centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipsobradonebra/pec.doc · Web view1.SEÑAS DE IDENTIDADE...

44
ÍNDICE 1.SEÑAS DE IDENTIDADE 1.1 Análise do contexto. 2. NOTAS DE IDENTIDADE 2.1.Confesionalidade 2.2 Coeducación 2.3 Integración 2.4.Pluralismo e valores democráticos. 2.5 Liña metodolóxica. 2.6 Avaliación. 2.7.Lingua de aprendizaxe. 3. OBXETIVOS XERAIS DO CENTRO. 3.1 Coeducación 3.2 Integración 3.3 Pluralismo e valores democráticos. 3.4 Lingua de aprendizaxe. 3.5 Ámbito pedagóxico. 3.6 Ámbito institucional. 3.7 Ámbito administrativo. 3.8 Ámbito humano e de servicios. 3.9 Ámbito de acción titorial. 4. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA. 4.1 Órganos de goberno. - Órganos unipersoais - Órganos colexiados.

Transcript of centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipsobradonebra/pec.doc · Web view1.SEÑAS DE IDENTIDADE...

ÍNDICE

1.SEÑAS DE IDENTIDADE

1.1 Análise do contexto.

2. NOTAS DE IDENTIDADE

2.1.Confesionalidade

2.2 Coeducación

2.3 Integración

2.4.Pluralismo e valores democráticos.

2.5 Liña metodolóxica.

2.6 Avaliación.

2.7.Lingua de aprendizaxe.

3. OBXETIVOS XERAIS DO CENTRO.

3.1 Coeducación

3.2 Integración

3.3 Pluralismo e valores democráticos.

3.4 Lingua de aprendizaxe.

3.5 Ámbito pedagóxico.

3.6 Ámbito institucional.

3.7 Ámbito administrativo.

3.8 Ámbito humano e de servicios.

3.9 Ámbito de acción titorial.

4. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA.

4.1 Órganos de goberno.

- Órganos unipersoais

- Órganos colexiados.

4.2 Titores/as.

1.-SEÑAS DE IDENTIDADE.

1. ANÁLISE DO CONTEXTO

-1.1 O CONTEXTO FÍSICO.

O CEIP de Sobrado-Nebra está situado na parroquia de Nebra, pertencente ó Concello de Porto do Son.

Porto do Son conta ademáis coas seguintes parroquias:Baroña, Caamaño, Goians, Miñortos, Muro, Nebra, Noal, Queiruga, Ribasieira e Xuño con un total de 9992 veciños. Pertencentes todas á Serra do Barbanza.

O concello en xeral,e Nebra en particular, conta con importantes restos arqueolóxicos.

Este feito é utilizado na escola a nivel pedagóxico porque se considera un aspecto moi importante que os nenos coñezan a súa cultura e historia.

É unha parroquia rural situada na ría de Noia-Muros.

A pesares do seu aspecto rural os habitantes non se adican a agricultura e nin prácticamente a pesca ou marisqueo.Ten 868 habitantes.

Á escola de Nebra acuden alumnos tan só da parroquia. Algúns están escolarizados en Porto do Son ou en Portosin, xa que a parroquia ten varias zonas de influencia nas que o

transporte escolar fai o seu servicio.

Por este motivo a matrícula do centro cada ano se reduce, por mor, ademáis, da baixa natalidade da parroquia.

O colexio non dispón de comedor e tan só 5 alumnos disfrutan do transporte, xa que algún deles a pesares de ter cáseque os dous Kilómetros non cumplen a distancia necesaria para o uso do autobús estipulada pola Consellería.

Este é un dos inconvintes que atopan os pais que traen os seus nenos ó centro. Ademáis as rúas polas que teñen que circular son estreitas e non teñen beirarrúas.

O alumnado é moi homoxéneo, tanto pola orixe de nacemento como polo extracto socio-cultural e económico das súas familias.

-1.2 O EDIFICIO ESCOLAR.

O edificio do CEIP de Nebra é un edificio antiguo concebido inicialmente para dúas aulas situadas no piso inferior. No piso superior, hoxe habilitado para outras dúas aulas, era inicialmente as vivendas dos mestres.

Ésta situado nunha parcela, máis ben pequena para un edificio no que se escolarizan e xogan nenos.

Actualmente,posto que están coa concentración parcelaria, engadiuse un novo terreo pero que ainda está sin acondicionar para poder usalo.

Dispón dun patio con columpios e unha zona de cemento que fai de campo de fútbol.Este tipo de pavimento(cemento) non é o máis axeitado para facer este deporte pois ó caer fai que se produzcan moitas feridas.

Un dos inconvintes principias é a falta dun espacio cuberto para facer educación física ou poder facer alí as festas e festivais do centro.

Ademáis os nenos tampouco teñen un espacio para protexerse da chuvia. Hai acondicionado un telladiño pero non é suficiente.

Como queda dito, o centro consta de 4 aulas:dúas situadas no piso inferior e dúas no superior.

As aulas de piso de abaixo corresponden ós nenos de Infantil e ós do 1º ciclo de Primaria.

Cada aula consta de dous cuartos de baño.

Tamén hai un cuartiño onde se gardan as cousas de limpeza.

No piso superior están as aulas de 2º e 3º ciclo de Primaria.Cada aula ten un baño.

Neste andar tamén está a aula de informática(antes era de material) e a sá de mestres.

Non dispoñemos de ningún outro espacio para poder facer actividades complementarias como exposicións, obradoiros etc.

