos e realizamos moi diversas actividades. Entre outras moitas, un concurso para ilustrar o noso calendario 2008, cun lema para darlle algunha primavera máis á nosa lingua galega. Tamén recollemos palabras ou expresións curtas que non se usan moito. Hai persoas que preguntan por que facemos este tipo de actividades ou redactamos esta revista escolar en galego, celebramos festas e festivais nesta lingua... Incluso hai quen está orquestrando unha campaña contra o galego no ensino e que non se cumpra a lexislación actual neste eido. En nome da liberdade, que será de verdade se vai acompañada da igualdade, e moitas veces da solidariedade, atacan estas medidas acordes co plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por UNANIMIDADE polo Parlamento de Galicia o 21/9/2004. Analizada a situación, despois de 20 anos da Lei de normalización (15/6/1983), houbo consenso en que o galego ía a menos, de que algo hai que facer para que esta lingua non desapareza, como xa está pasando entre os máis novos, que son o futuro. Se seguimos así, non van entender porque lles puxemos eses nomes aos nosos lugares, ás nosas plantas, aos nosos peixes... ata ás veces distintos cando son pequenos ou adultos (xoubas ou sardiñas...) , nin van poder gozar da sabedoría, da beleza... da nosa literatura oral e escrita desde as cantigas medievais ata as obras de Rosalía, de Manuel Rivas...

Diversos estudos e ata a mesma Unesco danlle pouca vida ao galego se non se toman medidas. Se lle facemos caso a “Galicia Bilingüe” e suprimimos estas disposicións e leis, consensuadas ata hai 3 anos, deixará de ser bilingüe para ser monolingüe en castelán, rapidamente. Na actualidade existe, por parte de moitísimas organizacións internacionais, empezando pola propia ONU ou o Consello de Europa, Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias..., sensibilidade e lexislación abundante sobre a enor me importancia da conservación de todas as linguas. A mesma Constitución Española e o Estatuto de Autonomía inciden nesta necesidade. O sistema educativo pretende asegurar ao alumnado unha boa competencia nas dúas linguas ¿Cal é a lingua máis consolidada, cun papel máis dominante hoxe aquí? Se se toman medidas de apoio para evitar o esmorecemento das múltiples manifestacións do patrimonio histórico ou artístico, resulta obvio que son necesarias disposicións para evitar o empobrecemento e a posible desaparición dunha lingua que sempre é un tesouro cultural extraordinario, creado durante séculos por un pobo, como é o caso da nosa lingua galega. Para isto, o alumnado ten que usar, e nós con el claro, máis e mellor o galego, porque sabemos que a

Page 3: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

3

competencia mellora canto máis se use a lingua, nas diversas situacións: dentro e fóra da aula e do contexto escolar. Podemos preguntarnos cal debería ser a nosa actitude e o comportamento das institucións, partidos políticos, asociacións... fronte ao afogamento das linguas e culturas minorizadas.

Algunha asociación, parte da prensa... ata aseguran que a lingua castelá corre perigo en Galicia. Os que vivimos aquí, en Galicia, podemos comprobar cal é a lingua en perigo, que porcentaxe nos xornais podemos ler en lingua galega, ou en revistas, ou pola radio, ou en canles de televisión... practicamente non podemos ir ao cine en galego, non podemos apenas escoller videoxogos en lingua galega e ata as declaracións nos xulgados, nos corpos de seguridade ou as que facemos á gran maioría dos medios de comunicación transcríbense en castelán ¿Todos temos capacidade e tamén autoestima para dirixirnos, sen complexos, en lingua galega, a unha oficina, a unha institución sanitaria ou a calquera servizo? ¿De verdade que somos bilingües, capaces de atender ben en castelán e en galego e evitar o que vén sucedendo desde hai séculos?, que a maioría das veces as persoas que falaban este último tiveron que cambiar a súa lingua por vergoña, porque os menosprezaban, por medos...

Podemos comprender que todo isto ten múltiples e variadas causas. Entre elas que durante longas épocas, a nosa lingua foi prohibida nas distintas institucións, desde os tribunais de xustiza ata igrexas, escolas..., con moitas clases de violencias e artimañas. Así foron convencendo a moitos de nós de que falar galego era falar mal, que eras máis valorado e ata máis “educado” se falabas en castelán... Hai tempo que os expertos falan das vantaxes dun bilingüismo precoz e da flexibilidade mental que isto aporta. Tamén din que quen non se estima, acepta, confía, valora a si mesmo é moi difícil que poida apreciar, valorar e estimar aos seus semellantes. Se Galicia quere que o galego viva, ten que crear espazos, momentos, grupos nos que sexa normal usalo, vivir en galego. Non chega con coñecer a súa gramática ou aprobar a selectividade.

Destacar a celebración do día da paz, este valor tan importante todos os días do ano. Esta vez compuxemos unha pomba repleta de belas verbas e das nosas fotos, brindamos coas copas das árbores cheas de bos desexos para que vaia mellorando a vida de todas as persoas... Oxalá rematasen ou polo menos diminuísen moito todas as guerras e as inxustizas, chegásemos a estimarnos, a comprender as circunstancias dos demais e a rexeitar totalmente o uso da violencia. Cos nosos corazóns abertos , libres, amplos e agradecidos poderemos ir progresando neste camiño, sendo máis solidari@s, escoitando para comprendernos mellor. Ah, por favor, antes de tirarme nun depósito de lixo de cor azul, ou de deixarme por algún caixón, lédeme, completádeme, pintádeme, pasádeme a familiares e amizades... coñecédeme e aproveitádeme ben. Moitas grazas!

Recibide moitos ánimos no voso labor e unha moi fonda aperta.

