Dossier TEDxGalicia 2011

18
Sinxelas aproximacións a unha realidade complexa Facultade de Ciencias da Información Universidade de Santiago de Compostela 25 de novembro de 2011

description

Presentación TEDxGalicia 2011

Transcript of Dossier TEDxGalicia 2011

Page 1: Dossier TEDxGalicia 2011

!

Sinxelas aproximacións a unha realidade complexa!Facultade de Ciencias da Información!Universidade de Santiago de Compostela!25 de novembro de 2011

Page 2: Dossier TEDxGalicia 2011

!!!

Que é TED?!

TED é unha organización sen ánimo de lucro adicada ás Ideas que merecen a pena ser difundidas. Comezando como unha conferencia de catro días en California 25 anos atrás, TED ten medrado para apoiar as ideas que cambian o mundo a través de múltiples iniciativas. A Conferencia Anual TED invita ás e aos pensadores e emprendedores que lideran o mundo para falar durante 18 minutos. Despois, as súas charlas se poñen a disposición, gratis, en TED.com. Entre os ponentes de TED atópanse figuras como Bill Gates, Al Gore, Jane Goodall, Elizabeth Gilbert, Sir Richard Branson, Nandan Nilekani,Philippe Starck, Ngozi Okonjo-Iweala, Isabel Allende, Gordon Brown. A Conferencia Anual de TED ten lugar en Long Beach, California e o TEDGlobal organizase en Europa.

Que son os TEDx? Co ánimo de difundir as ideas que merecen a pena ser coñecidas TED creou o programa TEDx. TEDx é un programa de conferencias locais e organizadas de forma independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. O noso evento denomínase TEDxGalicia, significando a x=evento TED organizado localmente. TEDxGalicia combinará o visionado de vídeos de TEDTalks e charlas en vivo para favorecer a conexión e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. As Conferencias TED provén aos programas TEDx das directrices xerais para organizar os devanditos eventos pero estes, incluído noso, son organizados de forma independente.

Page 3: Dossier TEDxGalicia 2011

O noso evento O TEDxGalicia aspira a iniciar unha nova dinámica fronte ao modo tradicional, amplamente instaurado na divulgación e transmisión de ideas e coñecemento en Galicia.

O noso evento céntrase en compartir abertamente e de xeito non dirixido, diferentes puntos de vista e aproximacións sobre temáticas amplas e complexas. A nosa intención e despertar curiosidade e provocar a reflexión sen pretender chegar a conclusión algunha, Serán as e os participantes quen faga as relacións e prolonque os debates entre a audiencia para tirar as súas propias conclusións.

Para isto contamos cunha serie de charlas interdisciplinares, ningunha cunha duración superior aos 18 minutos. Dende múltiples perspectivas diferntes, trátase de poñer de manifesto o poder das ideas para o cambio de actitudes, vidas e, en definitiva, o mundo.

Asumimos o reto que supón a organización dun evento deste estilo en Galicia e mantemos unha grande ilusión porque as persoas que participen cada ano obteñan a satisfacción suficiente para se implicar na mellora do evento edición tras edición.

Neste senso é que establecemos o noso obxectivo máis ambicioso xa que queremos constituir unha rede de persoas, institucións, empresas e organizacións que se identifiquen coa filosofía de TED e os TEDx e que se impliquen connosco na gratificante tarefa de transmitir, e compartir ideas e coñecemento.

Contamos contigo?