Un dos inconvintes tamén que mostra o centro, que vén dado pola pouca infraestructura da parroquia, é o uso que fan do patio os alumnos do Instituto os mozos de Nebra.

Ó non existir outro espacio onde poder xuntarse, xa que non disponen de ningún centro social ou polideportivo, utizan o noso patio como punto de encontro.

Esto supón que cando chegan á escola os nosos alumnos, está cheo de lixo, e mesmo, cheo de bebidas alcohólicas, vasos, cristais, botellas de refrescos, envoltorios de golosinas etc.

En canto o equipamento, o centro consta con suficiente mobiliario e bastante material didáctico.Este último á veces desaproveitado por falta de espacio para poder utilizalo.

- 1.3 DATOS FORMAIS E LEGAIS

Denominación do centro: CEIP Sobrado-Nebra

Código: 15013928

Teléfono: 981- 767148

E-mail:[email protected]

Postos de traballo(dende o curso 2004-2005)

E.Infantil/com. con Primaria

E.Musical/com con Primaria

E.física/com con Primaria

F.Inglesa/com con Primaria

Catalogados

1

1

1

Funcionando

1

1

1

1

Do Centro de Portosín acoden as mestras de A.L. e relixión. O equipo de orientación está no centro Santa Irene de Porto do Son.

- 1.4. HORARIOS

O horario de actividade docente está dividido en xornada de mañá(aprobado pola Consellería de Educación e O.U en maio do 2005) da seguinte maneira:

de 9.30h a 10.20h

de 10.20 a 11.10

de 11.10 a 12

de 12 a 12.30-recreo

de 12.30 a13.30

de 13.30 a 14.30

- 1.5. RATIOS

A ratio establecida según LOE cúmplese perfectamente ó non existir unha alta incidencia na matrícula.

De todos xeitos, como aquí os cursos son mixtos a ratio que nos corresponde son 20 alumnos por aula que non se supera en ningún dos casos.

- 1.6. SERVICIOS COMPLEMENTARIOS.

O transporte escolar está a cargo da empresa COMPARADO.

Tan só son transportados 5 alumnos, cifra que variará no curso seguinte.

O centro non dispón de comedor escolar.

Quen realiza a limpeza é unha empregada do Concello.

2. O CONTEXTO SOCIO-CULTURAL

Están reflexados nos anexos os seguintes aspectos:

· ámbito familar e social( situación laboral, nivel de estudos, lingua habitual…)

· Ámbito pedaxógico e escolar( carencias, nivel de calidade, sugerencias…)

- 2.1. ACTIVIDADES DO CONCELLO DE PORTO DO SON.

O Concello de Porto do Son conta no ámbito territorial que abarca o colexio cunhas instalacións para a realización deportivas e culturais que se cifran nas seguintes:

- Pavillón polideportivo cuberto.

- Campo de fútbol.

- Centro socio-cultural que conta con un biblioteca municipal, sa de exposicións e patio de butacas.

A parroquia, sen embargo, non conta con ninguna instalación de recreo e esparexemento para os alumnos do entorno.

Algúns nenos acoden a piscina de Noia a clases de natación.

Nas referidas instalacións do Concello, previo pago de cuotas, organiza diferentes actividades como:

- servicio de biblioteca,

- programacións de diferentes actividades culturais: conferencias, exposicións, teatro, concursos etc.

- Escolas deportivas,

- Organización de competicións e torneos,

- Campamentos urbanos,

- Cursos como baile galego, informática, manualidades etc.

2.2. ASOCIACIÓNS DE PAIS DE ALUMNOS.

O centro non dispón de ANPA dende hai varios anos. Por proposta da directora do centro suxeriuse que se constituira pero as nais non vén claro unha posible coordinación entre elas e rexeitaron a iniciativa despois de discutilo nunha reunión.

2.3 CENTROS EDUCATIVOS:

Dentro do ámbito territorial do concello de Porto do Son teñen o seu asentamento os seguintes centros educativos:

A. CENTROS PÚBLICOS:

Centros de Educación Infantil:

- Carballosa,

- Seráns

Centros de Educación Infantil e Primaria:

- CEIP de Campanario,

- CEIP de Xuño,

- CEIP de Santa Irene en Porto do Son,

- CEIP de Portosin

- CEIP de Nebra.

Centros de Educación Secundaria:

- IES de Porto do Son.

B. CENTROS CONCERTADOS:

- A Tarela: centro de acollida.

- Gardería.

2.-NOTAS DE IDENTIDADE.

2.1.- CONFESIONALIDADE

Este centro mostrase aconfesional e respectuoso con tódalas creencias e ideolóxias dos membros da comunidade educativa tanto a nivel relixioso como político.

De acordo con este pluralismo, toda persoa que traballa no centro evitará o máis mínimo labor da propaganda no seu interior.

2.2.- COEDUCACIÓN

Toda actividade estará dirixida á eliminación de discrinación por razón de sexo.

Esta opción pola coeducación determina unha metodoloxía que proporciona ós alumnos imaxes diversificadas e non convencionais dun ou outro sexo, eliminando toda conducta que atribúe roles distintos e tradicionais de homes e mulleres.

Tratarase ademáis de facer diferentes actividades encaminadas a conseguir este obxetivo tanto no desenvolvemento diario na clase como aproveitando conmemoracións especiais como o día da Paz ou o día da Muller Traballadora.

Ademáis terase especial cuidada nos materiais usados no centro(libros de texto, lectura, láminas...) rexeitando a todos aqueles dos que se poida desprenden algunha actitude sexista.