Page 4: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

4

Os Os Os Os traballiños dos máis pequeniñostraballiños dos máis pequeniñostraballiños dos máis pequeniñostraballiños dos máis pequeniños

Laura (3 anos)

Page 5: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

5

Eloy ( 4 anos) María ( 4 anos )

Page 6: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

6

Un día de maxia

O mércores 21 de novembro fomos ao auditorio de Cangas para ver maxia. O mago fixo un cartel e puxo “Ola”. Despois debuxou unha cara que falaba e dicía: “non me

borres, home, déixame, déixame”. Logo colleu unha bufanda, axitouna e saíron moitas flores que as meteu nunha caixa de cristal. Máis tarde colleu un caldeiro de metal, triscou os dedos e saíronlle moedas. Tamén sacou a Laura ao escenario e fixo maxia. Despois elixiron ao noso “profe

”que intentaba atar un pano pero se lle dasataba. No último xogo o mago mollou un papel, meteuno na man, pechouna, colleu un abano e o papel saíu voando a cachiños.

Nen@s de 1 º

Page 7: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

7

SAÍDA A COIRO O luns día 12 de novembro, o alumnado de 2º e 3º ciclo, saímos ás nove e media

para ir á fraga e aos muíños de Coiro. Cando baixamos do autobús recibiunos un

guía chamado Manolo. Alí na estrada, había un muíño. Collemos unha ruta pola

fraga e foinos explicando que o río desviárono para que pasarse a auga polos

muíños. Contounos que os muíños de dous tellados, chamábanse muíños de dúas

augas, e os de un tellado chamábanse muíños dunha auga.

Vimos moitos muíños, e ao chegar ao último, que parecía restaurado, ensinounos

con moita claridade o “inferno”, que é onde está a gran roda de ferro que,

antigamente, cando o río levaba máis auga, movíase. Logo ao lado do muíño

merendamos e xogamos un pouco. Posteriormente, atravesamos todo o bosque, e

descansamos nunha mesa que había ao lado dunha fonte, despois andamos ata a

igrexa de San Cosme e cerca dun cruce colleunos o autobús. Ao chegar ao colexio

fomos a Inglés porque aínda quedaba tempo para rematar a clase.

¡¡¡¡Pasámolo moi ben!!!!

¡¡¡¡Coiro é unha marabilla!!!

¡¡¡¡Pasámolo xenial!!!!

Laura Barreiro Magdaleno

Antía Nerga García

Sara Martínez Martínez

Page 8: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

8

Os primeiros muíños encontrados en Galiza datan do Neolítico e son muíños de man, chans onde se moían os grans fregando unha pedra contra outra. Na época romana utilizáronse os muíños circulares de man que na Alta Idade Media aumentaron en tamaño e pasaron a ser movidos por auga.

OS MUÍÑOS DE RÍO O muíño é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer o gran. Para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran. Estas grandes pedras son capaces de converter o gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo. MUÍÑOS DE VENTO

En gran parte da costa galega sopran ventos constantes ao longo do ano, a unha media de 25 km/h. Esta enerxía foi aproveitada cos muíños de vento, utilizados normalmente en Galiza como substitutos dos muíños de río en épocas de seca.

MUIÑOS DE MAR

As zonas costeiras atlánticas teñen mareas vivas, con gran diferenza do nivel de auga entre preamar e baixamar. Son , pois, propicias para aproveita-la enerxía maremotriz con muíños de mar ou de marea.

Os muíños de mareas en Galicia constan dun edificio no que se colocan os mecanismos para moe-lo gran, e dun gran muro de pedra con comportas de madeira. Cando sobe a marea ábrense as comportas do muro e a auga inunda a presa ou recinto no que queda retida a auga. Cando a marea baixa, ábrese unha comporta do muíño e a auga descende polo seu propio peso, cara ó mar, e move o rodicio; a partir de aquí funciona igual

cos muíños de río. Actualmente están restaurados algúns muíños de mar, como o da Seca, en Cambados, o das Mareas en Muros, e o das Acenas na Illa de Arousa.

Page 9: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

9

Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio, coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes; e os de bruxa, coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ao trigo denomínase muíño albeiro.

Muíños de rodicio horizontal

A forza da auga que entra polo rego move o rodicio, ao chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga, que roza co penedo e a pedra. Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola moxega remata triturado entre as pedras. A zona do muíño onde vai o rodicio chámase inferno. Realmente é por onde sae a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que é a que tritura. A peza de atrás é para deixar pasar máis ou menos auga ou tapar simplemente. O freo levanta máis ou menos a pedra do penedo, podendo moer máis fino ou baixándoo de todo impedirlle que xire. O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibrar a cornizuela para que vaia deixando caer o gran. Os muíños teñen mecanismos para detectar cando se termina o gran, incluso tamén para levantar a pedra para arranxala, cando se pon lisa. O río recóllese nunha presa, logo desvíase por un rego até un tanque por onde a auga penetra con forza no muíño para mover o rodicio e normalmente ten un obradoiro para desviar outra vez a auga ao río.

Os muíños poden ser comunitarios. Neste caso, cada veciño dispón dunhas horas prefixadas para usalo, e reciben o nome de muíños de

herdeiros. Tamén poden ser de propiedade particular e entón reciben o nome de maquías, por chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer (a maquía era sobre una libra —600 g por cada once quilos— e onde se alugaban a cambio de fariña). Os muíños foron pezas moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida

nas aldeas, así coma do seu folclore e das súas lendas. Hoxe, cubertos moitos por hedras e silvas, fálannos dun pasado que se vai e da utilización de novos medios técnicos para moer o millo, o trigo e o centeo. No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e até unha danza: a muiñeira. Unha muiñada era unha antiga xuntanza festiva de mozos e mozas en torno aos muíños, mentres se esperaba pola vez para moer.

Muíños do Folón (O Rosal)

Page 10: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

10

PARTES DUN MUÍÑO DE RIO

1. Pau da moega 18. Canle 2. Garabato 19. Cargadeiro 3. Espicela 20. Veo 4. Moega 21. Árbol (Árbore) 5. Adella 22. Argolas 6. Tarabelo 23. Pau da porca 7. Moa 24. Aro das penas 8. Ollal 25. Rodicio 9. Pousadoiro 26. Cabazo 10. Sentadoiro 27. Vara 11. Trabe do aliviadoiro 28. Pena 12. Aliviadoiro 29. Pexadoiro 13. Pau do aliviadoiro 30. Aguillón 14. Farneiro 31. Porca 15. Pé 32. Culler das penas 16. Cubo 33. Canela 17. Espera

SOFIA R.- CRISTINA S.- FEERNANDO G.- IVÁN B. 6º DE P.

