Canón do Sil (2)

Post on 23-Jan-2018

92 views 0 download

Transcript of Canón do Sil (2)

Canón do Sil (2)

Miradoiro de Matacás (Castro Caldelas)

RÍO SILNace na Cordilleira Cantábrica (Asturias) e entra en Galiza pola depresión de Valdeorras e xúntase co Miño nos Peares. Desde a confluencia co Lor en Augasmestas atravesa un canón en rochas graníticas e xistos de 65 km de lonxitude que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. O Sil neste espazo recibe pola esquerda aos ríos Edo e Mao.

Vista desde As Torgás (Parada de Sil)

Diferentes tramos do curso do Sil están protexidos nos espazos “Enciña da Lastra”, “Os Ancares O Courel” e “Canóns do Sil”. Pero quedan fora outros tramos tamén moi interesantes polo seu valor xeolóxico, paisaxístico, biolóxico ou cultural.

Vista desde As Torgás (Parada de Sil)

Neste espazo incluímos o Canón do Sil desde o remate do LIC ata a confluencia co Lor, no Lic “Os Ancares-O Courel” e varios dos seus afluentes: o Mao, o Edo... O espazo ocupa as ladeiras dos canóns dos ríos que circulan polas fallas dunha superficie aplanada e moi erosionada.

A formación do Canón do Sil tivo a súa orixe a finais da Era Terciaria e comezos da Cuaternaria cando a chaira erosionada ergueuse verticalmente obrigando aos ríos a excavar canóns aproveitando as fracturas que racharon o terreo.

CONCELLOS:-Lugo: Sober, Monforte de Lemos, Quiroga e San Clodio-Ourense: Castro Caldelas, A Teixeira, Parada do Sil

O Sil na zona de Amandi (Doade)

O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes dos canóns, de grande valor xeolóxico, ecolóxico e cultural.A paisaxe deste espazo está moi influída pola man do ser humano: cultivo de vides en socalcos desde tempos moi antigos e construción de encoros que modificaron totalmente a fisonomía do val dos ríos.

1

MIRADOIROS1-Trigoás2-Sacardebois3-Cristosende4-Xirás5-Lumeares6-Matacás7-A Pena do Xastre8-Torbeo9-A Cubela10-Moreiras11-Os Chelos12-Soutochao13-Pena do castelo14-O Duque15-A Barxa16-Froxende17-Augasmestas

7

8910

11

1213

14

15

17

23 4 5

6

16

Vista desde As Trigoás (Parada do Sil)

Vista desde As Trigoás (Parada do Sil)

Vista desde Os Chelos (Sober)

Vista desde Os Chelos (Sober)

Vista desde Sacardebois (Parada do Sil)

Cristosende

Cristosende (A Teixeira)

Vista desde Lumeares (A Teixeira)

Vista desde Lumeares (A Teixeira)

Miradoiro do Castelo, ao pé de Doade, na aba do Bidueiral

Amandi (Sober)

Miradoiro de Soutochao ou da Area de Interpretación da Ribeira Sacra (Sober)

Vista desde Soutochao (Sober)

Canón Sil entre Doade e A Teixeira

Miradoiro Pena do Castelo (Sober)

Miradoiro Pena do Castelo (Sober)

Pena do Castelo (Sober)

Pena do Castelo (Sober)

Miradoiro Pena do Castelo (Sober)

Miradoiro do Duque (Sober)

Ponte entre Sober e Pontecaldelas

Canón do Sil entre Sober e Pontecaldelas

Canón do Sil en Doade co embarcadoiro do catamarán turístico

Miradoiro de Matacás (Castro Caldelas)

Miradoiro de Matacás (Castro Caldelas)

Monte Bidual rodeado polo Canón do Sil (vista desde Torbeo)

Vista desde Torbeo

O Sil na Cubela

O Sil na Cobela

Comezo do Canón do Sil, a partir de Augasmestas entre os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e A Pobra do Brollón.

RÍO LORNace nos montes do Cebreiro e despois dun percorrido de 50 km por terreos do Courel e A probra do Bollón desemboca no Sil en Augasmestas (Quiroga).

Augasmestas (Quiroga), confluencia do Lor e o Sil e comezo do Canón do Sil

Desembocadura do Lor, nas augas encoradas do Sil

RÍO EDOChamado tamén río de Caldelas. Fórmase a partir de varios regos que baixan da Serra do Burgo por terreos do concello de Castro Caldelas. Os principais afluentes son o Vaos e Ponte Batán, pola esquerda e o Castoi e Ferreiros, pola dereita (que baixan da serra das Cabanas). Xúntase ao Sil no linde coa Teixeira.

Val do Edo. Desde a penichaira de Pontecaldelas o Edo forma un estreito val encaixado e descende case 700 m ata o Sil.

Río de Caldelas ou Edo en Castro Caldelas

Ponte medieval sobre o río Vaos en Lumeares (A Teixeira).

