IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

37

description

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

Transcript of IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5
Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Realizado por Noemí Figueroa coa colaboración de Aura Martínez.

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Introdución Presentación de Aura MartínezA vida cotiáA educaciónO galegoSociedadePolíticaEconomíaOpinión de Aura Martínez do traballoconclusión

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Este traballo que presentamos é un estudo de cómo se vivía na época de Franco que como todos sabemos abrangue dende que comezou a guerra civil española (1936) ata a morte de Franco(1978). Para poder realizar o traballo unha muller chamada Aura Martínez prestounos a súa colaboración.

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Esta colaboración consistiu na

recopilación dos seus recordos que presentamos con agarimo para que poidades comparar a vida daquela coa de hoxe en día.

Este traballo está presentado en primeira persoa tal e como a muller nos falou.

Cando o terminedes de ler atoparedes as dificultades que presentou a época e apreciaredes vivir neste século.

Espero que vos guste!

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Aura Martínez naceu

en 1927. Ata que casou, vivía nunha aldea próxima a Vigo. Despois de casar viaxou a Francia e residiu en París poucos anos.Regresou a España e residiu en Vigo.Na súa infancia transcorre a Guerra Civil Española. Cando xa é moza a ditadura de Franco está presente.

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Levantábame todolos días cedo, con sorte tiñamos auga para poder ducharnos pero daquela non tiñamos boas condicións de vida. Pasaba o día traballando na casa (facía o pan, limpaba, ordeñaba as vacas..)

Pouco tempo tiña para xogar ou para pensar en min.

Non era o que diciamos unha boa época.

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

A escola

A escola era pública pero aínda así non tiven moita sorte de ir xa que eu tiña que quedar axudando na casa. O meu irmán era o que soía ir. Mentres as mulleres quedabamos na casa os homes aprendían matemáticas, lingua e pouca cousa mais.

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Na miña aldea a escola era moi pequena, era unha casa particular.Só tiñamos un profesor e para iso nin era profesor xa que era un médico que como tiña estudos podía ensinar a escribir e a sumar.Tiñamos unha clase nos que se encontraban nenos de tódalas idades.Cando o meu irmán tiña 16 anos empezou el a dar clase aos máis pequenos xa que el xa sabía multiplicar e sumar.Así eran as escolas de antes pero agradeciamos polo menos ter unha cerca.

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Que eu recorde na escola estaba prohibido falar en galego. Os escasos medios de comunicación que tiñamos estaban restrinxidos de dar a información en galego.

Na miña casa falábase castelán e o galego o fun perdendo durante o longo da miña vida.

Tanto os documentos oficiais como ós traballos públicos estaban obrigados en castelán.

Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Coas amigas sempre se falaba en castelán e se viaxabas a Vigo non encontrabas a ninguén xoven que falara galego.

Considerábase vulgar , inculto. Se a xente que non coñecías lle falabas o galego che dicía <este no debe de ser de aquí>

Pero se viaxabas fóra de Galicia tampouco se encontraba a moita xente que falara o catalán ou o vasco.

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Nos anos 30 xa existían maltratos á muller, discriminacións e abusos pero non había medios de comunicación nin ninguén falaba diso xa que era un tema tabú. As mulleres maltratadas calaban e seguían cos seus homes como se nada.En ocasións ata parecía algo normal. Cheguei a coñecer a un par de mulleres que sempre estaban marcadas polos homes pero tampouco nunca se lles dixo nada.

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Nestes anos a muller tampouco tiña traballos como os de hoxe en día que poden ser policias ou bombeiros. A muller tiña o que quedar na casa traballando o seu ou tiña os chamados traballos da muller. Estes traballos da muller son os traballos que para un home non eran dignos, como por exemplo o de costureira ou vendedora na praza.

Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

A mili era obrigatoria xa

que se pasaba por unha guerra e necesitaban os homes para loitar.Os meus dous irmáns tiñan que ir facer a mili.

Volta a casa tras a mili

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Un deles tiña boas amistades e un dos xenerais lle redactou unha carta para ir a París a traballar coa condición de que durante 7 anos non volvera a España, así librouse de facer a mili porque se a facías podían mandarte á guerra.O meu outro irmán emigrou a Arxentina e o quedarse alí xa non foi facer a mili.

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Tampouco existía o divorcio pero cando unha muller quedaba farta do marido o que se facía era marchar da casa. As mulleres solteiras con fillos non estaban moi ben vistas. As mulleres que quedaban viúvas facían loito durante o resto da súa vida pero se volvían a casar se lles facía antes da voda unha “cornetada”.

A cornetada consistía en tocar os cornos dunha vaca.

Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Na guerra Civil Española: Non me acordo moi ben desta época xa

que eu era moi pequena. Tería uns oito ou nove anos. Do que mais me lembro é da miña nai escoitando a radio día tras día. Unha vez á semana as mulleres da aldea ían encender unha vela á praza mentres pedían que os homes e rapaces voltaran á casa. Moitos homes tiveron que deixar as mulleres ou a familia para ir a Madrid. Volveron case todos pero aínda así era moi duro comprobar como algúns faltaban.

Page 18: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Francisco Franco

Época Franquista: Lémbrome ben

desta época. Eu era unha mociña. A aldea non se viu moi afectada polos cambios que fixera Franco pero aún así notábase a opresión que tiñamos.

Page 19: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Tanto os medios de comunicacións como nós mesmos non podiamos expresar o que sentiamos. Os roxos refuxiábanse ,a xente emigraba…

A rúa principal da nosa aldea pasouse a chamar Francisco. Moitísima xente cada vez que pasaban polo letreiro saudaban.

