Tema 2

178
TEMA 2 : A DIVERSIDADE CLIMÁTICA de ESPAÑA

Transcript of Tema 2

Page 1: Tema 2

TEMA 2 : A DIVERSIDADE CLIMÁTICA de ESPAÑA

Page 2: Tema 2

Imos estudar

• Os factores do clima : Os factores xeográficos, e Os factores termodinámicos.

• Os elementos do clima: a insolación e a nebulosidade. A temperatura do aire. A humidade do aire, a néboa e a calima. A presión e o vento. As precipitacións. A evaporación, a evapotranspiración e a aridez.

• Tipos de tempo atmosférico en España: Tempo do Noroeste. Tempo do Norte. Tempo do Oeste. Tempo do SO ou Sur. Tempo do Leste. Gota fría.Tempo cálido e estable. Vaga de calor. Tempo tormentoso de verán.

• Principais tipos de clima en España : O clima oceánico. O clima mediterráneo.O clima de montaña. O clima de Canarias.

Page 3: Tema 2

Conceptos previos

• Tempo : Estado físico da atmosfera nun momento e un lugar determinado, resultante da combinación das variables:temperatura, precipitacións, nubosidade, ventos.. É estudado pola metereoloxía (rama da física)

• Clima : sucesión periódica dos tipos de tempo nun lugar determinado (determínase un período duns 30 anos). É estudado pola climatoloxía, rama da xeografía física.

Page 4: Tema 2

• En España existe unha gran diversidade de tempo atmosférico e de climas.

• A diversidade climática ven dada pola combinación dos:

• os elementos, son os aspectos observables e cuantificables da atmosfera como a temperatura, humidade, nubosidade ....).

• Os factores son os aspectos que exercen unha influencia permanente e inalterable sobre o clima como a latitude,altitude,influencia do mar, circulación atmosférica.. Estes poden agruparse en dous conxuntos: factores xeográficos e factores termodinámicos

Page 5: Tema 2
Page 6: Tema 2

FACTORES ASTRONÓMICOS

• Os movementos da terra

Page 7: Tema 2

• A incidencia dos raios solares na terra e a súa inclinación, que determina tres zonas climáticas:

• Cálida 0-30 graos• Temperada 30-60 graos• Fría 60-90 graos

Page 8: Tema 2

• Pero outros factores modificarán esta primeira clasificación.

Page 9: Tema 2

Factores xeográficos

• Latitude, situación, influencia do mar , relevo

Factores termodinámicos

• Circulación en altura e circulación en superficie.

Page 10: Tema 2

Factores

Xeográficos

Latitude

Situación

Influencia do mar

relevo

termodinámicos

Circulación en altura.

Circulación en superficie

Page 11: Tema 2

Os factores xeográficos.

• A LATITUDE • da España peninsular(36º 00’ de Tarifa e os 43º 47’

Bares), situada na zona temperada do hemisferio norte, determina a existencia de dúas estacións ben marcadas (verán e inverno), separadas por dúas de transición (primavera e outono).

• En Canarias, pola súa localización no extremo sur da zona temperada, en contacto co dominio intertropical, os contrastes entre estacións son menos marcados.

Page 12: Tema 2

• A SITUACIÓN da Península,• entre dúas masas de auga de características

térmicas distintas (o océano Atlántico e o mar Mediterráneo)

• entre dous continentes (Europa e África) convértea nunha encrucillada de masas de aire de características distintas.

• Canarias recibe tamén influencias atmosféricas variadas debido á súa insularidade e á súa proximidade ás costas africanas.

Page 13: Tema 2
Page 14: Tema 2
Page 15: Tema 2

• A INFLUENCIA DO MAR é escasa debido a:• A grande anchura do interior da Península, con

relevos paralelos á costa, e as costas pouco recortadas, agás as Galegas.

• Este feito establece claras diferencias entre unha estreita periferia, aberta ó mar, e un ancho núcleo de terras interiores caracterizados pola continentalidade (escasez de precipitacións e grande amplitude térmica).

• Non entanto, a influencia do mar é decisiva nos dous arquipélagos.

Page 16: Tema 2

As correntes mariñas

Page 17: Tema 2

A fachada atlántica do norte peninsular está afectada pola deriva nordatlántica, ramal da corrente cálida do Golfo, fai comportarse ao Atlántico como unha masa cálida no inverno e fría no verán.

Page 18: Tema 2

• O RELEVO inflúe causa da súa disposición, da altitude e da súa orientación.

A disposición do relevo peninsular ten varias repercusións.

