13 Abril 2011 - BD Nº32

24
BALONCESTO LIGA LEB OURO FÚTBOL SALA páx.6-7 Número: 32 - Ano: III - 8 de abril de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 28 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. O COB recibe ao Melilla coa auga ao pescozo Páx.8-9 Entrevista a Fernando Varela, concelleiro de Deportes páx.22-23 Rali: Sábado 16, I Rali de terra de A Gudiña páx.16 Os efectos positivos da relaxación mental páx.20 Ponte Ourense sitúase líder na División de Honra mentres que Cidade de As Burgas loita por meterse na Copa

description

O Barrios Deportivo número 32 xa está na rúa e nos acontecementos deportivos máis destacados. Ponte Ourense sitúase líder na División de Honra mentres que Cidade de As Burgas loita por meterse na Copa. O COB recibirá ao Melilla coa auga no pescozo. O Sábado 16, terá lugar o Rali de terra de A Gudiña. Comentaremos sobre os efectos positivos da relaxación mental, e disfrutade do noso espcial Hockey Caldaria Barrocás.

Transcript of 13 Abril 2011 - BD Nº32

Page 1: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BALONCESTO LIGA LEB OURO FÚTBOL SALA páx.6-7

Número: 32 - Ano: III - 8 de abril de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 28 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

O COB recibe ao Melilla coa auga ao pescozo Páx.8-9

Entrevista a Fernando Varela, concelleiro de Deportes páx.22-23

Rali:Sábado 16, I Rali de terra de A Gudiña páx.16

Os efectos positivos da relaxación mental páx.20

Ponte Ourense sitúase líder na División de Honra mentres que Cidade de As Burgas loita por meterse na Copa

Page 2: 13 Abril 2011 - BD Nº32

� BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

ATLETISMO

Redacción

O pasado �0 de marzo, o ultrafondista ourensán Antonio Madriñán parti-cipaba na proba de ultra-fondo dos 50/100 quiló-metros Villa de Madrid. Madriñán acadou a segun-da posición na distancia de 80 quilómetros. A pro-ba arrancaba moi cedo, en torno ás 7.30 horas. A xornada estaría marcado polo forte sol e as altas temperaturas ademais da dificultade do circuíto de

Segundo nos 80 quilómetros de Madrid4 O ultrafondista ourensán, Antonio Madriñán logra a segun-da posición no Vila de Madrid.

10 quilómetros de distancia sendo na súa maioría suba, facendo a proba dunha du-reza extrema e unhas das máis complicadas do calen-dario nacional.

Próximo retoO ultrafondista, Antonio

Madriñán, xa está prepara-do para o próximo reto: as �4 horas “Somos” de Ciu-dad Real, sendo este o se-gundo dos retos solidarios que fará o ourensán xunto co seu compañeiro de clu-be, Demetrio Álvarez. Antonio Madriñán. /ARQUIVO

Os atletas de Ourense, O Barco e Cuntis corren na mesma dirección4 Estes tres clubes galegos firmaron un convenio co fin de crear equipos competitivos e fomentar as categorías base.

Redacción

O Ourense Atletismo Academia Postal vén de fir-mar un convenio de colabo-ración cos seus dous clubes filiais: o ADAS Proinor de O Barco de Valdeorras e o Atletismo Cuntis, mediante o cal o conxunto ourensán contará cos atletas val-deorreses e cuntienses para as Ligas de Clubes, o seu obxectivo prioritario esta tempada, mentres o Adas e o Cuntis disporán agora da axuda que precisen para sacar adiante aos deportis-tas das súas respectivas es-colas. Mediante iniciativas coma esta, o Academia Pos-

tal busca potenciar o depor-te base non só en Ourense senón en toda a comunida-de, por iso está a crear lazos de colaboración con clubes do todo o seu entorno co fin de consolidar un equipo competitivo capaz de pro-mover o atletismo dende as categorías menores.

Proxecto “Coñece o meu clube”

Seguindo co seu obxec-tivo de achegar o atletismo aos máis pequenos, o clube ourensán acaba de por en marcha un novo programa, “Coñece o meu clube”, no que integrantes da propia entidade (como Santi Pé-rez ou Alfonso Palomanes) visitarán diversos centros educativos da cidade, como fixeron o pasado día 30 no colexio das Josefinas, co fin de inculcarlles aos rapaces os valores que se poden ad-quirir na infancia median-te a práctica dun deporte como o atletismo, así como captar novos talentos que se comezarían a formar nas escolas deportivas do Aca-demia Postal.

