19 Nov 2010 - Nº23

16
Número: 23 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 19 de novembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 34 CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO páx.7 a 9 Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores páx. 14 Defendendo as nosas cores: Patricio Capellini, xogador do Caldaria Barrocás páx. 13 Isto é DEPORTE! Baloncesto: Sábado 20 Carmelitas - Pabellón páx. 2-3

description

Sábado 20 Carmelitas - Pabellón Baloncesto: Defendendo as nosas cores: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 13 páx. 14 páx. 2-3 Número: 23 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 19 de novembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Transcript of 19 Nov 2010 - Nº23

Page 1: 19 Nov 2010 - Nº23

Número: 23 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 19 de novembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

34 CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO páx.7 a 9

Alfonso Vilachá:a actividade física nos mozos maiores páx. 14

Defendendo as nosas cores:Patricio Capellini, xogador do Caldaria Barrocás páx. 13

Isto é DEPORTE!

Baloncesto:Sábado 20 Carmelitas - Pabellón páx. 2-3

Page 2: 19 Nov 2010 - Nº23

2 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

BALONCESTO

O encontro terá lugar no Polide-portivo Vedruna, o sábado 20 de novembro ás 19.30 horas

R. Torres

Se calquera derbi é sem-pre emocionante o do vin-deiro sábado entre os dous conxuntos ourensáns que desputan na actualidade a Liga Feminina 2 de balon-cesto eo por partida dobre, xa que en xogo non só está o bo sabor da vitoria se-nón tamén a honra de dous equipos que non chegan ao enfrontamento co mellor dos ánimos.

O local O conxunto local, o Codi-

galco, vive un amargo mo-mento, logo de ser derrota-do nos seis partidos que van

O derbi da honra

de tempada (en ocasións con resultados de máis de 30 puntos de diferenza) e afrontar o último encontro, ante o Cáceres, cun novo (e momentáneo) adestrador, Juan Rodríguez, despois de que Tito Fernández renun-ciase ao seu cargo alegando que “quero o mellor para o equipo, por iso chegado este intre o que debo facer, para respostar á confianza que me deron, é deixar o meu posto como adestrador (...), porque vexo o com-promiso das xogadoras e, a pesar diso, os resultados non nos acompañan”.

Aínda que o cambio pa-receu despertar algo o xogo

das colexialas, a mellora non foi, en absoluto, sufi-ciente, xa que un resultado final de 62-52 mostraba un capítulo máis desta historia interminable de derrotas. Nembargantes, esta distan-cia non foi constante duran-te todo o encontro, de feito as ourensás chegaron a ter tan só dous puntos de des-vantaxe grazas ás notables melloras ofensivas que ex-perimentaron en relación a actuacións anteriores. Pero un desafortunado primei-ro cuarto sumado a varios erros graves cometidos ao comezo do derradeiro pe-ríodo inclinaron a balanza a favor das cacereñas, que,

ao igual que as Carmelitas, non coñecían a vitoria ata o momento.

Lamentablemente, este novo revés mantén ao Co-digalco de penúltimo na clasificación xeral (con tan só o Universidad de Valla-dolid por debaixo, empa-tado, evidentemente, a de-rrotas e puntos) e obrígao a presentarse no derbi non só coa presión habitual de quen xoga na casa, senón tamén coa necesidade impe-riosa de acadar unha vitoria que comece a darlle algun-ha posibilidade de evitar o play out de descenso da categoría, algo improbable de continuar polo mesmo

camiño.

O visitante Enfronte estará un Pabe-

llón Ourense que atravesa unha irregular tempada, con dúas vitorias ao seu fa-vor fronte a catro derrotas. Estas últimas derivadas de resultados moi dispares, xa que mentras contra o Arxil pontevedrés as ourensás perdían pola mínima (72-73) e nos derradeiros segun-dos de encontro; na pasada xornada, o Universitario de Ferrol ofrecía todo un es-pectáculo de superioridade e sentenciaba o encontro na casa das pabillonistas cun, máis que decepcionante,

4 Codigalco Carmelitas e Pa-bellón Ourense enfróntanse o vindeiro sábado na procura dunha vitoria imprescindible para ambos equipos.

62-91. O empate a 15 puntos

case ao remate do primei-ro cuarto foi o máis preto da vitoria que as ourensás estiveron en todo o parti-do. Dende entón, o labor defensivo do Pabellón non foi quen de frear a un Fe-rrol imparable grazas a tres das súas xogadoras (Player, Watson e Tudanca, con 27, 21 e 17 puntos anotados respectivamente). Aínda que compre destacar o gran papel que xogou esa noite a pabillonista Lucía Méndez, con 18 puntos e 4 de 7 tri-ples acertados.

Pero esta derrota non só ocasionou o descenso do equipo da novena á déci-ma praza da clasificación, senón que un resultado tan diferenciado fixo mella na moral das de Lisardo Ro-dríguez; polo que o clási-co derbi será a mellor das oportunidades para remon-tar o voo.

Ambas filasTendo en conta o com-

portamento observado nos dous conxuntos ao longo das seis xornadas desputa-das ata o momento é sinxe-lo adiviñar o cinco inicial polo que apostará o Pabe-llón e algo máis aventurado previr o do Codigalco.

De todos os xeitos, o máis probable é que Chantal Mi-tchell, Merideth Marsh, Caroline Gullberg, Miriam Bolivar e, a última incorpo-ración pero sempre aposta segura, Noelia Oliva, sexan as colexialas que salten á cancha no minuto cero; e, pola contra, Laura Gil, Ali-cia González, Erica Perry, Pirgit Püü e Lucía Méndez (sustituíndo á xa habitual Stephanie Jones – que se atopa no seu país natal por motivos persoais) sexan o quinteto no que confíe os primeiros minutos de en-

O Carmelitas aínda non coñe-ce a vitoria na liga e o Pabellón leva dous parti-dos gañados

O ano pasado neste mesmo derbi o Carme-litas acada a primeira vitoria da tempada

[SEGUE NA PÁX. SEGUINTE]

Page 3: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

3BALONCESTO

contro Lisardo Rodríguez. As dez xoias dos nosos equipos máis profesionais de baloncesto feminino, respaldadas sempre pola seu banco, que o sába-do defenderán con máis paixón, se cabe, as cores da súa camiseta. Porque, se cada partido é importan-te, un derbi eo aínda máis.

Fagan apostasComo é lóxico os sea-

reiros de cada un dos equipos teñen claro quen será o gañador, pero nós non. Aínda que as estatís-ticas e resultados decan-tan a balanza hacia un dos dous conxuntos, non é a primeira vez que o depor-te deixa á vista a súa cara máis imprevisible e as po-rras as gañan os fieis ao rival máis débil.

