Crítica ó intérprete do patrimonio

5

description

Isto é un traballo para Educación Ambiental

Transcript of Crítica ó intérprete do patrimonio

Page 1: Crítica ó intérprete do patrimonio
Page 2: Crítica ó intérprete do patrimonio

Crítica ó intérprete do patrimonio

O día 16 de outubro, o ciclo superior de Xestión Forestal e do medio natural, realizamos unha actividade de clase para a materia de TEA(educación ambiental). A excursión comezaría en Santiago, guiada por unha intérprete chamada Nuria. Nunha primeira impresión, a muller mostrábase alegre. Isto xa supoñía unha parte positiva. Pois unha actitude e trato amigable cara nós, influía moito na nosa atención. Outra calidade persoal que nos mostrou, foi a paciencia que tivo. Nun principio destácase a espera de uns compañeiros, e que ela escoitou tales problemas atentamente. Incluso outra calidade foi a iniciativa e paixón que mostraba polo seu traballo. Deixando a profesora, Marina Engroba, que nos mostrase algunha especie arbórea.

Page 3: Crítica ó intérprete do patrimonio

Cando saímos a emprender a nosa actividade, ela xa nos estivera explicando o recorrido que realizariamos. Isto fíxonos destacar a habilidade por unha capacidade de memorizar os contidos dos programas e ademais, outra habilidade que nos ensinou foi da organización do seu programa. Xa nun principio explicou como quería unha organización en grupos e non dispersados para atender as explicacións.O primeiro lugar que visitamos, foi o Parque Santo Domingo Bonaval. Unha vez máis, afirmounos unha característica positiva que tiña. A súa explicación sobre o lugar, incluíndo fechas e nomes, demostrounos que os seus coñecementos son amplos e actualizados. Isto mantívose sempre en toda a actividade. En cada lugar que nos detíñamos, ela ofrecíanos os seus extensos coñecementos. Houbo certos momentos en que se esquecía do que citaba. Un exemplo foi o significado deste P inscrito por todas as paredes de Santiago.

A parte positiva, e que Nuria, nunca se mostraba ofendida por ser corrixida. Aceptaba as poucas e pequenas chamadas de atención que algún compañeiro lle acordaba e con moito humor, sen perder o sorriso e a organización da excursión.

Page 4: Crítica ó intérprete do patrimonio

A actividade escolar era cada vez máis didáctica e interesante. Isto debeuse a que Nuria, preocupouse en todo momento de non aburrirnos. Exemplos son os materiais adicionais que trouxo como un mapa para guiarnos mentres explicaba.

Material que encargou e pediu a empregados, e un metro para que mediaramos unha esquina nas calles de Santiago. Houbo momentos que explicaba con moita emoción as fotos que observamos e incluso citando nomes históricos e demostrando a paixón polo seu traballo. As cuestións que tíñamos, non eran problemas para ela. Respondía amablemente e deixándoche claro a súa explicación.Único fallo que puido ter, foi a mención de distintos tipos de arte que se mostraban polas calles e catedral de Santiago, cando moitos de nós descoñecíamos.

Page 5: Crítica ó intérprete do patrimonio

Conclusión: a actividade que realizamos foi bastante didáctica e grazas ós coñecementos, habilidades e as calidades persoais que Nuria mostraba.