Post on 09-Mar-2016
description
¿Que comen polo Nadal nos diferentes países do mundo?
Por estas datas a familia reúnese ao redor da mesa para
celebrar estas festas. As costumes duns lugares a outros varían, non se
comen os mesmos alimentos, nin se fan as mesmas cousas.
Peraliño tróuxonos algunha información dos sitios que visitou e doutros
que leu.
Imos coñecer algunha das costumes doutros lugares. Despois falade e
comparade co que facedes vós nas vosas casas.
FRANCIA
Todos celebran estas datas entre abrazos, bicos, brindes e manxares
tradicionais, dignos dos deuses. Entre as exquisitas tentacións que hai
que degustar nesa máxica noite figuran: o foie-gras (paté de fígado de
pato o de oca), o pavo asado, a morcilla branca e os ostiones. O postre
de Nadal por excelencia é a “buche de Noel”, un pastel en forma de tronco, recuberto de
chocolate e recheo de crema ou trufa. Viños e champaña deleitan os padais más esixentes.
ITALIA
- Noiteboa: Fan a gran cea “cenone” Comen
antipasti”(entremeses), espaguetis con ameixas, pescado
con verduras, froitas frescas e turrón.
- Ano Vello: Lentellas, porque din que quen as come
contará con diñeiro para todo o ano próximo.
GRECIA
- Ano Vello: É a cea importante, en familia. Tómanse
varios primeiros e segundos pratos, entre eles pavo e
cordeiro. De sobremesa compártese o roscón de San
Basilio, que leva unha moeda dentro (antes era de ouro, agora é normal).
Quen a atope terá un ano próspero.
En Chipre tamén toman un roscón parecido chamado “basialopita”.
RUSIA
Seguen o calendario da igresia ortodoxa e, por ese
motivo, as celebracións son uns días máis tarde.
Nos fogares rusos, a cea de Noiteboa está
composta por doce pratos, un por cada apóstolo.
O pescado, acompañado por unha sopa de remolacha, é o prato estrela das
mesas de Nadal neste país.
EXIPTO
Dinos Peraliño que estas datas non son as máis importantes.
Para eles o transcendental é o mes do Ramadán. Todos os días
ayunan dende o amencer ata a posta de sol, que é cando comen.
Cando finaliza o mes de ayuno fan a gran festa, reúnese toda a
familia e comen de todo.
ETIOPÍA
O Nadal en Etiopía coñécese como Ganna e celébrase o 7 de xaneiro. Nos hoteis para
turistas adornan como en Europa, incluso colgan o Papá
Noel.
Un dos alimentos tradicionais é a “injera”, parecido a un
panqueque. Este sirve tanto de prato como de garfo,
porque sobre el e cun pedaciño de este, cómese o “doro
wa”t, un cocido de polo.
INDIA
Neste país asiático celébrase o "Diwali", a festa das luces . Comeza case un
mes antes das nosas festas.
O máis típico son os tradicionais doces indios, de sabor moi intenso que as
persoas regalan a familiares e amigos.
A festa de Nadal só é festivo e celebrada polos
católicos, pero tendo en conta que é un país tan
poboado case 20 millóns de persoas o celebra ao
estilo occidental.
MEXICO
Neste país latinoamericano, as festas de Nadal comezan o 16 de decembro
coas Posadas (representación da penuria que pasaron San Xosé e a Virxe
para encontrar posada na súa viaxe a Belén). Durante nove días, ata
Noiteboa, as familias máis proclives a respectar a tradición fan quendas
cada noite para celebrar unha posada na súa casa.
Tras a representación, comeza a festa, na que os nenos
rompen unha Piñata que representa ao demo, chea de
laranxas, mandarinas, caña de azucre e manises. O día de
Noiteboa, a tradicional cea celébrase pasada a medianoite
trala misa. O día de Reis celébrase como en España,
recibindo aos Magos de Oriente dando boa conta do Roscón.
GRENLANDIA
Este anaco de xeo no Círculo Pola Ártico pertence ao
país de Dinamarca polo que manteñen algunhas das
súas costumes. Pola Noiteboa quizais se sirva algún
prato de pescado como entrante, pero a "auténtica"
cea do Nadal se compón de porco ou pato asado. En moitos fogares cómense
as tres cousas, acompañadas de patacas: hai patacas cocidas normais e
patacas cunha capa de caramelo. Complétase o prato con salsa marrón e
lombarda cocida. A comida do Nadal danesa é moi tradicional, incluíndo o
postre. Na inmensa maioría dos fogares tómase “Ris a' lamande”, que é
como o arroz con leite pero mesturado con nata, vainilla e améndoas
picadas. Está bastante rico, pero pode resultar un pouco pesado.
Especialmente despois da enchente. Pero non queda máis remedio que
acabar o prato, porque os maiores deixan unha soa améndoa enteira, e quen
a atope lévase un regalo .
AUSTRALIA
En Australia luce o sol, xa que é verán, acompañado de temperaturas que
oscilan entre os 25 e os 38 graos centígrados.
A celebración destas festas lévase a cabo con picnics
en parques, xardíns e praias. O menú componse de
marisco, xamón doce, ensaladas, carne fría e pudding
fumeante con natillas. Nas antípodas, os nenos reciben
a visita de un Santa Claus moi especial, vestido con
sombreiro, camiseta de tirantes azul mariño e amplos
pantalóns curtos: Swag Man.
HAITÍ
- Noiteboa: A xente rica come arroz con frijoles e
macarróns ao forno. Os pobres cean porco e polo.
- Ano Vello: Os que teñen cartos para pagalo cean fóra da
casa e brindan con ron a entrada do Aninovo.