De feito, o ano pasado, nesta mesma cita, as co-lexialas vencían por pri-meira vez na tempada ante un, a priori, favorito Pabe-llón. Pode que o vindeiro sábado aconteza o mesmo, ou pode que non. O que sí é seguro é que o público que acuda ó Vedruna agardará o mellor dos espectáculos por parte de ambos equi-pos e que o deporte, ou a sorte, fagan o resto.

Na próxima xornada o Pabellón recibe en casa ao Aguere mentres que Carmelitas visita ao ADBA

R. Torres

Nove xornadas disputa-das e tan só unha vitoria contempla a Club Ouren-se Baloncesto nesta Liga LEB que se antoxa com-plicada. A vitoria acadada ata a data foi contra Tarra-gona que, curiosamente, é o único conxunto que esta por debaixo da cla-sificación coas mesmos vitorias que o conxunto ourensán, unha. A última das derrotas foi en San-tiago, contra o Xacobeo por un resultado de 69-62, na que o Ourense xogou de ti a ti contra o líder da Liga LEB Ouro na que un intratable Xacobeo non coñece a derrota nestos nove primeiros encontros.

Necesidade imperiosa de gañar4 O Club Ourense Baloncesto necesita da vitoria contra Hues-ca para coller moral e saír da tónica pesimista de resultados na que está sumido.

Contra o equipo santiagués, novamente Mokongo foi o director de orquestra do COB que en 31 minutos conseguiu 18 puntos e 20 de valoración.

Pensando en HuescaUnha vez finalizado o en-

contro en Santiago, o ver-dadeiramente importante agora é conseguir a vitoria o domingo, 21 de novem-bro, a partir das 19 horas no Paco Paz contra o Huesca, que está dirixido por un vello coñecido da afección cobista, Ángel Navarro. O cadro dirixido por Navarro ocupa a 12ª posición con ca-tro vitorias e cinco derrotas. O aleiro ourensán do COB, Rubén Vila, é consciente de que necesitan a vitoria para “quitarnos a lousa que temos cos resultados nega-tivos” e “da a sensación de que todo o malo nos pasa a nós” lamentábase o cantei-rán. Para Rubén, o equipo “defende nas últimas xor-nadas mellor do que o facía antes”, concluía o aleiro.

Por outra banda, Fran Cárdenas era da mesma opinión de Rubén en canto a que “temos que gañar para coller confianza”. O base analizou o partido contra o Xacobeo apuntando que a derrota produciuse por “de-talles nos minutos finais de encontro. A sorte non a te-

mos de cara”, e deu as cla-ves para anular ao próximo rival, Huesca, ao que consi-dera “un equipo que anota moito polo que nós tenta-remos de frear esa faceta do xogo”. Para finalizar, o base andaluz comentou as sensacións que ten nesta liga na que é a primeira vez que xoga “xa me dixeron que era unha liga moi dura” pero na que “a adaptación ao equipo é moi boa e estou tendo máis minutos dos que contaba nun principio”, re-mataba Fran Cárdenas.

O Pazo de festaPara o partido contra

Huesca, o Club Ourense Baloncesto vai sortear un Seat Ibiza entre os socios que se encontren no Paco Paz vendo o partido desta xornada.

Tamén vai ser un día de festa para os máis pequenos que terán unha festa infatil no ‘pazito’ cun obradoiro de globoflexia, outro de maquillaxe e un concurso de triples, ademais dunha merenda gratis para todos os rapaces que se unan á festa.

A terceira das novida-des para este partido é que Club Ourense Baloncesto e UNICEF colaborarán neste encontro coa campaña “Mi nombre es Kimbo”. Con “Mi nombre es Kimbo”

UNICEF pretende con-cienciar á xente de que é necesario que en zonas sub-desenvolvidas se executen programas para que poidan traballar a terra e darlle tra-ballo ás persoas do lugar. Como indicaba Consuelo Nogueira, presidenta de UNICEF Ourense “é fun-damental para os nenos e o desenvolvemento das súas zonas”. O COB venderá despois do encontro as 13 camisetas COB “Kimbo” que levarán os xogadores durante o encontro, ao pre-zo de 80 euros cada unha delas.

Encesta un xogueteUn ano máis chega a

campaña “Encesta un xo-guete” promovida polo Club Ourense Baloncesto,

Domingo, 21 de novembro, ás 19 horas no Paco Paz. COB - Huesca

Moses Ehambe.

[VEN DA PÁX. ANTERIOR]

Avelino, Manuel e Jorge na presentación da campaña. M.R.

Juguettos e J Publicidad, todo elo coordinado por Charo Valado. Este e o quinto ano, no que se pre-tende vender 5.000 lapices (o ano pasado vendéronse 4.000) pero xa son deza-seis dende que comezou a devandita campaña. O que se pretende con esta iniciativa é que os cartos que se recauden coa venda dos lapices, que custan un euro, nos distintos esta-blecementos que colabo-ran máis nos partidos que o COB xoga no Pazo ata o día 6 de xaneiro do ano que ven vaian destinados a compra de xoguetes para todos aqueles nenos que o precisen. Non o pensedes máis e por só un euro con-seguiredes un sorriso.

Page 4: 19 Nov 2010 - Nº23

4 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

FÚTBOL SALA

As de Manuel Castillo son segundas por detrás das madrileñas do Móstoles cos mesmos puntos -27 cada un- pero peor diferenza de goles

O sábado 20, visitan ao Córdoba, ex-equipo de Ampi e Sarita a pasada tempadaO sábado 27, reciben en Os Remedios a UCAM Murcia

PONTE OuRENSE

Grande vitoria contra un rival directo4 Ponte Ourense vence ao Atlético de Madrid Navalcarnero.

Estatísticas do encontroPonte Ourense 3 - Atlé-

tico de Madrid Navalcar-nero 1

Ponte Ourense: Eva, Laura, Ampi, Souza e Sa-rita (cinco inicial). Tamén xogaron, Anita e Marta.

At. Madrid Navalcarne-ro: Marilia, Sara Iturriaga, Anita Luján, Natalia e Leti (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sofía, Elena, Pris-cia e Fabi.

Tarxetas:Con tarxeta amarela,

Laura no Ponte e Sara Itu-rriaga e Natalia no Atlético de Madrid Navalcarnero.

Goles:1-0, min. 13 Anita 1-1, min. 20 Sofía 2-1, min. 36 Sara3-1, min. 40 Sara

Pavillón Deportivo Paco Paz. Uns 200 espectadores.

R. Torres

O Ponte Ourense logra unha importante vitoria ante un dos rivais diretos na loita polo título ligueiro que o leva a permanecer na segunda posición da clasi-ficación con 27 puntos, os mesmos que o Móstoles que se sitúa líder, unha xor-nada máis, pola diferenza de goles.

O partido comenzou cos dous equipos dando o me-llor de si pero levando a iniciativa o equipo local que nesta ocasión cambia-ba de cancha e pasaba, de forma eventual, da central

dos Remedios ao Paco Paz. O balón era das de Manuel del Castillo e froito desta posesión do esférico chega-ría o primeiro tanto do par-tido por mediación de Anita ao recibir un balón de sa-que de esquina e de costas á portería. Con este tanto, as madrileñas levaron o pe-rigo cara a portería de Eva ata que, segundos antes do descanso, Sofía, tras saque de banda, anotaba o tanto ‘rojibranco’ para poñer a igualada no marcador.