2.3.- INTEGRACIÓN

O centro terá en conta ás necesidades educativas de tódolos alumn@s mediante unha acción educativa centrada no principio de integración e de individualización.

A integración de alumnos con N.E.E. debe ser un labor e compromiso de toda a comunidade educativa e non só dos profesores cos que normalmente están en contacto.

2.4.- PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS

A educación neste centro ten en conta os valores democráticos como: a tolerancia, participación, solidariedade, educación para a paz, o medio ambiente e resulución pacífica e dialogadora dos conflictos.

Así mesmo é pluralista na medida que non exclúe a ninguén pola súa procedencia, relixión, ideoloxía, nivel económico, raza, lingua, discapacidades físicas e psíquicas...

2.5.- LIÑA METODOLÖXICA

Seguirase unha metodoloxía de tipo constructivista acorde cos principios psicopedágoxicos establecidos na LOE.

Hai unha serie de criterios básicos para establece-las liñas metodolóxicas do centro:

1.- Admiti-la diversidade de ritmos evolutivos e capacidades intelectuais.

2.- Intentarse motivar ó alumno ante cada nova aprendizaxe.

3.- Sempre que sexa posible, tentaremos unha escola activa:ulir, ver, tocar, experimentar, probar...

4.- A observación directa, a investigación, a experimentación serán a base de toda aprendizaxe.

5.- Favorecerase o traballo individual e persoal de cada alumno e alumna.

6.-Favorecerase o espíritu crítico e a capacidade de decisión e discusión.

7.- Tentar valorar o seu entorno no que viven tanto a nivel social, como histórico ou cultural.

8.- Empregaranse os recursos dispoñibles tanto do centro como do entorno.

9.- O labor educativo deste centro basearase no repeto mutuo, o diálogo, a reflexión, a colaboración e a solidariedade.

2.6.- AVALIACIÓN

O proceso de avaliación móvese en catro campos de actuación:

- Procesos de interacción afectiva e de comunicación entre as persoas implicadas no proceso educativo do nen@,nos contextos escolar, familiar e social.

- Optimización das condicións organizativas e dos recursos dipoñibles.

- Desenvolvemento das capacidades dos nen@s de acordo cos obxetivos xerais de etapa.

- Adecuación das programacións ós nen@s e ás caracteristicas individuais, ó fio dos obxetivos xerais de etapa.

A adecuación das programacións ós nen@s farase tomando como referencia:

1º.- exploración inicial, que nos permitirá coñece-lo estado actual do alumnado.

2º.- Unha avaliación continuada ou formativa, que servirá para realiza-los axustes ou correccións necesarias.

3º.- Unha avaliación sumativa ou final que permitirá coñece-lo grao de consecucións dos obxetivos.

Os aspectos que toda avaliación debe contemplar serán:

- coñece-la realidade persoal e do entorno do alumnado.

- Integración no ámbito familiar e escolar.

- Adquisición das destrezas xerais e de cada aspecto dos obxetivos a avaliar.

-As actitudes do alumnado ante o traballo.

- As actividades individuais ou en equipo.

- As adquisicións conqueridas en dada aspecto dos obxetivos de cada área curricular.

- A súa autonomía na aprendizaxe.

Terase en conta á hora de avaliar a aqueles alumn@ con Necesidades Educativas Especiais que teñan adaptacións curriculares individuais.

Para obter información dos progresos do alumnado no proceso de ensino, utilizaremos:

- A observación directa.

- A observación indirecta.

Estas observacións levaranse a cabo utilizando distintas estrategias, actividades e instrumentos, tales como:

1.- fichas de seguimento.

2.- Rexistro sistemático de observacións.

3.- Análise dos traballos de cada alumno e alumna.

4.- Controis de avaliación cada certo período de tempo.

2.7.- LINGUA DE APRENDIZAXE

Segundo a enquisa feita no centro ós alumnos e pais, conclúese que se debe impartir a docencia en galego, xa que tódolos alumnos son galego falantes.

Algúns pais inclinánse pola opción de impartir todo en castelán agás as asignaturas obligatorias en galego.

Outros escollen a opción de empezar en galego en infantil e ir paulatinamente incrementando as horas de docencia en castelán.

En todo caso deberá garantirse que o alumno ó finaliza-la escolarización teña un correcto dominio, oral e escrito,das dúas linguas oficiais.

3.-OBXETIVOS XERAIS DO CENTRO

3.1.- COEDUCACIÓN

1.- Evitar actitudes sexistas e discriminatorias por parte dos alumnos para conquerir unha educación máis igualitaria.

2.- Fomenta-la utilización da linguaxe oral e escrita non sexista en tódolos aspectos do ámbito educativo.

3.- Favorece-la utilización de medios e recursos non discriminatorios(láminas, libros de texto, películas, actividades etc.) para contribuir a supera-las discriminacións por razón de sexo.

Estes tres obxetivos son moi importantes neste centro, tendo en conta que ainda se respira un ambiente moi sexista, cos roles masculinos e femininos moi diferenciados.Tentarase traballar este aspecto moi seriamente.

3.2.- INTEGRACIÓN

1.-Atende-las dificultades de aprendizaxe elaborando adaptacións curriculares tras un diagnóstico previo coa colaboración de titores e equipo de orientación, así como actividades de apoio, reforzo ou recuperación en nenos/as que presentan N:E.E.

2.- Facilitar ou promove-la coordinación entre os distinos profesionais que atendan a nen@s con N.E.E.para o seu tratamento tanto a nivel metodolóxico como organizativo ou curricular.

