IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

31
O TESOURO DOS AVÓS por: Coral Ferreira Martínez

description

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

Transcript of IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

O TESOURO DOS AVÓSpor: Coral Ferreira Martínez

Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Chámome María del Carmen Baz Alonso. Nacín no 1931. Pasei a gherra de España. Meus pais eran mariñeiros, traballaban no que pudían, non tíñanos, éranos moitos irmáns. Non tíñanos que comer.

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Pasamos unha gherra moi ghrande. Miña abuela choraba porque meus primos foron á gherra...

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Entonces, pois claro, como non tíñanos capital, non tíñanos casa, non tíñanos nada naquel tempo… pois claro eran dez fillos. Fomos pa cama moitas veces sin cenar e ó cheghar a mañá dez irmáns tampouco tíñanos que desayunar e fíjate tú que pena non sería que mi madre dicía “la mujer del marinero, se acuesta sin cenar y se levanta sin dinero”.

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3
Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Traballar traballamos todos cuando fomos máis ghrandiños, pero en traballos moi duros, polo menos eu. Traballaba a vender peixe, fui polas aldeas vende-lo peixe; lava-las redes daquela, a ardora, ghrandes, encascábanolas, pequenas; traballei en tódolos traballos cuanto podía haber pero de burra, porque como non sabíanos...

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Cullía calqueixa pola mañán e arriaba á noite, e os ricos eran moi bos ricos, porque no tempo do inverno o que traballabas de inverno eran dúas tardes, pero de vran era unha, pero te daban ighual, o mesmo diñeiro, unha peseta ou dous reales, o que lle daba a eles a ghana.

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Cuando fun máis ghrandiña pois mira tú onde traballei. Traballei de obrera, a bater morrillo; a faer os bloques da boca do porto; a ghobernar os baraderos. Nun había traballo que eu nun fixera, nas leiras, o monte pa vender.

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• ¡E de Franco, que te vou a dicir de Franco! Que pasamos muita fome. Dábannos a ración e lle tíñanos que vender o aceite a quen nos paghaba para logho ir comprar fariña pa mi madre faer papas. Pero vaya fome que pasamos. Éranos dez irmáns, dez mozos e tíñanos que deitarnos pola tarde nas camas a durmir porque non había nin unha peseta para ir ó cine nin a baile nin a nada.

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3
Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• E date tú de conta se non é tristeza pa unha nai non poder dárlle nada. Non tíñanos nada, aquilo era unha miseria e despois claro, date tú de conta, meu pai era enfermo, non había.

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Canco empezamos os rapaciños a ghanar a peseta pois logho fomos ghanando pas papas e pa iso, como se chamaba antes. De comer non había máis.

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Nós que non tíñanos campos nin tíñanos nada e o rico, o que quería era que lle traballaras pero a mitá ías traballar un campo e logho casis todo era pa el, pa un nun había nada. E foi unha vida muy mala, muy mala de máis.

Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Eu nun digho que Franco fixera boas cousas pero fixo muitas muy malas porque os que éranos pobres tíñanos que ser pobres e os ricos tiñan que ser burricos, non ricos senón que burricos.

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Téñollo moi presente, xa o digho, cando era a gherra dos meus primos, que miña abuela pobriña morreu de pena porque lle cheghou un neto que tiña no frente e xa non faía conta del e a casa era baixiña, entonces meu primo ó cheghar a casa da abuela, batiulle na ventana e miña abuela ó mirar que tiña ó neto elí deulle un ataque ó corazón, e a pobriña non morreu naquel día, pero doutro ataque de corazón si que morreu.

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3
Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• E me acorda sendo eu pequena, tiría sete anos, pois unha tía, unha irmán da miña abuela pois tamén tiña pena no tempo diso, do comunismo, e claro tiña un xenro que parece ser que era comunista e levaron á tía presa, leváronlle á irmán presa e aquel era un valle de lághrimas, eu na miña vida.