No segundo tempo, o Ponte seguía dominando pero o Navalcarnero facía perigosas contras coas que ben podían facer subir algún tanto no marcador cousa que non aconteceu; nem-bargantes, o Ponte Ourense

4 Ampi e Sarita regresan a Córdoba

R. Torres

Os dous próximos en-contros do Ponte Ouren-se, Córdoba e Murcia, son contra dous equipos que este ano están sorprenden-do pola súa mala situación na clasificación, moito máis abaixo do que se lles espe-raba a comezos de tempa-da, pero que teñen calidade para cambiar a situación en calquera momento e vencer a calquera rival.

Nesta fin de semana do sábado 20 de novembro, Ponte Ourense visita ao Cajasur Córdoba no que será un partido moi espe-cial, sobretodo para dúas xogadoras pontinas -Sara e Ampi- que o ano pa-sado militaban no cadro andaluz o que será unha motivación extra tanto para elas como para o seu ex-equipo e as súas ex-

compañeiras, polo que a emoción está asegurada. As andaluzas tentarán agarrarse á liga vencendo as ourensás mentres que o Ponte tenta-rá sumar unha nova vitoria para seguir a estela do Mós-toles ou incluso colocarse líderes. O Córdoba, vixente campión de liga, é sétimo con 13 puntos, a 14 das pontinas polo que a vitoria é imprescindible se queren segir soñando coa loita polo campionato.

Sete días máis tarde, o

27 de novembro, Ponte Ourense regresa ao pavi-llón dos Remedios des-pois do seu exilio no Paco Paz, por mor da carreira do San Martiño, da pasada semana para enfrontarse ao UCAM Murcia, equipo que sorprende a súa situa-ción actual con respecto á tempada pasada na que estivo nos postos de arri-ba. Este ano é 13º con 5 puntos os mesmos que o Lacturale CD Orvina que ocupa postos de descenso.

si conseguía un novo tanto, esta vez obra de Sarita que por dúas veces rematou a portería sen éxito ata que no terceiro remate consecu-tivo lograba batir o marco contrario, 2-1 e catro mi-nutos por diante ata o final do encontro. Neses intres, o Atlético de Madrid optou polo xogo de cinco no cam-po sen moita sorte, xa que nos últimos segundos de encontro, Sarita, marcaba tras un robo de balón e dis-

paro desde o campo ponti-no cara a portería baleira do conxunto madrileño. Des-pois do gol, só restaba sacar de medio campo e esperar a que pasaran os 13 segundos que faltaban para rematar o encontro.

Segundas na ligaCon esta nova vitoria as

ourensás seguen na segunda

posición detrás do Mósto-les pero cos mesmo puntos (27). Con seis puntos me-nos está o Valladolid (21) que ocupa a terceira praza e en cuarta posición sitúase agora o Atlético de Madrid pero xa a nove puntos das líderes tras sendas derrotas contra Móstoles e Ponte Ourense nas dúas últimas xornadas disputadas.

Lance de xogo do Ponte - Navalcarnero a pasada xornada no Paco Paz. /RAMSÉSSara e Ampi agora no Ponte Ourense.

Page 5: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

5FÚTBOL SALA

CiDADe De AS BURgAS

O Cidade As Burgas volve pinchar logo de remontar4 No derbi galego contra o Burela e despois de remontar un 4-1 adverso.

EstatísticasBurela FS 5 - Cidade As

Burgas 4Burela FS: Irene, Ro,

Claudia, Dolo e Lucía (quinteto inicial). Tamén xogaron, Lidia, Cuchi, Lara e Lola.

Cidade de As Burgas: Nati, Laura, Peque, Sonia e Vanesa (quinteto inicial). Tamén xogaron, María Arias, Ana, Figo e Raquel.

Tarxetas:Con dobre cartulina ama-

rela a Lucía Nespereira (30’) e con vermella direc-ta a Irene (34’) ambas no Burela FS, e con amarela a Laura e Nati e con verme-lla direta a Vanessa (35’) no Cidade de As Burgas.

Goles:1-0, min. 4 Dolo1-1, min. 5 Sonia 2-1, min. 6 Ro 3-1, min. 7 Dolo4-1, min. 8 Ro4-2, min. 32 Vanesa 4-3, min. 33 Sonia 4-4, min. 34 Vanesa (pe-

nalti)5-4, min. 35 Ro

R. Torres

Volveu suceder. O Cidade de As Burgas tivo que re-montar un resultado adver-so, 4-1, e chegar a empatar a catro para que ao final de nada lle sirva e acabe clau-dicando por 5-4.

Cinco minutos da primei-ra parte (do catro ao oito) e catro da segunda (do 32 ao 35) bastaron para que

se marcaran os nove goles que houbo neste derbi gale-go con moita tensión e no que os dous conxuntos de-mostraron un gran nivel de xogo.

O Cidade chegaba a Bu-rela para enfrontarse ao Pescados Rubén coa baixa de Iria (no partido anterior en casa contra o Valladolid rompera o dedo maimiño); con esta baixa (ademais de Carmen que leva desde a pretempada lesionada) presentábanse as de Mano-lo Codeso na costa lucense para pelexar contra o Burela polos tres puntos en xogo.

Nos primeiros minutos de encontro e cunhas ourensás

un tanto frías no pavillón municipal de Vista Alegre, as lucense colocáronse cun catro a un en apenas oito minutos de xogo. Dolo anotaría o primeiro tanto do partido aproveitando un rexeitamento de Nati pero, Sonia, no seguinte minuto poñía as táboas no marca-dor despois de rematar de cabeza un saque en longo de Nati; a partir dese mo-mento, o equipo local nos tres minutos seguintes ano-taría tres goles máis. Ro nunha contra, Dolo nun ba-lón rexeitado e novamente Ro, tras roubo de balón en media cancha batía a Nati no man a man. A partir dese

momento (minuto oito da primeira parte) non se mo-vería o marcador ata des-pois do descanso.

Trala reanudación, o Ci-dade entraba na cancha máis entonado, e grazas a iso aos dous minutos do segundo periodo, Vanesa lograba o 4-3 nunha con-tra na que contaba o cadro ourensán con superioridade numérica trala expulsión de Lucía Nespereira. Acto se-guido, Sonia anotaba o seu segundo tanto do día des-pois dunha parede con Pe-que. O empate non se faría esperar, e Vanesa de novo, lograría empatar o encontro ao transformar un penalti.

Irene, polo Burela e Vanesa polo Cidade eran expulsa-das do encontro, o que con-dicionaría os minutos finais. Así, a cinco minutos do final e con inferioridade numéri-ca, o Cidade encaixaba un

novo tanto -o quinto- obra de Ro, para chegar ao final do encontro co resultado de 5-4 para o Burela e os tres puntos que quedaban en te-rras lucenses.

