Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes...

44
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 44 Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial Módulo 2 Unidade didáctica 8 A descrición

Transcript of Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes...

Page 1: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 44

Ámbito da comunicación Educación a distancia semipresencial

Módulo 2 Unidade didáctica 8

A descrición

Page 2: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 2 de 44

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 � As cores do frío ....................................................................................................... 4 2.2 � Texto en castellano. Oveja negra ............................................................................ 5 2.3 � A descrición. Os textos descritivos (aspectos teóricos) ........................................... 6 2.4 � O Río Tins ............................................................................................................... 7 2.5 � Texto en castellano. La nave blanca ....................................................................... 8 2.6 � A cohesión (aspectos teóricos).............................................................................. 10 2.7 � A pascua de Kamil Moravék .................................................................................. 11 2.8 � Texto en castellano: El arte de la guerra ............................................................... 12 2.9 � Presentación de textos escritos en soporte impreso e dixital (aspectos teóricos) .. 13 2.10 � A oración simple (aspectos teóricos) ..................................................................... 16 2.11 � Familia de palabras (aspectos teóricos) ................................................................ 17 2.12 � A miña Lareta ........................................................................................................ 18 2.13 � Elementos fundamentais do relato literario (aspectos teóricos) ............................. 19 2.14 � A serea grega........................................................................................................ 20 2.15 � Texto en castellano. El centinela ........................................................................... 21 2.16 � O cine e a literatura: De Profundis......................................................................... 22 2.17 � O cine e a literatura: Mario o bolseiro .................................................................... 23 2.18 � Texto en castellano. El cine y la literatura: El cielo gira ......................................... 24 2.19 � Texto en castellano. El cine y la literatura: Pasa el tiempo .................................... 25

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................27

4. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................28

5. Solucionarios...................................... .....................................................................32

5.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 32 5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 40

6. Glosario........................................... .........................................................................43

7. Bibliografía e recursos............................ ................................................................44

Page 3: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 3 de 44

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade denomínase A descrición. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas. Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:

� A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, pois son as dúas linguas do ámbito coas que imos traballar.

� A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de as-pectos teóricos, que son os que debe comprender e memorizar; e outros que carecen de-sa etiqueta, que son os que debe ler e comentar.

Outra cuestión que se dá nesta e no resto de unidades é que os contidos e actividades están elaborados seguindo o que podemos chamar bloques de contidos. Son cinco: comunica-ción oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade, e educación literaria. En cada un deses bloques aténdese especificamente a unha determinada cuestión, tal e como os seus nomes indican.

Como poderá observar, logo de que comece a traballar coa unidade, nela non aparece de forma explícita esa división por bloques. Isto fíxose así para lograr unha maior cohe-sión temática e estrutural. De todos os xeitos, as actividades e os contidos que abranguen cada un dos bloques pódeos atopar explicitados no punto 3.

Logo de rematada a unidade, vostede deberá ser capaz de:

� Valorar a importancia da lingua oral como xeito de comunicación universal.

� Detectar usos orais que supoñan discriminación social, racial, sexual ou doutro tipo.

� Identificar nun texto descritivo as características que o definen como tal.

� Compor textos facendo descricións físicas e psicolóxicas de personaxes.

� Compor enunciados e textos cunha cohesión adecuada.

� Coidar a presentación formal de traballos e textos escritos, en soporte impreso e dixital.

� Buscar libros e fragmentos de textos en bibliotecas virtuais.

� Identificar e recoñecer os tipos de oración simple nas dúas linguas do ámbito.

� Identificar e recoñecer familias de palabras regulares e irregulares en ambas as linguas.

� Valorar a importancia que as relacións persoais, tanto físicas comovirtuais, xogan no enriquecemento persoal.

� Identificar os elementos fundamentais do relato literario.

� Comprender a relación entre o cine e a literatura nas dúas linguas do ámbito.

� Identificar e recoñecer os elementos comúns de funcionamento do cine e a literatura.

� Ser consciente da vaga delimitación de fronteiras entre textos escritos e audiovisuais.

Page 4: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 4 de 44

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 ���� As cores do frío

Vexa a curtametraxe titulada As cores do frío no seguinte enderezo de internet:

� [http://flocos.tv/curta/as-cores-do-frio/]

Page 5: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 5 de 44

2.2 ���� Texto en castellano. Oveja negra

Escuche la siguiente canción titulada Oveja negra del grupo español Barricada (canción extraída del CD Barricada, Balas blancas, Mercury, 1992). Puede ver el vídeo en la si-guiente dirección de internet:

� [http://www.youtube.com/watch?v=ZyZjVTCC4CE&hl=es]

Actividades propostas (textos 2.1 e 2.2)

S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións:

� Cal é o tema principal?

� De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

� Por que a muller maltrata a súa sogra e o neno acaba matando o gato? Razoe a resposta.

� Por que a curtametraxe se titula As cores do frío? Razoe a resposta.

S2. Texto 2.2. Actividad en lengua castellana. Después de escuchar la canción res-ponda a las siguientes cuestiones:

� ¿Cuál es el tema principal?

� ¿Qué tipo de sociedad refleja la canción?

� ¿De qué tipo de discriminación se nos habla?

� ¿Por qué la canción se titula Oveja negra? Razone la respuesta.

Page 6: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 6 de 44

2.3 ���� A descrición. Os textos descritivos (aspectos teóricos)

� ���� Ver Glosario: campo semántico

Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía, etc.), un animal (se é carnívoro, omnívoro, a cor da súa pel, etc.) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado ou circular) empregamos sobre todo unha clase de palabras, o adxectivo, que nos permite expresar as calidades dese obxecto ou desa persoa.

Tipos de descrición

� Retrato: este é un tipo especial de descrición baseada na caracterización física e moral dun personaxe, normalmente encadrado no seu tempo e lugar.

� Descrición topográfica (de lugares ou ambientes). Adoitan ter moita importancia nos relatos literarios.

� Anuncio: estamos diante doutro tipo especial de descrición que se caracteriza por des-cribir dun modo máis implícito ou suxerido que de forma expresa. O seu propósito é persuasivo, é dicir, orientar o comprador cara a un determinado artigo.

Características dos textos descritivos

� Organizar a descrición segundo un criterio espacial (estática, dinámica, do conxunto aos detalles, de arriba a abaixo, de dereita a esquerda, etc.).

� Uso de marcadores textuais, que serven para fixar a situación dos elementos no espazo.

� Uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico.

� Uso frecuente de adxectivos.

� Uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).

Page 7: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 7 de 44

2.4 ���� O Río Tins

Este río é o máis importante do concello, non tanto pola súa lonxitude, igual que o Donas, nin polo seu caudal, o maior de todos os que percorren Outes, senón por ser o que articula o seu territorio.

O río, que nace en termos de Mazaricos, onde lle chaman Río de Santabaia, xa baixa ben cargado de auga polas ba-rranqueiras de Chacín antes de recibir a importante achega acuífera do Río Denosiño, que é o que forma a espectacular fervenza de Santa Leocadia. (…) Pero ademais arrastra grande cantidade de arxilas, areas, gravas e cantos que vai arrin-cando das lousas, os xistos, os gneis, as areíscas e cuarcitas que conforman a lingua de rochas metamórficas que pene-tra desde as terras de Santa Comba ata o inicio do val do río, polo que este se foi abrindo máis facilmente camiño a través delas que entre as rochas graníticas, máis duras, que predominan na costa galega.

(…) Transita, por este fértil val, o Río Tins, cambiando segundo as estacións:

No verán, refulxe a súa superficie espellando os raios de sol que penetran intermitentemente polas innúmeras aberturas que o manto perenne de follas apertadas deixa na bóveda arbórea que cobre o seu palpitante curso e escintilan como al-finetes dourados os reflexos de luz no fondo das sombrizas devesas.

No outono interpretan unha sinfonía acuática as pingas da chuvia repenicando sobre o cristal da auga, tamborilando nos seixos e arrancando acordes vibrantes ao premer as altas herbas, ao tempo que o vento asubía entre as copas.

No longo inverno faise un silencio trémulo arredor do río para que no aire só resoe o brado paralizante da irrefreable corrente que, cal besta xurdida dos infindos caborcos de Chacín, pasa ruxindo entre as casas da Serra (…).

Na primavera, a sinfonía musical do outono convértese en puro espectáculo de luz, cor e son: locen como nunca os verdes prados, sementados de centos de vermellos amorodos, zoan as redivivas abellas entre as brancas inflorescencias dos sabugueiros, as margaridas, os pampillos amarelos, as púrpuras campaíñas e as violetas, cruzan escintilando, dun tremo a outro, os polícromos cabalos do demo (…).

Mariño, Xoán X., O Río Tíns, en Terra de Outes, Revista da A.C.C., nº3, xullo 2008

Page 8: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 8 de 44

2.5 ���� Texto en castellano. La nave blanca

[...] Del lejano sur solía llegar la Nave Blanca cuando la luna llena resplandecía en lo alto de los cielos. Desde el lejano sur se deslizaba con suavidad y en silencio sobre los mares. Y ya estuviera el mar agitado o en calma, ya fuera el viento favorable o adverso, siempre navegaba con suavidad y en silencio, las velas henchidas y sus largas hileras de remos moviéndose rítmicamente. [...].