3.- Educar ós nen@s do colexio no respecto e aceptación das diferencias entre as persoas: dificultades físicas, psíquicas etc

.

3.3.- PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS.

1.- Respecto polo pluralismo ideolóxico.

2.- Participación nas actividades do centro, responsabilizando ós alumn@s no uso dos materiais e das instalacións.

3.- Educación para a paz e o medio ambiente.

4.- Potencia-lo diálogo como medio para acceder ó achegamento das diferentes posturas.

5.- Respecto ós dereitos humanos, e sobre todo nos dereitos dos nen@s,potenciando a solidariedade fronte á violencia.

3.4.- LINGUA DE APRENDIZAXE

1.- Empregar en Educación Infantil e Educación Primaria a lingua materna,o galego, como lingua de aprendizaxe, fomentando de xeito oral, o emprego doutra lingua.

2.- Acada-la correcta comprensión e producción de mensaxes orais e escritas,de xeito gradual, tanto en lengua galega como en castelán.

3.- Empregar a lingua galega como lengua vehicular no centro tanto a nivel pedagógico como institucional.

3.5.- ÁMBITO PEDAGÓXICO

a) Relativos ó profesorado:

1.- Busca-lo pleno desenvolvemento mediante unha formación humana e integral.

2.- Ensinar ós alumnos a autoavaliarse.

3.- Educar no respecto ós principios democráticos de convivencia e ós dereitos e libertades fundamentais.

4.- Desperta-lo interese e o gusto polo saber.

b) Relativos ós contidos do ensino:

1.-Incorporar nas programación didácticas obxetivos e contados relacionados co entorno próximo ó alumno valorando o mesmo como un ben cultural.

2.- Concienciar ós alumnos na igauladade de sexos(non sexismo), na discriminación e na autoestima.

3.- Valorar a lingua galega como instrumento de comunicación dun pobo.

4.- Incorporar nas programacións obxetivos relacionados coa educación para a paz, respecto ó medio ambiente, á saúde, para o consumidor, educación vial e sexual.

5.- Adquirir hábitos e técnicas de traballo e estudio.

3.6.- ÁMBITO INSTITUCIONAL

1.- Fomenta-las relacións familia-escola.

2.- Potencia-lo interese dos pais/nais/titores pola evolución académica e persoal do alumn@.

3.- Participar no posible nas distintas actividades promovidas por institucións e colectivos que impliquen unha mellora na comunidade educativa.

4.- Fomentar que os profesores/as, pais, nais intervenían no control e xestión do Centro.

3.7.- ÁMBITO ADMINISTRATIVO

1.- Manter unha administración ben racionada, eficaz e transparente.

2.- Establecer canles de comunicación co Claustro para que estea ó tanto de tódolos temas de tipo administrativo que lle interese.

3.8.- ÁMBITO HUMANO E DE SERVICIOS

1.- Insistir na procura de espacios imprescindibles para o bo funcionamento do centro, sobre todo o patio cuberto para ter así un lugar onde facer Educación Física.

2.- Coida-las relacións interpersoais.

3.- Asumir e respecta-lo R.R.I. elaborado pola comunidade educativa.

3.9.- ÁMBITO DA ACCIÓN TITORIAL

1.- Promove-la dinamización do grupo-clase e do grupo-centro.

2.- Promove-la coordinación de tódolos ámbitos e axentes educativos que incidan nun grupo de alumn@s nun ciclo educativo determinado e tamén interciclos.

3.- Potencia-las aptitudes específicas e persoais dos alumn@s

4.- Ofrecerlle ó alumnado orientación a fin de facilita-lo seu crecemento persoal e unha personalidade madura.

5.- Orientar e asesorar ós alumnos de 6º sobre posibilidades académicas posteriores.

6.- Traballar diferentes técnicas de estudo e recomendacións sobre hábitos favorables para obter mellores resultados.

7.- Mellora-la atención á diversidade do alumnado.

8.- Colaborar cos Equipos Psicopedagógicos de Apoio, Inspección Educativa e todas aquelas institucións que poidan aportar axudas en beneficio dunha maior calidade do ensino no centro.

4.- ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

4.1.- ÓRGANOS DE GOBERNO.

ASPECTOS XERAIS

Os órganos de goberno deste Centro son:

Unipersoais: o director(non existe nin xefe de estudos nin secretario por ser un centro de categoría E, con 4 unidades)

Colexiados: consello escolar e claustro de profesores.

A participación dos pais/nais ou titores legais dos alumn@s, dos mestres/as e do Concello, na xestión dos centros realizarase a través do Consello Escolar.

Os órganos de goberno velarán pola efectiva realización dos fins da educación e pola mellora da calidade do ensino con tatal respecto ó principios básicos da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia.

- ÓRGANOS UNIPERSOAIS.

Director/a

Competencias (Artigo 128 da LOE):

1.- Representar oficialmente á Administración educativa no centro.

2.- Representar ó centro e facer cegar á Administración educativa los plantexamentos, aspiracións e necesidades da comunidade educativa.

3.- Dirixir e coordinar tódalas actividades do centro, cara á consecución do proxecto educativo e de acordo coas disposicións vixentes, sen prexuízo das competencias do consello escolar e do claustro.

4.- Visa-las certificacións e documentos oficiais do centro.

5.- Dacordo co establecido no Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e primaria, no meu caso, nomear ó coordinador de Normalización Lingüística e o de actividades Complementarias.

6.- Executa-los acordos do órganos colegiados no ámbito da súa competencia.

7.- Coordina-la elaboración do PEC, PCC, RRI,plan de autoprotección do centro e programación xeral anual, velando pola súa corecta aplicación.