Con esta derrota, o Ci-dade de As Burgas é undé-cimo con nove puntos en nove xornadas, con catro puntos de colchón cos pos-tos de descenso.

Gironelle esperaO equipo catalán do Gi-

ronelle será o próximo rival das pupilas de Manolo Co-deso. O encontro terá lugar o sábado, 20 de novembro ás 17 horas na central dos Remedios, no que pode ser un bo momento de darlle a volta aos resultados nega-tivos que está acadando o cadro ourensán nas últimas datas, os tres últimos encon-tro os conta por derrotas, e así adiantar na clasificación ao equipo catalán que esta un posto por enriba con 11 puntos, dous máis que as ourensás.

Ocasión fallida do Cidade no seu úlitmo encontro en casa contra o Valladolid. /RAMSÉS

Sábado 20 de novembro, ás 17 horas na central dos Remedios: Cidade As Burgas - gironella

4 iria, lesionadaR. Torres

A xogadora do Cidade, Iria, segue co seu brazo escaiolado polo que a súa presenza no choque contra Gironella esta no aire, á espera de que lle quiten a escaiola e poñan unha férula. Iria, rompeu o seu dedo maimiño no transcurso do partido contra o Valladolid caen-do ao chan e torcendo o dedo, polo que xa non participou no partido contra o Burela. Iria, do Cidade.

Page 6: 19 Nov 2010 - Nº23

6 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010 FÚTBOL

Fútbol 7 en Amencer

A Asociación Xuvenil Amencer organizou para a ponte de San Martiño un torneo lóstrego, dun só día, de fútbol 7 no que participaron oito equipos no campo de herba de Sa-lesianos.

O torneo dividíuse en dous grupos de catro equipos cada un; de cada grupo pasaba á seguinte ronda dous equipos, que xogarían as semifinais.

Os dous equipos que chegaron á final foron Le-gends-Loña e Lirón. Ao remate do tempo regula-mentario chegariase con empate a un tanto polo que se tivo que decidir o gañador na tanda de pen-latis, levándose o torneo o Legends-Loña que mar-cou oito penatis por sete dos Liróns. Tamén houbo un torneo de fútbol sala feminino no que partici-paron sete conxuntos de lugares como Maceda, Carballiño, Castrelo de Miño, Amoeiro e do co-lexio Salesianos.

Suzuki novo patrocinador do C.D. Ourense

Este domingo fronte ao Narón o C.D. Ourense es-treará novo patrocinador nas súas camisetas. Gra-zas a xestión do presidente Juan Pérez e a implicación de Gumersindo Dobarro xerente da empresa ouren-sá Landauto Motor, que ten a concesión da marca Suzuki na provincia, con-seguiron que o logotipo da marca nipona luza na equipación do equipo ‘ro-jillo’, aportando, ao mes-mo tempo, unha inxec-ción de liquidez as arcas do clube de aquí ao final de tempada.

Unha boa nova que dá garantías de futuro ao clu-be nestes tempos de cri-se e debe aleccionar aos xogadores para remontar o voo e asentarse defini-tivamente nos postos de ascenso.

Un momento do curso, en Gadasa. /M. REJO.

Redacción

O pasado martes, 16 de outubro en Gadasa, conce-sionario da marca Skoda na provincia de Ourense, pre-to duns cincuenta clientes, convocados pola marca, participaron nunha “Sesión de Seguridad Vial” imparti-

PuBLiiNFORMACióN

Curso de Seguridade Vial en gadasa

da pola xerente, Eva André, na que nunha hora impar-tiulles formación teórica para casos de conducción en choiva, neve e outras condicións extremas coas que nos podemos atopar, e clases prácticas do uso das distintas cadeas que hai no mercado e segundo a situa-

ción climatolóxica nas que lles coincida conducir. Este é o segundo curso que se desenrola nas instalacións de Gadasa neste ano, o an-terior foi o 26 de outubro, e, de seguro, que tralo éxito destas dúas edicións conti-nuarán a realización deste tipo de accións dirixidas aos seus clientes que, de ben seguro aprecian este tipo de iniciativas e máis dun terá que por en práctica ao longo deste inverno ou dos vindeiros.

A resarcirse da mala racha4 C.D. Ourense tentará darlle a volta á mala racha de resultados que esta tendo nas últi-mas xornadas; e que mellor maneira que face-lo diante do pechacancelas da clasificación.

R. Torres

Despois da mala racha de resultados -1 punto de 12 posibles- e da xorna-da de descanso que tivo o equipo ourensán na pa-sada xornada; os de Fon-si Valverde tentará darlle a volta a esta tónica de resultados negativos o vindeiro domingo, 21 de novembro contra o pe-chacancelas da Terceira División de Fútbol, o Na-rón. A pesar desta tenden-cia negativa de sacar un punto en catro xornadas (cinco se temos en conta a xornada de descanso), C.D. Ourense mantense en postos de promoción, se ben chegou a estar de líder, ocupa a cuarta praza con 23 puntos pero xa moi lonxe do primeiro, Rácing de Ferrol que ten 31 pun-tos, oito máis que os “roji-llos”. Cerceda e Alondras son os equipos que están no medio de ferroláns e ourensáns con 30 e 24 puntos respectivamente.

A partir das 16.30 horas o estadio de O Couto será testemuña de se o Ourense é capaz de mudala tónica negativa que arrastra o equipo nas últimas xor-

nadas e volvese a engan-char aos posto de enriba para poder loitar a final de tempada polo título ligueiro e polo ascenso a Segunda División B. En fronte terá a un Narón tamén necesitado

de puntos pero con outras prioridades, xa que os co-ruñeses son últimos con 9 puntos e o que pretenden e paso a paso ir sumando puntos para non alonxarse dos postos que dan a sal-

vación. O Narón está a 6 puntos desa última praza da salvación que a ocupa o Bergantiños.

Con estes alicientes, pódese decir que o par-tido de O Couto será o encontro das nece-sidades, un, o Ouren-se, para poder mirar aos postos de enriba, e outro, o Narón, para non descolgarse da sal-vación.

Partido de CD Ourense en casa esta tempada.

Domingo 21 de no-vembro, a partir das 16.30 horas no estadio de O Couto. Club Depor-tivo Ourense - Narón

Page 7: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

7XXXiV CARREiRA DO SAN MARTiÑO

.R. Torres

A 34 edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño 2010 quedará no recordo como a proba dos récords, refrendando a súa categoría de mellor carreira popular de Galicia, ademais de ser a decana de cantas probas para a cidadanía se disputan na nosa comuni-dade.