Os presidente de ADAS O Barco e Academia Postal tras firmar o convenio entre os dous clubes. /RAMSÉS

Pepe Márquez o máis rápido nos 10.000 en pista4 No campionato provincial - II trofeo Casa da Xuventude.

Redacción

O atleta do ADAS O Bar-co, Pepe Márquez, procla-mouse campión provincial nos 10.000 metros en pista - II Trofeo Casa da Xuven-tude; Silvia Teijeira foi a campioa en mulleres.

Nunha mañá soleada, a primeira proba do trofeo organizado polo club Casa da Xuventude de Ourense, foi os 10 quilómetros femi-ninos, no que o Academia Postal copou os tres caixóns do podio, polo que tamén faríanse co triunfo por equipos. A Silvia Teijeira a acompañaron as súas com-

O atleta do ADAS O Barco, Pepe Márquez, na liña de meta dos 10 quilómetros en pista. /RAMSÉS

pañeiras de equipo, Filo-mena Cid e Cristina Fer-nández. En homes, Pepe Márquez (ADAS Proinor) estivo flanqueado por José A. Paz (Academia Pos-tal) e José Manuel Vallejo (AD Limiactiva).

Por equipos, no Trofeo Casa da Xuventude, o me-llor equipo foi o Ourense Atletismo Academia Pos-tal, seguido polo recen-temente creado Sprintes Ourense e en terceira po-sición quedaron os anfi-trións do evento, o Club Casa da Xuventude de Ourense.

Page 3: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

3ACTUALIDADE

Redacción

O equipo de BTT da Es-cola do ciclista macedán J.A. Hermida, Academia Postal - Actyon, arrancou o ano con grandes resultados, refrendados no primeiro fin de semana do mes de abril, impoñéndose os ciclistas do club en todas as carreiras que participaron.

No Open Galicia celebra-do en Poio (Pontevedra), José Ramón Villanueva era o gañador na categoría Éli-te, cunha gran ventaxa con respecto aos seus adversa-rios. Na mesma proba, Iago García remataba en sexta posición pero mantería o maillot de líder do Open galego.

O júnior Saúl López ven-cía con gran autoridade e unha diferenza importante,

Racha de vitorias4 Gran arranque de tempada do Academia Postal - Actyon, de BTT.

o que o afianzaba como líder do Open. O seu com-pañeiro, David Rodriguez subiría ao podio no tercei-ro caixón.

Outros dos gañadores deste fin de semana do Academia Postal - Ac-tyon, foi o cadete Mar-cos Villar o que lle facía conservar, como aos seus compañeiros, o maillot de líder; o seu compañeiro, Iván Conde finalizaría en cuarta posición.

A cuarta vitoria en me-nos de 48 horas chegaba da man de Pablo Rodriguez, júnior, quen facíase ven-cedor da Taça de Portugal, desputada na localidade do país veciño, Povoa de Lanhoso, sendo de carác-ter internacional diante do actual campión portugués da especialidade.

Pablo Rodríguez en Portugal.

P. Lodeiro

O 16 de abril terá lugar en Eiroás a segunda fase do Open Galaico Astur de IPSC. A competición ce-lebrarase nas novas insta-lacións situadas no antigo vertedoiro municipal de Ourense, que o Concello cedeu ao club para estes eventos.

Na primeira fase deste Open nacional, celebrada en Xixón no mes de mar-zo, os tiradores ourensáns destacaron polos seus resultados. Na categoría estándar David Davite foi primeiro, mentres que Bernardo Deprado acadou o 4º posto, Roy Deprado o 7º e Miguel Pérez o 1�º.

A competición inclúe un total de seis probas, das que puntúan os catro me-llores resultados. Dispú-tanse nas instalacións de

Eiroás acolle a segunda fase do Open Galaico Astur de IPSC4 Esta competición de tiro práctico terá lugar o día 16 de abril.

Eiroás, e en sendos clubes de Xixón e A Coruña.

