Fina Casalderrey

10
F F i i n n a a C C a a s s a a l l d d e e r r r r e e y y Fina Casalderrey naceu en Xeve no ano 1951. Foi criada non entorno moi rural, e cando seus pais, económicamente humildes, a deixaron escoller sobre o seu futuro (entre “coser” ou estudar maxisterio), decantouse pola segunda opción. Actualmente está xubilada, aunque traballou como profesora. O día que chegou a súa primeira escola foi tan só con 19 anos. Foi alí cando empeza a facer súas primeiras obras literarias, principalmente pezas teatrais, (protagonizadas polos seus alumnos) . Desa afición nace o libro “Recursos teatrais para a expresión dramática na escola” (7 pezas para representar). Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica (ciencia que estuda os distintos pobos, razas e culturas), no que conseguiu distintos galardóns polos seus traballos. Tamén publicou libros de investigación relacionados coa cociña (O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia) xunto co escritor Mariano García. No ano 1991 se deu a coñecer no mundo das publicación infantís coa novela “Mutacións Xenéticas” Levou máis de 17 premios ,entre o que destaca o seu primeiro premio na súa carreira : Premio Merlín de Literatura Infantil por “Dúas bágoaspor Máquina” (1991). Tamén destacan: O Premio Barco de Vapor por “O misterio dos fillos de Lúa” (1994), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “O misterio dos fillos de Lúa”(1996), Premio Frei Martin Sarmiento por “A lagoa das nenas mudas” (2009)… entre outros. Tamén recibiu mais de 26 distincións: Lista de Honrra da CLIJ en máis de 10 veces, Galega destacada do ano 2003, insignias,

description

Fina Casalderrey no IES A Xunqueira I

Transcript of Fina Casalderrey

Page 1: Fina Casalderrey

FFiinnaa CCaassaallddeerr rr eeyy Fina Casalderrey naceu en Xeve no ano 1951.

Foi criada non entorno moi rural, e cando seus pais, económicamente humildes, a deixaron escoller sobre o seu futuro (entre “coser” ou estudar maxisterio), decantouse pola segunda opción. Actualmente está xubilada, aunque traballou como profesora. O día que chegou a súa primeira escola foi tan só con 19 anos. Foi alí cando empeza a facer súas primeiras obras literarias, principalmente pezas teatrais, (protagonizadas polos seus alumnos) . Desa afición nace o libro “Recursos teatrais para a expresión dramática na escola” (7 pezas para representar). Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica (ciencia que estuda os distintos pobos, razas e culturas), no que conseguiu distintos galardóns polos seus traballos. Tamén publicou libros de investigación relacionados coa cociña (O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia) xunto co escritor Mariano García. No ano 1991 se deu a coñecer no mundo das publicación infantís coa novela “Mutacións Xenéticas” Levou máis de 17 premios ,entre o que destaca o seu primeiro premio na súa carreira : Premio Merlín de Literatura Infantil por “Dúas bágoaspor Máquina” (1991). Tamén destacan: O Premio Barco de Vapor por “O misterio dos fillos de Lúa” (1994), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “O misterio dos fillos de Lúa”(1996), Premio Frei Martin Sarmiento por “A lagoa das nenas mudas” (2009)… entre outros. Tamén recibiu mais de 26 distincións: Lista de Honrra da CLIJ en máis de 10 veces, Galega destacada do ano 2003, insignias,

Page 2: Fina Casalderrey

medaias, candidata a diferentes premios …Tamén destaca que o 12 de xaneiro de 2008 entra como menbra do PEN CLUB (a única sociedade mundial de escritores) e que foi a autora omenaxeada no X Salón Internacional do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra (2009). Recentemente converteuse en membra da RAG.(18-1-13) O seu amor os animais reflíctese en varios libros, (entre os que destacan “Chamizo”, “O misterio dos fillos de Lúa”, “Un can no piso”, “Pinpín e Dona Gata”…), Incluso o libro “Chamizo” (na que unha nena conta como encontou un gato abandonado e quéreo meter no piso), parécese estrañamente o que ela comenta na súa autobiografía: “Tiven moitos disgustos por non me poder quedar cun gato abandonado que atopara nun camiño”. Por iso dedúcese que o libro Chamizo, está basado na súa infancia, pero adaptado ós novos tempos. Xeralmente os libros de Fina Casalderrey teñen un fina feliz, característica principal da súa forma de escribir. Actualmente vive en Lérez, está casada e ten un fillo e unha filla. Colabora activamente en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios, desarroiando conferencias sobre a gastronomía e diversos temas. Ata agora escribiu máis de 45 libros .