MMaarrccooss PPéérreezz

Anfitrión do TEDxGalicia

Page 4: Dossier TEDxGalicia 2011

Dende a súa constitución e como un dos seus obxectivos principais, a Fundación Galicia Sustentable asume un compromiso coa divulgación e a difusión do coñecemento a través de formatos atractivos e rigorosos. Entendemos que favorecer a difusión e implementación dos avances do coñecemento e a técnica debenos axudar a crear as condicións necesarias para avanzar pola senda da sustentabilidade. Neste senso, enchenos de orgullo poder dicir que a Fundación Galicia Sustentable tamén é TEDxGalicia

w w w . g a l i c i a s u s t e n t a b l e . o r g

Page 5: Dossier TEDxGalicia 2011

TEDxGalicia 2010

O inicio dun movemento O venres 26 de novembro de 2010 deuse inicio a un movemento a prol do recoñecemento e posta en valor dos pensamentos, as ideas, a innovación e a creatividade en Galicia. Nese día, tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela a primeira edición do TEDxGalicia.

Esta achega ao formato TEDx en Galicia se desenvolveu nunha sesión de medio día coa intención de iniciar o proceso de consolidación dun movemento de referencia na divulgación do coñecemento e das ideas.

Nesta primeira edición contamos con nove charlas multidisciplinarias de 18 minutos cada unha nas que compartir ideas, investigacións ou experiencias ante un auditorio dunhas 150 persoas cos perfís do máis diverso. Os 18 minutos das charlas TEDxGalicia son tempo suficiente para compartir algo significante á vez que curtas dabondo para manter a atención de todas e todos os asistentes.

Page 6: Dossier TEDxGalicia 2011

Ideas, coñecemento e experiencias en 18 minutos Sete persoas cunha experiencia vital extraordinaria compartiron con nos as súas ideas e impresións facendo unha aproximación á temática “Cara unha sociedade movida polo talento” dende cadanseu campo: psicoloxía, psiquiatría, recursos humanos, ecoloxía, xornalismo e emprendimento.

Non nos cansaremos de recoñecer o voso apoio para dar inicio a unha iniciativa tan rompedora como necesaria en Galicia e por todo o mundo: Joaquín, Belén, Iván, Emilio, José Luis, Santi, Manu... moitísimas grazas.

Joaq

uín

Dosi

l (Q

Coac

h)

Des

vela

ndo

os ta

lent

o

O primeiro que temos que facer e cambiar o enfoque que temos das dificultades

Iván

Ler

ma

(Psi

quia

tra)

De

onde

veñ

en a

s m

otiv

ació

ns!

Preguntémonos cal é a nosa propia motivación para nos interesar polas motivacións alleas Be

lén

Vare

la (B

elie

ve in

You

) O

ptim

ism

o pa

ra o

éxi

to!

O que nos pasa é que vivimos nunha espiral de negatividade

Page 7: Dossier TEDxGalicia 2011

Sant

iago

Váz

quez

(RRH

H e

n R)

A

felic

idad

e no

trab

allo!

Cando as persoas temos máis habilidades que desafíos nos frustramos

Emilio

Fer

nánd

ez (E

cólo

go)

Qui

záis

est

moa

s a

face

r alg

o m

al!

Como especie, a Humanidade ten o comportamento poboacional dunha praga Jo

sé L

uis

Góm

ez (X

orna

lista

) Po

dere

s en

trela

zado

s!

Os medios de comunicación estamos obrigados a que a sociaedade teña confianza en nos

Man

u Ig

lesi

as (E

Gal

opín

) Pr

oxec

tos

e ou

tras

trave

sías!

Se tendes moitos proxectos ides ter moitos fracasos pero tamén moitas ilusións

Page 8: Dossier TEDxGalicia 2011

As xentes TEDxGalicia Pero se alguén fai o TEDxGalicia posible e determina o seu éxito sodes as e os participantes. No ano pasado vemos excedidas as expectativas e a pesares da preselección, nos vemos obrigados a ampliar o límite de aforo para dar unha resposta acorde á demanda de prazas. Dende un primeiro momento, esta grande expectativa foi asumida como un reto e asumida dunha grandísima responsabilidade.

