Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

15
Tecnoloxías da Información e da Comunicación David Vaz Danta 4ºB

description

Traballo inicial de Tics de David Vaz Danta (1º Bach A)

Transcript of Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

Page 1: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

Tecnoloxías da Información e da

Comunicación

David Vaz Danta 4ºB

Page 2: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 2

Índice

Evolución Histórica _____________________________________________________ 3

As telecomunicacións ___________________________________________________ 5

A intelixencia artificial __________________________________________________ 6

Tecnoloxías Multimedia_________________________________________________ 7

Internet: A globalización ________________________________________________ 8

A Web 2.0 ____________________________________________________________ 9

Aplicacións sociais das TICs _____________________________________________ 12

Valoración: Riscos e posibilidades ________________________________________ 14

Page 3: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 3

Evolución Histórica

Desde finais do século XIX ata a actualidade, as tecnoloxías da información

evolucionaron enriquecéndose mutuamente do seu desenvolvemento. As diferentes etapas polas que pasou a tecnoloxía electrónica marcaron importantes acontecementos da historia da documentación.

Ao mesmo tempo, o crecemento da información e a necesidade do seu tratamento, provocaron a proliferación de liñas de investigación no campo das

Tecnoloxías da Información.

Para o estudo da evolución histórica das tecnoloxías da información partiremos

dos anos nos que comezaron a utilizarse os grandes ordenadores. O desenvolvemento deste apartado pode abordarse desde múltiples puntos de

vista, utilizando diferentes criterios coa finalidade de limitar as distintas etapas da súa traxectoria. Esas etapas coincide cas innovacións tecnolóxicas que permitiron a introdución

de cambios importantes no proceso da información, sen ter en conta o seu contido textual ou numérico.

O prematuro envellecemento que caracteriza aos equipos informáticos motivou a súa clasificación en xeracións, de acordo a unhas características técnicas determinadas que condicionan o desenvolvemento do software e que, en

consecuencia, implicaron a evolución do proceso documental. Deste modo na historia dos ordenadores menciónanse cinco xeracións, aínda que en ocasións

os diferentes autores non se poñan de acordo para delimitar a fronteira entre unha e outra xeración.

En xeral, o comezo da primeira xeración sitúase en 1951, ano da fabricación do primeiro ordenador electrónico a escala industrial. Os equipos eran de gran

Page 4: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 4

tamaño, moi pesados e dun elevado consumo eléctrico. Todo iso requiría

grandes espazos e un sistema de refrixeración debido ao calor que desprendían.

A segunda xeración chegou ca aparición do transistor (1958). Os ordenadores fixéronse máis asequibles, aumentou a súa fiabilidade e diminuíu o tamaño dos

equipos. Ao mesmo tempo aumentou a o número de fabricantes, así como a demanda por parte de diversas entidades que desexaban beneficiarse das

vantaxes que lles proporcionaban a Informática. Sen embargo, cando a xeración de ordenadores viu a luz, xa existían proxectos para o desenvolvemento da seguinte xeración.

Identifícase a terceira xeración cos ordenadores de circuítos integrados. Os

equipos de IBM 360 e o UNIVAC 1108 marcan o inicio desta xeración. Neste período os avances conseguidos na xeración anterior, en canto a tamaño, consumo e fiabilidade continuaron evolucionando. Aparece o concepto de

“familia” co fin de evitar a incompatibilidade existente entre ordenadores incluso entre ordenadores, incluso entre os que pertencían a un mesmo fabricante.

Á terceira xeración débeselle o nacemento do miniordenador, e o estímulo acerca das linguaxes de alto nivel. Convén recordar que en 1965

desenvolveuse a linguaxe Basic, que tantos éxitos conseguiu.

Os estudos do tema non chegan a un acordo respecto ao establecemento que separan as xeracións terceira e cuarta. Non obstante, sinálanse como características fundamentais a substitución da memoria dos núcleos de ferrita

polos chips; a miniaturización dos circuítos integrados, a importancia do disco e o diskette nas configuracións e a aparición da pantalla como interlocutor co

usuario. Tamén proliferou o uso de unidades independentes para o manexo das canles de entrada e saída, liberando ao ordenador central desa tarefa. É a xeración na que proliferan os ordenadores persoais. Por último, situámonos na

quinta xeración, a partir de 1990, que corresponde ao desenvolvemento dos chamados “ordenadores intelixentes”.