Page 11: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

11

PASATEMPO SOPA DE LETRAS

F B O S Q U E C C

M R R M C M R A A

O I A A O U A S S

E L I G R I I T C

G G O O A Ñ A I A

A H R N L O G Ñ D

M A C I X S A E A

V I G A L A I I S

L G R I L O T R O

B A R C O N A O L Palabras: fraga-muíños-raia-viga-grilo-cascada-moega-carballo-mago-castiñeiro-barco-lonxa

Page 12: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

12

EXCURSIÓN A VIGO

O xoves día 24 de xaneiro, o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria fixemos unha

excursión a Vigo. Saímos de Aldán ás nove e entramos no bus todos impacientes por ver

o que nos esperaba.

Cando chegamos a Vigo fomos directos ao auditorio e tivemos que esperar uns dez

minutos mentres non comezaba. Cando chegaron os demais colexios apagáronse as luces

e no escenario apareceu un vello roncando, ao que dous adolescentes lle ían gastando

unha serie de bromas coa gaita. Logo cada músico presentábanos un instrumento (gaita,

zanfona, pandeireta, frauta traveseira…) e tocaban unha peza para que escoitásemos o

son. Nestas pezas, nos marcábamos o ritmo coas palmas, cantábamos con eles e

participábamos do espectáculo por medio dunhas tarxetas que levaban escrito o nome

duns instrumentos. Ao final todos os músicos xuntáronse e tocaron varias cancións para

que escoitásemos todos os instrumentos que nos presentaron con anterioridade.

Unha vez rematado o concerto fomos ao Museo do Mar de Vigo. Antes de entrar,

merendamos nos xardíns do mesmo. Xa dentro do museo separáronnos en dous grupos e

leváronnos a ver as diferentes mostras que había nel. Vimos motores antigos dos barcos,

vídeos de diferentes temas como a limpeza do peixe e tamén xogamos cunha máquina na

que había que relacionar clases de pesca cos barcos e os peixes. Máis tarde

trasladáronnos ao acuario no que vimos diferentes clases de animais como o polbo, os

chocos, estrelas de mar, as raias…

Finalmente volvemos ao autobús para retornar ao colexio, ao que chegamos un

pouco tarde e o transporte que nos leva a casa tivo que esperar.

Adán Cordeiro do Río Rodrigo Bermúdez Molares

Antonio Martínez Pazó

Page 13: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

13

¡Brindamos!

¡Brindamos por unha paz perenne (non só duradeira)

Que dure,

O que dure o home nesta terra!

¡Brindo pola alegría do planeta!

¡Brindamos por un planeta limpo e todos daremos un chimpo!

¡Brindamos por todos os nenos e nenas do mundo para que sexan Felices!

¡Brindamos porque todos os nenos e nenas do mundo poidan ir á escola!

¡Brindamos por poder pasear ao sol sen que nos queime!

¡Brindamos por unha terra con tolerancia

e sen guerras! ¡Brindamos porque no colexio

todos nos respectemos! ¡Brindamos por un mundo

sen mentiras!

Page 14: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

14

¡Brindamos por unha amizade verdadeira!

¡Brindamos pola beleza do mar de Galiza! ¡Brindamos pola amizade e a saúde nesta terra!

¡Brindamos pola solidariedade e a xustiza, e porque non teñamos preguiza!

¡Brindamos pola ecoloxía universal e polo respecto colosal!

¡Brindamos polo amor verdadeiro!

¡Brindamos polo cariño e a amizade!

¡Brindamos¡Brindamos¡Brindamos¡Brindamos coas coas coas coas copascopascopascopas

de todas as árbores da terrade todas as árbores da terrade todas as árbores da terrade todas as árbores da terra!

Page 15: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

15

FESTIVAL DE NADAL Xa se acercaban as vacacións do Nadal e, coma todos os anos, preparamos

un pequeno festival, aínda que este ano paréceme que non foi tan pequeno. O día do festival foi o último día de clase, antes das vacacións do Nadal. Ese día comezamos probando os doces e lambetadas típicas do Nadal que tiñamos preparadas para comer no recreo nunhas mesas nos corredores do colexio.

Despois pasamos para o salón de actos que estaba todo adornado con

debuxos do Nadal, guirnaldas, monecos de neve, postais que fixeron os nenos/as do colexio...

Coma sempre , actuamos todos os cursos: os de infantil cantaron unha

panxoliña chamada "buscando unha estrela" ; os de 1ª e 2ª, representaron unha obra de teatro titulada "En busca dunha árbore de Nadal",.Trataba de que Papa Noel ía buscar unha árbore de Nadal. Todas as arbores tiñan un animal, menos unha, que foi a que colleu. Os de 3ª e 4ª representaron e cantaron a historia do “Cascanoces,”.Estivo moi ben..Os de 4ª tamén bailaron unha muiñeira moi divertida, !Que ben bailan estes rapac@s! Nós , os de 6ª representamos outra obra de teatro titulada "O planeta Atmosfiano",.Trataba de que o planeta "Terra" era moi diferente ao seu planeta e o que máis lle chamou a atención os visitantes o noso planeta eran as vidas tan diferentes que había nel; nunhas partes vivían moi ben e tiñan de todo noutras, non tiñan de nada.

A continuación os de 5ª e 6ª cantamos dúas panxoliñas gañadoras dun concurso. Por último todos os rapaces do cole cantamos unha panxoliña moi bonita en "ingles". Así comezaban as vacacións do Nadal para pasalas coas nosas familias. Alba Hermelo 6º de Primaria.