O primeiro dos récords que se batiron foi o da pro-ba masculina. Desde que se homologara a proba pola Real Federación Españo-la de Atletismo, alá polo 2005, o récord masculino permanecía inamovible nos 28 minutos e 50 segundo conseguido polo keniata Peter Kamais. Tivo que pasar un lustro para que se superara esa barreira por tan só un segundo (28:49) a cargo do tamén keniata, Daniel Kiplagat quen ade-

mais de vencer nesta 34ª edición embolsouse os 500 euros por lograr o récord da proba. No podio acompaña-ron ao keniata, o seu com-patriota Joseph Kipkosgei que disputou a vitoria ao gañador nun apretado es-print e o terceiro foi, a nove segundos, Evans Taiget, de Portugal.

O segundo dos récords que caeu foi na categoría absoluta feminina, que, como na masculina, estaba instaurado desde 2005, a cargo de Beatrice Jepchum-ba cun tempo de 33 minu-tos e 34 segundo. Este ano a portuguesa Elsa Marisa Barros voou sobre o asfal-to da cidade de As Burgas para parar o crono nuns sensacionais 32:45, re-baixando a anterior marca en 49 segundos e levándose o mesmo premio que Kipla-gat por batir a mellor marca da proba. A atleta do Sport

Lisboa e Benfica rematou na clasificación na 25ª posi-ción. Detrás dela quedaron Wnnie Jepkemoi con 33:28 (este tempo faríalle haber batido o récord da proba), e Pamela Pertom (34:57) ám-balas dúas keniatas.

O terceiro dos récordsE o terceiro dos récords

foi o de participantes que chegaron á meta, cun total entre as dúas probas (abso-luta e escolares) de 5.281 participantes.

Na carreira absoluta fo-ron 2970 os corredores que rebasaron a liña de meta nun tempo que oscilou en-tre os 28.49 do gañador e os 1:25:11 de Uxía Caderno Rivera (Ourense) que rema-tou no posto 2.970. En can-to á carreira escolar, 2.311 escolares completaron os catro quilómetros e medio que tiñan que percorrer. De récord [SEGUE NA PÁX. SEGUINTE]

4 Un ano máis a San Martiño supérase a si mesma e refréndase como a mellor carreira popular de galicia.

Page 8: 19 Nov 2010 - Nº23

8 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010 XXXiV CARREiRA DO SAN MARTiÑO

Con tanta participación na proba ourensá os hai que corren por chegar nas primeiras posición e os que van polo mero feito de participa nesta carreira que é a decana das populares de galicia e que cada ano supérase.

A XXXIV CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO EN IMAXES

Con estas cifras, un ano máís, a proba ourensá de-mostrou que goza de boa saúde e que ademais dos ve-ciños da vella Auria veñen a participar xente de todas as partes de Galicia, Portugal e o resto de España, ademais dos keniatas, sempre pre-sentes nos primeiros pos-tos para levarse o botín dos premios en metálico. Todos eles, profesionais e popula-res fan que o éxito da San Martiño este asegurado ano tras ano, na que gañan todos os que completan os 10 ou os 4,5 quilómetros das dúas probas, e conseguen vencer cada un na súa loita persoal e intransferible contra o crono e os quilómetros.

Que veñen de todas par-tes é un feito non só por ver aos keniatas correr, senón porque no gardarroupa, re-collendo a túa mochila, ao rematar a carreira pódeste encontrar falando con xen-te de, por exemplo, León, para os que esta edición era a súa cuarta participación na San Martiño e que pen-

[VEN DA PÁX. ANTERIOR]san voltar sempre que poi-da debido a que é unha das mellares carreiras en canto a organización e participa-ción, e rematar invitado a devolverlle a visita nunha media maratón que se cele-bra na primavera na capital leonesa.

O sol e a choiva tamén na San Martiño

Outros que non se quixe-ron perder esta 34 edición foron o sol e a choiva. Des-pois dunha noite de fortes choivas, amanecía o do-mingo, 14 de novembro co Sol no ceo despexado de Ourense, polo que parecía que Lorenzo estaba anota-do para a carreira absoluta e a escolar. Pero as nubes empezaro a copar o ceo ourensán e aos 45 minutos da saída da proba aboluta a choiva fixo acto de pre-senza, inscribiuse a última hora e participou na carrei-ra escolar como xa o fixera na edición anterior cando o chaparrón fóra considera-ble. Se é que ninguén quere perderse a San Martiño!

Moitos dos atletas acabaron esgotados a carreira. /MIGUEL REJO Despois da carreira algúns pasaron polos fisios que ofrecía a organización./M. REJO

O bo ambiente predominou polas rúas ourensás ao paso dos atletas populares. /M. REJO

Page 9: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

9XXXiV CARREiRA DO SAN MARTiÑO

A XXXIV CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO EN IMAXES

A esquerda, o campión desta edición, Daniel Kiplagat, chegando a meta, ademais bateu o récord da proba. No centro, dous compañeiros abrazándose ao rematar a carreira. A dereita, o campión dos escolares percorrendo os derradeiro metros. /M. REJO

Page 10: 19 Nov 2010 - Nº23

10 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010 HOQuEi

R. T.

Catro partidos e catro vitorias é a bagaxe que ten o Caldaria Barrocás neste inicio de liga que sitúa ao equipo ourensán como lí-der da División de Honra B de hoquei herba. A última vítima barroca en Mariña-mansa foi o Bully Murcia. Os barrocos entraron no partido moi enchufados e con gañas de resolver o en-contro de forma favorable o antes posible. Así, saíron presionando en todo o cam-po e, froito desta presión, Xurxo lograba o primeiro tanto de forte golpeo. Des-pois do primeiro gol, os visitantes replegan filas na súa área tentando saír ao contragolpe pero sen ape-nas inquedar o marco lo-cal. No fío do descanso e sen cambiar o seu estilo de xogo, presión, o Caldaria lograba dous tantos máis que subirían ao marcador de Mariñamansa.

Con este 3-0 os murciáns adiantaban liñas creando máis perigo na portería lo-cal, sendo esta ben defen-dida por Óscar que salvaría en varias ocasións ao cadro ourensán. No minuto 22 da reanudación, Antón recupe-ra unha bola en mediocam-po e de xogada individual chega á área contraria e golpea a bola no que sería o cuarto tanto do Caldaria

Intratables4 Catro xornadas e catro vitorias que sitúan ao Caldaria Ba-rrocás como líder da División de Honra B de hoquei.

Barrocás. Minutos máis tarde, o Murcia consegue o gol da honra por medio de Villar, libre de marca no se-gundo pao.

Con esta vitoria, o Calda-ria Barrocás continúa líder da División de Honra B con catro vitorias en catro parti-dos e oito puntos, dous por enriba do segundo clasifi-cado. Aos ourensáns tóca-lles disputar dous difíciles partidos nas próximas dúas xornadas; por unha banda visitan o campo do At. San Sebastián e logo reciben a visita da Real Sociedade no que suporá un bo exame para comprobar se son ca-paces de manter o liderato ante dous conxuntos que estan chamados a ser un

dos favoritos para o ascen-so á División de Honra A ao final de tempada.