[...] Y al romper la aurora, rosada y resplandeciente, divisé las verdes costas de unas tierras lejanas, hermosas y claras que me resultaban completamente desconocidas. Muy por encima del mar se erguían terrazas señoriales llenas de ver-dor y tachonadas de árboles, entre los que se distinguían retazos de luminosos tejados blancos y columnatas de insólitos templos. Según nos fuimos aproximando a la verde costa, el anciano de larga barba me dijo que en aquella tierra, la Tie-rra de Zar, moran todos los sueños y pensamientos hermosos que en algún momento tienen los hombres y luego son ol-vidados.

[...] –Cathuria –solía decirme a mí mismo- es la morada de los dioses y tierra de innumerables ciudades de oro. Sus bosques son de sándalo y aloe, como las perfumadas florestas de Camorin, y entre los árboles revolotean alegres pája-ros de dulces trinos. Sobre las montañas verdes floridas de Cathuria se yerguen templos de mármol rosa, adornados con pinturas y grabados deliciosos, y en sus patios hay fuentes frescas y plateadas en las que murmuran cantarinas las aguas aromáticas procedentes del río Narg, que nace en el interior de una caverna. Y las ciudades de Cathuria están flanqueadas por murallas doradas, y sus calles también son de oro.

Lovecraft, H.P., Narrativa completa, Volumen I, edición de Juan Antonio Molina Foix, Valdemar Gótica, Madrid, 2008

Actividades propostas (textos 2.3, 2.4 e 2.5)

S3. Texto 2.4: Lea o texto e responda ás cuestións:

� Que obxecto ou ser descríbese neste texto?

� Que tempos verbais predominan no texto (presente, pretérito...)?

� Que clase de palabras son as máis utilizadas (substantivos, adxectivos, adver-bios...)? Por que?

� Coa axuda do dicionario busque o significado das palabras do texto que están en negra e escriba unha oración con cada unha: arxilas, xistos, escintilan, alfi-netes, repenicando, seixos, brado, amorodos, polícromos.

S4. Texto 2.5. Actividad en lengua castellana. Lea el texto y responda a las siguien-tes cuestiones.

� ¿Qué objetos o seres se describen en el texto?

� ¿Qué tiempos verbales predominan en él (presente, pretérito perfecto sim-ple...)?

� ¿Qué clase de palabras son las más utilizadas (sustantivos, adjetivos, adver-bios...)? ¿Por qué?

� Con la ayuda de un diccionario busque el significado de las palabras del texto que están en negrita y escriba una oración con cada una: resplandecía, henchi-das, sándalo, yerguen.

Page 9: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 9 de 44

S5. Faga o seguinte:

� No seguinte enderezo de internet localice o texto titulado 18 de setembro de 1917. Léao e responda ás cuestións:

[http://fragmentosgutenberg.blogspot.com]

� No texto 2.3 tratáronse os aspectos teóricos sobre a descrición. En que tipo de descrición encadra o texto que acaba de ler? Por que?

� No retrato podemos describir tanto as características físicas dunha persoa (pro-sopopea) coma as psicolóxicas (etopea) mesturándoas se é necesario. Tendo en conta isto diga se o texto que acaba de encadrar como un retrato é unha proso-popea ou unha etopea. Xustifique a resposta empregando exemplos extraídos do texto.

S6. Redacte á man ou mediante un procesador de textos un texto de carácter descri-tivo sobre unha persoa do seu contorno que coñeza ben. Descríbaa física e psi-coloxicamente. Pode facer a descrición en galego ou en castelán (máximo dunha cara dun folio).

Page 10: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 10 de 44

2.6 ���� A cohesión (aspectos teóricos)

Para construír un texto adecuadamente unha das características que debemos cumprir é a cohesión lingüística.

Elementos de cohesión máis utilizados

� Referencia: este tipo caracterízase pola recuperación de información. O mesmo ele-mento entra no discurso por segunda vez. Por exemplo, Antía é moi boa estudante. Ela sempre aproba todo.

� Substitución: consiste na colocación dun elemento en lugar doutro ou doutros do texto. Por exemplo, Meu pai pensa que son un neno, mais eu non penso así.

� Cohesión léxica: é o tipo de cohesión conseguida a través da escolla do léxico. É o fei-to de utilizarmos nun texto as palabras adecuadas ao tema do que se fale. É dicir, se fa-lamos de libros, empregaremos un campo semántico relacionado con ese tema, repetin-do palabras ou utilizando sinónimos. Exemplos:

O avó deulle vinte euros ao neto para comprar un libro. Mais o rapaz gastounos en

lambonadas.

Había un cogomelo moi grande debaixo daquel castiñeiro. A rapariga arrincou o fun-

go con coidado e levouno para a casa.

Outros procedementos para compor textos con cohesión adecuada

� Inserción de expresións explicativas: este tipo de explicacións aclara un ou varios conceptos aos que xa se fixo referencia con anterioridade noutra parte do texto. Póden-se dar de dous xeitos. Preste atención aos exemplos:

El non estudou nada, é dicir, vai suspender o exame (suspender o exame é consecuen-cia de non estudar).

El é músico, é dicir, toca un instrumento (aclárase o que é ser músico).

� Uso do xerundio: nun texto o xerundio pode achegar diferentes valores segundo como se empregue (enfatizar o dito, prolongar unha acción no tempo, etc.). Exemplos:

– Mais pasando e pasando diante dela. – Débese ao celo da Autoridade, quen tendo como ten unha tenda no lugar… – Sendo galego non debo ser máis que galeguista. – –Non me amoles, vale, fixen o que puiden. –Sendo así… – Andando xa. – Ela estaba tendida ao sol, estendendo a crema polas pernas, pondo as lentes…

� Uso do participio: igual que co xerundio, o participio pode adquirir diferentes valores dependendo de como se use. Fíxese nos exemplos (valor expresivo, intensificador…):

– Perdidos un polo outro… – Ou sexa o troco da carga cargada e virada. – Como era así do meu corpo, caín na tentación de a pór. Pensado e feito. – Vinde, meus queridiños! – Cando Pedriño saíu do leito parecía un longueirón: chuchado, esgumiado, …

Page 11: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 11 de 44

2.7 ���� A pascua de Kamil Moravék

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais. Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos. Quixo darlle o seu regalo, mais non foi capaz de xuntar folgos e só puido tatexar que facía fresco. Logo, el só, foinos comendo, pero facíanselle amargos na boca e por iso botou o resto ao sumidoiro. Como era sensible, a partir de entón só mercou bombóns.

Durante algún tempo, namorouse de Kamil Morávek a loura que vivía enfronte. Amosáballe o seu agarimo e fíxolle per-der a cabeza. Un día tentou apertalo pero Kamil ceibouse dela, fuxiu á súa casa, pechouse e tirou dos pelos porque a lou-ra de enfronte gustáballe moito.

Despois dalgúns meses decidiu pedirlle perdón. Buscouna, mais xa era tarde. Xa era nai e o seu marido mirouno con mala cara. Dende entón, Kamil só amaba de xeito platónico e moi de vez en cando [...].

Suchý Jiří, Cen contos, ou sexa, un plan incumprido, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2000

Page 12: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 12 de 44

2.8 ���� Texto en castellano: El arte de la guerra

III. Planes ofensivos

[...] El buen estratega somete las fuerzas enemigas sin combatirlas, toma las fortificaciones enemigas sin atacarlas, des-miembra los Estados rivales sin permitir que las acciones militares se prolonguen. De este modo, puede conquistar el mundo entero conservando todas sus fuerzas; su ejército no desfallece y sus riquezas se mantienen íntegras. Éste es el método de los planes ofensivos.

La norma en el arte de la guerra consiste en cercar al adversario si la superioridad de que se dispone es de diez contra uno; en lanzarse al ataque contra él si es de cinco contra uno; y en dividirlo si es de dos contra uno. Si las fuerzas están equilibradas debes ser capaz de combatir; si tus fuerzas son inferiores debes ser capaz de resistir. En el caso de que el desequilibrio sea insalvable, debes ser capaz de retirarte. Resiste, pues, si tu ejército es inferior al del enemigo y captúralo si es superior.

El general es el pilar del Estado. Si el pilar resulta sólido, el país será poderoso necesariamente; si presenta fisuras, por fuerza será débil.

Tres son los casos en los que el soberano genera problemas al ejército:

Se entromete cuando ordena avanzar o retirarse sin saber que el ejército se encuentra en una posición en que no puede hacerlo.

Confunde a los oficiales cuando, ignorándolo todo, interviene en los asuntos militares.

Siembra la duda en las tropas cuando, desconociendo su funcionamiento, se inmiscuye en la adjudicación de responsa-bilidades [...].

Sunzi, El arte de la guerra, Introducción, traducción y notas de Albert Galvany, Editorial Trotta, Madrid, 2007

Actividades propostas (textos 2.6, 2.7 e 2.8)

S7. Texto 2.7: Lea o texto, identifique os elementos que fornecen a cohesión textual e anóteos: referencia, substitución e cohesión léxica; expresións explicativas, xe-rundios e participios.