Os sistemas montañosos paralelos á costa frean a influencia do mar, agás no val do Guadalquivir.

A posición oeste-leste da maioría dos relevos montañosos, favorece a entrada de masas de aire marítimo do oeste. Máis ao penetraren no interior perden parte da sua humidade e fai que as súas temperaturas se extremen.

Page 19: Tema 2

• As concas pechadas por montañas, como as depresións do Douro e do Ebro, teñen precipitacións escasas ,

• pois as masas de aire descargan a súa humidade nos sistemas montañosos que as bordean.

Page 20: Tema 2

A altitude :• fai disminuír as temperaturas ( 0,6º cada 100 m)• determina precipitacións orográficas nas ladeiras

de barlovento• precipitacións "ocultas" (xeada e orballo) e

precipitacións "horizontais" (producidas polo estancamento das nubes).

• E descenso de precipitacións na ladeira de sotavento, xa que a masa de aire baixa seca.

• A isto se lle coñece como efecto foehn.

Page 21: Tema 2
Page 22: Tema 2

A orientación crea contrastes climáticos entre os solleiros, que reciben maior insolación e os avesedos.

Page 23: Tema 2

• Nalgúns casos, as temperaturas non baixan coa altitude, senón que descenden, é o que se chama proceso de Inversión térmica. esta prodúcese por efectos de insolación nocturna fundamentalmente en inverno en situacións anticiclónicas.

• O aire máis frío e pesado queda nas zonas máis baixas xa que o aire quente non lle permite ascender. Adoita provocar néboas baixas e orballo ao amencer.

Page 24: Tema 2
Page 25: Tema 2

Os factores termodinámicos.

Estes son os responsables da circulación atmosférica (sucesión de masas de aire) que determina os distintos tipos de tempo atmosférico e de clima. A circulación atmosférica está rexida• en altura pola corrente en chorro ou jet

stream;• en superficie, polos centros de acción, as

masas de aire e as frontes .

Page 26: Tema 2

A CIRCULACIÓN EN ALTURA: A CORRENTE EN CHORRO

• Trátase dunha corrente de vento, de estrutura tubular que circula en dirección oeste-leste entre os 9 e 15 Km de altitude.

• O tempo en superficie depende das variacións de velocidade da corrente e do seu desprazamento estacional.

• Afecta á P.I .no seu desprazamento cara ao sur no inverno.

Page 27: Tema 2
Page 28: Tema 2
Page 29: Tema 2

A velocidade da corrente é variable, e describe diferentes formas no seu percorrido:• Cando circula rápido (a máis de 150 km./h),

presenta suaves ondulacións e ten un trazado case zonal (oeste-leste), que corresponden en superficie coa fronte polar e as súas borrascas.

• Pero cando a súa velocidade diminúe, describe profundas ondulacións: cristas ou dorsais que orixinan altas presións e vales ou valgadas que orixinan baixas presións.

Ambas as dúas reflíctense en superficie e dan lugar a anticiclóns e borrascas dinámicos.

Page 30: Tema 2
Page 31: Tema 2
Page 32: Tema 2

• As ondulacións, que poden chegar a desprenderse do chorro principal, permítenlle ó aire polar penetrar moi ó sur, e ó aire tropical desprazarse cara ó norte, o que lle dá gran variabilidade ó tempo da zona temperada.

Page 33: Tema 2

• Os desprazamentos estacionais do chorro en latitude determinan que afecte a España principalmente en inverno.

• No verán trasladase cara a latitudes máis setentrionais e só incide na franxa cantábrica peninsular.

Page 34: Tema 2

A CIRCULACIÓN EN SUPERFICIE: CENTROS DE ACCIÓN, MASAS DE AIRE E FRONTES

Os centros de acción son áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire sobre unha unidade de superficie. Mídese en milibares (mb) mediante o barómetro e represéntase nos mapas do tempo mediante as isóbaras ou liñas que unen puntos con igual presión. Nestes mapas, as isóbaras van de 4 en 4 mb. A presión normal é de 1013 mb, aínda que nos mapas do tempo adoite considerarse un valor de 1016 mb.

http://www.slideshare.net/carlosarrese/tema-2-clima?related=1

Page 35: Tema 2

• Unha alta presión ou anticiclón é unha zona de altas presións. As presións aumentan cara ao interior.Os ventos circulan ó seu arredor no sentido das agullas do reloxo (no HN). Produce tempo estable.