Page 20: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Vigo estaba repleto de soldados franquistas e mais valía que lle contesteras educadamente a todo o que che preguntaban.

Cando Franco morreu eu estaba en Paris xa que acababa ir para lá para poder traballar, xa eu tiña os fillos e o meu marido xa levaba alí 10 anos. A noticia da morte era esperada durate moito tempo xa que levaba moitísimo no hospital. Por así dicilo era a noticia do ano. Emitiuse en tódolos canais. Moitísima xente saiu ás rúas. O único que nos preocupaba entón era o que podía vir despois.

Page 21: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

A partir de 1978: Os primeiros anos da morte de Franco

foron extraños polo menos para min. Esa libertade repentina non me acababa de acostumar.

Pero cambiamos para mellor. Gústame a política destes tempos ainda que ás veces hai cousas que non encaixan ben.

Page 22: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Economicamente España non pasaba por un período de gloria, mais ben estaba estancada. A xente pasaba moitísima fame e os traballos eran escasos. Non eran como agora que se crean grandes industrias e fábricas que recollen a máis de 300 traballadores.

Tanto na guerra civil española como despois dela pasábase fame e nos traballos o salario era escaso. O único bo foi que despois da guerra se empezou a contratar a máis mulleres xa que homes quedaban poucos e moitos deles viñan feridos da guerra e non podían traballar.

Page 23: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Para poder controlar as ventas de alimentos Franco instalou a cartilla. Isto consistía nunha lista no que che anotaban o que comprabas para poder comer. Este papel dábancho todas as semanas. Moita xente o que chegou a facer era que collían o que lles tocaba pero ao non utilizar vendíano. Por exemplo se sobraba aceite se puñan na feira a vendelo.

A lista permitíache comprar pouca cousa, por isto é necesario para vivir.

Page 24: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Outro punto importante a tomar era que ata que Franco subíu ao poder os médicos eran privados. Unha vez que Franco sobe ao poder instálase a seguridade social. Isto permitíanos ir ao médico sen ter que pagar. Ata ese momento a xente enferma que tiña que acudir con frecuencia ao médico tiña que pagar cada vez.

Page 25: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Vigo: Cando era xoven Vigo estaba formado

por campos onde hoxe en día é a Avenida de Madrid e poucos edificios, que para iso encontrábanse todos no centro. O centro daquela era a rúa de Príncipe e todo o que subía ata máis ou menos un pouco antes da praza de España.

Page 26: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Como se pode observar na fotografía da esquerda as rúas eran calzadas de pedra.

Page 27: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Os edificios non eran moi grandes pero o único que non cambiou son as industrias navais que aínda se encontran no Berbés.

Outro cambio a mencionar é a ampliación que someteu Vigo. Agora cando falamos de Vigo englobamos os seus arredores como pode ser Porriño.

O cambio foi radical!

Page 28: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Os automóbiles: Primeiro coche que

tiven eu e os meus irmáns (xa que compartimos coche) foi o típico 600. Era o coche máis asequible para os españois.

Page 29: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

A parte acórdome de que houbera un gran boom dos 600, case todos tiñamos un.

Alí nós íamos cos amigos ás prais de Vigo cada un co seu 600. Eran tempos moi divertidos.

Pero aínda así daquela non había tantos coches como agora. Se veían si, pero tampoco estaban en todas partes como os de agora.

Page 30: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Internet: Creo que na miña época nin

imaxinábamos que era un ordenador. Moitísimo menos que con unha caixa de plástico puideramos falar coas persoas ou buscar todo o que necesitas con só darlle a un botón. Parece un invento moi bo e de grande utilidade. Pero quedou lonxe da miña época.

Page 31: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Teléfono :Quen me ía dicir a min, que cando tivera a

miña idade ía andar cun teléfono no bolso para poder falar coa xente que aprecio e así poder falar en calquera momento e en calquera lugar.

Cando era pequena tiñamos que ir ata a casa da outra para quedar ou senón quedar un día antes.

Page 32: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Televisión: Un dos cambios que máis vivín xa que

cando era pequena xa había un na aldea. De vez en cando íamos á casa do médico a ve-la televisión xa que era o único da aldea que tiña. Despois xa empezou a tela máis xente. Cando era moza miña nai comprou unha pero meu pai sempre estivo en contra desa clase de inventos ( como dicía el).

Page 33: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Para min foi un gran avance. Grazas a el empezamos a vivir en imaxes as influencias doutros lugares, xa que mostraban outras tendencias.

Aínda así non había moitos canles nin a carallada do canal dixital.

Page 34: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Pareceume un traballo moi interesante no que a xente nova como Noemí Figueroa poden aprender da historia do seu país. É unha maneira de aprendizaxe diferente co que creo que se ten máis ganas de aprender e de facer o traballo. Espero que servesen os meus recordos!!

Page 35: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Aquí remata o meu traballo de galego. Espero que a todos vos gustara e que disfrutarades con el.

Este traballo serviu para comprender as nosas orixes e para observar os cambios que houbo nuns poucos anos.

Dou as grazas de novo a Aura Martínez que sen non chega a ser por ela non tiña traballo.

Moitas grazas

Page 36: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5
Page 37: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD5

Traballo realizado por Noemí Figueroa Sobreira, alumna de 2º de bacherelato da aula E. Coa colaboración de Aura Martínez.