Outras competiciónsEste fin de semana (do 7

ao 10 de abril) celébrase en

Madrid a primeira fase da Copa do Rei, con presenza de dous tiradores ouren-sáns.

Por outra banda, o día 9, o club de tiro de Eiroás

acollerá a primeira fase do Campionato Regular de Plato, e o 10 de abril o Campionato Autonómico de fogo central e pistola da-mas 30+30.

Curso de tiro práctico celebrado en Eiroás./ARQUIVO.

Carreira-andaina de sobresaínte en Verín4 A primeira “Pozo do Demo” congregou a 800 participantes.

Participantes da carreira “Pozo do Demo”./ SAUDETER

Redacción

O domingo 3 de abril Verín acolleu a I Carreira-andaina de Monte “Pozo do Demo”, organizada polo concello da localidade e a Asociación Ruta das Augas e na que se deron cita un total de 800 participantes (478 andaríns, 146 atletas infantís e �06 atletas adul-tos).

A andaina, que foi aberta por tres cigarróns, tivo un percorrido de 15 quilóme-tros, a carreira de peque-

nos (benxamíns e alevíns) comprendeu 700 metros, a de escolares (infantís e ca-detes) �.000 metros e a de adultos 11 quilómetros.

Gañadores e premiosOs grandes vencedores

da xornada foron Elpidio Gómez na carreira absolu-ta, Emilio Pazos na de pe-quenos e Iván Gómez na de escolares, os cales reci-biron, ao atoparse entre os tres primeiros clasificados dunha categoría, un trofeo conmemorativo.

Page 4: 13 Abril 2011 - BD Nº32

4 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

XIMNASIA

A fase final da disputarase en Ourense o 28 de maio

Redacción

O Polideportivo da Mala-ta de Ferrol acolleu o Tor-neo Primaveira de dita lo-calidade, no que o Clube Ximnasia Pavillón acudiu con tres representantes (Antía Vázquez, Ana Man-gana e María Rodríguez) na categoría alevín, que parti-ciparon de forma individual e competiron con ximnastas que participarán no Cam-pionato Galego Individual Federado, clasificatorio para o Nacional.

E o estreno das tres

Redacción

A Primeira Fase da Copa Deputación de Ximnasia, desputada en Allariz, divi-diuse en dúas modalidades: ximnasia rítmica (indivi-dual e conxuntos) e trampo-lín (minitramp e tumbling). Na primeira delas competi-ron un total de 16 rapaces de maneira individual e �� conxuntos, dos que des-tacaron o Club Ximnasia Escola Pavillón e Escola Municipal de Barbadás ao ser as entidades que máis podios acadaron.

Na modalidade de tram-polín os resultados foron máis dispares, pero chamou a atención a ampla partici-pación das escolas nas cate-gorías inferiores, cun total de de 57 participantes nas dúas especialidades de mi-

Pleno de medallas para Ximnasia Pavillón en Ferrol4 As tres representantes ourensás subiron ao podio.

ourensás nunha cita federa-da non puido ser mellor, xa que todas lograron subir ao podio na modalidade na que competiron. De feito, Antía Vázquez acadou o primeiro

Exhibición de ximnasia4 Os escolares ourensáns participaron en Allariz na I Fase da Copa Deputación.

nitramp e tumbling.Para coñecer o gañador

da Copa Deputación fara-se a media dos dous me-llores resultados das tres fases que a compoñen, xunto á marca obtida na

Unha ximasta no campionato de Ferrol.

gran final, que se disputará en Ourense o �8 de maio. R. Torres

No pavillón dos Reme-dios celebrouse o III Torneo de primaveira organizado polo Club Ximnasia Escola Pavillón e no que o equi-po ourensán acadaou unha gran actuación, deixando en Ourense un total de 10 me-tais, cinco ouros, dúas pra-tas e tres bronces. As moda-lidades que se puideron ver na cancha central do pavi-llón municipal ourensáns foron as de ximnasia rítmi-ca e trampolín, nas catego-rías base e sénior. As xim-nastas do Club Ximnasia Escola Pavillón actuaron a un gran nivel e demostran-do a súa progresión o que as fai afrontar con moita ilusión as vindeiras citas do club, como será, no mes de maio, o Campionato Gale-go Clubes que se celebrará en Pontevedra.