S8. Texto 2.8. Actividad en lengua castellana. Lea el texto, identifique los elementos que proporcionan cohesión textual y anótelos: referencia, sustitución y cohesión léxica; expresiones explicativas, gerundios y participios.

S9. Redacte un texto de intención literaria mantendo a cohesión textual e utilizando os datos que se lle indican. A extensión máxima é unha cara dun folio; pode re-dactalo en galego ou en castelán, en soporte dixital.

� Tema: chegou tarde.

� A onde? Á empresa en que traballa (mais de noite a empresa non abre).

� Quen? Xaime.

� Que sucedeu? Caeulle un lóstrego; dúas persoas foron testemuñas do milagre, pois Xaime segue vivo; as testemuñas e Xaime comezan unha pelexa.

� Onde? Na periferia da cidade, ás tres da madrugada.

Page 13: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 13 de 44

2.9 ���� Presentación de textos escritos en soporte im-preso e dixital (aspectos teóricos)

Un bo texto é aquel que recolla perfectamente os contidos aos que ten que facer referencia e que ten unha presentación ordenada, limpa e atractiva. Pense que debe haber un equili-brio entre o contido do seu texto e a súa presentación; o aspecto externo é un factor que, sen dúbida, ha favorecer a comunicación e ha beneficiar a súa cualificación.

A adecuada presentación do texto escrito implica unha serie de elementos que deben ter unha determinada organización comunmente aceptada. Agora estudaremos eses aspectos formais que deberá ter en conta para a presentación do seu traballo.

Deseño de páxina: tipo de papel, marxes, espazamento entre liñas, xustificación e con-fección do parágrafo

� Tipo e orientación do papel: o primeiro que ten que decidir é o tipo de papel que vai empregar. A non ser que o seu texto requira un tipo de soporte especial, o normal é em-pregar un tamaño de papel DIN A4 (210 x 297 mm) con orientación vertical. Se por al-gunha razón ao longo do corpo do texto se fai necesario, tamén se pode utilizar a orien-tación horizontal, mais non se debe abusar deste recurso, pois obriga o lector a estar modificando a posición para a súa lectura, o que resulta incómodo. Normalmente, em-prégase papel de 0,80 gramos. O seu grosor faino máis cómodo, pois soporta moi ben tanto a escrita á man como a impresión, aínda que se poden usar papeis doutro peso.

� Tamaño: o de todas as follas que ocupe o texto debe ser igual, mais no caso de que ese texto sexa un traballo académico e leve portada e contraportada, estas dúas páxinas si que poden ser uns milímetros máis grandes que o resto.

� Marxes: para a correcta presentación do traballo é moi importante prestar atención ás marxes. Para un tamaño DIN A4 as marxes superior e inferior poden ser de 2,5 cm, e a esquerda e dereita de 3 cm. Se vai encadernar o seu traballo cunha espiral ou con cal-quera outro medio, pode deixar unha marxe un pouco maior á esquerda. Daquela, logo de encadernado, a marxe visible ha ser igual aos dous lados do papel. Por exemplo, po-de elixir 3,5 para a marxe esquerda.

� Espazamento entre liñas: é o espazo vertical que se establece para separar as liñas de texto. Os máis usados son o sinxelo, o de 1,5 liñas e o dobre. O normal é establecer un espazamento sinxelo, que se adapta ao tamaño de fonte (tipo de letra) utilizado. Tamén podemos usar un espazamento de 1,5 liñas, equivalente a 1,5 veces o sinxelo. Ou en de-terminadas ocasións un espazamento dobre, que duplica o sinxelo.

O espazamento sempre está en relación co tamaño de letra usado.

Page 14: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 14 de 44

Vexamos uns exemplos de espazamento entre liñas:

– Espazamento sinxelo.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais. Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

– Espazamento de 1,5 liñas.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais.

Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-

ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

– Espazamento dobre.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais.

Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-

ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

Despois de ver os exemplos, decatarase de que o normal e máis correcto para a presen-tación dos seus textos e traballos é o espazamento sinxelo (pode usar o de 1,5 liñas ou o dobre para a confección de títulos e subtítulos.

� A xustificación: é a disposición do texto na liña en relación coas marxes. Existen catro tipos de xustificación: esquerda, dereita, centrada e completa. Exemplos de xustifica-ción:

– Esquerda: neste tipo de xustificación aparecen ao final da liña, á dereita, espazos en branco que varían segundo a lonxitude do texto e dá a sensación de que falta texto para completar as liñas. Este tipo de xustificación reflicte a escrita manual.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais. Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

– Dereita: este tipo de xustificación é bastante habitual en trípticos ou noutro tipo de textos publicitarios para facilitar a inserción de imaxes. O seu emprego resulta artifi-cial para un tipo de texto de carácter formal.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais. Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-

ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

– Centrada: úsase en textos de creación, normalmente líricos.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais. Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-

ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

Page 15: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 15 de 44

– Completa: é a que produce un efecto estético máis agradable. Xa que logo, é a máis recomendable para aplicala nun texto ou traballo que faga.

Kamil Moravék era máis ben unha persoa introvertida. Afastábase da sociedade pero cando podía, axudaba aos demais. Unha vez incluso namorou. Dunha loura. Ao principio baixaba os ollos diante dela pero, máis tarde, esa timidez desapare-ceu e as cousas entre eles chegaron ata tal punto que lle mercou caramelos.

� A confección do parágrafo: o normal é que a primeira liña do parágrafo (excepto no primeiro parágrafo) posúa unha sangría. Isto significa que a primeira liña comeza un pouco metida á dereita, o que non debe ser inferior a tres espazos.

Tamén é normal (aínda que non sempre se produce) que entre cada parágrafo se esta-bleza unha maior separación que entre as liñas.

Durante algún tempo, namorouse de Kamil Morávek a loura que vivía enfronte. Amosáballe o seu agarimo e fíxolle perder a cabeza.

Un día intentou apertalo pero Kamil ceibouse dela, fuxiu á súa casa, pechouse e tirou dos pelos porque a loura de en-fronte lle gustaba moito.

Despois dalgúns meses decidiu pedirlle perdón. Buscouna, mais xa era tarde. Xa era nai e o seu marido mirouno con mala cara. Desde entón, Kamil só amaba de xeito platónico e moi de vez en cando.

[...]

Actividades propostas (texto 2.9)

S10. Revise o texto que creou na actividade S9 e mire se a súa presentación segue os parámetros establecidos no texto teórico 2.9. Se non é así, corrixa o aspecto formal do texto modificando o necesario: marxes, parágrafos, espazamento de liñas, xustificación... Cando remate de corrixilo, imprímao.

S11. Acceda á Biblioteca Virtual Galega [http://bvg.udc.es/index.jsp] e faga o seguinte:

� Pinche na opción Obras dispoñibles para lectura.

� Deseguido, pinche na opción Títulos de narrativa.

� Busque o seguinte autor: Reigosa, Carlos G.

� Pinche na obra do autor que leva por título Crime en Compostela.

� Agora pinche no recadro verde a carón da palabra texto que ten nesta pantalla actual e vexa detidamente o documento.

� Describa o deseño de páxina que ten diante tendo en conta o texto teórico 2.9: orientación do papel, marxes, espazamento, tipo de xustificación e confección do parágrafo.

Page 16: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 16 de 44

2.10 ���� A oración simple (aspectos teóricos)

A oración simple caracterízase por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do que se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes funcións: suxeito, CD, CI, comple-mento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo (se o verbo é copulativo) e complemento predicativo. Lembre que isto xa o estudou na unidade 7 deste módulo 2). Só o verbo é imprescindible para a existencia dunha oración simple, os outros compoñentes son opcionais.

Ademais da estrutura que vimos de ver, as oracións simples tamén se poden distinguir entre elas pola intención que o falante queira expresar no seu discurso. Por exemplo, non é o mesmo dicir Ese rapaz é parvo? que Ese rapaz é parvo!

Tipos de oración simple

Deste xeito, podemos distinguir varios tipos de oracións simples segundo a intención do falante:

� Enunciativas: Traballa na agricultura.

� Interrogativas: Imos ao cine?

� Volitivas (exprésase mandato, prohibición ou rogo): Ven aquí agora!

� Exclamativas ou emocionais: Que xeito de chover!

Actividades propostas (texto 2.10)

S12. Clasifique as seguintes oracións simples atendendo á súa estrutura (verbo máis complementos) e á intención do falante:

���� Cala xa! ���� Isto é unha trapallada!

���� A que hora é o cine? ���� Ana vai ao médico.

���� A muller de azul chámase Mercedes ���� Quen che dixo iso?

S13. Actividad en lengua castellana. Clasifique las siguientes oraciones simples aten-diendo a su estructura (verbo más complementos) y a la intención del hablante.

���� ¿Qué hora tienes? ���� Pedro llevó el coche al taller.

���� ¡Hazlo ya! ���� ¡Hazte un favor y no digas más estupideces!

���� Esa chica es prima de Antonio. ���� ¿Cuándo vuelve Ángela de Londres?

S14. Elabore dúas oracións enunciativas, dúas interrogativas, dúas volitivas e dúas exclamativas, en cada unha das dúas linguas do ámbito.