O Cachón (Río dos Vaos-Edo)A Teixeira

Área recreativa no Edo en Abeleda (A Teixeira)

Rego do Porto (Río Edo)Poboeiros (Castro Caldelas)

Desembocadura do Edo no Sil

O Edo, na desembocadura no Sil, no encoro de Santo Estevo.

O río Mao forma un profundo canón entre paredes graníticas entre os concellos de Parada de Sil e A Teixeira, antes de desembocar no Sil.

RÍO MAOO Mao ou Mau recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e fervenzas. Os principais afluentes son o Alavenche, o Broil e o Covas.

Gorxa do MaoA Teixeira-Parada de Sil

Rego de Forcas (Río Mao)Parada de Sil

Rego da Senra (Río Mao)Parada de Sil

Ponte medieval sobre o Río Mao en Conceliños entre A Teixeira e Parada de Sil

Rego de Fiós (Río do Batán,un afluente do Sil en Parada do Sil

Un dos numerosos regos que caen ao Sil en Sober.

CLIMAVariable de atlántico subhúmido nas partes máis sombrizas e mediterráneo-húmido nas abas orientadas ao sol. Hai unha gran amplitude térmica. As precipitacións son escasas e concentradas no inverno.

Vista desde o miradoiro das Torgás (Parada de Sil) cara á Teixeira

FLORAA vexetación do Canón do Sil está formada por unha mestura de especies mediterráneas (sobreiras, aciñeiras, érvedos, arzaias...) e atlánticas (carballos, bidueiros, acivros, fentos...) distribuídas en función da maior ou menor exposición das ladeiras do canón ao sol.

Vexetación mediterránea na parte máis asollada orientada ao sol.

Bosque nunha ladeira sombriza no outono

Sol e sombra no Canón do Sil

Chopos en Augasmestas. Primavera.

Chopos en Augasmestas. Verán.

Chopos en Augasmestas. Outono.

Chopos en Augasmestas. Inverno

Salgueiro (Salix salvifolia). Común á beira dos ríos da Galiza mediterránea.

Destaca a presenza de uz branca (Erica arborea), piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla), narcisos (Narcissus bulbocodium e Narcissus triandrus), xilbarbeira (Ruscus aculeatus), onfalodes (Omphalodes nitida), brións (Sphagnum spp.), liques (Cladonia subgenus Cladina).

Onfalodes

Narcissus triandrus

Lique (Cladonia arbuscula)

Souto de Valguaire (Sober). Atópase no camiño de Doade ao mirador do Castelo. Hai numerosos castiñeiros de grande porte. Os máis vellos teñen 11, 7, 50 e 7,40 m de perímetro.

ÁRBORES SENLLEIRAS

Castiñeiros na área de interpretación da Ribeira Sacra en Sober

Castiñeiros en Lobios (Sober). Situados ao pé da estrada de Doade a Bolmente. O máis grande mide 8,90 m de perímetro.

Castiñeiros de Moreiras (Ribas de Sil). Atópanse a carón da estrada que vai a Torbeo. O máis grande mide 7,30 m de perímetro.

Castiñeiro no Canón do Mao (Parada de Sil)Vese seguindo a ruta do canón do Mao que vai desde Forcas a San Lourenzo de Barxacova.

Castiñeiro de Pedra do Sol (Montoedo, A Teixeira)-11,56 m de perímetro.

Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)

Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)-8,5 m de perímetro.

Pradairo de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Mide 3 m de contorno e está situado na entrada do mosteiro, acompañado dun carballo.

Piñeiro manso en Lumeares (A Teixeira). Atópase a pé da estrada que vai ao canón do Sil desde Lumeares. Mide 3,90 m de perímetro.

FAUNAO máis representativo da fauna desta área son as aves que viven no río ou nas beiras e as rapinas dos cantís.

Garza real (Ardea cinerea)

O falcón (Falco peregrinus) caza nos espazos abertos e descansa e aniña nos cantís.

Papuxa montesa(Sylvia undata)

USOS/APROVEITAMENTOAgrícola, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica: encoro de Santo Estevo (1955).

Catamarán turístico

OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRAUn dos recursos económicos máis importantes do Canón do Sil é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa tradición, desde o tempo dos romanos e foi desenvolvida posteriormente arredor dos abondantes mosteiros da ribeira. Despois dun anos de abandono o sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotación están en activo.

O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que se aproveiten ao máximo as abas dos vales ben asolladas construíndo muras para conter a terra en socalcos.

Bosques e viñedos

Nos outono as follas das vides enchen a paisaxe dunha ampla gama de cores amarelas e ocres

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA zona estivo poboada desde tempos moi antigos e conserva vestixios de distintas épocas. Forma parte da Ribeira Sacra.

O nome de Ribeira Sacra probablemente ven da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na grande cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca -neste espazo: Santo Estebo e Santa Cristina de Ribas de Sil (Ourense), mosteiro de Pombeiro e igrexas de Canaval e Lobios, Pinol e Proendos (Lugo). Tamén se dí que pode significar “Carballeira Sacra”

Mosteiro de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Actualmente en estado ruinoso.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daportaxaneiro 2017