Boa actuación do C. X. Escola Pavillón4 Acadaron un total de 10 medallas.

Os ximnastas locais, ti-veron tamén unha grande actuación na modalidade de trampolín, proba que tivo un control no anexo do pa-villón de Ourense.

4 Medallas do Club Ximnasia Escola Pavillón

OuroAna Mangana (alevín). CordaMaría Rodríguez (alevín). AroKelly Vanesa Ruales (infantil). Mans libresNerea Sastre (infantil). PelotaLaura Méndez (infantil). Cinta

PrataAntía Vázquez (alevín). PelotaKelly Vanesa Ruales (infantil). Mazas

BronceEva Rebollo (alevín). Competición rítmica baseAntía Vidal (sénior). AroAntía Vidal (sénior). Cinta

O Ximnasia Pavi-llón participará en maio no Galego de clubes

Unha participante no Torneo de Primavera celebrado no pavillón de Os Remedios de Ourense./I. OSORIO

posto do exercicio de pelo-ta; ao igual que o fixo María Rodríguez en aro. Pola súa banda, Ana Mangana fíxo-se coa segunda posición en corda.

Un dos grupos participantes en Allariz na I Fase da Copa Deputación de ximnasia.

Page 5: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

5FÚTBOL

Os “rojillos” re-gresan á compe-tición o domingo, 17 para visitar ao Narón

4 Visita dos alevíns de CD Ourense ao esta-dio do Chelsea

Redacción

Os rapaces alevíns do Club Deportivo Ourense foron ata Inglaterra para disputar un encontro de fútbol contra un equipo de dito país da súa categoría.

Aproveitando a viaxe a ese país acudiron ao estadio do Chelsea, Stamford Bridge, onde os rapaces do Ourense empregaron a ocasión para fotografiarse nas súas banca-das. Ademais da visita e do partido, puideron poñer en práctica os seus coñecementos de inglés.

4 Últimos partidos da UD Barbadás partidos na Primeira División - Grupo II

Os alevíns de CD Ourense no estadio do Chelsea, Stamford Bridge.

Redacción

A UD Barbadás está es-gotando os seus derradeiros minutos no grupo segundo da Primeira Nacional femi-nina logo de ter certificado o descenso ao final de tempa-da. Despois de varios anos de ledicia logrando ascenso tras ascenso, este ano a sor-te tornou e agora toca a cruz do deporte, o descenso.

Este ano estivo marcado polos problemas do equipo á hora de ter unha planti-lla competitiva debido en gran medida ás lesións e as poucas xogadoras das que dispuña Fofi en cada partido. Agora toca rematar

a tempada o máis digna-mente posible e pensar de cara a vindeira tempada na que pensarase lograr nova-mente o ascenso. O último

partido en casa será o do-mingo, 10 de abril, a partir das 1� horas, onde quererán deixar un bo sabor de boca aos seareiros.

Encontro da UD Barbadás feminino. /RAMSÉS

Cinco partidos para manter a terceira posición4 Aos de Cándido Gómez tan só lles restan cinco partidos desta liga para manter a ter-ceira e loitar polo ascenso.

R. Torres

Cinco partidos das seis xornadas que restan para rematar a liga son os que lles faltan a un CD Ourense afianzado na terceira posi-ción. A pasada xornada pa-saba por enriba dun As Pon-tes ao que derrotaba en O Couto por tres goles a cero, e volvía á sendo do triunfo despois de caer derrotada a semana anterior na casa do Vilalonga (1-0).

O equipo “rojillo” ten ago-ra como obxectivo, logo de que Cerceda e Ferrol estén moi lonxe na clasificación, manterse en postos de pro-moción, xa sexa o terceiro ou o cuarto posto. A distan-cia que o separán ao cadro ourensán dos dous primeira é prácticamente insalvable se temos en conta que o CD Ourense pode lograr, de ga-ñar todos os encontros 15

Gran parada do meta de As Pontes a tiro de Noguerol a bocaxarro. /RAMSÉS

O Ourense des-cansa esta xor-nada

O próximo pari-do en casa será o 24 de abril contra o Cultural Areas

puntos, e Ferrol está a 10 e Cerceda a 15.