Page 5: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 5

As telecomunicacións

Unha telecomunicación é toda transmisión e recepción de sinais de calquera natureza, tipicamente electromagnéticas, que conteñan sinais, sons, imaxes e,

en definitiva, calquer tipo de información que se desexe comunicar a certa distancia.

As telecomunicacións son unha infraestruccura básica do contexto actual. A capacidade de poder comunicar calquera orde de forma case instantánea foi radical en moitos acontecementos históricos da Idade Contemporánea.

Ademais, a telecomunicación constitúe hoxe en día un factor social e económico de gran relevancia. Así, estas tecnoloxías adquiren unha

importancia propia se valoramos a súa utilidade en conceptos como a globalización ou a sociedade da información e do coñecemento; que se complementa coa importancia das mesmas en todo tipo de actividades de

carácter mercantil, financeiro ou empresarial. Os medios de comunicación de masas tamén se valen das telecomunicacións para compartir contidos ao

público, de gran importancia á hora de entender o concepto de sociedade de masas.

Page 6: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 6

A telecomunicación inclúe moitas tecnoloxías como a radio, televisión, teléfono

e telefonía móbil, comunicacións de datos, redes informáticas ou Internet. Gran parte destas tecnoloxías, que naceron para satisfacer todo tipo de

necesidades, enfocáronse a un consumo non especializado chamadas tecnoloxías da información e comunicación, de gran importancia na vida diaria das persoas, as empresas ou as institucións estatais e políticas.

A intelixencia artificial A intelixencia artificial (IA) é unha área multidisciplinaria que, a través de ciencias como a informática, a lóxica e a filosofía, estuda a creación e deseño

de entidades capaces de razoar por si mesmas utilizando como paradigma a intelixencia humana.

Reúne amplos campos que teñen común a creación de máquinas capaces de pensar. En ciencias da computación denomínase intelixencia artificial á

capacidade de razoar dun axente non vivo.

Dentro do apartado da intelixencia artificial diferenciamos os seguintes tipos: Sistemas que pensan como humanos: Estes sistemas tratan de emular o

pensamento humano. Automatizan as actividades que vinculamos con

procesos do pensamento humano, actividades como a toma de decisións, resolución de problemas e o a aprendizaxe.

Sistemas que actúan como humanos: Estes sistemas tratan de actuar como humanos, é dicir, imitan o comportamento humano.

Sistemas que pensan racionalmente: É dicir, con lóxica, tratan de imitar

o pensamento lóxico racional do ser humano. Sistemas que actúan racionalmente: Tratan de emular de forma racional

o comportamento humano. Está relacionado con condutas intelixentes en artefactos.

Page 7: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 7

Tecnoloxías Multimedia

A tecnoloxía multimedia é aquela que combina o uso de arquivos de diferentes tipos de orixe, como imaxes, vídeos, animacións, voces, música e textos. A súa

utilización converteuse nun uso estandarizado en internet e nas novas tecnoloxías, gañando unha importante aceptación entre os usuarios debido á interactividade que produce mediante a utilización de recursos de calidade.

Tipos de información nun sistema multimedia: Texto.

Gráficos: utilizados para representar esquemas, planos e debuxos lineais.

Imaxes: Son documentos formados por píxeles. Animación: Presentación dun número de gráficos por segundo que xera

no observador a sensación de movemento.

Vídeo: Presentación dun número de imaxes por segundo, que crean no observador a sensación de movemento.

Son: Pode ser fala, música ou outros sons.

Características dos sistemas multimedia:

Interactividade: Comunicación recíproca, acción e reacción. Se a presentación multimedia permite ao usuario actuar sobre a secuencia, velocidade ou calquer outro elemento do seu desenvolvemento, probas

ou alternativas que modifiquen o seu transcurso, entonces califícase a presentación como de multimedia interactiva.

Ramificación: É a capacidade do sistema para responder ás preguntas do usuario encontrando os datos precisos entre a multiplicidade de datos dispoñibles.

Transparencia: A tecnoloxía debe ser tan transparente como sexa posible, ten que permitir a utilización dos sistemas de maneira sinxela e

rápida, sen que faga falta coñecer como funciona o sistema. Navegación: Se a presentación está construída en forma de grafo, de

modo que é posible navegar duns puntos a outros seguindo certos

elementos de enlace, entón trátase dunha creación hipermedia.

Page 8: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 8

Internet: A globalización

Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP. As súas orixes

remóntanse a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de computadoras, coñecida como Arpanet, entre tres universidades en Estados Unidos.