Este ano contamos cun aforo para 300 persoas do que queremos encher con persoas con inquedanzas e intereses e que poidades xogar un papel no futuro desenvolvemento do movemento TEDxGalicia. Esta edción vai ser un paso máis no camiño de implementar as grandes oportunidades que estamos a preparar para unha maior implicación pola vosa parte. Buscamos

As e os asistentes ao TEDxGalicia 2010 sodes pioneiros que fixéchedes posible o inicio desta andaina e como tales tedes o noso recoñecemento e de todas e todos os participantes que están por vir en anos sucesivos.

@david_bonilla: Galicia sigue sumando puntos como "Great Place to Work". Además de lacón, pulpo y albariño, ahora, tienen @TEDxGalicia !!!!

Page 9: Dossier TEDxGalicia 2011

@pablo_lopez: con ganas de tener noticias acerca de @TEDxGalicia http://bit.ly/brJNHv!

@javiervarela: que bueno, el video resumen del TEDxGalicia http://tedxgalicia.com/?p=638!

@xurxomar: datos sobre el mundo, en tiempo real, para quedarse pasmado y reflexionar un poco (visto en #TEDxGalicia): http://bit.ly/fZ9Dg9!

@janoglez: TEDXGalicia 2010, EL PRIMERO DE MUCHOS http://www.blogdejano.blogspot.com/!

@encinar: Empezando a leer 'Hazlo distinto' de @SantiSousa, uno de los libros que nos regalaron en el @TEDxGalicia. http://twitpic.com/3n2e8a!

@quenerapu: Qué pintaza tiene la @TEDxGalicia :) Voy a hacer todo lo posible por asistir!

@BlogdeSerantes: TEDxGalicia 2010. Buenas charlas y mejor organización http://bit.ly/hTe11r Mi ranking de charlas !

@jcbugallo: Una de las personas más fascinantes que he conocido @laquintavarela Belén Varela e o optimismo para o éxito http://goo.gl/oZ8lk @tedxgalicia!

@jortdel: Las charlas del #TEDxgalicia del 2010 ahora en formato podcast!!! http://ow.ly/4dRZC!

@afalcon: Propaguemos estas ideas de Santiago Vázquez de R, mostradas en el TEDxGalicia Se puede aprender a ser feliz http://j.mp/hDyvsv!

Page 10: Dossier TEDxGalicia 2011

descodificando coñecemento para aplicalo na empresa

Page 11: Dossier TEDxGalicia 2011

Unha organización centrada no detalle Todo o traballo que desenvolvemos dende o equipo e colaboradores do TEDxGalicia ten un obxectivo único: facer de cada actividade en torno ao evento unha experiencia especial para as e os participantes.

Ese obxectivo é o que nos move a adicar moitas horas da organización ao coidado do detalle xa que é a través das pequenas cousas que podemos transformar o que podería ser un evento máis nunha experiencia única.

Aínda que traballamos con tada a ilusión por satisfacer as túas expectativas iso vai depender de múltiples factores polo que o teu feedback e implicación é fundamental para a evolución do TEDxGalicia.

O que sí podemos garantir é que seguimos a facer do TEDxGalicia un evento diferente, unha experiencia da que nono poderás evitar falar nas semanas seguintes.

Page 12: Dossier TEDxGalicia 2011

!

TEDxGalicia 2011

Page 13: Dossier TEDxGalicia 2011

!!

Contidos e fluxo Baixo a temática Sinxelas aproximacións a unha realidade complexa, o programa se desenvolverá a través de 4 bloques de contidos ao longo dunha xornada de día completo.

Esta temática nos propón unha viaxe que facilite a interpretación do que está a acontecer ao noso redor e das íntimas relacións entre múltiples variables que poden non resultar obvias a priori.

Imaxina – Pensa – Crea – Comparte. Estes son os catro bloques de contidos que nos presentan un itinerario de creación de coñecemento e cambio que propón: a imaxinación como base, o pensamento como ferramenta, a creación como obxectivo e compartir como fundamento da creación valor.