Page 16: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

16

Page 17: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

O DÍA DA PAZO DÍA DA PAZO DÍA DA PAZO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o “ Uns días antes coloreamos e recortamos una folla de carballo e despois pegámoslle una foto nosa. As follas pegámolas o mesmo día nas ás dunha pomba de “porespan” que fixeron Tamén pintamos e recortamos unha árbore feita por nós.A véspera pensamos dous desexos de paz e aprendémolos de memoria. Ese día primeiro practicamos o poema na clase.Despois fomos á sala de “profes” a pegar as follasfoto na pomba.Logo puxeron a pomba no teito.

17

O DÍA DA PAZO DÍA DA PAZO DÍA DA PAZO DÍA DA PAZ

día 30 de xaneiro celebramos o “Día da Paz”.Día da Paz”.Día da Paz”.Día da Paz”.

Uns días antes coloreamos e recortamos una folla de carballo e despois pegámoslle una foto nosa.

As follas pegámolas o mesmo día nas ás dunha pomba de “porespan” que fixeron @s “profes”.

BRAIS

Tamén pintamos e recortamos unha árbore feita por nós.A véspera pensamos dous desexos de paz e aprendémolos

ANDRÉS

Ese día primeiro practicamos o poema na clase.Despois fomos á sala de “profes” a pegar as follasfoto na pomba.Logo puxeron a pomba no teito.

DUARTE

Día da Paz”.Día da Paz”.Día da Paz”.Día da Paz”.

Uns días antes coloreamos e recortamos una folla de

As follas pegámolas o mesmo día nas ás dunha pomba de

Tamén pintamos e recortamos unha árbore feita por nós. A véspera pensamos dous desexos de paz e aprendémolos

ANDRÉS

Ese día primeiro practicamos o poema na clase. Despois fomos á sala de “profes” a pegar as follas coa nosa foto na pomba.Logo puxeron a pomba no teito.

DUARTE

Page 18: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

No recreo merendamos todAo entrar recitamos o poema que tiñamos que saber de memoria. O poema estaba feito cos desexos de paz dos nenos e nenas de todos os cursos. Cando rematou o poema brindamos coas árbores e sacamos fotos para o xornal.A continuación fomos ver a película do “Rato Pérez” á aula de música.

18

No recreo merendamos tod@s xunt@s no patio cuberto.Ao entrar recitamos o poema que tiñamos que saber de

O poema estaba feito cos desexos de paz dos nenos e nenas

ROMINA

Cando rematou o poema brindamos coas árbores e sacamos fotos para o xornal. A continuación fomos ver a película do “Rato Pérez” á aula

IVÁN

Nenos e nenas de 2º

s no patio cuberto. Ao entrar recitamos o poema que tiñamos que saber de

O poema estaba feito cos desexos de paz dos nenos e nenas

ROMINA

Cando rematou o poema brindamos coas árbores e sacamos

A continuación fomos ver a película do “Rato Pérez” á aula

Nenos e nenas de 2º

Page 19: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

19

Page 20: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

20

No Samaín 2007, o alumnado de 6º representaron este conto e agora os nenos e nenas de 3º fixeron esta adptación, investigando na toponimia de Aldán.

Érase unha vez unha velliña que vivía nuha casiña moi afastada de Aldán, alá pola Magdalena, en Coiro. . Un día chegou ás súas mans unha carta da súa neta que poñía:

Aldán 30 de outubro de 2007

Avoíña, convídote a miña voda en San Amaro, celebrarase o

vindeiro domingo ás 12:00. Haberá banquete.

Unha aperta

Page 21: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

21

A velliña, moi apresurada para non chegar tarde, preparouse e foi andando a paso lixeiro. Polo camiño, cando estaba xa preto de Aldán, atopouse cun raposo que viña de baixar dun carballo xigante no lugar de Souto, en Gandón. Era un raposo laranxa moi claro, coma a cor do carballo xigante no outono:

- Avoíña, voute papar! –díxo o raposo. - Non me comas raposo que estou moi fraquiña, vou á voda da miña neta e cando volva, estarei mái gordiña- respondeulle a velliña.

- De acordo, esperareite aquí –espetoulle moi enfadado o raposo. A avoíña seguindo o camiño para San Amaro, alá pola Chamorra,

atopou a un lobo que viña da Ameixoada, que está en Gandón. O lobo era máis ben pequerrecho, pero moi salvaxe, cunhas gadoupas que eran tan longas coma uns dedos dun adulto. A súa pelaxe era de cor marrón, pero… ERA MOI INTENSA! Parecía negra. O lobo, ao ver á velliña, pensaba no rica que estaría, abriu as súas fauces e…”facíaselle a boca auga”. A velliña escapou correndo como un coche de ralli, a todo gas.

- Avoíña, voute papar! –díxo o lobo. - Non me comas lobo que estou moi fraquiña, vou á voda da miña neta e cando volva, estarei mái gordiña- respondeulle a velliña.

- De acordo, esperareite aquí – berroulle o lobo. A vella,xa moi asustada, ía camiñando polas Figueiras de Gandón e sen decatarse, atopou cunha donicela que viña da Ceboleira, moi preto do rio Fials. A donicela viña moi agresiva e alterada, levantando as dúas patas dianteiras olfateou á velliña e díxolle:

Page 22: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

- Avoíña, voute papar! - Non me comas doniña que estou moi fraquiña, vou á voda da miña neta e cando volva, estarei mái gordiñavelliña.

- De acordo, esperareite aquí donicela.

Ao chegar á casa da neta, a avoa contoulle todo o que lle acontecera . Como xa era moi tarde, fóronse durmirnimadas. Ao día seguinte celebrouse a vodadas feras que a ameazaran. A neta deuse conta ……… e díxolle a súa avoa.

-Avoa, tranquila vou coller a cabaza máis grande da teño en Taltoucido, dentro.