Page 3: Fina Casalderrey

Visita de Fina Casalderrey O día 12 de xuño, a escritora galega Fina Casalderrey visitou a clase de 2º ESO A porque, no Club de Lectura “A Esmorga”, léramos un libro seu chamado “Sobrevives?”. Estivemos traballando durante os días anteriores para que a clase estivese limpa e ordenada. Á segunda hora do mércores chegou Fina Casalderrey á que recibimos cuns agasallos. Antes de comezar coa charla, lémoslle a súa biografía e contounos que o ano do seu nacemento estaba mal na “Wikipedia”. Comezou a contarnos moitas cousas e experiencias que ela tivera. Por exemplo, que a súa tía a chamara para dicirlle que nun cartel estaba escrito que ella era unha asasina, mentres que o que realmente poñía era que asinaría na “Feria do Libro”. Contounos que cando era pequena íalle ler e escribir cartas a unha veciña súa que era pobre e tiña o fillo fóra. Fixémoslle algunhas preguntas ás que ela contestoy sen ningún problema. Ao pedirlle que nos recomendara un libro, leunos un anaco dun libro chamado “A pomba e o Degolado” que, aínda que tiña algunha parte divertida, había outras nas que chegaban as bágoas aos ollos. Pareceume unha señora moi agradable, boa e divertida. Grazas por vir.

Belén García Silva

Page 4: Fina Casalderrey

“Coñecer a Fina Casalderrey” O pasado mércores doce de xuño do ano 20013, Fina Casalderrey, a famosa escritora e profesora pontevedresa, veu ao instituto “I.E.S. Xunqueira I” para falarnos sobre a súa vida (profesional e privada) grazas á nosa directora. Chegou sobre as 10 da mañá. Antes de que comezara a falar o secretario, un grupo de nenos da nosa clase déronlle uns agasallos. Logo, unha compañeira (Alba) leu información sobre a vida de Fina Casalderrey. Cando acabou comezounos a contar cousas da súa infancia, dos seus libros, anécdotas recentes ou de cando era pequena. Despois de máis ou menos 1 hora e media, deixounos facerlle algunhas preguntas e, por suposto, contestounas. Case antes de rematar a charla, Fina leu un capítulo dun dos seus libros. Logo firmou uns libros duns compañeiros/as e tamén algúns do instituto. A min gustoume moito a charla e aprendín moitas cousas sobre a súa vida como profesora, escritora e persoa. Ela caeume bastante ben. Cando acabou fomos ó recreo e ela marchou.

Félix Somoza Domínguez

Page 5: Fina Casalderrey

“A miña experiencia con Fina Casalderrey”

O pasado mércores 12 de xuño, Fina Casalderrey visitou o noso centro, máis concretamente a nosa clase, por mor dun libro que léramos no Club de Lectura “Sobrevives?”. Na súa estancia contounos anécdotas da súa infancia, da súa etapa como profesora... incluso nos leu un fragmento dun libro seu “A pomba e o degolado”. Estivo case dúas horas falándonos de cousas moi interesantes, e incluso nos contestou as preguntas que a clase lle formulou. Ao final, meso firmou os libros que, os alumnos da nosa clase, lle entregamos con moita ilusión. A min, persoalmente, encantoume a experiencia, de coñecer a unha escritora que escribiu tantos libros que eu lera. E, ademais, firmoume non un, senón dous libros dela que a min encantáronme. Por iso me encantou a experiencia de coñecer a Fina Casalderrey.