Os títulos son meras orientacións, simplemente unha forma de organizar os contidos. TEDxGalicia non pretende atar as posibilidades de expresión a un fluxo de contidos pechados. Cada participante é quen de facer a súa interpretación do sentido de cada charla en cada momento e, con un pouco de sorte, teremos moitas interpretacións diferentes ante unha mesma charla. Nos non somos quen de vos dicir de que se vai falar en cada unha das charlas nin moito menos ousaríamos acotar o que se debería entender.

Os resultados do TEDxGalicia son moito máis enriquecedores canto máis diversas sexan as interpretacións.

Formato Ao igual que acontece no TED, o TEDxGalicia o conforman unha serie charlas sobre unha idea. Todas elas charlas curtas que en ningún caso excederán os 18 minutos de duración.

O TEDxGalicia non son unhas conferencias. Non haberá inauguración nin clausura oficial. Para as charlas non se disporá de mesas presidenciais ou atrís. Non haberá charlas principais xa que todas as personas que fan posible o TEDxGalicia teñen a mesma importancia e consideración. Non teremos paneles de discusión nin mesas de traballo e tampouco haberá preguntas durante as charlas.

Aproveita ao máximo os espazos adicados ao networking. No TEDxGalicia o auditorio é tan importante como as e os relatores.

Lugar e data O TEDxGalicia 2011 terá lugar na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela o próximo venres 25 de novembro.

Page 14: Dossier TEDxGalicia 2011

Charlas Novamente nesta edición contamos cun amplo universo de charlas con relatoras e relatores dos campos da empresa, da filosofía, neurociencia, audiovisual, cociña, espiritualidade, medicina, intelixencia emocional, escola, historia, humor, arquitectura,...

Gardamos con celo ás e aos ponentes de cada edición xa que no proceso de selección de participantes valoramos especialmente as implicación coa filosofía TED e TEDx máis que o interese por un determinado panel de ponentes.

Á dereita podes intuir algunhas das persoas que inicialmente teñen confirmado a súa intención de compartir o seu tempo, ideas, coñecemento e experiencias con nos no próximo 25 de novembro.

Protagonistas As e os verdadeiros protagonistas sodes vos xa que os resultados do TEDxGalicia serán moito máis enriquecedores canto máis diversas sexan as interpretacións que cada se fagan e as opinións que cada charla sexa capaz de xerar.

Buscamos persoas con inquedanzas e intereses que interesadas en xogar un papel no desnevolvemento e expansión do TEDxGalicia.

Preinscrición aberta dende o 10 de xuño

Page 15: Dossier TEDxGalicia 2011

O noso compromiso Como un dos primeiros pasos na constitución dun equipo que asuma o reto de organizar os sucesivos TEDxGalicia consideramos fundamental reflectir a identidade que queremos inculcar na organización do TEDxGalicia, a través da plasmación duns obxectivos e valores que asumimos como compromiso de implicación con TED e os TEDx que deberá ser asumido e observado por quen formen parte directa ou indirecta da organización do TEDxGalicia.

É a nosa intención introducir en Galicia unha nova dinámica na divulgación e transmisión de ideas e coñecemento. Para iso comprometémonos coa organización dunha serie de eventos que: estean abertos e sexan accesibles a todas as persoas ás que lles motive TED; axuden a crear unha comunidade ao redor das ideas e o talento galego; e ofrezan un escaparate para a xente que traballa sobre cousas asombrosas.

1. Ser organizado en Galicia promovendo os valores da nosa terra e as nosas xentes que tamén teñen ideas que merece a pena compartir.

2. Ser aberto ao público mantendo os prezos de asistencia accesibles.

3. Ofrecer un escenario para a inspiración, innovación, revolución, rotura de esquemas, motivación, influencia,...

4. Facilitar un espazo para que os proxectos e programas que xa están a funcionar ou que están nas súas primeiras fases de deseño, poidan ser vistos, oídos, sentidos e apoiados...