• Unha baixa presión, depresión, borrasca ou ciclón é unha zona de baixas presións. As presións diminúen cara ao interior.Os ventos circulan ó seu arredor no sentido inverso ao das agullas do reloxo( no HN). Produce tempo inestable., frencuetemente chuvioso.

Page 36: Tema 2

Pola súa orixe, os centros de acción poden ser térmicos ou dinámicos:

• Centros de acción térmicos. Orixínanse no interior dos continentes

• Un anticiclón térmico orixínanse en inverno, cando unha masa de aire arrefrí aen contacto coa terra: o aire frío pesa máis, descende e exerce unha alta presión.Provoca tempo frío e seco.

• Unha depresión ou baixa térmica orixínase en verán fórmase cando o aire se quenta en contacto coa terra: o aire quente pesa menos, elévase e exerce unha baixa presión. Provocan tormentas en verán

Page 37: Tema 2

• Os centros de acción dinámicos . Solen formarse nos océanos, en zonas nas que en altura a corrente en chorro forma dorsais que crean anticiclóns, ou valgadas , que crean depresións, que se reflicten en superficie.

• Os centros de acción que afectan á P.Ibérica son:• Anticiclóns• O anticiclón das Azores en verán.• Anticiclóns polares árticos.• Anticiclón escandinavo.• Anticiclóns térmicos continentais europeos• Anticiclón térmico do interior da península.• Depresións:• Depresión de Islandia• Depresión do golfo de Xénova• Depresións térmicas do norte de África

Page 38: Tema 2
Page 39: Tema 2

Norte de África

Page 40: Tema 2
Page 41: Tema 2
Page 42: Tema 2

• Sobre a dinámica de ventos• http://www.vtelevision.es/informativos/meteo/

2012/05/07/0031_62_138695.htm

Page 43: Tema 2

• Inestabilidade, porque se forman tormentas no verán.• http://www.vtelevision.es/informativos/

historiasdeltiempo/2013/09/04/0031_62_187054.htm

• Video sobre o efecto fohen• http://www.vtelevision.es/informativos/meteo/

2012/05/09/0031_62_139020.htm

Page 44: Tema 2

• Masas de Aire. Son porcións de aire cunhas características concretas de temperatura, humidade e presión.

• As masas de aire que afectan á Península ibérica son:

• Frias, árticas (A) ou polares(P), ou• Cálidas, tropicais (T).• Estas poden ser: húmida, marítimas (m), ou secas,

continentais(c).• Estas caracterísitcas orixinais pódense modificar se

as masas de aire percorren grandes distancias.

Page 45: Tema 2
Page 46: Tema 2
Page 47: Tema 2

• As frontes. Son superficies que separan dúas masas de aire de características distintas. A ambos lados dunha fronte prodúcese un cambio brusco das propiedades do aire.

• A fonte máis importante para España é a fronte polar, que separa as masas de aire tropical e polar. As masas de aire cálido ascenden sobre o aire frío, formando unha borrasca, provocando precipitacións.

• Como a fronte fría avanza máis rapidamente, o sector cálido redúcese ata desaparecer (oclusión). Con iso remata a enerxía da borrasca.

Page 48: Tema 2

• Masa de aire frio

Page 49: Tema 2
Page 50: Tema 2

Os elementos do clima• Son os compoñentes observables e medibles

da atmosfera.• INSOLACIÓN, é a cantidade de irradiación

solar recibida pola superficie terrestre. En España temos máis de 2000 horas de sol ao ano.

• NEBULOSIDADE, e o estado da atmosfera en que o ceo está cuberto de nubes.

Page 51: Tema 2
Page 52: Tema 2

Elementos do tempo e clima: As nubes

cúmulos

cirroestratos

cirros

cumulonimbosnimboestratos

Estado da atmosfera cando o ceo aparece cuberto de nubesEn maior ou menor gardo

Page 53: Tema 2

• A TEMPERATURA, é o grao de calor que ten o aire, mídese en graos centígrados co termometro.

• As temperaturas presentan diferencias en función :LatitudeAltitude e Distancia ao mar. Aspectos importantes son a amplitude térmica anual e as xeadas

Page 54: Tema 2
Page 55: Tema 2
Page 56: Tema 2
Page 57: Tema 2

Amplitude térmica anual é diferencia entre a temperatura do mes mías cálido e a do mes máis frío

Page 58: Tema 2

• Xeadas, cando a temperatura do aire baixa dos 0° C, a auga que contén conxélase e se deposita na superficie. As xeadas poden ser:

• por irradiación, producidas polo arrefriamento en noites despexadas.

• por advención, pola chegasa dunha masa de aire frío.