Apóstol líder de Primei-ra División

O Grupo Terceiro da Primeira División de Ho-quei herba está liderado polo Apóstol Ourense con 8 puntos. A continuación está o filial do Barrocás con 7 puntos e en terceira posición e cunha brecha de de 3 puntos de difenrenza con segundo está o Albor (4 puntos). Detrás do Al-bor hai un grupo de tres equipos con 3 puntos cada un (Pabellón, Cidade de Ourense e At. Coruña). Pe-chan a táboa clasificatoria o At. Caixanova e o Calor y

Fuego Cudeiro, ambos os dous cun punto.

Na próxima xornada des-te grupo terceiro xogarase o sábado 20 de novembro; o Albor visita ao At. Coru-ña, mentres que en Mariña-mansa xogarase ás 16 horas o Apóstol – At. Caixanova, ás 18 horas o Calor y Fuego Cudeiro – Cidade de Ouren-se, e ás 20 horas o Pabellón – Barrocás pechará a quinta xornada.

R. T.

O Ourense Galicia Ca-lidade non levanta cabeza no seu retorno á División de Honra Femenino de hoquei herba. A última e dolorosa derrota contra a Real Sociedad por sete goles a cero fan ver as ca-rencias dun conxunto que días antes do inicio liguei-ro non sabía se ía a estar na partida.

Con este partido con-tra as vascas, remata a primeira volta na que as ourensás acadaron un só punto polo que ao final de liga terán que loitar coas

Tocan chán4 Un so punto na primeira volta do campionato.

peores do outro grupo por non descender.

O domingo 21, ás 12 ho-ras, o Ourense volve a Ma-riñamansa para xogar o pri-meiro partido da segunda volta contra o líder, Polo, que conta con nove puntos.

Caldaría Barro-cás regresa a Mariñamansa o domingo 28, ás 12h. contra a Real Sociedad

Ourense galicia Calidade inicia a segunda volta contra o líder, Polo, o domingo 21, ás 12h. en Mariñamansa

Último partido disputado en Mariñamansa polo Ourense Galicia Calidade. /RAMSÉS

Partido desta tempada disputado en Mariñamansa polo Caldaria Barrocás. /ARQUIVO

Page 11: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

11POLiDEPORTiVO

O próximo partido do Campus Ourense Rugby será o sábado 20, nas instalacións de Monterrei ás 15.45 horas e terá como rival ao Ferrol

CAMPUS OUReNSe RUgBi

Vitoria en Pontevedra4 Catro de catro vitorias nun inicio de liga in-mellorable.Redacción

Campus Ourense Rugbi impúxose o Sábado en Pon-tevedra a Mareantes RC por 0-27 encadeando así a súa cuarta vitoria consecutiva.

Nun mal estado do te-rreo de xogo e cunhas condicións meteorolóxicas adversas, o partido entre o Mareantes e o Campus Ourense foi moi trabado; pero esto non foi traba para que o Campus Ourense su-mara a súa cuarta vitoria consecutiva na liga en catro partidos disputados.

Pronto abrirían o mar-cador, non sen dificultades impostas pola dianteira do equipo local que estivo moi forte durante todo o encon-tro. Á saída dunha melé, Magui fai ensaio transfor-

mado por Pelos. Na media-nía da primeira metade, o Campus sufriu dúas expul-sións (Magui e Santi) o que fixo que Mareantes arrinco-nara aos ourensáns pero sen poder anotar un so punto. Nas postrimerías desta pri-meira parte, Abraham con-seguía un ensaio para os ourensáns que lles daba a tranquilidade no marcador para chegar ao descanso co resultado de 0-15.

No segundo tempo, alter-náronse as posesións nos primeiros minutos, pero o Ourense empezou a coller o control do encontro grazas ao bo facer de Pelos. Este xogador, de xogada persoal, e máis Abraham, nunha co-lectiva, acadaban sendos ensaios que deixaban o 0-27 definitivo. A partir dese

momento, os locais baixa-ran os brazos dada a supe-rioridade do Campus, pero os ourensáns non puideron mover o marcador ata o fi-nal do encontro.

Próximo partidoO equipo de rugbi ouren-

sán disputará o seu vindei-ro encontro o sábado 20 de

novembro nas instalacións de Monterrei. Recibirán ao Ferrol, nun encontro que dará comezo ás 15.45 horas.

Último partido disputado en casa contra o Fendetestas de As Pontes.

4 ClasificaciónPosto Equipo Puntos1º Campus Ourense Rugby 202º Gallaecius 93º Fendetestas As Pontes 94º IVECO Vigo 65º Mareantes 66º Ferrol 27º Muralla de Lugo 0

Os dous primeiros puntos na liga4 O Club Balonmán Pabellón vence en Lugo pola mínima.

Redacción

O Club Balonmán Pa-bellón iniciou a liga de 2ª Autonómica cunha impor-tante vitoria en Lugo fron-te o Acaluba Frisaques por un apretado 24-25.

O partido estivo moi igualado chegando aos primeiro 20 minutos con empate a sete tantos e con alternancias para am-bas escuadras. A pesar da igualdade chegaríase ao descanso con 11-14 para os ourensáns.

No segundo período, o partido precipitouse e as accións imprecisas si-multaneabanse nos dous conxuntos. Con este pano-rama os locais lograban o empate a 23 a falta de tres minutos. No último minu-to permanecía o empate no electrónico (24-24),

momento no que David Sa-bas batía a portería do Aca-luba. A última xogada era do equipo lucense na que a defensa pabellonista em-pregouse a fondo; primeiro cunha blocaxe defensivo de Fran Varela e, no posterior rechace, parada do portei-ro Diego Mari trouxeron os dous primeiro puntos da liga para Ourense.

Próxima citaO sábado, 20 de novem-

bro, ás 17.30 horas o Ba-lonmán Pabellón xoga o primeiro dos dous encontro seguidos que disputará en casa, no anexo do Pavillón municipal, este primeiro ri-val é o Chapela e na seguin-te fin de semana recibirán a visita do Moaña, segundo e terceiro respectivamente nesta primeira xornada de liga.

Plantilla do Club Pabellón Balonmán.

Page 12: 19 Nov 2010 - Nº23

12 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

PuBLiCiDADE

Page 13: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

13ENTREViSTA

Defendendo as nosas cores4 O arxentino Patricio Raúl Capellini cruzou o charco para facer realidade o seu soño de xogar na liga española de hoquei; durante tres meses será dianteiro do Caldaria Barrocás.

Máis persoal4Patricio Raúl Capellini naceu o 21 de xullo de

1988 en Kino (Buenos Aires). E dende os 9 anos xoga ao hoquei.4Antes de chegar ao Caldaria Barrocás, militou nas

filas do conxunto arxentino Universitario de Córdoba, dentro de todas as súas categorías.4A Patricio gústalle a cor azul, comer pizza e mila-

nesa napolitana, e a súa bebida favorita é a Coca-Cola. Ademais, calquera illa do Caribe sería o seu destino es-collido para a mellor das escapadas.