Page 17: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 17 de 44

2.11 ���� Familia de palabras (aspectos teóricos)

Unha familia de palabras ou familia léxica está formada por todas as palabras que compar-ten o mesmo lexema ou raíz e que, por tanto, teñen certa relación de significado. Exemplo: papel, papelame, papeleiro/a, papelaría, papeleta...

Para crearmos una familia de palabras cómpre que engadírmoslle a calquera lexema to-dos os morfemas que poida admitir; sexan prefixos ou sufixos. Exemplo: dignar, dignida-de, dignificar, dignatario/a, digno/a, indignar.

Ás veces, dentro da mesma familia léxica aparecen palabras con lexemas diferentes, porque un é de orixe culta e outro non. Así, por exemplo, a familia léxica de oito está for-mada, entre outras palabras, por: oito, oitenta, oitocentos, octoxenario, octógono, etc. To-das estas palabras teñen que ver co significado oito, pero unhas proceden da palabra pa-trimonial galega (oito → oitenta, oitocentos) e outras directamente do lexema latino octo-, que tamén significa oito nesa lingua (octoxenario, octógono).

Actividades propostas (texto 2.11)

S15. Escriba a familia léxica destas palabras (axúdese cun dicionario se o necesita): herba, filmar, océano, prestar, autorizar, dogma, fechar.

S16. Actividad en lengua castellana. Escriba la familia léxica de estas palabras (utilice un diccionario si lo necesita): pan, flor, tierra, carne, caballo, blanco, libro.

S17. Actividad en lengua castellana. En el texto que tiene a continuación, señale las palabras que pertenecen a la misma familia léxica y separe con un guión el lexema de los morfemas.

Este verano fui de excursión al campo. Llegamos a media mañana y encontramos a un campesino muy agrada-ble. Como llevábamos una tienda de campaña, acampamos cerca de su casa y amablemente nos indicó las ru-tas campestres más típicas. Al día siguiente recorrimos la campiña y regresamos al campamento al atardecer.

S18. Actividad en lengua castellana. Elabore un pequeño texto con la familia léxica de formar: informar, deformar, reformar, formación, formativo, formal, uniformado...

S19. Elabore un pequeno texto en galego coa familia léxica de local: localidade, loca-lización, localizar, ilocalizable...

S20. Nas dúas linguas do ámbito existen tamén as chamadas familias léxicas irregula-res, é dicir, que teñen diferente raíz. Exemplos: en castelán: oculista, ojo, oftal-mólogo...; en galego: oito, oitenta, oitocentos, octoxenario, octógono... Indique dous exemplos máis de familias léxicas irregulares en cada unha das linguas do ámbito.

Page 18: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 18 de 44

2.12 ���� A miña Lareta

� ���� Ver Glosario: ad hoc

Unha das características que nos define como seres humanos é a da nosa sociabilidade, é dicir, a capacidade que temos para comunicarnos con outras persoas e falar con elas dos máis diversos temas. Isto, entre outras cousas, favorece e permite o intercambio de infor-macións e a posibilidade de aprender os máis diversos saberes.

Nos últimos anos, coa proliferación de internet, está a aparecer unha serie de servizos na rede que permiten e emulan esta interacción social que os seres humanos propiciamos na nosa realidade física.

En unidades anteriores, xa vimos textos relacionados con este tipo de redes sociais, tal como Facebook, pero ademais temos ao noso dispor outro tipo de servizo, coñecido como microblogging. O microblogging pódese definir como un servizo que lles permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves, polo xeral, só texto. As opcións para o envío das mensaxes varían desde sitios web, a través de SMS, mensaxaría instantánea ou aplica-cións ad hoc.

Un dos servizos de microblogging en galego de máis relevancia é o coñecido co nome de Lareta. Tamén existen ferramentas noutros idiomas, como o caso de Twitter, en inglés [http://twitter.com/]. En realidade, a mecánica de comunicación de Lareta baséase en emi-tir mensaxes curtas e precisas entre os usuarios, favorecendo o intercambio de opinións e aprendizaxe entre eles. Algo semellante sucede nas relacións persoais que se producen na vida real. Na seguinte actividade imos ver como funciona Lareta. Para iso terá que rexis-trarse nel, e poderá causar baixa cando o desexe. O seu enderezo é o seguinte:

� [http://lareta.net/]

Actividades propostas (texto 2.12)

S21. Acceda ao enderezo indicado e logo faga o seguinte:

� Pinche na opción Rexistrarme. Logo complete os datos que se lle piden na pá-xina. Só ten que cubrir os datos marcados como obrigatorios. Lembre, sobre todo, o correo electrónico que pon, así como o contrasinal. Cando remate de cubrir os datos, prema na opción Rexistrarme na parte inferior da páxina.

� Agora, saia de Lareta, acceda ao seu correo e confirme a mensaxe automática que se lle enviou desde o servizo. Peche todas as ventás do seu navegador e abra unha nova para acceder outra vez a [http://lareta.net]. Introduza o seu al-cume e o seu contrasinal, e prema na opción Acceder.

� entre as opcións da pantalla está subscribirse ás laretas doutras persoas para que o servizo lle comunique as mensaxes e a información que compartan. Vos-tede pode facer o mesmo: escribir mensaxes curtas comunicando calquera noti-cia ou opinión que considere oportuna, e a xente poderá opinar sobre elas.

� Tamén pode buscar persoas coñecidas para compartir opinións.

� Explore todas as opcións da interface para ver polo miúdo como funciona.

Page 19: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 19 de 44

2.13 ���� Elementos fundamentais do relato literario (as-pectos teóricos)

No relato literario temos unha serie de elementos fundamentais que lle dan forma. Os máis importantes son:

� Narrador: podemos atoparnos con diferentes tipo de narrador.

– Protagonista: cando o relato se narra en primeira persoa.

– Testemuña: cando o relato se narra, polo xeral, en primeira persoa. O narrador é tes-temuña dos feitos relatados.

– Omnisciente: cando o relato se narra en terceira persoa. O narrador sitúase fóra da historia e refírese a ela omniscientemente, sabendo todo sobre os personaxes.

– Observador: cando o relato se narra en terceira persoa. O narrador sitúase fóra da historia pero limítase a describir as acción dos personaxes sen ser coñecedor dos seus pensamentos, as súas emocións, etc.

– En segunda persoa: o narrador pódese dirixir ao protagonista da historia ou ben re-correr á estrutura epistolar.

� Personaxes: existen dúas clases principais de personaxes no relato literario.

– Planos: son os definidos cunha mínima caracterización. Non sofren ningunha trans-formación ao longo do relato.

– Modelados: definidos dunha forma complexa. Ofrécesenos unha caracterización chea de matices sobre a súa psique, as súas emocións, a relación cos demais, etc.

� Acción: por acción entendemos a historia que se vai desenvolvendo ante nós á medida que imos lendo a novela. A orde da acción estrutúrase da seguinte maneira:

– Inicio: preséntanse os personaxes e establécese a acción que se vai desenvolver. Ex-ponse tamén o marco espacial e temporal da historia.

– Nó: a situación exposta no inicio comeza a evolucionar. É dicir, desenvólvese o con-flito en que se han ver inmersos os personaxes.

– Desenlace: resólvese o conflito e danse por finalizados os sucesos que se presenta-ron no inicio.

� Espazo: é o marco onde se evidencian os conflitos e as actuacións dos personaxes.

� Tempo: nunha novela temos dous tempos:

– O do relatado: é o tempo da historia narrada (anos, días, horas, etc.) en que se reali-za a transformación do personaxe, nunha época concreta (Idade Media, século XIX, etc.).

– O do discurso: é a organización narrativa da cronoloxía dos sucesos. Cando o tempo do discurso segue a mesma dirección que o tempo do relatado, o discurso é lineal.

Adaptado de: VVAA, Literatura galega 3º BUP, Xerais, Vigo, 1991

Page 20: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 20 de 44

2.14 ���� A serea grega

Cando espertei xa lle sobraba un algo ás doce, e xa tiña na mesa o caldo botado, e el era ben do meu gusto aquel caldo de cabazo dóce que facía a señora Marcelina polo outono; tanto me sabía, que adoitaba recuncar. Pasei unha hora en contarlles a historia de don París e a cativa de Tule, e aínda seguiría se non chamara por min o meu señor amo, canto máis que estaba ó meu carón pelando castañas a miña Manueliña de Carlos e parecía que me espertaba os párrafos con aquel seu mirar que en min pousaba; estampa de merlo debía de facer eu, tal cando o paxaro namora á merla co asubío do seu canto... Acudín ó mando e estaba don Merlín con Xosé do Cairo pondo no medio e medio da cámara a tina grande da colada, que era a metade dun bocoi valdorrano de doce cántaras, e viñera botar unha man a costureira de Pacios, que se puxo a colgarlle á tina unha faldra de pregues, dunha tea moi lucida e floreada en verde e rosa. Baixou mi ama dona Xenebra a mirar aquela función, e cando Xosé do Cairo e servidor demos mediada de auga a tina, a señora verteu nela un pomiño de alcanfor que recendía a canela. Don Merlín estaba contento e risoño, e botou números no encerado e díxolle a dona Xenebra, que tamén sorría:

—Se non engordou máis de dúas libras, ten na tina a auga xusta para que non verta nin unha cullerada.