5. Crear un espazo para compartir ideas e para un networking efectivo e real

6. Apoiar iniciativas comunitarias en Galicia.

7. Presentar iniciativas globais á nosa audiencia galega.

8. Motivar á acción por un cambio sustentable.

9. Aceptar de bo grado críticas, colaboraciones e suxerencias, deixando os nosos egos a un lado.

10. Entreter, informar e divertir!

Asumindo o espírito das “Ideas worth spreading”, TEDxGalicia comprométese a:

Page 16: Dossier TEDxGalicia 2011

Dalle forza ás ideas TEDxGalicia procura o establecemento de partenariados estables con compañías e organizacións galegas que transmiten unha visión de futuro propia e que comparten a nosa visión dun mundo no que destacan as ideas. Buscamos empresas e institucións que valoran a creatividade, a innovación e teñen un compromiso cun impacto significativo no seu entorno máis próximo. Temos a ilusión de poder traballar convosco e asegurarmonos de que xuntos aproveitamos ao máximo a oportunidade de colaborar en torno aos valores e á visión do TEDxGalicia.

Page 17: Dossier TEDxGalicia 2011

! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !

!

!! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !

! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !!

Por qué colaborar co TEDxGalicia? ...se crees que en compartir pensamentos destacables e novas ideas entre *organizaciónes e individuos que queren ser axentes de cambio en Galicia...

...se queres impulsar o desenvolvemento de ideas, tecnoloxías, o deseño e a educación para axudar a crear un futuro mellor...

...se consideras que é importante investir en Galicia para apoiar a innovación e o desenvolvemento do poder das ideas...

...e sobre todo, se pensas que Galicia conta grandes ideas e talentos latentes que merecen a pena ser descubertos e ter a oportunidade de marabillarnos...

... entón TEDxGalicia é o teu evento

Formas de colaborar O noso obxectivo é achegar a oportunidade ás PEMES galegas de demostrar que tamén teñen interese social e particular por se achegar á vangarda do coñecemento e das ideas.

Neste senso temos deseñado distintos niveis de patrocionio para nos adaptar as posibilidades da túa empresa ou organización.

Queremos constituir unha rede de apoio ao poder das ideas na que todas as aportacións son útiles, así que non dubides en nos contactar para que poidamos explorar as múltiples opcións a través das que podemos colaborar para facer medrar o TEDxGalicia.

Temos previstos moi diversos formatos de implicación co TEDxGalicia e especialmente as doazóns en especie (deseño e xestión web, impresión materiais,, pausas café, cocktail final, aloxamento, speakers, catering, filmado e edición de vídeo...). Colaborar connosco desta maneira é unha excelente oportunidade para presentar a túa organización, produtos e/ou servizos.

Ademáis podemos valorar a posibilidade de incluir algún produto, mostra ou información relevante na bolsa TEDxGalicia para participantes.

Escríbe a [email protected] e demostra o teu compromiso coas ideas

Page 18: Dossier TEDxGalicia 2011

!

Todas as solicitudes de información sobre o TEDxGalicia deberán ser enviadas a Marcos Pérez que é o responsable da licenza TED e o portavoz oficial do evento: Marcos Pérez | Teléfono (+34) 629 430 629 | email [email protected]. Ten conta que a organización do TEDxGalicia non pode falar en nome de TED. Calquera dúbida, ou solicitude de información respecto a TED debe ser enviada a: Laura Galloway - Head of Media Relations | Teléfono dos USA (212) 260-3708 | email [email protected]. O TEDxGalicia é un evento organizado co apoio institucional da Fundación Galicia Sustentable. Para máis información acerca da fundación visita www.galiciasustentable.org. Apreciamos e agradecemos toda cobertura do TEDxGalicia, pero debemos solicitar ás e aos xornalistas e bloggers que respecten a diferenza entre TED e a marca TEDxGalicia.

O TEDxGalicia é un evento organizado baixo licenza de TED