Ramsés Torres

Esta sección nacía fai uns números co fin de coñecer un pouco máis de preto a xogadores que defenden as cores de equipos ouren-sáns a pesar de ser naturais doutras rexións. E un dos mellores exemplos disto é o noso quinto “mundo-urensán”, un rapaz de 22 anos que cruzou o charco para converter en realidade o seu soño: xogar na liga española de hoquei. Trátase do arxentino Patricio Raúl Capellini, dianteiro do Cal-daria Barrocás.

Tan só tres meses será o tempo que o dorsal 36 do Cal-daria Barrocás poida facer en España o que máis lle gusta: xogar ao hoquei de maneira profesional. E é que por ca-recer de pasaporte comuni-tario, Patricio Raúl Capellini

terá que voltar á súa Arxen-tina natal unha vez remate, o vindeiro mes, a primeira volta da tempada da División de Honra B de Hoquei. Con pena, pero agardando voltar en breve, confesa que segui-rá o que queda do mesmo por Internet.

Como foi a túa adapta-ción ao Caldaria Barrocás?

Patricio R. Capellini: “Vin co claro obxectivo de acoplarme a un equipo, uns compañeiros e un xogo no-vos para min, xa que todo é diferente a Arxentina, e es-toume integrando sen nin-gún problema”.

Qué opinas do comezo de tempada do equipo? E de cómo rematará?

P.R.C: “O inicio creo que mellor non podía ser, xa que gañamos os catro partidos que desputamos ata o momento e somos lí-

deres da categoría. Do final non quero falar porque é unha predición a demasia-do longo prazo, prefiro que vaiamos vendo partido a partido, paso a paso”.

Como foi a túa chegada a Ourense?

P.R.C: “Todo está indo moi ben. A cidade gústa-me moito, aínda que é máis pequena que a miña natal (Córdoba -Arxentina-, que conta cun millón e medio de habitantes), pero é tran-quila e vívese moi ben”.

Que foi o que máis te sorprendeu?

P.R.C: “Aínda que xa me avisaran antes de vir, cha-moume a atención todo o que chove. Pero é un sitio bonito e gústanme moito os seus ríos e pontes”.

Como ves o hoquei ga-lego e, concretamente, o ourensán?

P.R.C: “Acá é máis po-pular ca en Arxentina o ho-quei masculino. Hai máis equipos e, polo tanto, a competencia é máis forte. Ademais, as condicións nas que xogamos son moito mellores que no meu país”.

E o teu futuro neste de-porte?

P.R.C: “Eu vin a Espa-ña co fin de medrar como deportista e aproveitar to-das as posibilidades que o hoquei ten neste país. Pero o meu obxectivo persoal neste intre é facer as cou-sas ben con este equipo e se logo se me abren máis portas, benvidas sexan. De todas formas, o 21 de dec-embro teño que regresar a Arxentina porque, ao non ter pasaporte comunitario, non podo desputar a segun-da fase do campionato, pero agardo poder voltar a xogar en España o antes posible”.

Patricio Capellini co seu stick. /RAMSÉS.

Page 14: 19 Nov 2010 - Nº23

14 BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

NOVAS

4O RiNCÓN DO MeSTRe

EquilibrioExercicios a levar a

cabo:- Andar sobre unha liña

recta e curva. - Camiñar en liña recta

cun pé diante do outro.- Andar e pararse cun só pé.- Sentar e levantarse nun-

ha cadeira sen utilizar as mans.

- Camiñar descalzos (sen-sacións da planta do pé).

- Subir e baixar un chanzo.- De pé, levantar un pé e o

outro alternativamente.- De pé e cos brazos en

cruz, levantar un pé e in-clinar lixeiramente o corpo cara adiante e cara atrás.

- Mantemos o equilibrio nun pé e cos ollos pecha-dos.

- Camiñar cos ollos pe-chados.

Os seus beneficios:- Manterse firme cando

está parado.- Evitar caídas.- Favorecer a estabilidade.Mobilidade articular A mobilidade articular

abarca a flexibilidade e o estiramento, mercé aos ca-les erradicamos a rixidez e permítenos estirar os mús-culos e tendóns sen risco de romper. Exercicios de mobi-lidade articular:

Flexibilidade Dentro da mesma integra-

mos as seguintes partes:· Pés e nocellos:- Flexión dos dedos do pé

todo o que sexa posible. - Flexibilidade de noce-

llos coas dúas mans apoia-das sobre unha parede ou superficie libre, permane-cendo firme a punta do pé e elevando consecutivamente o talón.

- Andar co talón.- Andar en puntillas.- Andar co interior e exte-

rior do pé.- Sentado ou tendido su-

pino realizar toda clase de movemento cos nocellos.

- Coa punta do pé sobre un bordo, discos de peso, etc, efectuar rebotes mantendo a punta dos pés encima do ma-terial e deixando o talón libre.

- Sentado nunha mesa, elevar extensión e flexión de perna.

- Tombado supino, flexio-nar o xeonllo tentando tocar coa coxa ao abdome.

- Tendido prono, flexión

de xeonllo tentando tocar co talón do pé á nádega.

Cadeiras:- Tendido supino, flexio-

nar o xeonllo e a coxa tentando contactar co ab-dome.

Tombado supino e cos xeonllos flexionadas e xuntas, tentar separar os xeonllos sen mover a plan-ta do pé que debe perma-necer apoiada no chan.

- Pedalear sobre unha bicicleta fixa.

- Flexión de tronco con pernas xuntas e separadas cara adiante e con lixeiros rebotes.

- Xiro amplo de cadeiras a dereita e esquerda.

- Flexión lateral de tronco.- Flexión lateral collido

aos extremos dunha pica.- Virar cara atrás e tocar

coa man o pé contrario.- Por parellas e de cos-

tas, flexión lateral.- Cunha man apoiada

nunha parede, abalo de pernas cara a adiante e cara atrás.

- Ombreiros: - Circunduccións de bra-

zos cara atrás e adiante.- Andar lateralmente

circundando brazos.- Tombado supino, ele-

var e baixar o brazo.- Tombado supino e cos

brazos en cruz, elevar e baixar brazos.

- En posición de pé, colo-carse fronte a unha parede, pór as mans planas sobre a mesma. Reptar cos dedos cara arriba até conseguir a máxima altura, logo des-cender lentamente.

- Conseguir o máxi-mo grao de elevación do brazo sobre unha parede. Nesta posición realizar movementos circulares á esquerda e dereita.

- Coas mans tocando os pectorales realizar move-mentos xiratorios cara a dentro e cara a fóra.

- Abalo de brazos.- Coller unha pica e

suxeitala por detrás das costas polos seus extremos coas dúas mans. Realizar exercicios de deslizamien-to oblicuamente alcanzan-do o máximo de amplitude en cada movemento.