E así o fixo, trouxo a cabaza máis grande da horta, abriu a porta e a avoa meteuse dentro e botou a rodar. Chegou preto de Padróns e pasou polo raposo que estaba moi nervioso eata se lle caía a baba!, e preguntoulle:

-Cabaza, cabaciña. ¿Viches a unha velliña? E a velliña dende dentro respondeu:

- Non, non. Chegou xunto ao lobo e preguntoulle o mesmo, e a velliña o mesmo lle respondeu. Logo chegouTodos cansos de esperar tantas horas quedaron durmidos soñando con cabazas faladoras. (Ana e os investigadores de topónimos de 3º)

22

Avoíña, voute papar! –díxo a donicela. me comas doniña que estou moi

fraquiña, vou á voda da miña neta e cando volva, estarei mái gordiña- respondeulle a

De acordo, esperareite aquí – berroulle a

Ao chegar á casa da neta, a avoa contoulle todo o que lle Como xa era moi tarde, fóronse durmir

Ao día seguinte celebrouse a voda, e cando acabou, a avoíña lembrouse das feras que a ameazaran. A neta deuse conta ……… e díxolle a súa

Avoa, tranquila vou coller a cabaza máis grande da teño en Taltoucido, fareille unha pequena porta e meteraste

E así o fixo, trouxo a cabaza máis grande da horta, abriu a porta e a avoa meteuse dentro e botou a rodar. Chegou preto de Padróns e pasou polo raposo que estaba moi nervioso e impaciente por comer á velliña, ata se lle caía a baba!, e preguntoulle:

Cabaza, cabaciña. ¿Viches a unha velliña?

E a velliña dende dentro respondeu:

Chegou xunto ao lobo e preguntoulle o mesmo, e a velliña o mesmo lle respondeu. Logo chegou xunto a donicela, que lle fixo a mesma pregunta. Todos cansos de esperar tantas horas quedaron durmidos soñando con

(Ana e os investigadores de topónimos de 3º)

Ao chegar á casa da neta, a avoa contoulle todo o que lle Como xa era moi tarde, fóronse durmir tranquilas e a

e cando acabou, a avoíña lembrouse das feras que a ameazaran. A neta deuse conta ……… e díxolle a súa

Avoa, tranquila vou coller a cabaza máis grande da horta, que fareille unha pequena porta e meteraste

E así o fixo, trouxo a cabaza máis grande da horta, abriu a porta e a avoa meteuse dentro e botou a rodar. Chegou preto de Padróns e pasou

impaciente por comer á velliña,

Chegou xunto ao lobo e preguntoulle o mesmo, e a velliña o mesmo lle xunto a donicela, que lle fixo a mesma pregunta.

Todos cansos de esperar tantas horas quedaron durmidos soñando con

Page 23: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

23

Concurso de lemas para o calendario 2008

Fala galego todo o anoFala galego todo o anoFala galego todo o anoFala galego todo o ano

e verás que non fai dano.e verás que non fai dano.e verás que non fai dano.e verás que non fai dano.

Non deixes de falar a nosa lingua ¡xa!

Nenos e nenas,

a falar galego ¡xa!

O galego para falar e xogarO galego para falar e xogarO galego para falar e xogarO galego para falar e xogar por ser tradicionalpor ser tradicionalpor ser tradicionalpor ser tradicional

Nenas e nenos aprenden

galego !

Non deixes de falar este galego xa !

O galego hai que falarO galego hai que falarO galego hai que falarO galego hai que falar para que o poidamos escoitar,para que o poidamos escoitar,para que o poidamos escoitar,para que o poidamos escoitar,

maiores e nenosmaiores e nenosmaiores e nenosmaiores e nenos ¡ Hai que aprendelo xa !¡ Hai que aprendelo xa !¡ Hai que aprendelo xa !¡ Hai que aprendelo xa !

As panxoliñas de NadaAs panxoliñas de NadaAs panxoliñas de NadaAs panxoliñas de Nadallll en galego escóitanse xa.en galego escóitanse xa.en galego escóitanse xa.en galego escóitanse xa.

O galego na escola, na casa e fóra.

Falo galego

para non perdelo

Necesitamos aprender o Necesitamos aprender o Necesitamos aprender o Necesitamos aprender o galegogalegogalegogalego

todas as nenas e nenos.todas as nenas e nenos.todas as nenas e nenos.todas as nenas e nenos. Fala galego,Fala galego,Fala galego,Fala galego,

tamén no recreo!!!tamén no recreo!!!tamén no recreo!!!tamén no recreo!!!

O galego para cantar e tamén para xogar

No Nadal as cancións

con moita emoción.

No Nadal as panxoliñas en galego son divinas.

Page 24: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

24

2008, ano bisesto:2008, ano bisesto:2008, ano bisesto:2008, ano bisesto:

Un día máis en galego.Un día máis en galego.Un día máis en galego.Un día máis en galego.

No 2008 falamos galego, día e noite,

verán e inverno.

O galego é moi fermoso,O galego é moi fermoso,O galego é moi fermoso,O galego é moi fermoso, non podemos esquecelo,non podemos esquecelo,non podemos esquecelo,non podemos esquecelo, pensa e soña en galego,pensa e soña en galego,pensa e soña en galego,pensa e soña en galego, para así non perdelo.para así non perdelo.para así non perdelo.para así non perdelo.

Fala o galegoFala o galegoFala o galegoFala o galego de noite e de día,de noite e de día,de noite e de día,de noite e de día,

non esquezas o galego,non esquezas o galego,non esquezas o galego,non esquezas o galego, que dá moita alegríaque dá moita alegríaque dá moita alegríaque dá moita alegría

O Nadal vai e vén, o galego tamén,

todos parecen coñecelo e ás veces esquecen querelo.

Fala galegoFala galegoFala galegoFala galego no inverno e no verán,no inverno e no verán,no inverno e no verán,no inverno e no verán,

tamén no Nadal,tamén no Nadal,tamén no Nadal,tamén no Nadal, é fenomenal.é fenomenal.é fenomenal.é fenomenal.

Na rúa e na casa, en todo tempo e no Nadal, Galego debes empregar, cada día sen parar.