De seguida souben, e non houbo outra conversa en Miranda aquel serán, que agardabamos unha serea grega, de no-me dona Teodora, a quen lle morrera un vizconde portugués que tiña por amigo, e coa coita quería pasar a un mosteiro destas féminas que hai asolagado na lagoa de Lucerna, e viña para que mi amo lle botase as proclamas no Tribunal de Ponte Matilde na cidade de Ruan, que é o que rexe estas anabolenas, e lle tinguise as escamas da cola de loito dobrado.

—Non lle bote vosa mercé loito perpetuo —dixo dona Xenebra a mi amo—, que calquera día se dá por arrepentida e igual cata en Lucerna novo namorado.

—Nesto estou —respondeu don Merlín—, que non é doado que estas perdan o puteo, aínda que figuren de conversas. Unha coñecín que se quería envelenar porque lle morrera tamén o amigo, tiple segundo que fora na Capela Romana, e a dona serea dicía que non podería vivir sen aquel dúo que facían, e os tallaríns que o seu home lle cociñaba os domingos. Mandoume recado escrito pedíndome un xarope resolutivo e, cando lle mandei dicir que non, xa estaba amancebada co axudante de Mariña de Honfleur, quen lle puxo unha cetárea, e daquela a hoxe xa mudou máis de catro capataces, e to-dos con cama desfeita, perdoando. ¡Inda me quixo trasegar a min un verán en que fun ó areal de Calais a tomar un pedilu-vio! [...]

Cunqueiro, Álvaro, A serea grega, en: VVAA, Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega. Galaxia, Vigo, 1993

Page 21: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 21 de 44

2.15 ���� Texto en castellano. El centinela

La próxima vez que vean ustedes la luna llena brillar alta en el sur, examinen atentamente el borde derecho y dejen resba-lar la mirada a lo largo de la curva del disco. Allá donde serían las dos si nuestro satélite fuera un reloj, observarán un mi-núsculo óvalo oscuro: cualquiera que posea una vista normal puede descubrirlo. Es una gran llanura rodeada de monta-ñas, una de las más hermosas de la Luna, conocida con el nombre de Mare Crisium: el Mar de las Crisis. Casi quinientos kilómetros de diámetro, rodeada por un anillo de magníficas montañas, no había sido explorada nunca hasta que nosotros penetramos en ella a finales del verano de 1996.

Nuestra expedición había sido cuidadosamente planeada. Dos grandes cargos habían transportado nuestras provisiones y nuestro equipo desde la base lunar del Mare Serenitatis, a ochocientos kilómetros. Disponíamos además de tres peque-ños cohetes destinados al transporte a cortas distancias en regiones en las que era imposible servirse de los vehículos de superficie. Afortunadamente, la mayor parte del Mare Crisium es llana. No existen allí esas enormes grietas tan frecuentes y tan peligrosas en otras partes, y los cráteres o elevaciones de una cierta altura son bastante raros. A primera vista, nues-tros potentes tractores oruga no tendrían la menor dificultad en conducirnos hasta donde quisiéramos ir.

Yo era el geólogo, o selenólogo, si quieren ser ustedes pedantes, jefe del grupo destinado a la exploración de la zona sur del Mare. Habíamos recorrido un centenar y medio de kilómetros en una semana, bordeando los contrafuertes de las montañas que dominaban la playa de lo que, muchos millones de años atrás, había sido un antiguo mar. Cuando la vida se había iniciado en la Tierra, aquel mar estaba ya moribundo. El agua se retiraba de los flancos de aquellas maravillosas es-colleras para fluir hacia el vacío corazón de la Luna. Sobre el suelo que estábamos recorriendo, el océano que no conocía mareas había alcanzado en su tiempo una profundidad de ochocientos metros, y ahora la única huella de humedad que podía hallarse era la escarcha que descubrimos a veces en las profundidades de las cavernas, donde jamás penetra la luz del sol […].

Clarke, Arthur C., El centinela. Edición digital en [http://librostauro.com.ar/]

Actividades propostas (textos 2.13, 2.14 e 2.15)

S22. Texto 2.14. Lea o texto e identifique nel os elementos fundamentais do relato li-terario. Póñaos por escrito: narrador, personaxes, acción (estrutura), espazo e tempo.

S23. Texto 2.15. Actividad en lengua castellana. Lea el texto e identifique los elemen-tos fundamentales del relato literario. Póngalos por escrito: narrador, personajes, acción (estructura), espacio y tiempo.

Page 22: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 22 de 44

2.16 ���� O cine e a literatura: De Profundis

Prado, Miguelanxo, De Profundis, edición en DVD de Cameo Media S.L., 2007

Page 23: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 23 de 44

2.17 ���� O cine e a literatura: Mario o bolseiro

Retranca, Revista de humor galego, nº 10, agosto-setembro 2008

Page 24: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 24 de 44

2.18 ���� Texto en castellano. El cine y la literatura: El cielo gira

Álvarez Mercedes, El cielo gira, edición en DVD: Sherlock Films S.L., Madrid, 2006

Page 25: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 25 de 44

2.19 ���� Texto en castellano. El cine y la literatura: Pasa el tiempo

Pasa el tiempo y suspiro porque paso, aunque yo quede en mí, que sabe y cuenta,

y no con el reloj, su marcha lenta nunca es la mía bajo el cielo raso.

Calculo, sé, suspiro, no soy caso de excepción y a esta altura, los setenta,

mi afán del día no se desalienta, a pesar de ser frágil lo que amaso.

Ay, Dios mío, me sé mortal de veras. Pero mortalidad no es el instante

que al fin me privará de mi corriente.

Estas horas no son las postrimeras, y mientras haya vida por delante, serás mis sucesiones de viviente.

[http://www.poemasde.net/pasa-el-tiempo-jorge-guillen]

Actividades propostas (textos 2.16, 2.17, 2.18 e 2. 19)

S24. Texto 2.16. Sabe quen é Miguelanxo Prado? Procure a información en internet. Se a busca no sitio indicado, poderá acceder tamén á web do filme.

S25. Texto 2.16. Vexa o filme De Profundis. É conveniente que teña á man un bolígra-fo e un papel para ir apuntando cuestións relacionadas co tema do filme, a súa estrutura narrativa… Deste xeito, poderá realizar moito mellor as actividades que veñen deseguido.

� Cal é o tema principal?

� O filme recorre a moitos elementos coñecidos da cultura popular galega para contarnos a historia. Diga algúns deles.

� Que lle parece o emprego que se fai da música? Pódese considerar coma un personaxe máis? Razoe a resposta.

� Que elemento ou elementos fan a función do diálogo no filme?

S26. Texto 2.17. Lea o texto. É unha banda deseñada. Identifique nela os elementos fundamentais dun relato: narrador, personaxes, acción (estrutura), espazo e tempo.

S27. Textos 2.16 e 2.17. Compare os dous textos e responda á seguinte cuestión: cre que o filme De Profundis se podería considerar banda deseñada? Por que?

Page 26: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 26 de 44

S28. Texto 2.18. Actividad en lengua castellana. Vea la película El cielo gira. Tenga a mano papel y un bolígrafo para realizar las anotaciones que considere pertinen-tes; de esta forma podrá realizar mejor las actividades siguientes.

� Cuál es el tema central de la película?

� ¿Qué relación se establece entre el tema central de la película y el pintor Pello Azketa? Justifique la respuesta.

� A lo largo de la película aparece una voz en off que pertenece a la propia direc-tora Mercedes Álvarez. Defina con sus propias palabras qué entiende por voz en off. A continuación busque una definición en internet y póngala también por escrito.

� Por qué cree usted que la película finaliza enseñándonos el cuadro del pintor Pello Azketa? Justifique la respuesta.

S29. Texto 2.19. Actividad en lengua castellana. Lea el poema y responda a las cues-tiones.

� ¿Cuál es el tema principal?

� Tanto el poema de Jorge Guillén como la película El cielo gira hablan del paso del tiempo. Qué diferencias y semejanzas encuentra en el tratamiento de ese tema entre una y otra obra. Justifique la respuesta.

� ¿Cree usted que en ciertos aspectos se puede considerar a El cielo gira como un poema visual? Justifique la respuesta.

Page 27: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 27 de 44

3. Resumo de contidos

Bloque de comunicación oral (secuencia de contidos e actividades 2.1 a 2.2)

� Aprendemos a valorar a importancia da comunicación oral.

� Aprendemos a detectar nos usos orais discriminación sexual e racial.

Bloque de comunicación escrita (secuencia de contidos e actividades 2.3 a 2.9)

� Coñecemos as características que definen os textos descritivos como tales.

� Compuxemos textos facendo descricións físicas e psicolóxicas de personaxes.

� Aprendemos as características que un texto debe ter para que se poida considerar que ten unha cohesión adecuada.

� Aprendemos que requisitos formais debe cumprir un traballo ou un texto, en soporte impreso ou dixital, para que a súa presentación sexa o máis correcta posible.

� Aprendemos a buscar libros e fragmentos de textos na Biblioteca Virtual Galega.