En España o maior número de xeadas dase no interior, sobre todo na submeseta norte e no val do Ebro.

Page 59: Tema 2

A HUMIDADE DO AIRE

• Humidade do aire é a cantidade de vapor de auga que contén este, procedente da evaporación. Depende da proximidade do mar e da temperatura ( diminúe cando aumenta a temperatura) . Zonas costeiras supera o 70%. Mídese cun higrómetro en %

Page 60: Tema 2

• A HUMIDADE, a neboa e o calixeiro

• Neboa, suspensión de diminutas gotas de auga na capa inferior da atmosfera.

Pode ser por irradiación no inverno, ou por advección, pola chegada de masas de aire cálido e húmido sobre o solo frío ou pola chegada de aire frío sobre solo cálido e húmido.

Page 61: Tema 2

Calixeiro, bruma seca causada por acumulación de finas partículas de po nas capas baixas da atmosfera. Fórmanse nas zonas secas no verán cando os solos están resecos,por movementos ascendentes do aire.

Page 62: Tema 2

• AS PRECIPITACIÓNS. Auga que cae á superficie terrestre procedente das nubes, pode ser en forma líquida ou sólida.

• Son causadas polo arrefriamento e condensación do vapor de auga contido no aire. Mídese polo pluviómetro en mm ou litros por metro cuadrado.

• Nos mapas represéntanse mediante isohietas, liñas que unen puntos de igual precipitación.

Page 63: Tema 2

• As precipitacións poden ser por causas orográficas(relevo)

• convectivas (quentamento do solo• ou frontais (por contacto de dúas masas de

aire distintas)• As precipitacións en España son moderadas e

se deben a distintos factores:• Latitude • Proximidade ao mar• Altitude

Page 64: Tema 2

Precipitación:Tipos

• Caída de auga procedente das nubes en forma líquida ou sólida. Recóllese no pluviómetro, en milímetros (mm)

• Represéntase con isohietas

• Tipos: orográficas, convectivas, de fronte, ocultas ( xeada, orballo)

Page 65: Tema 2

Precipitación convectiva• Polo

quecemento do chan O aire en contacto co chan quente, toma as características deste. Ao pesar menos ascende, enfríase e da lugar a precipitacións que se manifestan en formacións de nubes verticaisLluvía convectiva

Page 66: Tema 2
Page 67: Tema 2

Acción antrópica:chuvia ácida

Page 68: Tema 2

Consecuencias chuvía ácida

Page 69: Tema 2

• PRESIÓN E OS VENTOS• A presión atmosférica, é o peso do aire sobre

unha unidade de superficie. En meteoroloxía, se mide en milibares (mb). Midese co barómetro

• No inverno e no verán, dominan as altas presións e na primavera e no outono as baixas presións.

Page 70: Tema 2

Presión atmosférica

Presión atmosférica: forza que exerce o aire sobre cada unidade de superficie terrestre.

Page 71: Tema 2

• Os ventos son movementos horizontais do aire , causados pola diferencia de presión.

• Na península dominan os ventos de poñente, pero existen numerosos ventos locais, que se superpoñen(El Cierzo en Aragón,

Tramuntana en Cataluña)

Page 72: Tema 2

Brisas costeiras

Brisas diurnas

Brisas nocturnas

Page 73: Tema 2
Page 74: Tema 2

• A EVAPORACIÓN, A EVAPOTRANSPIRACIÓN E A ARIDEZ.

• A evaporación é o proceso mediante o cal a auga transfórmase en vapor. A intensidade da evaporación crece cando aumenta a temperatura.

• A evapotranspiración é a perda da humidade da superficie terrestre, debida á insolación e a transpiración das plantas do solo.

Page 75: Tema 2

• A aridez é a insuficiencia de auga tanto no solo como na atmosfera, depende da relación entre temperaturas e precipitacións.

• Para calcurar a aridez utilízanse duas fórmulas:• Indice de Gaussen, 2 T⁰C ≥ Pmm para a aridez

mensual. Son meses secos aqueles nos que a precipitación total e inferior a duas veces a temperatura.

• Indice de Martonne ,P/T+10 para a aridez xeral. Diferéncianse zona húmida(>30), semihúmida (20-30), semiárida(10-20), esteparia(5-10) e desértica(0-5).