8.- Convocar e presidi-los actos académicos, o consello escolar e o claustro e cantas outras comisións que se poidan constituir regulamentariamente.

9.- Cumprir e facer cumpri-las leis de demáis disposicións vixentes.

10.- Exerce-la jefatura de todo o persoal adscrito ó centro.

11.- favorece-la convivencia do centro e impoñe-las correccións que corresponda, de acordo coa normativa vixente e co Regulamento de Réxime interior.

12.-Garanti-lo dereito de reunión de mestres/as, alumn@s e pais/nais de acordo coa lexislación vixente.

13.- Colaborar coa inspección educativa.

14.- Xestiona-los medios humanos e materiais do centro, canalizando aportacións e intereses e buscando canles de comunicación e colaboración.

15.- Promover e impulsa-las relacións do centro coas institucións do seu entorno(Concello, comunidade de montes…)e fomentar un clima escolar que favorezca o estudo e o desenrolo de cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos.

16.- Trasladarlle ó delegado provincial da Consellería de Educación a memoria anual e, de habelos, propostas de solución a problemas existentes.

17.- Facilita-la axeitada coordinación con outros servicios educativos da zona.

18.- Coordinar e fomenta-la participación dos distintos sectores da comunidade escolar.

19.- Facilita-la información sobre a vida do centro ós distintos sectores da comunidade escolar.

20.- Autoriza-los gastos de acordo co orzamento do centro e ordena-los pagamentos.

A súa elección(según o artigo 129 da LOE )realizarase mediante un proceso no que participen a comunidade educativa e a Administración educativa mediante un concurso de méritos entre os profesores funcionarios de carreira correspondentes a algunha das ensinanzas do centro.

ÓRGANOS COLEXIADOS

Consello escolar.

Competencias (Artigo 123 da LOE)

1.- Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo de centro, aprobalo, avalialo, e se é o caso, introducir modificacións.

2.- Aprobar e avalia-la programación xeral anual do centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ó claustro.

3.- Coñece-las candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

4.-Participar na selección do director do centro nos termos que a presente Lei establece. Ser informado do nomeamento e cese dos demáis membros do equipo directivo. Propoñer a revocación do nomeamento do director, adoptado pola maioría dos dous tercios.

5.- Decidir sobre a admisión de alumn@s tendo en conta o establecido na lexislación vixente.

6.- Aprobar e modifica-lo Regulamento de Réxime interior do centro.

7.- Aproba-lo proxecto de orzamento do centro e a execución del.

8.- Establece-los criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.

9.- Promove-la renovación das instalacións e equipamento do centro, e vicia-la súa conservación.

10.- Analizar e valora-lo funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa.

11.- Elaborar informes, a petición da Administrción competente, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueles outros aspectos relacionados coa actividade do mesmo.

12.- Calquera outras que lle sexan atribuidas pola administración educativa ou polas respectivas normas de funcionamento.

Reunións:

O consello Escolar deberá reunirse obligatoriamente para a aprobación da Programación Xeral Anual(Primeiro trimestre), balance económico(segundo trimestre) e admisión de alumnos e Memoria final (terceiro trimestre)

Todas aqueloutras reunións precisas para temas puntuais, previa convocatoria do seu presidente.

Tódalas reunións deberán ser comunicadas, como mínimo, cunha antelación de 48 horas e por escrito en tódalas sesións ordinarias e extraordinarias, a non ser aqueloutras que teñan carácter de urxencia que poden ser feitas de xeito oral.

No seo do Consello Escolar existirá unha comisión de convivencia integrada polo director/a, un profesor/a e un pai/nai. (Noutros centros tamén o xefe de estudos)

Claustro de profesores/as

Competencias (artigo 125 da LOE)

1.- Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración dos proxectos educativos e curriculares do centro e programación xeral anual.

2.- Aprobar e avalia-los proxectos curriculares e os aspectos docentes da programación xeral anual,conforme ó proxecto educativo de centro.

3.- Coordinar as funcións referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos.

4.- Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.

5.- Elixi-los seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos termos establecidos pola presente Lei.

6.- Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

7.- Analizar e valora-lo rendemento escolar do centro mediante os resultados das avaliacións e outros parámetros que consideren pertinentes.

8.- Determinar cal é a lingua materna predominante entre o alumnado.

9.- Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellora-lo funcionamento do centro.

10.- Aproba-los criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.

11.- Informar das normas de organización e funcionamento do centro.

12.-Coñecer a resolución de conflictos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que éstas se ateñan á normativa vixente.

13.- calesquera outras que lle sexan atribuidas pola Administración educativa ou polas respectivas normas de organización e funcionamento.

Reunións:

Neste centro os claustros fanse por convocatoria universal xa que ó ser poucos non é difícil xuntarnos todos para chegar a acordos.

O claustro de profesores debe ser informado con anterioridade ó Consello Escolar de todos aqueles aspectos que inciden directamente na dinámica do Centro e dos que son partícipes.

ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE.

Neste centro dadas as súas características de agrupamento(por ciclos e non por niveis) non existen os equipos de ciclo.

Hai os seguintes órganos de coordinación docente:

- Coordinad@r de ciclo(con características propias)

- Equipo de Normalización Lingüística.

- Equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Funcións do coordinador de ciclo:

1.- Coordina-las funcións de titoria d@s alumn@s de ciclo.

2.- Coordina-la ensinanza no correspondente ciclo e acordo co proxecto curricular de etapa.