Bloque de coñecemento da lingua (secuencia de contidos e actividades 2.10 a 2.11)

� Vimos e analizamos os tipos de oración simple nas dúas linguas do ámbito.

� Vimos e analizamos os tipos de familias léxicas (regulares e irregulares).

Bloque de lingua e sociedade (secuencia de contidos e actividades 2.12)

� Valoramos o enriquecemento persoal que supón a relación física ou virtual con outras persoas. Para iso centrámonos no servizo de Microblogging en galego Lareta.

Bloque de educación literaria (secuencia de contidos e actividades 2.13 a 2.29)

� Identificamos en dous textos os elementos fundamentais do relato literario.

� Vimos, limos e analizamos dous filmes e dous textos relacionados para comprender a estreita relación entre o cine e a literatura nas dúas linguas e literaturas do ámbito.

Page 28: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 28 de 44

4. Exercicios de autoavaliación

1. Cando empregamos con máis abundancia a clase de palabra adxectivo?

� Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía).

� Cando queremos falar sobre como é un animal (se é carnívoro, omnívoro, que cor de pel ten…) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, circular…).

� Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía…), un animal (se é carnívoro, omnívoro, que cor de pel ten…) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado, circular…).

� Cando queremos falar sobre como é un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado, circular…)

2. Que tipos de descrición existen?

� O retrato, a descrición de lugares e ambientes, e os anuncios.

� Só o retrato.

� Só os anuncios.

� O retrato, os anuncios e a narrativa.

3. Que características teñen os textos descritivos?

� Organizar a descrición segundo un criterio espacial, uso de substantivos per-tencentes ao mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).

� Organizar a descrición segundo un criterio espacial, uso de marcadores textuais que serven para fixar a situación dos elementos no espazo, uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico e uso frecuente de adxectivos.

� Uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito per-fecto simple).

� Organizar a descrición segundo un criterio espacial, uso de marcadores textuais que serven para fixar a situación dos elementos no espazo, uso de substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).

Page 29: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 29 de 44

4. Cales son os elementos de cohesión máis utilizados?

� A referencia e a substitución.

� A referencia, a substitución e a cohesión léxica.

� A referencia e a cohesión léxica.

� A substitución e a cohesión léxica.

5. Que outros procedementos hai para alcanzar a cohesión dun texto?

� A inserción de expresións explicativas, o uso do xerundio e o uso do participio.

� A inserción de expresións explicativas e o uso do participio.

� O uso do xerundio e o uso do participio.

� A inserción de expresións explicativas e o uso do xerundio.

6. Que elementos inflúen nun deseño de páxina correcto e adecuado?

� O tipo de papel e a súa orientación, as marxes, o espazamento entre liñas, a xustificación e a confección do parágrafo.

� O tipo de papel e a súa orientación, as marxes, a xustificación e a confección do parágrafo.

� As marxes, o espazamento entre liñas, a xustificación e a confección do pará-grafo.

� O tipo de papel e a súa orientación, as marxes e o espazamento entre liñas.

7. Por que se caracteriza a oración simple?

� Por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes función: suxeito, CD, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo e complemento predicativo.

� Por ter como núcleo do predicado un substantivo, arredor do cal se sitúan ou-tros compoñentes que cumpren diferentes función: suxeito, CD, CI, comple-mento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo e complemento predicativo.

� Por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes función: suxeito, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo e complemento predicativo.

� Por ter como núcleo do predicado un adxectivo, arredor do cal se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes función: suxeito, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo e complemento predicativo.

Page 30: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 30 de 44

8. Que tipos de oracións simples existen nas dúas linguas do ámbito segundo a intención do falante?

� Interrogativas, volitivas e exclamativas ou emocionais.

� Enunciativas, interrogativas e exclamativas ou emocionais.

� Enunciativas, interrogativas e volitivas.

� Enunciativas, interrogativas, volitivas e exclamativas ou emocionais.

9. Que elementos forman unha familia de palabras?

� Está formada por algunhas palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, polo tanto, teñen certa relación de significado.

� Está formada por todas as palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, polo tanto, teñen certa relación de significado.

� Está formada por todas as palabras que comparten as mesmas desinencias e que, polo tanto, teñen certa relación de significado.

� Está formada por todas as palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, polo tanto, non gardan relación de significado algunha.

10. Que tipo de familias de palabras hai?

� Só regulares (co mesmo lexema).

� Só irregulares (con lexemas diferentes).

� Regulares (co mesmo lexema) e irregulares (con lexema diferente).

� Regulares (co mesmo lexema), irregulares (lexema diferente) e semiirregulares.

11. Que é o Microblogging?

� Un servizo que permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves, polo xeral, só de texto. As opcións para o envío das mensaxes varían desde si-tios web, a través de SMS, mensaxaría instantánea ou aplicacións ad hoc.

� Un servizo que permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves. As opcións para o envío das mensaxes varían desde sitios web, a través de SMS, mensaxaría instantánea ou aplicacións ad hoc.

� Un servizo que permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves, polo xeral, só de texto.

� Un servizo que permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves, polo xeral, só texto. As opcións para o envío das mensaxes varían desde sitios web, a través de SMS e mensaxaría instantánea.

Page 31: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 31 de 44

12. Que servizos de Microblogging podemos atopar na rede?

� Por exemplo, Lareta (en lingua galega) e Blogger (en inglés).

� Por exemplo, Blogaliza (en lingua galega) e Twitter (en inglés).

� Por exemplo, Lareta (en lingua galega) e Blogoteca (en inglés).

� Por exemplo, Lareta (en lingua galega) e Twitter (en inglés).

13. Cales son os elementos fundamentais do relato literario?

� O narrador, os personaxes, o espazo e o tempo.

� Os personaxes, a acción, o espazo e o tempo.

� O narrador, os personaxes, a acción e o espazo.

� O narrador, os personaxes, a acción, o espazo e o tempo.

Page 32: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 32 de 44

5. Solucionarios

5.1 Solucións das actividades propostas

S1. Texto 2.1:

� Tema principal.

A violencia xera máis violencia.

� De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Sexual, especificamente, contra a muller. Céntrase nos temas do maltrato, tanto físico coma psicolóxico.

� Por que a muller maltrata a súa sogra e o neno acaba matando o gato?

Estas respostas violentas da muller e do neno prodúcense pola súa propia impotencia ao non ser capaces de resolver a situación de maltrato que sofren por parte do pai. Daquela, a muller desafógase coa súa sogra (que a identifica co esposo) e o neno co gato (este acto do neno simboliza a perda da inocencia). En conclusión, a vio-lencia só xera máis violencia.

� Por que a curtametraxe se titula As cores do frío?

O título é unha metáfora do que vemos na curtametraxe. As relacións familiares entre os compoñentes da fami-lia que protagoniza a curtametraxe son de todo menos afectivas; polo tanto, frías. Así, observamos a particular relación que cada membro da familia establece cos outros, partindo sempre dunha base non emocional e de frialdade. De aí o título da obra, pois nela mostrásenos toda unha gama de comportamentos baseados na in-sensibilidade emocional.

S2. Texto 2.2.

� Tema principal

Crítica hacia las sociedades y las personas que quieren imponer ideas autoritarias y déspotas; que desprecian todo lo que sea diferente a ellas y a sus costumbres o ideas.

� ¿Qué tipo de sociedad refleja la canción?

Una sociedad autoritaria y déspota, uniforme, en la que no tienen cabidas personas diferentes (no mejores o peores), ya sea por el color de la piel o por otras razones.

� ¿De qué tipo de discriminación se nos habla?

Discriminación racial.

Page 33: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 33 de 44

� ¿Por qué la canción se titula Oveja negra?

El título de la canción es una metáfora. Recuerde que existe la expresión coloquial “oveja negra” para referir-nos, por ejemplo, a un miembro de nuestra familia de cuyo comportamiento o acciones no estamos satisfechos. Esta expresión se aplica en la canción de Barricada; en la sociedad que se refleja en la canción, el hombre ne-gro es la “oveja negra” de la sociedad, ya que el hombre blanco reniega de él y lo margina.

S3. Texto 2.4.

� Que obxecto ou ser se describe?

O río Tins.

� Que tempos verbais predominan no texto?

O presente de indicativo.

� Que clase de palabras se utilizan máis? Por que?

Substantivos pertencentes ao mesmo campo semántico (sedimentos, árbores que rodean o río, etc.) e adxecti-vos, pois estamos diante dun texto descritivo.

� Significado das palabras e unha oración con cada unha.

���� Arxilas. Tipo de rocha branda formada por sedimentación, de diversas cores e texturas segundo as varieda-des, que se desfai con facilidade e que, mesturada con auga, forma unha pasta que endurece ao cocela. Esa figura de arxila é preciosa.

���� Xistos. Rocha de orixe metamórfica que se presenta en forma de láminas paralelas que se separan facilmen-te coma follas. Traballaba nunha explotación de xisto.

���� Escintilan. Que brillan, resplandecen ou despiden raios de luz. O sol escintila nas augas do río.

���� Alfinetes. Peza de metal, de forma, tamaño e grosor similares aos da agulla, acabada en punta nun dos ex-tremos e nunha cabeza no outro. Un xastre sen alfinete non pode traballar.