A chegada de Internet supuxo unha revolución na vida e na comunicación dos que lles tocou vivir nesta época. Internet culminou o proceso de informatización

que se ven desenvolvendo desde fai anos, dando lugar ao nacemento dunha nova era. A revolución dixital permitiu que poidamos enviar texto, imaxes e

sons de forma bastante rápida. A maior revolución púxoa Internet, sobre todo nos últimos anos, que acabou cas fronteiras da comunicación. Isto supuxo que a cultura de distintos países se igualasen e se unan cara unha cultura común, a

cultura de masas.

Outros beneficios que supuxo Internet dentro da globalización foi o marketing e a publicidade, logrando con Internet unha ferramenta para chegar a un conxunto moi amplo de persoas, mellorando aínda máis o plano empresarial.

Todo isto deriva na implantación nas plataformas de comercio electrónico, outro gran avance co que se pode conseguir todo tipo de produto sen a

necesidade de visitar unha tenda física. En definitiva, Internet supuxo un gran avance na globalización. Un exemplo

disto é que todos os medios (televisión, prensa, radio...) concéntranse arredor de Internet, tendo cada un a súa correspondente páxina web.

Page 9: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 9

A Web 2.0

O termo Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan o compartir

información, a interoperabilidade, o deseño centrado no usuario e a colaboración na World Wide Web. Un sitio Web 2.0 permite aos usuarios

interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios nunha comunidade virtual, a diferenza de sitios web estáticos onde os usuarios se limitan á observación pasiva de contidos que se crearon para eles.

Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web as aplicacións web, os servizos de rede social, os servizos de aloxamento de

videos, as wikis, blogs, mashups etc.

Características: A Web 2.0 caracterízase principalmente pola participación do

usuario como contribuidor activo e non só como espectador dos contidos da Web (usuario pasivo). Isto queda reflexado en aspectos como:

O auxe dos blogs. O auxe das redes sociais.

As webs creadas polos usuarios, usando plataformas de autoedición. O contido agregado polos usuarios como valor clave da Web.

O etiquetado colectivo. A importancia do “long tail” O beta perpetuo: A Web 2.0 invéntase permanentemente.

Aplicacións web dinámicas.

Page 10: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 10

Servizos asociados:

Para compartir na Web 2.0 utilízanse unha serie de ferramentas, entre as que se poden destacar:

Blogs: Un blog é un espazo web persoal no que o seu autor pode

escribir cronoloxicamente artigos, noticias (con imaxes, vídeos e

enlaces), pero ademais é un espazo colaborativo onde os lectores tamén poden escribir os seus comentarios a cada un dos artigos que

realizou con anterioridade o autor.

Wikis: Unha wiki é un espazo web corporativo, organizado mediante

unha estrutura hipertextual de páxinas, onde varias persoas elaboran contidos de maneira asíncrona, Basta con pulsar o botón “editar” para

acceder aos contidos e modificalos.

Redes sociais: Sitios web onde cada usuario ten unha páxina onde

publica contidos e se comunica con outros usuarios. Exemplos: Facebook, Twitter, Tuenti, Myspace, Instagram, entre outras. Tamén

existen redes sociais profesionais, dirixidas a establecer contactos dentro do mundo empresarial.

Entornos para compartir recursos: Entornos que nos permiten

almacenar recursos ou contidos en Internet, compartilos e visualizalos

can conveña. Constitúen unha inmensa fonte de recursos e lugares onde publicar materiais para a súa difusión mundial. Existen diversos tipos, segundo o contido que albergan ou o uso que se lles da:

- Documentos: Google drive e Office Web Apps (OneDrive), nos que

podemos subir os nosos documentos, compartilos e modificalos. - Videos: Youtube, Vimeo, Dailymotion… Conteñen miles de vídeos

subidos e compartidos polos usuarios. - Fotos: Picasa, Instagram… Permiten disfrutar e compartir as fotos.

- Agregadores de noticias: Digg, Reddit… Noticias de calquer medio

son agregadas e votadas polos usuarios. - Almacenamento online: Dropbox, Google Drive, Skydrive.

- Presentacións: Slideshare.

- Plataformas educativas.

Page 11: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 11

Consecuencias da Web 2.0:

A Web 2.0 orixinou a democratización dos medios facendo que calquera

persoa teña as mesmas posibilidades de publicar noticias que un periódico tradicional. Grupos de persoas crean blogs que ao día de hoxe reciben máis visitas que as versións online de moitos periódicos. A Web 2.0 reduciu

considerablemente os custes de difusión da información. A día de hoxe podemos ter gratuitamente a nosa propia emisora de radio online, o noso

periódico online, o noso canal de vídeos, etc. Ao aumentar a produción de información aumenta a segmentación da mesma, o que equivale que os usuarios poidan acceder a contidos que tradicionalmente non se publican nos

medios convencionais.