3.- Responsabilizarse da redacción da programación didáctica do ciclo.

4.- Responsabilizarse de elabora-la memoria final de curso.

5.- Coordina-la organización de espacios e instalacións e velar pola correcta conservación dos materiais e espazos.

6.- Outras funcións relativas ó reforzo educativo, adaptación curricular e actividades complementarias.

7.- Neste centro, coordinarse cos outros coodinadores de ciclo para unha mellor adecuación e progresión dos obxetivos a conquerir.

8.- Colaborar na elaboración e actualización do inventario do centro.

A programación didáctica dos equipos do ciclo incluirá, necesariamente os seguintes aspectos:

1.- Os obxetivos, os contidos e os criterios de avaliación, con especial referencia ós mínimos esixibles.

2.- A metodología didáctica que se vai aplicar.

3.- Os procedementos de avaliación da aprendizaje dos alumnos e alumnas.

4.- As actividades de recuperación e os reforzos para logra-la dita recuperación.

5.- Os materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar, incluídos os libros para uso dos alumnos e alumnas.

6.- A programación correspondente ós temas transversais.

7.- As medidas de atención á diversidade e, se é o caso, as adaptacións curriculares para @s alumn@s que as precisen.

Neste centro as saídas, excursións, actividades complementarias e extraescolares fanse conxuntamente, co que se decide entre tódolos coordinadores de ciclo as que se realizarán ó longo do ano.

Reunións:

- Os coordinadores de ciclo reunímonos unha vez cada quince días e todo caso, cando se necesite.

Comisión de coordinación pedagógica.

Integrantes:

Está integrada pola directora, como presidente, @s coordinadores de ciclo, o/ a profesor/a de Audición e linguaxe e @ coordinad@r de Normalización lingüística(que neste centro coindicide con un dos coordinadores de ciclo)

Competencias:

1.- Elevar propostas ó claustro a fin de establece-los criterios para a elaboración dos proxectos curriculares.

2.- Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme ós criterios establecidos polo claustro.

3.- Asegura-la coherencia entre o proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual.

4.- Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular incluídos no proxecto curricular.

5.- Propoñer ó claustro de profesores/as os proxectos curriculares para a súa aprobación.

6.- Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares para a súa aprobación.

7.- Canaliza-las necesidades de formación do profesorado cara o centro de Formación Continuada do Profesorado.

Reunións:

A comisión de coordinación Pedagógica reunirase unha vez ó mes.

Equipo de Normalización Lingüística.

Integrantes:

1.- O equipo de Normalización Lingüística estará constituido por un profesor de cada ciclo(neste centro por tódolos mestres que imparten clases)

2.- O/A coordinador/a do equipo será nomeado polo director por proposta dos componentes do equipo.Desempeñará as súas funcións durante un período de dous anos,renovables se é o caso.

A lei di que preferentemente será un profesor con destino definitivo do centro pero dada as cirscuntancias do mesmo de momento esto non será posible.

Competencias:

1.- Presentar, a través do claustro, propostas ó equipo directivo para a fixación dos obxetivos de normalización lingüística que se incluirán no proxecto educativo.

2.-Propoñer para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar, cando menos:

- medidas para potencia-lo uso da lengua galega nas actividades do centro.

- proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lengua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

3.- Propoñer para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan específico para potencia-la presencia da realidade galega:cultura, historia, xeografía, economía, etno

grafía, lengua, literatura, arte, folclore etc. no ensino.

4.- Elaborar e dinaminzar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxetivos incluidos nos plans anteriores.

5.- Presentar para a súa aprobación no consello escolar o orzamento de investimento dos recursos económicos disponibles para estes fins.

6.- Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e O.U. prevexa na súa normativa específica.

Competencias d@ coordinad@r:

1.- Colaborar na elaboración dos proxectos curriculares de etapa.

2.- Convocar e presidi-las reunións do equipo.

3.- Responsabilizarse das actas de reunión, así como da redacción da memoria final do curso, na que se fará unha avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria do centro.

4.- Proporcionarlle ós membros da comunidade educativa información sobre actividades do equipo e de todos aqueles actos culturais relacionados coa realidade galega.

Reunións:

1.- O equipo de Normalización Lingüística reunirase, como mínimo, unha vez ó trimestre e sempre que o considere oportuno @ coordinador@.

Equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Integrantes:

1.- Neste centro dadas as súas características é o director(e non o xefe de estudos) quen propón o coodinador de actividades complementarias.

2.- Na medida do posible haberá un/unha representante de cada ciclo(neste centro tódolos mestres)

Competencias:

1.- O equipo de actividades complementarias e extraescolares actuará sobre todas estas actividades que forman parte da programación, así como os espacios e recursos necesarios.

Neste centro o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo de actividades extraescolares traballan conxuntamente.

Funcións do coordinador de actividades complementarias:

1.- Elabora-lo programa anual destas actividades para o que se terán en conta as propostas dos coordinadores de ciclo, dos pais e nais e do claustro.

2.- Programar cada unha das actividades especificando obxectivos, momento e lugar de realización, repercusións económicas e forma de participación do alumnado.

3.- Proporcionarlle ó alumnado e pais e nais a información relativa ás actividades do equipo.

4.- Promover e coordinar actividades culturais, saidas, exposicións etc.

5.- Organiza-la utilización das bibliotecas de aula(o centro non dispón de biblioteca como espacio único)

6.- Elabora unha memoria final de curso coa avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria do centro.

Normas para a realización de actividades que se realicen fóra da localidade onde está situado o centro:

1.- Autorización escrita do pai/nai ou titor legal do alumno.