Page 76: Tema 2
Page 77: Tema 2
Page 78: Tema 2

Tipos de tempo en España• A circulación atmosférica en altura e en superficie

da lugar a distintos tipos de tempo.• Na Península os máis frecuentes son:• No inverno predomina o tempo anticiclónico frío

e seco, causado polos anticiclóns térmicos do interior peninsular e de centroeuropa( sit NL) e polos anticiclóns polares atlánticos(Sit N NO). Pero o descenso da corriente en chorro e do Anticiclón das Azores, permite unha maior incidencia da fronte polar e das borrascas atlánticas(sit O SO).

Page 79: Tema 2

. Tipos de tempo: de inverno (1)

Alta presión centrada(estabilidade, escasa nubosidade,

frío e forte insolación)(situación convectiva)

Vento do NO (Pm)(baixas temperaturas, vento,

precipitacións no N) (situación advectiva)

Page 80: Tema 2

Situación do Noroeste

Page 81: Tema 2

. Tipos de tempo: de inverno (2)

Vento do Nordés (Pcf)(baixas temperaturas, xeadas e, ás veces, neve;

precipitacións no Le) (situación advectiva)

Vento do Norte (Am)(moito frío, seco; xeadas e neve en alturas)

(situación advectiva)

Page 82: Tema 2

Tipos de tempo: de inverno (3)

Vento do Oeste (Pm)(precipitacións no O; suben as temperat. no Le;

frecuente no outono e na primavera) (situación advectiva)

Vento do SO (Tm)(suben as temperaturas, precipitacións no SO;

pode darse todo o ano) (situación advectiva)

Page 83: Tema 2

• No verán domina o tempo anticiclónico seco e caloroso, causado principalmente polo anticiclón das Azores, que ascende en latitude nesta época do ano e polo anticiclón do norte de África. Ocasionalmente poden producirse tormentas polo quentamento do solo ou pola penetración de masas de aire frio en altura.

Page 84: Tema 2

Tipos de tempo: de verán

Pantano barométrico(estabilidade, temperaturas altas;

a miúdo, chuvias localmente intensas)(situación convectiva)

Vento do Sur (Tc)(altas temperaturas; pode producir

chuvias de po) (situación advectiva)

Page 85: Tema 2

Tempo de verán: Situación anticiclónica. Anticiclón das Azores

Page 86: Tema 2

• No outono e na primavera o tempo é variable.

• Prodúcense situacións anticiclónicas e precipitacións, ligadas ao paso das borrascas atlánticas , inestabilidade no leste do Mediterráneo e gotas frías.

Page 87: Tema 2

39. Tipos de tempo: primavera e outono

Baixa presión centrada(baixas temperaturas, chuvias xeralizadas)

(situación convectiva)

Vento do Leste (Pcc)(chuvias no Le; despexado no interior;pode producir fenómenos de gota fría;

típica do outono, pode tamén darseen inverno e primavera)

(situación advectiva)

Page 88: Tema 2

GOTA FRÍA

GOTA FRÍA

Page 89: Tema 2

Gota fría

Page 90: Tema 2

40. Vaga de frío (xaneiro, 2005)

Page 91: Tema 2

41. Vaga de frío (2)

Page 92: Tema 2

42. Vaga de frío (3)

Page 93: Tema 2

• En Canarias o tempo normal é estable. Está determinado pola presenza do anticiclón das Azores e do vento alisio do norleste, fresco e húmido.

• No inverno o aire polar mariño causa temporais ou intensas precipitacións.

• No verán, o aire sahariano seco do leste ou do sueste ocasiona ondas de calor.

Page 94: Tema 2

Comentario mapas de tempo• Identificación.• Analizar o mapa de superficie.• Analizar os centros de acción: Anticiclóns ou altas

presións e Borrascas ou baixas presións. Localizalos, indicar a sua potencia(anticiclóns) e a profundidade (borrascas) dependendo dos valores da presión no núcleo. Indicar o gradiente de presión (forza e velocidade do vento)indicado pola separación das isóbaras.

Fixarse nas configuracións barométricas ou isobáricas que indican os anticiclóns , as borrascas.

Page 95: Tema 2
Page 96: Tema 2

• As frontes : identificalas situalas xeograficamente e a que borrascas van asociadas, comentar os frentes cálidos , frios ou ocluídos.• Interpretación do mapa, tomando como referencia as

situacións máis comuns de primavera, verán outono e inverno. Previsión do tempo.

• Indicar causas(masas de aire, altas e baixas presións) e consecuencias (precipitacións.. do tipo de tempo representado.

• Determinar estación do ano.• Indicar a correspondencia co mapa de altura. Identificar

isohipsas, isotermas e a corrente en chorro.