Papá, mamá, avoa, avó,Papá, mamá, avoa, avó,Papá, mamá, avoa, avó,Papá, mamá, avoa, avó, irmán, irmá, tía, tío…irmán, irmá, tía, tío…irmán, irmá, tía, tío…irmán, irmá, tía, tío…

se non me falades en galegose non me falades en galegose non me falades en galegose non me falades en galego non serei capaz de non serei capaz de non serei capaz de non serei capaz de

aprendelo.aprendelo.aprendelo.aprendelo.

Mirada de xeo, sorriso de neve, branco cabelo, falando galego.

LEMA GAÑADOR:LEMA GAÑADOR:LEMA GAÑADOR:LEMA GAÑADOR:

Derrétese o boneco, ¡ ai ! vaise derreter, non deixes que ao

galego lle pase coma a el.

Page 25: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

25

ENTREVISTAMOS AO PRESIDENTE DO ENTROIDO DE VILARIÑO

Berto é o presidente do Entroido 2008. Leva tres anos consecutivos sendo presidente en Vilariño. Grazas a el existen camisetas con divertidos debuxos do entroido e tamén un entroido fenomenal. 1: ¿Dende cando te interesaches polo entroido?

R: Dende pequeno, xa que mo transmitiron os meus pais e avós.

2: ¿Considéraste un bo presidente? ¿ Por que?

R: Supoño que si, porque a xente se divirte e asiste masivamente todos os anos

que levo de presidente.

3.: ¿Como fas para que os entroidos resulten tan animados?

R: A base de moito traballo e esforzo.

4: ¿Tes un traxe para cada día do entroido?¿Saen moi caros?

R:Teño moitos traxes pero non saen moi caros porque os intercambiamos

5: A parte de ser o presidente do entroido ¿En que che gustaría traballar?

R: De músico tradicional galego, xa que estou moi ligado á música galega.

6: Cando ti non poidas ser presidente ¿Como che gustaría que fose o substituto?

R: Que lle gustara moito o Entroido que sexa serio e boa persoa como penso

que son eu e que manteña a tradición durante moitos anos.

7: ¿Gustaríache que o entroido de Vilariño e Aldán se xuntasen?

R: Non porque son distintos e cada parroquia ten as súas tradicións

8: ¿Cal sería a mellor época do ano para celebrar o entroido?

R: En marzo ou abril, porque os días son máis longos e hai maior probabilidade de

que o tempo sexa bo.

9: ¿Hai moit@s nen@s tocando os instrumentos musicais galegos no entroido?

R: Si, dentro do que cabe hai bastantes.

10:¿Sería interesante que os colexios participasen máis no entroido?

R: Si, porque así confirmaríase que a tradición ten garantía de que perdure

durante moitas xeracións e sería unha mágoa que se perdese algo tan único.

-Grazas pola entrevista e por ser tan amable e esperamos que sigas sendo presidente moitos anos

máis.

-De nada, foi un pracer atendervos.

Laura Vidal e Alba Hermelo 6º P.

Page 26: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

26

Dani é un perruqueiro que veu de Meiro para Aldán. Todos o coñecen pola súa

amabilidade. Non hai ninguén coma el cortando o pelo. P. ¿Por que decidiches ser perruqueiro?

R. Porque me gusta a relación coa xente.

P. ¿Que é o que máis che gusta do teu traballo?

R. Cortar o pelo e falar coa xente.

P. ¿Cantos anos levas sendo perruqueiro?

R. Xa levo oito anos.

P. ¿Gustábache ser perruqueiro de pequeno?

R. Non, de pequeno quería ser futbolista.

P. ¿Como é un día de traballo para ti?

R. É me moi divertido e pásoo moi ben traballando.

P. ¿Que é o que menos che gusta do teu traballo?

R . O que menos me gusta é varrer.

P. ¿Peiteaches a alguén importante?

R. Non, pero gustaríame moito.

P. Ademais de peitear ¿que fas no cabelo?

R. Tinguir, facer mechas e afeitar

P. ¿Cal é o teu peiteado preferido?

R. Son as cristas. Son peiteados moi

creativos por iso me gustan.

P. ¿Tes algún axudante no traballo?

R. Si, un e chámase Pablo.

-.Grazas por atendernos e contestar as nosas preguntas.

Alba Nerga, Cristina e Fernando 6º P.

Page 27: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

27

A MAXIA MOLA

O día 21 de novembro fomos ao auditorio de Cangas para ver a actuación dun

mago.

Cando comezou o espectáculo todo o mundo empezou a berrar. A maxia que máis

me gustou foi o número en que o mago escolleu a unha nena do público e cun caldeiro

sacoulle unha moeda da orella, do nariz…

Despois da actuación fomos ver unha exposición de cadros e figuras. Había de

diversos autores e escultores como Antonio Neves, Julio Pires, Goes Pino, Vasco Torres

e moitas máis. Unha vez rematada a exposición saímos a esperar ao autobús e mentres

non viña xogamos ao “escondite inglés”.

Cando chegou o transporte subimos nel e volvemos ao cole e ao chegar como

aínda non tocara o timbre do recreo, apuntamos os nomes dos pintores e escultores que

viramos na exposición. Logo fomos ao recreo e cando rematou voltamos a clase para que

nos impartisen inglés e máis coñecemento do medio.

Page 28: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

28

Page 29: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

29

O día 19 de decembro de 2007, visitounos Federico de la Peña, para darnos unha charla sobre as plantas e os animais que hai no outono. Comezou presentándose e dicindo por que estaba connosco. Amosounos varias plantas como: castiñeiros, carballos, acivros, loureiros e algúns máis que agora mesmo non me lembro. Despois díxonos algúns segredos das plantas. Estes son algúns: -Acivro: se un neno mete unha folla de acivro no seu peto, ligará coa moza que lle guste. -Carballo: se colles unha folla tirada polo vento antes de que caia ao chan, e o gardas no peto darache boa sorte. Máis tarde ensinounos fotos. Nunha delas saía un castiñeiro que lle chamaban “O DOS CEN CABALOS”.Chamábanlle así porque din que un día ían cen cabaleiros cun cabalo cada un, e que comezou a chover moitísimo, e como preto de alí estaba o castiñeiro , refuxiáronse debaixo da súa copa, que debía de medir moitísimos metros porque colleron todos debaixo. ¿Que lenda máis bonita!