Julio Dopazo Alvariñas

Page 6: Fina Casalderrey

“Unha boa forma de aprender”

O mércores 12 de xuño, Fina Casalderrey visitou noso instituto, o IES Xunqueira I, para falar sobre aspectos da súa vida e seu libro “Sobrevives?” (que tiñamos que ler para este trimestre). O mércores, ao chegar á clase, o primeiro que fixemos foi recollela e ordenala, ata que sobre as 10, chegou ela. Entón recibiu uns agasallos por parte do profesorado, dos alumnos e do centro. Logo, fixo unha longa conferencia, dunha hora e media, falando da súa vida profesional e privada. Falou da súa obra, de anécdotas, criticou, apoiou... Logo, Contestou a algunhas preguntas que se lle plantexaron, firmou algúns libros e, sobre as 11:30, foise do instituto. O que máis me gustou dela foi a súa forma de ser, amabilidade... Pero, ás veces “enroiábase” un pouco; dunha cousa acababa por contar outra... E resultou un pouco longo. O bó é que, por moitísimas cousas máis, a visita de Fina Casalderrey pareceume unha boa forma de aprender, pasalo ben... e coñecer a unha escritora, cousa que non ocorre, nin de lonxe, tódolos días.

Miguel Dopazo Alvariñas

Page 7: Fina Casalderrey

Unha gran escritora O día 12 de xuño veu á clase de 2º ESO A unha gran escritora, Fina Casalderrey. Nesa visita descubrín que é unha muller divertida, alegre e con moitísima imaxinación. Gustáronme moito as historias que nos contou e espero que a ela lle gustasen os pequenos agasallos que lle fixemos. Espero volver coincidir con ela noutro momento e que siga escribindo libros tan bós como ata agora.

Alba López Outón

Page 8: Fina Casalderrey

Unha muller encantadora

O mércores visitounos Fina Casalderrey. Chegou sobre as dez da mañá, estívonos contando cousas da súa vida, leunos algún capítulo dun dos seus libros e, sobre todo, fíxonos rir moito. É unha muller encantadora, podería seguir a falar con ela moito máis tempo, pero aínda que só tiñamos dúas horas, nese tempo non me aburrín nada e fíxoseme moi entretido. Se por mín fose, Fina viría todolos días. Para rematar a visita, fixémoslle algunhas preguntas e firmounos algúns libros.

Marina Tilve Gallego

Page 9: Fina Casalderrey

Visita de Fina Casalderrey

O pasado mércores día 12 de xuño Fina Casalderrey visitounos na clase. Todo esto comezou o luns, o día que empezamos a preparar todo. Ese luns, a Emilio, Carla e a min, a directora propúxonos ir mercar un agasallo para Fina. Carla e eu mercámoslle uns bombóns. O martes todos os alumnos de 2º A puxémonos a recoller, limpar, decorar e ordenar a clase. O mércores á primeira hora rematamos de decorar a clase. Á segunda hora chegou Fina, todos os alumnos estábamos emocionados por ter unha membro da Real Academia da Lingua Galega. Ela contounos cómo fóra a súa infancia, a súa experiencia de facer unha película, ... Mentres ela falaba entraron varios fotógrafos da prensa local, e cando rematou de falar, os que quixeron preguntáronlle cousas. Ao outro día, cando cheguei a casa miña nai ensinoume o xornal. Nel había unha fotografía nosa no Faro de Vigo con Fina Casalderrey.

Estrela Vilalcoba Blanco

Page 10: Fina Casalderrey

Encontro con Fina Casalderrey

Cando a directora nos dixo a toda a clase que viña Fina Casalderrey, todos quedámonos moi sorprendidos e comezamos a falar do que lle iamos regalar. Cando chegou o día desexado, decoramos toda a clase e puxemos todo en orde e as mochilas nas cadeiras sen nada polo chan. Eu puxérame moi nervioso porque nunca a vira en persoa. Cando entrou na clase, presentouse, e lle dimos un ramo de flores e unha caixa de bombóns. Púxose moi contenta, e contounos a súa vida enteira, dende que era cativa ata agora. E tamén nos contou as anécdotas máis curiosas que lle pasaron. Cando acabou de dar a charla, firmounos os libros que había no instituto e os que trouxéramos nós. Espero volver a vela.

Xavier Sánchez Pazos