Page 12: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 12

Aplicacións sociais das TICs

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son incuestionables e están aí, forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa que

debemos convivir. Amplían as nosas capacidades físicas e mentais e as posibilidades do desenvolvemento social. Inclúese no concepto de TIC non soamente a informática e as súas tecnoloxías

asociadas, senón que tamén os medios de comunicación de todo tipo: os medios de comunicación social e os medios de comunicación interpersonais

tradicionais con soporte tecnolóxico como o teléfono, Fax... As principais aplicacións das TIC son:

Fácil acceso a todo tipo de información.

Instrumentos para todo tipo de proceso de datos. Canles de comunicación. Almacenamento de grandes cantidades de información.

Automatización das tarefas. Interactividade.

De todos os elementos que integran as TIC, sen dúbida o máis poderoso e revolucionario é Internet (anteriormente comentado). Internet proporciónanos

un terceiro mundo no que podemos facer case todo o que facemos no mundo real e ademais permítenos desenrolar novas actividades.

Page 13: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 13

A partir das tendencias actuais, a evolución das TIC nos próximos anos pode

estar caracterizada polos seguintes aspectos:

Progresivo aumento dos sistemas informáticos portátiles. Progresiva difusión das pantallas planas (TFT). Implantación das tecnoloxías inalámbricas: rato, teclado, impresoras,

redes LAN… Xeralización das pizarras dixitais no ámbito educativo.

A expansión das TIC en todos os ámbitos e estratos da nosa sociedade produciuse a gran velocidade, e é un proceso que continua xa que van

aparecendo sen cesar novos elementos tecnolóxicos. A progresiva diminución dos custes da maioría dos produtos tecnolóxicos, froito do incremento dos

volumes de produción, déixase sentir nos prezos e permítenos dispoñer de máis prestacións polos mesmo diñeiro, facilitando a introdución destas potentes tecnoloxías en todas as actividades humanas e en todos os ámbitos

socioeconómicos. Non obstante, a pesar destas magníficas credenciais que fan das TIC

instrumentos altamente útiles para todo tipo de persoa, e por suposto imprescindibles para toda empresa, existen diversas circunstancias que dificultan a súa máis ampla difusión entre todas as actividades e capas sociais.

Page 14: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 14

Valoración: Riscos e

posibilidades

A expansión do uso das tecnoloxías supuxo a xeración de novas normas de

relacionarse son parte da vida cotiá de nenos/as e adolescentes. Isto trae

grandes vantaxes, ao mesmo tempo require tomar medidas para que se eviten

as situacións de perigo dentro do que se lle pode chamar “o mundo da

información e da comunicación”.

Hai diversos estudos sobre usos e costumes en relación ás tecnoloxías conclúen que os adolescentes teñen unha baixa percepción do risco ao que se pode estar exposto en situacións vinculadas á interacción cas Tics.

Pero ao mesmo tempo, as Tics son moi beneficiosas nalgúns aspectos,

noméanse algunha posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e Comunicación a continuación:

Ampliación da oferta informativa.

Creación de entornos máis flexibles para a aprendizaxe. Eliminación das barreiras espazo-temporais entre o profesor e os

estudantes. Incremento das modalidades comunicativas. Potenciación dos escenarios e entornos interactivos.

Favorecer tanto a aprendizaxe independente e a autoaprendizaxe como o colaborativo e en grupo.

Page 15: Traballo Inicial de TICs (SlideShare)

David Vaz Danta 1º Bach A

TICS: Traballo Inicial 15

Romper os clásicos escenarios informativos, limitados ás institucións

escolares. Ofrecer novas posibilidades para a orientación e a tutorización dos

estudantes. Facilitar unha formación permanente.

En conclusión, as Tics foron un gran avance no ámbito da información e da comunicación, colaborando nun mundo moito máis globalizado e máis rápido

no sentido da expansión da información. Ten moitas propiedades que son moi útiles para a humanidade, e moitas empresas se favorecen diso. Pero as Tics tamén teñen un lado que supón un problema para as persoas que descoñecen

este “mundo”. Teñen os seus riscos e hai que coñecelos moi ben para que o que inicialmente foi creado para beneficiar ás persoas se transforme en algo

que supoña un verdadeiro problema.