2.- @s alumn@s serán acompañados polo profesorado correspondente.

Neste centro as actividades soen ser en gran grupo, é decir, participa toda a escola.

4.2.- TITORES E TITORAS

Características xerais

1.- A titoría e orientación do alumnado formará parte da función docente.

2.- Cada grupo de alumnos terá un titor/a.

Funcións:

1.- As súas tarefas docentes específicas.

2.- Proporcionar información ó comenza-lo curso ós alumnos/as pais/nais sobre: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares, criterios de avaliación etc.

3.- Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividade de orientación.

4.- Coñece-las características persoais de cada alumn@ a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento.

5.- Coñece-los aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico da cada alumn@.

6.- Efectuar un seguimento global dos procesos de ensinanza-aprendizaxe dos alumn@s para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxeto de busca-las respostas educativas axeitadas e solicita-los oportunos asesoramentos e apoios.

7.- Coodina-las adaptacións curriculares necesarias para alumn@s do seu grupo.

8.- Facilita-la integración do alumnado no grupo e fomenta-la súa participación nas actividades do centro.

9.- Orientar ós alumn@s dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.

10.-Informar ó equipo de profesores do grupo de alumnos das súas características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos.

11.- Coordina-lo proceso de avaliación d@s alumn@s do seu grupo.

12.- Atender, xunto co resto do profesorado, @s alumn@s mentras estes permanezcan no centro nos períodos de lecer.

13.- Colaborar co equipo de orientación.

14.- Colaborar cos demais titores no marco dos proxectos educativo e curricular do centro.

15.- Orienta-las demandas e inquedanzas dos alumn@s e solventar posibles problemas que se presenten.

16.- Informar @s alumn@s do grupo, ó pai e nai e ós profesor@s do todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico.

17.- Facilita-la cooperación educativa entre o profesorado e os pais e nais do alumnado.

18.-Cubri-los documentos oficiais relativos ó seu grupo de alumn@s.

19.- Controla-las faltas de asistencia ou puntualidade d@s alumn@s e ter informados ós pais/nais,

20.- Fomenta-la colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fill@s.

LEXISLACIÓN

O PEC do CEIP Sobrado-Nebra de Porto do Son,respectando as leis, está baseado na Constitución Española, no Estatuto de Autonomía de Galicia, na Lei de Normalización Lingüística e na LOE, quedando derogadas despois de entrar en vigor esta nova Lei de Ordenación Educativa as seguintes:

a. Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo(Loxse)

b. Lei Orgánica 9/1995, de 20 de Novembro, de Participación, Avaliación e goberno dos Ce

ntros Docentes.(LOPEG)

c. Lei orgánica 10/2002, de 23 de Decembro, de Calidade da educación(LOCE)

ANÁLISE DE DIFERENTES ASPECTOS DO ÁMBITO FAMILIAR E SOCIAL

SITUACIÓN LABORAL

NAI PAI TITOR/A

Agricultor

0

0

Empregado

6

9

Autónomo

2

5

Funcionario

0

0

Profesión liberal

0

0

Vendedor ambul.

0

0

Non trabilla

13

1

No paro

0

2

NIVEL DE ESTUDIOS

PAI NAI TITOR/A

Sen estudios

0

0

Estudios primarios

8

10

EXB(graduado)

9

8

Formación Profesional

1

3

Bacharelato

Diplomado

licenciado

SITUACIÓN ECONÓMICA FAMILIAR

Moi baixa

baixa

normal

Media alta

Alta

1

3

16

-

-

VIVENDA

unifamiliar

Piso

Protección oficial

Alugada

Con outros familiares.

16

-

-

-

5

LUGAR DE NACEMENTO

PAI NAI TITOR/A

Aldea

14

13

Vila

-

3

Cidade

1

1

Fóra de Galicia

-

2

RELIXIOSIDADE

PAI NAI TITOR/A

Católico practicante

14

20

Católico non practic.

2

2

Testigo de Xehová

Evangélica

Islámica

Non crente

outras

LINGUA HABITUAL NA CASA

galego

castelán

Ámbalas dúas

Outras

19

2

CON RELACIÓN Á LINGUA EMPREGADA NA ESCOLA, ESCOLLA A

OPCIÓN QUE CONSIDERE MELLOR:

Todo o ensino en galego, agás o que obligatoriamente debe ser en castelán.

6

Todo o ensino en castelán, agás o que obligatoriamente debe ser en galego.

7

Educación Infantil en galego e ir intruducindo gradualmente o ensino en castelán

1

Medade en galego, metade en castelán.

7

ACTIVIDADES REALIZADAS A DIARIO OU CASE A DIARIO COS FILLOS

1. Ve-la televisión

2. Pasear

3. ir de compras

4. Ler

5. Estudiar

6. Facer deporte

7. Outras

ANÁLISE DE DIFEFENTES ASPECTOS DO ÁMBITO PEDAGÓXICO E ESCOLAR.