[continua o próximo nº]Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e en-

trenador nacional de fútbol

A actividade física e beneficios nos mozos

maiores (iV)

R. Torres

O 17 de xuño de 2005 vía a luz Limiactiva, aso-ciación deportiva creada co fin de fomentar a prác-tica do deporte na comarca de Xinzo. O seu presiden-te, Óscar Gómez, xunto a un pequeno grupo de co-ñecidos, uníronse para pór en marcha esta iniciativa. “Limiactiva naceu da man de cinco amigos da zona que practicábamos atle-tismo. Hoxe, en cambio, contamos con máis de 30 socios”.

Son xa cinco anos fa-miliarizando aos limiáns coa práctica habitual dal-gunha actividade física. E, para iso, consideran que o mellor é concienciar á poboación dende nena. Por este motivom tanto os 16 rapaces que compoñen na actualidade a súa cate-goría base como os máis de 400 que participan de xeito periódico nas distin-tas actividades deportivas

A Asociación Limiactiva achega o deporte aos nenos da Limia4 O evento deportivo máis recoñecido desta entidade é a súa carreira popular “10Qm. Vila de Xinzo de Limia”, que adoitan celebrar en xaneiro.

que organiza a asociación son unha das súas priori-dades. “O noso conxunto base participa anualmente no Campionato Provincial de Campo a través, en com-peticións de pista, así como en todas as carreiras popu-lares que podemos. Pero, ademais, ao resto de nenos da comarca ofertámoslles un amplo abando de depor-tes para que practiquen se-gundo as súas preferencias. Como son fútbol sala, once e sete, badminton, ximnasia acrobática, baloncesto, at-letismo, Basket & English , kárate, patinaxe, educación física ou baile moderno. Así que o que non participa nal-go é porque non quere”.

Segunda edición de “Xogando ao atletismo”

Probablemente a finais deste mes de novembro terá lugar a segunda xornada de “Xogando ao atletismo”. Actividade que esta asocia-ción deportiva inaugurou en marzo pasado contando

coa participación de máis de 70 nenos.

A carreira “10 Qm. Vila de Xinzo de Limia” é a nena dos seus ollos

O principal evento de-portivo que Limiactiva or-ganiza de xeito oficial é a carreira popular, de 10 qm de distancia, que se celebra na vila limiá en xaneiro.

Segundo nos adiantou Óscar, “a edición de 2011, a cuarta dende que a aso-ciación homologou este cir-cuito e décimo primeira en

total, preséntase cunha for-ma moi similar á do ano pa-sado, aínda que agardamos que crucen a meta máis dos 411 corredores que o fixe-ron nesa ocasión”.

Esta proba, que a asocia-ción decidiu homologar co fin de lograr unha maior participación e darlle un ca-ráceter máis formal, conta con participantes que pro-ceden de distintos puntos da nosa comunidade, ao igual que de zonas veciñas como Castela e León, Astu-rias e Portugal.

Oscar Gómez, presidente de Limiactiva e Xiana Carrera, concelleira de Deportes de Xinzo de Limia. /RAMSÉS

TeNiS De MeSA

O galmédica Ourense regresa á escea na liga

Despois do parón des-ta fin de semana no te-nis de mesa, reanúdase a competición para os dous conxuntos ddo Galmédi-ca.

O primeiro equipo visi-ta Cambados para enfron-tarse ao Joyería Enrique, equipo que ocupa a sétima e penúltima praza do grupo segundo da Segunda Divi-sión Nacional con dous puntos. O equipo ouren-sán, pola súa banda, está situado na segunda praza con seis puntos. Na parte alta da clasificación, catro equipos están empatados a seis puntos, o Bembrive, o Grupo Barros de Cam-bados, o Monte Porreiro e o propio Galmédica.

NATACiÓN

Cuartos na primeira xornada da Copa galicia

Os integrantes do Club Natación Pabellón Ourense desprazáronse ata a piscina de Riazor en A Coruña para disputar a primeira xornada da fase preliminar da Copa Galega de clubs, División de Honra na que os ourensáns ocuparon ao final do día a cuarta praza con 212 puntos dun total de seis clubs de toda Galicia. Por diante do Pabellón quedaron o Club Natación Galaico Servoysa con 331 puntos seguido do Club Natación Coruña con 296. A expedición ourensá estivo formada por un total de 18 nadadores dos cales

En canto ao equipo “B”, tentarán continuar coa mar-cha triunfal na súa primeira participación na Terceira División Galega, na que os cinco primeiros encontros os contan por vitorias. O seu próximo rival é o Cinania - Frigoríficos do Morrazo que é noveno.

oito participaron en catego-ría masculina e 10 na femi-nina.

Trofeo Cidade da CoruñaA próxima cita do Pabe-

llón Ourense será o sábado, 20 de novembro en A Coru-ña para participar no Trofeo Cidade de A Coruña na pis-cina do INEF en Oleiros.

FúTBOL CHAPAS

Ourense no Campionato de españa de Fútbol Chapas

O vindeiro sábado 20 de Novembro, no Hotel “Con-fortel Atrium” de Madrid, disputarase o Campionato de España de Futbol cha-pas, que contará cun repre-sentante ourensán, Millán Brea Castro. Millán foi o campión galego da tempada 2009-2010, sendo o vence-dor da liga que se disputou na Casa da Xuventude de

Ourense. Ao campionato acudirán xogadores de toda España.

wUSHU

Representa-ción ourensá na iV Copa do Mediterráneo

Esta fin de semana celé-brase en Sicilia (Italia) a IV Copa do Mediterráneo de Wushu, na que haberá unha gran representación de de-portistas ourensáns. Esta-rán José Manuel Ferreira de Verín e Brais Ansia, Rocío Salgado, Cristina Varela e Ezequial Gago, de Ouren-se.

Page 15: 19 Nov 2010 - Nº23

BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº23 - Ano: II - 19 de novembro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGuNTA DO MES

Que deporte practicas no inverno?

Jesús Romero:“Non podo facer

deporte nin no verán nin no inverno porque estou lesionado dun xeonllo”.

Martín Ferreiro:“Xogo máis ao fútbol

sala porque é a cuber-to”.

Carlos Fidalgo:“Xogo ao fútbol sala

de veteráns porque non estás fora”.

José Granda:“Non teño tempo para

facer deporte no inver-no”.

Mauricio Arango:“O deporte que

practico é traballar. Pero cando fai bo tempo xogo ao fút-bol”.

David Fernández:“No inverno corro

só dous ou tres días cando en verán corro case todos. Tamén xogo ao baloncesto porque é cuberto”.

Javier e Adrián:“No inverno xogamos

máis ao fútbol sala e co bo tempo ao fútbol”.

Antía Díaz e Amanda Di-cho:

“Non practicamos ningún deporte nin no inverno nin no verán”.

Page 16: 19 Nov 2010 - Nº23

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO19 de novembro de 2010