Despois díxonos que os castiñeiros máis altos de España se atopaban en Galicia na “Carballeira de Catasós” en Lalín. E de carballos tamén nos contou unha anécdota, sobre un carballo milenario que había no “Couto Misto”, que o cortaran só porque Otero Pedrayo dera un mitin nel.

Logo amosounos tres mascotas súas. Eran unha “Mantis Relixiosa”, un sapo femia chamada Matea, unha ourizo cacho femia chamada Adriana.¡Como nos gustaron! Todos pensamos en ter nós un, pero Federico explicounos que para ter animais salvaxes na casa, había que pedir permiso a Consellería de Medio Ambiente.

Ao final fixémoslle preguntas sobre os animais e árbores,e, o que máis me impresionou foi o que nos contou sobre a “Mantis Relixiosa”, que despois de aparearse co macho arrincáballe a cabeza e o mataba.

Esta charla gustoume moito porque rinme con el e aprendín moitas cousas novas importantessobre animais e plantas do noso entorno. Laura Vidal Paz 6º CURSO

Page 30: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

30

Á mantis relixiosa góstalle estar nos toxos. Pon os ovos nunha especie de niño-bolsa. Hai algunhas avespas salvaxes que teñen un aguillón moi longo co que danan os ovos das mantis e meten alí os delas. Ao final, saen avespas dun niño de mantis. As mantis femias comen a cabeza dos machos despois de aparearse porque deben considerar que xa cumpriron a súa función: “Hai amores que matan”. Os machos poden vivir varios días sen cabeza. Trouxo varios animais con el para amosárnolos, xa levaban con el moitos anos:

Os sapos son animais moi lentos e téñennos medo aos humanos. Por uns bultiños que teñen na pel, solta ou súa un veleno para defenderse. Algúns animais, cando lle traban, teñen que escupilo. Os sapos son animais inofensivos e os ditos que se contan por aí … se o tocas coa man , apodrécea.., non son certos. Bueno, en caso de ter unha ferida aberta, non é recomendable andar con eles, xa que se che pode infectar. Tamén sabemos que se hinchan moito e aumentan de tamaño para que non o poida atrapar un animal pequeno. Os sapos son unha especie protexida e

Os ourizos morren moitos nas estradas, polo tanto debemos recomendarlle aos conductores que vaian amodo. En caso de atopar un, debemos collelo cunha peza de roupa para que non nos pinche e levarémolo ao lado da carretera, non moi lonxe, xa que se ten fillos e non sabe voltar, as crías morrerán de fame e de frío. só o podes coller se che dan autorización. Este señor tiña un total de case trescentos animais de doce especies distintas e cento e algo de ratos cos que se fixeron anuncios de raticidas: RATIBRÓN . Con todos estes animais tamén fai documentais.

Alumnado de 3º

Page 31: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

31

Teñen que ver co 1.- ¿Qué dúas formas de pesca usaban os habitantes dos castros próximos ao mar?

2.- De que nacionalidade eran os primeiros vapores que chegaros ás nosas costas? 3.- Sabes que aínda se lles chama no Grove “francesas” a unhas grandes nasas que se empregaban na captura da lagosta? 4.- Sabes por que non asubían os mariñeitos nas gamelas da Garda? 5.- Qué utilidade pode ter a gran cantidade de gravas e areas acumuladas na zona submareal costeira?

6.- De que material material estaba construído o barco en que, segundo a tradición, chegou o Apóstolo Santiago a Galicia? 7.- De que material se facían os barcos en que, durante a Alta Idade media, chegaron á costa do Norte de Galicia os monxes celtas de Irlanda ou Bretaña? 8.- Sabes que prácticas se facían en Cambados cando o barco non pescaba e se dicía que tiña o meigallo?

9.- Cal é a orixe da Torre de Hércules, o faro máis antigo da costa galega?

10.- Que significado ten o ritual de colocar un ramo de loureiro na proa dun barco cando acaba a súa construcción? 11.- En que localidades das Rias Baixas se celebran os Maios con representacións

de barcos?

12.-Por que razón hai tantos apelidos cataláns (Ferrer, Trepat, Massó, Roig, Roura, Plana…) na costa de Galicia? RESPOSTAS 1.- Redes e anzois. 2.- De Gran Bretaña. 3.- Porque as coñeceron cando buscaban lagosta nas augas da Guarda ou de Sta Mª de Oia a carón dos lagosteiros bretóns de Cabaret que utilizaban esas nasas. 4.- Porque pensaban que asubiar atraían aos ventos. 5.- Como áridos para a construcción e para a rexeneración de praias. 6.-De pedra. 7.- De coiro. 8.- Dábanselle tundas con estrugas ao barco en terra, dando voltas arredor del. 9.- É romana. Despois foi transformada no século XVIII. 10.- Existe a crenza de que o protexe contra todo mal. 11.- En Marín, Poio, Redondela e Vilagarcía de Arousa. 12.- Porque no século XVIII moitos mariñeiros cataláns se estableceron nas costas galegas e converteron nunca actividade industrial a salga mariña.