���� Repenicando. Tanxer unha campá, en especial rápida e repetidamente e en sinal de alegría e, por extensión, calquera instrumento de percusión. Andrés é o encargado de repenicar as campás o día do Apóstolo.

���� Seixos. Pedra dura de pequeno tamaño, que a erosión tornou lisa e arredondada. Nesa parte do río hai unha gran cantidade de seixos á vista.

���� Brado. Voz dos animais coma o boi, a vaca, etc. A vaca bradou de dor.

���� Amorodos. Froito da amorodeira. Gústame moito a marmelada de amorodo.

���� Polícromos. De varias cores. A natureza é polícroma.

S4. Texto 2.5.

� ¿Qué objetos o seres se describen en el texto?

La Nave Blanca, la Tierra de Zar y Cathuria.

� ¿Qué tiempos verbales predominan en el texto?

Pretéritos imperfectos.

Page 34: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 34 de 44

� ¿Qué clase de palabras se utilizan más? ¿Por qué?

Sustantivos y adjetivos, pues estamos ante un texto descriptivo.

� Significado de las palabras y una oración con cada una.

���� Resplandecía. Dicho de una cosa: despedir rayos de luz. Esa tarde el sol resplandecía haces de luz rojos.

���� Henchidas. Lleno, repleto. Estaba henchido de ira.

���� Sándalo. Planta herbácea, olorosa, vivaz, de la familia de las Labiadas, con tallo ramoso de cuatro a seis de-címetros de altura, hojas pecioladas, elípticas, y lampiñas, con dientecillos en el borde, y flores rosáceas. Es originaria de Persia y se cultiva en los jardines. ¡Qué sándalo tan hermoso!

���� Yerguen. Levantar y poner derecho el cuerpo o una parte de él; estar una cosa en situación elevada sobre un lugar. En esa ciudad se yerguen magníficos edificios.

S5.

� En que tipo de descrición encadra o texto que acaba de ler? Por que?

Retrato, xa que se describe física e moralmente a un determinado personaxe, encadrado no seu tempo e lugar.

� O texto é unha prosopopea ou unha etopea?

É unha etopea. Exemplos: tivera inquedanzas políticas (chegou a cartearse con don Emilio Castelar) e culturais; inculcou no pequeno unha lección inesquecible de verticalidade, esforzo e rigor, que, logo, na idade adulta, to-dos lle recoñeceron; ―co que aparece na foto, sen saber disimular o seu rostro a congoxa―...

S6.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

S7. Texto 2.7.

Referencia Substitución Cohesión léxica

���� Unha persoa (Kamil Moravék). ���� Dela (loura). ���� Quixo darlle (a ela). ���� Logo, el só (Kamil). ���� Foinos comendo (os caramelos). ���� Facíanselle amargos (caramelos) ���� Amosáballe (a loura) ���� Fíxolle perder a cabeza (a Kamil) ���� Tentou apertalo (a Kamil) ���� Ceibouse dela (da loura) ���� Decidiu pedirlle perdón (á loura) ���� Buscouna (á loura) ���� Xa era nai (a loura)

���� Esa timidez (baixaba os ollos diante dela).

���� A cohesión léxica do texto é adecuada, pois as palabras que se empregan son as co-rrectas para falar do tema que trata o texto. Non hai incohe-rencias.

Expresións explicativas Xerundios Participios

���� Non hai ���� Foinos comendo (prolongar unha acción no tempo.

���� Non hai

Page 35: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 35 de 44

S8. Texto 2.8.

Referencia Sustitución Cohesión léxica

���� Y captúralo si es superior (el ejército)

���� Ignorándolo todo (efecto inten-sificador): los problemas del ejército.

���� De este modo (de todo lo mencionado con anterioridad)

���� El desequilibrio (se refiere a la correlación de fuerzas de los ejércitos establecida en la oración anterior).

���� La cohesión léxica del texto es adecuada, ya que las palabras que se utilizan son las apropia-das para hablar del tema que se trata en el texto. No hay, por lo tanto, incoherencias.

Expresiones explicativas Gerundios Participios

���� No hay. ���� Conservando todas sus fuer-zas (prolongar una acción en el tiempo)

���� Equilibradas.

S9.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

S10.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

S11.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución. En calquera caso, deberían aparecer estes elementos: orientación vertical do papel, espazamento entre liñas sinxelo, xustificación esquerda, sangría de parágrafo (tras punto e aparte), etc.

S12.

���� Cala xa! Verbo + CC/. Volitiva.

���� A que hora é o cine? Verbo copulativo + CC. Interrogativa.

���� A muller de azul chámase Mercedes Verbo + CD. Enunciativa.

���� Isto é unha trapallada! Verbo copulativo + atributo. Exclamativa ou emocional.

���� Ana vai ao médico Verbo + CC. Enunciativa.

���� Quen che dixo iso? Verbo + CD. Interrogativa

S13.

���� ¿Qué hora tienes? Verbo + CD. Interrogativa.

���� Hazlo ya! Verbo (lo: CD) + CC. Volitiva.

���� Esa chica es prima de Antonio Verbo copulativo + atributo. Enunciativa.

Page 36: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 36 de 44

���� Pedro llevó el coche al taller Verbo + CD (el coche) + CC (al taller). Enunciativa.

���� ¡No digas más estupideces! Verbo + CD (más estupideces). Volitiva.

���� ¿Cuándo vuelve Ángela de Londres? Verbo + CC (de Londres). Interrogativa.

S14.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

S15.

���� Herba. Herbáceo, herbal, herbario, herbeira, herbicida, herbívoro, herboristería.

���� Filmar. Filme, filmografía, filmoteca.

���� Océano. Oceánico, oceanografía, transoceánico.

���� Prestar. Préstamo, prestamista, prestameiro, .

���� Autorizar. Autorizado/a, autorización, autoritarismo, autoritario, autoridade, autoría, autor/ora.

���� Dogma. Dogmático, dogmatismo, dogmatizar.

���� Fechar. Fecho, fechadura, fechado/a.

S16.

���� Pan. Panadear, panadeo, panadería, panadero/a

���� Flor. Flora, floración, florada, floral, florar, flordelisardo/a, flordelisar, floreado, floreal, florear, florecedor, flore-cer, florecido/ida, floreciente, florecimiento, florense, florería, florero/a.

���� Tierra. Térreo, terrero, terral, terroso, terrudo, terrenal...

���� Carne. Carnaza, carneada, carnear, carnecilla, cárneo/a, carnerada, carneraje, carnereamiento, carnerear, carnerero, carnero, carneruno/a, carnicería...

���� Caballo. Caballón, caballuno/a, caballito, caballete, caballeriza, caballeril...

���� Blanco. Blancor, blancote, blancura, blancuzco.

���� Libro. Librillo, libreto, libretista, libretear, libretazo, libreta, libresco, librero/a, librería...

S17.

Este verano fui de excursión al campo. Llegamos a media mañana y encontramos a un campesino muy agrada-ble. Como llevábamos una tienda de campaña, acampamos cerca de su casa y amablemente nos indicó las ru-tas campestres más típicas. Al día siguiente recorrimos la campiña y regresamos al campamento al atardecer.

camp-o / camp-esino / camp-aña / a-camp-amos / camp-estres / camp-iña / camp-amento

S18.

Se deberán seguir las indicaciones de la actividad para su resolución.

S19.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

Page 37: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 37 de 44

S20.

Galego Castellano

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

Se deberán seguir las indicaciones de la actividad para su resolución.

S21.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

S22. Texto 2.14.

Narrador Personaxes Acción: estrutura Espazo Tempo

Narrador pro-tagonista

Varios: o pro-pio narrador protagonista, a señora Marce-lina, Manueliña de Carlos, Don Merlín, Dona Xenebra...

A acción está no seu inicio

A acción de-senvólvese en diferentes es-pazos xeográ-ficos

O desenvol-vemento tem-poral é lineal

S23. Texto 2.15.

Narrador Personajes Acción: estructura Espacio Tiempo

Narrador pro-tagonista

El narrador protagonista

La acción está en su inicio

La acción se centra en el mismo espacio geográfico

El tiempo es lineal, pero se cuenta una historia pasada desde un pre-sente actual.

S24. Texto 2.16..

Miguelanxo Prado Plana (A Coruña, 1958), debuxante de historietas galego. Inicia a súa traxectoria na década dos anos 80 en diversas revistas do ámbito adulto, chegando a publicar algunhas historias nas mellores revistas da época, como El Jueves. A principios da década dos 90, a súa obra faise más escasa e dedícase ao deseño de personaxes animados, para a televisión de Galicia no programa Xabarín Club e nos Estados Unidos na serie Men in Black, cuxo produtor era Steven Spielberg. Desde o ano 1998 é director do salón do cómic Viñetas des-de o Atlántico na cidade da Coruña. No ano 2006 presentou De Profundis, a súa primeira longametraxe de ani-mación.

S25. Texto 2.16.

Cumprirá seguir as indicacións da actividade para a súa resolución.

Page 38: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 38 de 44

� Tema principal.