CARENCIAS FUNDAMENTAIS QUE TEN O COLEXIO (por orde de importancia)

1. Patio cuberto

2. transporte

3. Actividades culturais e de diversión

4. Servicios

5. Mantemento

6. Auga

7. Recinto cerrado

8. Columpios

9. Parque

10. Área deportiva

11. Calefacción

CARENCIAS FUNDAMENTAIS QUE TEN O CONCELLO

1. Transporte

2. Máis actividades

3. Cines

4. Xogos e deportes

5. Casa da cultura na parroquia

6. Actividades extraescolares

7. Piscina

8. Actividades culturais.

9. Servicios.

10. Parques

11. Vixiancia na escola.

ASPECTOS POSITIVOS(PEDAGÓXICOS) DA LIÑA EDUCATIVA DESTE CENTRO

1. Forma de ensinar ó nenos

2. Trato a nenos e maiores/preocupación por eles.

3. Atención

4. Boa comunicación coa escola.

5. Inglés en infantil.

6. Poucos nenos/as

7. Horario axeitado

8. Suficientes profesores

9. Traballo da lectura

ASPECTOS NEGATIVOS DA LIÑA EDUCATIVA DESTE CENTRO.

1. Non ter patio acondicionado

2. Non ten calefacción

3. Non ten actividades extraescolares(despois do horario escolar)

4. Falta de cooperación de algúns pais/nais

5. Falta de medios económicos

NIVEL DE INSTALACIÓNS DO CENTRO

Moi malas

2

Bastantes malas

3

Malas

6

Boas

9

Bastantes boas

2

Moi boas

0

NIVEL DE CALIDADE DA EDUCACIÓN QUE SE IMPARTE NESTE CENTRO

Moi mala

0

Bastante mala

0

Mala

1

Boa

13

Bastante boa

5

Moi boa

1

GRAO DE DISCIPLINA NO COLEXIO

É ríxida

0

É normal

20

É descoidada

0

EXISTE SUFICIENTE INFORMACIÓN DO COLEXIO

SI

20

NON

0

OS MEDIOS ESTABLECIDOS PARA QUE OS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS/AS PARTICIPEN NO CENTRO SON:

Moi insatisfactorios

0

Bastante satisfactorios

0

Insatisfactorios

0

Bastante Satisfactorio

5

Satisfactorios

13

Moi satisfactorios

3

NIVEL DE INFORMACIÓN ORAL OU ESCRITA DAS ACTIVIDADES ACADÉMICAS E EXTRAESCOLARES:

Nunca

Case nunca

2

Poucas veces

3

Frecuentemente

5

Sempre

11

¿AS ACTIVIDADES NAS QUE PARTICIPAN OS PAIS/NAIS SON NECESARIAS COMO ELEMENTO DE CONVIVENCIA FAMILIA-ESCOLA?

SI

17

NON

3

SE NO COLEXIO CONVIVIRAN DISTINTAS ETNIAS, CULTURAS E RELIXIÓNS¿QUE OPINIÓN LLE MERECERÍA?

1. Boa, non somos os únicos que vivimos neste plantea e hai que aprender a convivir xuntos.

2. Creo que é favorable para a educación dos máis pequenos, así aprenden a aceptar diferentes culturas.

3. Hai que ser tolerantes.

SUXERENCIAS QUE CRE OPORTUNAS PARA MELLORA-LA EDUCACIÓN NA ESCOLA.

1. Un orientador no centro.

2. Reforzo escolar.

3. Traballa-lo machismo/racismo

4. Actividades deportivas

5. Informática

6. Educación vial

7. Traballa-las faltas de ortografía.

8. Tratar temas de adolescentes.

9. Técnicas de estudo

10. Castigos e correctivos para face-los responsables.

EN RELACIÓN Ó ALUMNADO (15 NENAS E 12 NENOS)contestaron 24

LINGUA QUE EMPREGAS HABITUALMENTE

GALEGO

CASTELÁN

INDISTINTAM.

OUTRAS

23

1

-

-

QUE ALMORZO

Só leite

6

Leite con cereais e galletas, torradas…

12

Só zume de froitas

-

Leite con cereais, galletas.. e zumes

2

Non almorzó case nunca

4

Nº DE VECES QUE LAVAS OS DENTES Ó DIA

Despois de cada comida

9

Unha vez ó día

11

Case nunca

5

Nº DE VECES QUE TE DUCHAS

Tódolos días

5

De dúas a catro veces á semana

13

Unha vez á semana

6

HORA QUE TE DEITAS CANDO TES CLASE

Antes das 8 do serán

-

De 8 a 10 da noite

10

De 10 a 12 da noite

14

Despois das 12

-

TEMPO QUE EMPREGAS Ó DÍA FACENDO OS DEBERES OU ESTUDIANDO

Nada

6

Media hora

3

Unha hora

11

Dúas horas

4

Máis de dúas horas

1

PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

SI

10

42%

NON

14

58%

OCUPACIÓN DO TEMPO MAIORITARIAMENTE

En mirar a tele

14

En xogar

20

En actividades extraescolares

4

En escoltar música

1

En axudar na casa

7

Na lectura

6

Outras (estudiar)

2

OPINION QUE CHE MERECE O COLEXIO

1.- Moi boa. Teñen unhas mestras que ensinan moitas cousas.

2.- É moi bo. Teño uns bos compañeiros e unhas mestras que nos apoian en todo.

3.- Gústame o cole.

4.- Gústame porque imos de excursión e temos educación física.

5.-Está moi ben porque somos poucos e lévome moi ben con todos.(3)

6.- Gústame porque estou cos amigos pero non me gusta estudiar.

7.- Gústanme as actividades divertidas que facemos e lévome ben con todos.(4)

8.- Gústame porque podemos ir ós ordenadores cando queremos.

9.- Aprendemos moitas cousas(2).

10.-Gústame o colexio polo recreo e polos amigos.

11.-Gústame vir(3)

12. Hai actividades moi diferentes e participamos en moitas cousas.

DIFERENTES IMAXES DE SATÉLITE DA ESCOLA E O SEU ENTORNO.