Page 97: Tema 2
Page 98: Tema 2
Page 99: Tema 2
Page 100: Tema 2
Page 101: Tema 2
Page 102: Tema 2
Page 103: Tema 2
Page 104: Tema 2
Page 105: Tema 2
Page 106: Tema 2
Page 107: Tema 2
Page 108: Tema 2
Page 109: Tema 2
Page 110: Tema 2
Page 111: Tema 2
Page 112: Tema 2
Page 113: Tema 2

Os climas de España• As particularidades do territorio español dan

lugar a unha gran diversidade de climas.• Os climas principais son: • O clima mediterráneo e • o Oceánico coas súas variantes, • o de montaña e • o clima de Canarias.

Page 114: Tema 2
Page 115: Tema 2
Page 116: Tema 2
Page 117: Tema 2

• OS CLIMOGRAMAS• Un climograma é un gráfico de dobre eixo de

coordenadas (temperaturas e precipitacións) que permite representar visualmente os trazos dun clima posto que presenta as variacións térmicas e pluviométricas mensuais ó longo dun ano, figurando os meses no eixo horizontal. A miúdo indica a amplitude térmica, de non ser así habería que calculala.

Page 118: Tema 2
Page 119: Tema 2

O clima Oceánico• Localización: Norte da Península: Cornixa

Cantábrica e Galicia, así como o sur dos Pireneos.

Page 120: Tema 2

• As precipitacións son abundantes e regulares, superiores a 800 mm e con mais de 150 días chuviosos ao ano.

• A distribución é regular,dáse ao longo de todo o ano, xa que a área está baixo o dominio das borrascas do fronte polar, pero os máximos adoitan darse no inverno e un mínimo no verán debido á influencia do anticiclón das Azores.

A forma é suave, o que favorece a filtración ao solo.

Page 121: Tema 2
Page 122: Tema 2
Page 123: Tema 2
Page 124: Tema 2

• As temperaturas son suaves con diferenzas entre a costa e o interior.

-Na costa as temperaturas oscilan no inverno entre os 6°C e os 10°C e no verán ningún mes se superan os 22°C de media. A amplitude térmica e baixa(9-12°C). -No interior ao diminuír a influencia mariña a amplitude térmica é moderada(12-15 °C)e as temperaturas son máis frías no inverno , baixan dos 6°C ,e máis cálidas no verán.

Page 125: Tema 2
Page 126: Tema 2
Page 127: Tema 2

Clima mediterráneo• Localización:comprende o resto do territorio español

ao sur do oceánico, as illas Baleares, Ceuta e Melilla.• As precipitacións son de moderadas a escasas,

irregulares e tormentosas. Entre os 800 mm e os 300 mm .A distribución é irregular, os veráns son secos, por influencia do anticiclón das Azores. Máximos se dan en primavera e en outono, agás as zonas cara o atlántico que se producen no inverno.

A forma é de carácter torrencial provocando a miúdo inundacións.

Page 128: Tema 2

Clima mediterráneo marítimo.• Localización: costa mediterránea costa sudatlántica, baleares , Ceuta e Melilla.

Page 129: Tema 2

• As precipitacións son escasas e moderadas, entre os 800 e os 300mm.

• Na costa sudatlántica as precipitacións son máis abundantes, debido á influencia das borrascas atlánticas, sobre todo no inverno e no outono.

Page 130: Tema 2

• Na costa mediterránea as precipitacións son menores, porque as borrascas atlánticas perden forza ao atravesa a península e as do Mediterráneo ao atravesar as barreiras montañosas.

• O seu máximo é en outono, e con carácter torrencial,debido ás tormentas provocadas pola diferenza de temperatura entre as augas cálidas que se arrefrían máis lentamente que a terra, ou pola chegada de masas de aire do leste, ou por gotas frías en altura.

Page 131: Tema 2

• As temperaturas teñen unha amplitude térmica moderada(12-16°C), debido á calidez do Mediterráneo.os invernos son suaves, o mes mais frio non baixa de 10°C, e veráns calorosos con temperaturas medias superiores aos 22°C.

Page 132: Tema 2
Page 133: Tema 2
Page 134: Tema 2
Page 135: Tema 2

Clima mediterráneo continentalizado.• Localización comprende o interior da

península, agás a zona media do val do Ebro.

Page 136: Tema 2

• As precipitacións son escasas ou moderadas, entre os 800 e os 300.

• No sector occidental as precipitacións son máis abundantes,sobre todo en inverno, debido á maior frecuencia do paso das borrascas atlánticas.