A aventura dun pintor que quere descubrir os misterios do mar e a inquedanza da súa muller que o agarda sen saber se volverá a velo.

� Elementos da cultura popular galega para contarnos a historia.

A muller que agarda na casa pola volta do mariñeiro, na súa soidade e inquedanza; lendas do mar coma as se-reas...

� Emprego que se fai da música? Pódese considerar un personaxe máis?

Si, a música é un personaxe máis, pois axuda a contar a historia xa que resalta os momentos de calma, de in-quedanza, de tensión que hai no filme e déixanos claro o que debemos sentir en cada momento; sobre todo nun filme coma este, sen diálogos.

� Que elemento ou elementos fan a función do diálogo no filme?

A música e as imaxes en si mesmas, pois están feitas, organizadas e estruturadas para que comprendamos fa-cilmente a historia que se nos quere contar.

S26. Texto 2.17.

Narrador Personaxes Acción: estrutura Espazo Tempo

Non hai narrador estritamente falan-do, senón que os sucesos teñen en común a figura de Mario o Bolseiro. De feito, o que su-cede está visto desde o seu punto de vista. Pódese falar dun narrador protagonista ou testemuña.

Mario e os demais mem-bros da ofici-na, o camarei-ro do bar.

É unha banda deseñada con inicio, nó e de-senvolvemen-to.

A acción de-senvólvese na oficina e no bar.

O tempo é lineal.

S27. Textos 2.16 e 2.17.

A resposta é aberta pero a conclusión debe aproximarse á seguinte: Si, De Profundis pódese considerar unha banda deseñada, pois ten a mesma estrutura que o exemplo de Mario o Bolseiro: cóntasenos unha historia a través de imaxes que van mudando ao longo do tempo. A única diferenza é que en De Profundis hai música, mais non diálogos e na banda deseñada de Mario carecemos de música pero hai diálogos. Malia esas discre-pancias, as dúas obras teñen moito en común.

S28. Texto 2.18.

Se deberán seguir las indicaciones de la actividad para su resolución.

Page 39: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 39 de 44

� Tema central de la película.

El paso del tiempo y lo que perdemos y se pierde con él.

� Relación entre el tema central de la película y el pintor Pello Azketa.

Las cosas para el pintor Pello Azketa han empezado a desaparecer delante de sus ojos, pues se está quedan-do ciego; el tema central de la película es precisamente ese: la desaparición de las cosas que se produce con el paso del tiempo.

� Definición de voz en off.

Técnica de producción donde se retransmite una voz no pronunciada visualmente delante de la cámara.

� Por qué la película finaliza enseñándonos el cuadro del pintor Pello Azketa?

Nos da a entender que lo que se pierde con el tiempo se puede recuperar o quedar guardado en algún tipo de soporte: en este caso, un cuadro; pero también puede ser en la memoria colectiva o individual de las personas.

S29. Texto 2.19.

� Tema principal.

La inquietud ante la inminencia de la muerte pero también el deseo de aprovechar lo que aún queda de vida.

� Diferencias y semejanzas en el tratamiento del tema entre una y otra obra?

Es cierto que las dos obras hablan del paso del tiempo pero desde diferentes puntos de vista.

���� En El cielo gira se habla del paso del tiempo como una acción que borra recuerdos, pueblos, momentos de nues-tra vida, una acción que induce al olvido.

���� En el poema de Jorge Guillén se habla del paso del tiempo en referencia a la muerte, a la inminencia de su lle-gada y la inquietud que ello provoca en las personas, pero también se deja lugar a la esperanza pues en su final de dice que mientras haya vida hay que disfrutarla.

� ¿Se puede considerar El cielo gira como un poema visual?

Sí, porque en las imágenes de la directora Mercedes Álvarez hay un cierto afán poético por transmitir al espec-tador nostalgia, melancolía mediante los paisajes y situaciones que nos muestra. La temática de la película pro-picia en el espectador sentimientos de soledad y una cierta tristeza, pero también una cierta querencia estética por dejarnos satisfechos y extasiados con los paisajes de su pueblo y alrededores, demostrándonos que algo así debe ser conservado y no olvidado.

Page 40: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 40 de 44

5.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Cando empregamos con máis abundancia a clase de palabra adxectivo?

� Cando queremos falar sobre como é unha persoa (o seu aspecto físico, a súa psicoloxía…), un animal (se é carnívoro, omnívoro, que cor de pel ten…) ou un obxecto inanimado (grande, pequeno, cadrado, circular…).

2. Que tipos de descrición existen?

� O retrato, a descrición de lugares e ambientes e os anuncios.

3. Que características teñen os textos descritivos?

� Organizan a descrición segundo un criterio espacial, uso de marcadores tex-tuais que serven para fixar a situación dos elementos no espazo, uso de subs-tantivos pertencentes ó mesmo campo semántico, uso frecuente de adxectivos e uso de verbos en presente e en pretérito (en castelán: pretérito perfecto simple).

4. Cales son os elementos de cohesión máis utilizados?

� A referencia, a substitución e a cohesión léxica.

5. Que outros procedementos hai para acadar a cohesión dun texto?

� A inserción de expresións explicativas, o uso do xerundio e o uso do participio.

Page 41: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 41 de 44

6. Que elementos inflúen nun deseño de páxina correcto?

� O tipo de papel e a súa orientación, as marxes, o espazamento entre liñas, a xustificación e a confección do parágrafo.

7. Por que se caracteriza a oración simple?

� Por ter como núcleo do predicado un verbo, arredor do que se sitúan outros compoñentes que cumpren diferentes función: suxeito, CD, CI, complemento de réxime preposicional ou suplemento, complemento circunstancial, atributo e complemento predicativo.

8. Que tipos de oracións simples hai nas linguas do ámbito segundo a intención do falante?

� Enunciativas, interrogativas, volitivas e exclamativas ou emocionais.

9. Que elementos forman unha familia de palabras?

� Está formada por todas as palabras que comparten o mesmo lexema ou raíz e que, polo tanto, teñen certa relación de significado.

10. Que tipo de familia de palabras hai?

� Regulares (co mesmo lexema) e irregulares (con lexema diferente).

Page 42: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 42 de 44

11. Que é o Microblogging?

� Un servizo que permite aos seus usuarios enviar e publicar mensaxes breves, polo xeral, só de texto. As opcións para o envío das mensaxes varían desde si-tios web, a través de SMS, mensaxaría instantánea ou aplicacións ad hoc.

12. Que servizos de Microblogging podemos atopar na rede?

� Por exemplo, Lareta (en lingua galega) e Twitter (en inglés).

13. Cales son os elementos fundamentais do relato literario?

� O narrador, os personaxes, a acción, o espazo e o tempo.

Page 43: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 43 de 44

6. Glosario

A ���� Ad hoc Locución latina cuxo significado é “para isto”.

C ���� Campo semántico

É un conxunto de palabras con significados relacionados, debido a que comparten un núcleo de significación ou trazo semántico común, e diferéncianse por outra serie de trazos semánticos distintivos. Exemplos: os hipónimos dun hiperónimo, a relación entre hipónimos (cohiponimia).

Page 44: Ámbito da comunicación · S1. Texto 2.1. Logo de ver a curtametraxe responda ás seguintes cuestións: Cal é o tema principal? De que tipo de discriminación nos fala a curtametraxe?

Páxina 44 de 44

7. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Alarcos Llorach, Emilio, Gramática de la lengua española, Espasa, Madrid, 1999.

� Álvarez Mercedes, El cielo gira, edición en DVD: Sherlock Films S.L., Madrid, 2006.

� Barricada, balas blancas, edición en CD de Mercury, 1992.

� Clarke, Arthur C., El centinela (edición digital en http://librostauro.com.ar/).

� Cunqueiro, Álvaro, A serea grega, en: VVAA, Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, edición de Antón Risco, Galaxia, Vigo, 1993.

� ILG e RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, ILG e RAG, Vigo, 2003.

� ILG e RAG, Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG e RAG, 2004.

� Lovecraft, H.P., Narrativa completa, Volumen I, edición de Juan Antonio Molina Foix, Valdemar Gótica, Madrid, 2008.

� Mariño, Xoán X., O Río Tíns, en Terra de Outes, Revista da A.C.C., nº3, xullo 2008.

� Prado, Miguelanxo, De Profundis, edición en DVD de Cameo Media S.L., 2007.

� RAG, Dicionario da Real Academia Galega, Xerais e Galaxia, Vigo, 2000.

� RAE, Diccionario de la lengua española (2 tomos), Espasa Calpe, Madrid, 2008.

� Retranca, Revista de humor galego, nº 10, agosto-setembro 2008.

� Suchý Jiří, Cen contos ou sexa, un plan incumprido, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2000.

� Sunzi, El arte de la guerra, Introducción, traducción y notas de Albert Galvany, Edito-rial Trotta, Madrid, 2007.

� VVAA, Literatura galega 3º BUP, Xerais, Vigo, 1991.

Ligazóns de internet

� [http://bvg.udc.es]

� [http://flocos.tv/]

� [http://lareta.net]

� [http://www.galipedia.org]

� [http://www.poemasde.net/]

� [http://twitter.com]

� [http://es.wikipedia.org]

� [http://es.youtube.com]