Page 32: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

32

SOPA DE LETRAS: Atopa o nome destas seis artes de pesca:

Trasmallo – palangre – xeito – arrastre – nasa – cerco

ENCRUCILLADO:

HORIZONTAIS: 1.- Peixe que pinga no pan es San Xoán. 2.- Arte de pesca que vai polo fondo do mar. 3.- Criadeiro de mexillóns e outros moluscos. 4.- Emprégase para manter inalterados os alimentos durante un periodo de tempo máis ou menos longo. VERTICAIS: 1.- Conservar con sal 2.- Arte de pesca na que as redes se dispoñen de forma circular. 3.- Aparello formado cun tecido, para pescar. 4.- Apertar moito para quitarlle a graxa ás sardiñas cando antigamente se metían nun barril. (alumnado de 3º)

A C E E S N A T R Q W E R X E I T O N T A S S D F G T R A S M A L L O G H J J L C Ñ M G S B V C X Z Q A S O S D F A R R A S T R E G H K L U S I O P R T D F P A L A N G R E C Z A S G

Page 33: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

33

CONCERTO EN VIGO

O día 24 de xaneiro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos de excursión a Vigo a un concerto e a ver o “ Museo do mar”. O concerto era de música tradicional galega. do grupo XISTRA. Ao comezar saíu un home chamado señor “Cholo” que facía que estaba durmindo e uns rapaces gastábanlle bromas coa gaita, facían soar a gaita como o zunido d dun mosquito e dunha mosca. Despois de gastarlle esas dúas bromas o señor Cholo pillou ao rapaz e obrigoulle a tocar coa gaita unha cantiga chamada “Buxos verdes”.

A continuación ían presentando outros instrumentos como: a gaita , requinta, tamboril, tambor, bombo , pandeiro, charrasco e zanfona . Ían tocando diversas pezas musicais e cambiaban algúns instrumento,s e logo un dos compoñentes tocou a zanfona e cantou unha cantiga. Para tocar e cantar a “Rianxeira” chamaron dous voluntarios e un deles foi do noso cole, os nenos/as que saíron, disfrazáronnos de mariñeiros e metéronnos nunha especie de barca e facían que remaban no escenario. Ao rematar a cantiga fixemos un xogo no que participabamos todos os nenos e nenas, consistía en que tiñamos que levantar unhas tarxetas según que instrumento fora o que tocaban. Para rematar cantaron outra cantiga chamada o “Piripinpín” seguida de “Bailaches Carolina” e nesta última, saía un home vestido de cura e unha muller que facía de Carolina e levaba unha saia moi grande cun lagarto pintado e bailaban no escenario. As nenas e nenos tamén catabamos as cancións. ¡Que ben o pasamos! Miguel Rodríguez 6º P.

Page 34: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

34

O MUSEO DO MAR

O día vinte e catro de xaneiro do dous mil oito, na saída a Vigo, visitamos O “Museo do Mar”. Neste museo contáronnos moitas curiosidades, como que os submarinos andaban a pedais ou que unha poutada é unha especie de áncora con paus e unha pedra redonda atravesada. Mostráronnos un arpón co que se cazaban baleas. Lanzábase dende unha especie de canón unido cunha corda. Tamén puidemos ver unha das primeiras bateas. Era unha especie de barco, con paus saídos polos lados dos que colgaban cordas para cultivar mexillón, ou outras especies como a vieira ou a ostra. Vimos unha dorna, antiga embarcación de pesca, que ía a vela e a remos. Había distintos tipos de motores, a vapor e máis modernos. Aprendemos distintos tipos de pesca, vimos nasas, distintos clases de redes, participamos nunha lonxa antiga como compradores de peixe, distintas formas de conservar o peixe, unha presa para sacar a graxa aos peixes, … Por último visitamos un pequeno acuario con distintas especies das nosas rías.

Jorge e Daniel Docampo de 4º de E. P

Page 35: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

35

.

CURIOSIDADES DO ENTROIDO ¿Por que o Entroido cae en datas diferentes cada ano? Porque o mércores de cinza ten que ser corenta días antes do domingo de Pascua. ¿Por que varía o día do domingo da Pascua? Porque sempre coincide coa primeira lúa chea da primavera. Por iso sempre cae entre marzo e abril.

VOCABULARIO Entroido é un período de tempo que, nesta zona, comprende os tres días que preceden ao comezo da coresma.Durante eses días celébranse festas populares con máscaras, comparsas, bailes, … A comparsa é un conxunto de persoas que saen polas rúas bailando e cantando no entroido.

PERSONAXES DO ENTROIDO EN GALIZA

Boteiros que saen por Vilariño do Couso e Viana do Bolo. Son moi coloridos, cun sombreiro oco e sen tea. Teñen unha vara na man cun pompón amarelo, a cara negra e un sorriso de demo. Cigarróns que saen en Laza e Verín. Son homes e nenos cunha careta de madeira plana e cun pompón caído a cada lado, camisa branca, chaleco curto, cunha tea vermella que aguanta a saia branca arredor do corpo. Nas pernas levan un par de medias vermellas e uns zocos de madeira. Peliqueiros que saen por Xinzo da Limia. Teñen medias e saia branca, camisa negra e sombreiro azul.

PERSONAXES DOS ENTERROS NA

PENÍNSULA DO MORRAZO O Momo en Cangas, a Sardiña en Moaña e Marín, o Mexillón en Aldán, o Corvo, paxaro de mal agoiro en Bueu e o loro Ravachol en Pontevedra.

Mari Bermúdez e Antón Rocha de 4º de E. P.

Page 36: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

36

Page 37: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

37

1ª fase: PINTADO MULTICOLOR DE PAREDES (conseguido!!!!) 2ª fase: ANDEIS NOVOS E SUFICIENTES (en espera) 3ª fase: CORTINAS E ASENTOS CÓMODOS (cando teñamos cartos!!!!) 4ª fase: USO E DISFRUTE (ansiosos e impacientes!!!!!!) E… MENTRAS TANTO SEGUIMOS ADQUIRINDO:

¡¡¡¡estamos de reformas!!!!!!!!!!!!!

Page 38: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

38

NOVIDADES PARA TODOS /AS

Page 39: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

39

Page 40: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

40

COCIÑAMOS UN BISCOITO DE IOGURCOCIÑAMOS UN BISCOITO DE IOGURCOCIÑAMOS UN BISCOITO DE IOGURCOCIÑAMOS UN BISCOITO DE IOGUR

Page 41: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39

41

DEBUXO E LEMA DO CALENDARIO 2008

Iván Bermúdez Molares 6º

Derrétese o boneco, ai! vaise derreter,

non deixes que ao galego lle pase coma a el.

Cantiga 2º