Page 137: Tema 2

• No interior das depresións do Ebro e castelás,descenden as precipitacións

debido ao seu encaixamento entre montañas máximo en outono e sobre todo na primaveracando se debilitan os anticiclóns invernais.

Page 138: Tema 2

• As temperaturas caracterízanse por ter unha amplitude térmica alta, superior aos 16°C,debido á illamento da influencia mariña. Isto permite distinguir tres subtipos climáticos:

-

Page 139: Tema 2

• -A Submeseta norte e as terras altas de Guadalajara,Teruel e Cuenca

veráns frescos(< 22°C) invernos fríos (< 6°C) con frecuentes xeadas e néboas.

Page 140: Tema 2

• -A Submeseta sur e os bordos do val do Ebro, veráns calorosos ˃ 22°C e

invernos frios pero con menos xeadas.

Page 141: Tema 2
Page 142: Tema 2

Estremadura e o interior de Andalucía: veráns moi calorosas e invernos moderados onde o mes máis frío oscila entre os 6 e os 10°C.

Page 143: Tema 2
Page 144: Tema 2

Clima mediterráneo seco, subdesertico ou estepario.• Localización SL peninsular e a zona media do val do Ebro.• As precipitacións :moi escasas, entre os 300 -150mm. - No SL peninsular : Está protexido das borrascas atlánticas polas cordilleiras Béticas, as do Mediterráneo chegan con dificultade. Frecuentes as masas de aire seco procedentes de África. As únicas precipitacións proceden das borrascas que penetran polo Estreito e as formadas ocasionalmente no mar de Alboran. - Na zona media do val do Ebro: encaixamento entre o sistema Ibérico e a cordilleira Costero-Catalá.

Page 145: Tema 2

• As temperaturas varían en función da latitude e a distancia ao mar, distinguíndose.

- A estepa cálida da costa SL(Murcia, Almería) con temperaturas en torno aos 17-18°C de media anual e invernos moi suaves ˃10°C. -A estepa fría do interior do SL(Leste da Mancha, Albacete)e da zona media do val do Ebro (Zaragoza), con medias anuais ˂ 17°C e invernos moderados(6-10°C ) ou frios por debaixo dos 6°C.

Page 146: Tema 2
Page 147: Tema 2
Page 148: Tema 2
Page 149: Tema 2
Page 150: Tema 2

O clima de montaña• Localización: cumios a máis de 1000m de

alitude.

Page 151: Tema 2

• Coa altura se incrementan as precipitacións e diminúe n as temperaturas(6° /1000m).

• Precipitacións abundantes ˃ 1000 mm anuais. Frecuentes en forma de neve

• Temperaturas, media anual baixa ˂ 10°C Invernos fríos ˂ 0°C• Variacións:• Área oceánica, ningún mes seco e veráns frescos ˂

22°C.• Área mediterránea, redución das precipitacions en

verán con un ou dous meses secos . Temperaturas estivais máis altas ˃ 22°C

Page 152: Tema 2
Page 153: Tema 2
Page 154: Tema 2

Lago en Covadonga

Page 155: Tema 2

Clima subtropical das illas Canarias.

• Factores: • situación meridional O anticiclón das Azores e os ventos alisios do NL

temperatutas suaves todo o ano.• Corrente fría de Canarias• O relevo Nas vertentes a barlovento do alisio

prodúcense precipirtacións e nebulosidade abundante.

Page 156: Tema 2

• As precipitacións e as temperatura variaran tamén en función da altitude.

• Nas zonas baixas as precipitacións son escasas, 300-150 mm. As máximas prodúcense no inverno. As temperaturas son cálidas todo o ano entre 8°C e 17 °C con unha amplitude térmica moi baixa.

• Nas zonas altas e medianias ,increméntanse as precipitacións e descenden as temperaturas.

Page 157: Tema 2
Page 158: Tema 2
Page 159: Tema 2
Page 160: Tema 2
Page 161: Tema 2
Page 162: Tema 2
Page 163: Tema 2
Page 164: Tema 2

• Pola posición xeográfica, entre os 41° 48’ e 43° 47’ de latitude norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental de Europa.