Page 18: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Hoxe en día, claro estamos a mirar muitas cousas que tampouco non me ghustan muito, pero bueno, vivimos coma reis. Hoxe temos unha paghiña, vamos vivindo e todo sempre foi así desa maneira.

Page 19: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• ¡Na escola! Eu nunca fun á escola Coral. Eu cando ía ó colegio, era piquiniña, e cando ía ó colegio, a Hermana Justa mi dicía “¡buenos ojos te vean!” porque como eran tantos irmáns eu sempre tiña que andar a quedar cus irmáns porque era das más vellas, entonces claro eu nun podía ir á escola, nun puiden aprender, nin a poñer o meu nombre si quiera, e nun supin nada. Sólo que dispois pois a forza de…

Page 20: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Di que hai unha escola o dumingo, do monical, e mi madre tampouco me deixaba porque sempre había que quedar cus críos, pois empecei a poñe-lo meu nombre malamente –que índa hoxe o poño muy mal de máis, pero bueno, vou facendo un pouquiño mellor-.

Page 21: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3
Page 22: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Pois tuvin que traballar muito porque pa me casar ata estivo o meu home enfermo muitos anos, como tú comprenderás, e claro, tiven que ir a vender peixe pa plaza tamén e me metín outra vez despois de casada a vender peixe na plaza.

Page 23: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• E eí foi donde eu fun rebentando faer unha cuenta malamente de cabeza e algho do que sei foi porque sempre a necesidad mo exigiu. Pero son unha muller das que aínda non sei leer. Vou mirando algho pero pouca cousa. De escola nada, pa min nunca houbo unha escola, nunca houbo nada porque sempre tuvin que traballar.

Page 24: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Os meus irmáns os máis vellos foi moi pouquiño porque Alfredo de seis anos ou sete xa ía con papá ó mar, porque daquela era o que había, os fillos sólo eran pa traballar, non eran para estudiar tampouco, porque os pais non o tiñan pa levar.

Page 25: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Os seus pais xa se sacrifican muito porque no medio de todo aínda hai muito quen ten pero tamén aínda hai muito que non ten e estanse sacrificando pa que os fillos podan ter hoxe ou mañán un traballo que podan valerse por eles, que nun sean freghonas como fun eu.

Page 26: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3
Page 27: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• O cambio máis ghrande que notei foi cando morreu Franco, eu tiña o home enfermo que me danban seiscentas pesetas e paghaba noventa duros de casa ó mes, non tíñanos casa, paghaba noventa duros de casa. E fíjate tu se me puiden aquelar.

Page 28: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• Logho veu Suárez. Pero eu a quen lle teño que aghradecer muito é a Felipe González, que este foi cando me deron unha pagha que pudía máis ou menos comer e beber con mi marido. Pero tuvin que esperar a que viñera Felipe González.

Page 29: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

• A min hoxe as trapalladas que estou oíndo na televisión nun as entendo pero debían ter unha pouquiña máis de consideración e non andar tanto a discutir. Que nos dean paz que é o que necesitamos. Nun necesitamos xa casis diñeiro sinó que necesitamos paz.

Page 30: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

Opinión persoal

• Este traballo pareceume moi interesante. Xa fixera un parecido, pero desta vez puiden notar na expresión da cara da miña avoa e nos seus ollos tristes e chorosos a tristeza, a dor e a dureza desa época, os malos recordos que ten duns anos nos que practicamente non estaba permitido nada; a felicidade e á vez a amargura de recordar os membros dunha familia da que a penas queda xente. Por todo isto téñolle que agradecer moito á miña avoa o esforzo que fixo para axudarme.

Page 31: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/2 - Audio 3

Datos do traballo

• Este traballo conta con fotos de diversos anos da vida da miña avoa, de membros da familia (uns vivos e outros falecidos), de excursións feitas, etc.

• A canción que acompaña ó traballo chámase “Na praza liberada…” que pertence ó disco “Cinsa namorada” de Tino Baz, sobriño da protagonista. Elixín esta canción porque paréceme que a letra se pode referir a Franco.