• O clima oceánico de Galicia verase modificado por unha serie de factores como

• disposición do relevo,• a orientación da maioría das rías• a distancia ao mar • Características das depresións e vales fluviais

Page 165: Tema 2

• Prodúcese polo tanto unha progresiva degradación cara ao sur e o leste do dominio oceánico distinguíndose polo menos cinco ámbitos diferentes:

Page 166: Tema 2

Climas de Galicia

Galicia occidental Oceánico costeiroFachada cantábricaÁreas de montañaGalicia interiorVales e depresións do sector meridional. Transición ao mediterráneo

Page 167: Tema 2

• Galicia occidental ,Oceánico costeiro• Temperaturas medias 12 °C• Precipitacións anuais > 1500 mm• Causas: orientación das rías que favorecen a

entrada das masas de aire.• Nas rías Baixas as temperaturas son máis

elevadas 12-15 °C• As precipitacións descenden no verán con

tendencia á aridez.

Page 168: Tema 2

• Oceánico húmido No litoral noroccidental

Page 169: Tema 2

• Oceánico hiper-húmido, nos arredores de Santiago.• As precipitacións superan os 1.500 mmanuais

Page 170: Tema 2

• Oceánico húmido con tendencia á aridez. Nas Rías Baixas.

• A escaseza de precipitación é notable especialmente no mes de xullo.• As temperaturas moi suaves, incluso en inverno.

Page 171: Tema 2

• Fachada cantábrica. • As temperaturas mantéñense con invernos frescos e veráns suaves.• As precipitacións a 800-1000 mm pero sen aridez estival.

Viveiro

Page 172: Tema 2

• Galicia interior, Terra chá Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e a Limia

• As precipitacións descenden• Aumenta a oscilación térmica +-14°C, Invernos moi fríos veráns moi cálidos

Page 173: Tema 2

• Vales e depresións meridionais .Vales do Miño e o Sil e pequenasdepresións do sur• As precipitacións inferiores aos 800-700 mm, aridez estival.• As temperaturas aumentan, as medias anuais superan os 14°C• Considérase de transición ao mediterráneo

Page 174: Tema 2

• Oceánico de montaña• Nas Serras Orientais e nos rebordos da Meseta

de Lugo. • Por riba dos 700 m • Aumenta a oscilación térmica anual e diaria.• As precipitacións frecuentemente en forma de neve.

Page 175: Tema 2

Vocabulario• Amplitude térmica ou oscilación térmica. Diferncia entre os valores áximos e mínimos

dunha temperatura. Podese referir a um día, mes ou ano• Aridez A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espacio dado. A aridez

aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Existen diversos índices para calculala: o índice de Gaussen mide a aridez mensual, un mes é árido cando 2TºC ≥ Pmm. O índice de Lautensach-Meyer determina a aridez xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de agua (menos de 30mm de precipitación).

• Barlovento Parte dun relevo ou zona orientada cara ó lugar de onde vén o vento. É dicir, ladera dun

relevo montañoso exposta ao fluxo ascendente do vento. Ao elevarse o aire, arrefríase, se condensa o vapor de auga que contén e produce precipitacións. En España, a ladera de barlovento dependerá de onde proceda a masa de aire húmida e a disposición do relevo; por exemplo na Cordillera Cantábrica será a vertente norte. Oponse a sotavento.

• Inversión térmica Aumento da temperatura do aire ó aumentar a altura, cando debera de disminuir

segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o máis frío. E un fenómeno que se produce sobre todo no inverno cando o aire frío, máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Isto débese a que a superficie de contacto co chan, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos cumes.

Page 176: Tema 2

• Isóbara• Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma

presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isobaras trazanse cada 4mbs. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclones, cando se sitúa por baixo, borrascas.

• Isohieta• Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma

cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm. En España os valores máis elevados (superiores a 800mm) corresponden ás zonas montañosas e ao norte peninsular; os valores máis baixos (inferiores a 300mm) danse na zona do sureste peninsular e nas illas de Lanzarote e Fuerteventura.

• Solleiro. Orientación dunha vertente montañosa que recibe maior cantidade de radiación solar, normalmente orientada cara ao sur no hemisferio norte.

• Seca. Período prolongado de tempo durante o cal non se producen precipitacións.• Umbría• É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a

vertente do val expostas á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte.

Page 177: Tema 2
Page 178: Tema 2

http://www.slideshare.net/mpimienta/geografa-de-espaa-bachillerato-clima

http://noespazoenotempo.webnode.es/diversidade-climatica/tema/https://xacintariodotcom.wordpress.com/http://xhdegalicia.blogspot.com.es/2011/01/dominios-climaticos-climogramas.html

http://www.educaplus.org/climatic/07_cmg_queson.html

Fontes:Xeografia 2º bacharelato Anaya¨Páxina ,enlaces e directrices da CIUGA http://ciug.cesga.es/grupos/xeografia.phpImaxes varias tomadas do arquivo de google e algunhas da miña compañeira Inma