Mirando cara abaixoLonxe os dous primeiros

postos, toca manterse na promoción sexa no terceiro ou no cuarto posto da táboa. Para estes dous posto puxan tres equipos, Vilalbés, Or-des e o propio Ourense. O Ourense é terceiro con 55 puntos e un partido máis cos seus rivais (descansa esta xornada e equipararanse a partidos xogados); en cuar-ta posición está o Somozas con 51 puntos e de quinto e fóra da promoción mar-cha o Vilalbés cos mesmos puntos que o Somozas, 51. Nesta xornada, o Somozas visita ao Estradense, que quere saír da zona perigosa cuanto antes e o Vilalbés visita o campo do Negreira, equipo que está en terras de ninguén sen apenas opcións

de entrar en promoción e moi lonxe dos postos de descenso.

O Ourense regresa á competición o domingo 17, fronte o Narón que lo-ita pola permanencia.

Page 6: 13 Abril 2011 - BD Nº32

6 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011 FÚTBOL SALA

4 Xornada 25 - 8-9 de abrilVP Soto del Real - L. CD OrvinaC. Queralt Gironella - Cidade de As BurgasBurela FS Pescados Rubén - C. de AlcorcónValladolid FSF - Femesala ElcheNatudelia.com Zaragoza - DescansaDiamante Rioja - At. Madrid NavalcarneroPonte Ourense - Cajasur D. Córdoba Móstoles - UCAM Murcia

División de Honra FSF - 24ª xornadaPosto Equipo Puntos 1º Ponte Ourense - 67 �º Móstoles - 65 3º Burela - 45 4º Atl. Madrid - 44 5º Diamante Rioja - 4� 6º Córdoba - 40 7º Zaragoza - 38 8º Valladolid - 36 9º Gironella - 3�10º C. de As Burgas - 3� 11º Elche - 311�º Soto del Real - �113º UCAM Murcia - �114º Orvina - 1815º C. de Alcorcón - 17

Duro correctivo4 O Cidade de As Burgas sufre unha derrota dolorosa ante o Burela que mostra as súas credenciais de cara á Copa de España.

R. Torres

O Cidade de As Burgas sufriu un duro varapalo a pasada xornada ante un Burela que demostra que vai en serio (unha vez que xa non ten posibilidades na liga) para a conquista da Copa de España que se celebrará a final de tempada na localidade lucense.As de Codeso perderon unha oca-sión de ouro para achegarse un pouco máis aos postos que dan acceso a disputar a Copa de España; diante estaba un Burela en alza di-rixido por Javier Pardeiro, que ao non ter posiblidades na liga ten todas as esperan-

zas postas na Copa que este ano celébrase no seu feudo.

O partido contra Burela comezou mal, cun gol, aos dous minutos, en propia porta a cargo de Vanessa ao tentar despexar un ba-lón centrado ao área. Ata a chegada do segundo gol, as ocasión alternábanse nas dúas portas chegando a ter Iria o empate nas súas botas nun disparo desde media cancha, ata que, Lucía de pontente disparo de falta ampliaba a renda das la-ranxas. Dous minutos máis tarde, Lucía lanzaba para as locais un dobre penalti que chocaba co pao e Vanessa collía o rechace e marcaba

o tanto, enmendando deste xeito o seu erro no primeiro tanto visitante; co 1-� che-garíase ao descanso.

No inicio do segundo tem-po, Manolo Codeso ordeou unha maior intensidade no xogo pero, o Burela lonxe de amilanarse, ampliaría a renda con dous goles máis despois de sendos roubos de balón, o primeiro obra de Lucía e o segundo de Clau-dia. Estes dous goles rema-tarían por romper o encontro e as locais non podían evitar a deblaque; dous minutos máis tarde, Lucía facía o 1-5 e a porteira lucense, Jozi, desde a súa porta poría o 1-6 cando o Cidade estaba xo-

gando con cinco xogadoras. Lidia desde metade de can-cha faría o último tanto do encontro e definitivo 1-7.

Con esta derrota, o Ci-dade de As Burgas ocupa a décima posición con 3� puntos, a catro da oitava praza que da acceso a dis-putar a Copa de España. As pupilas de Codeso, unha vez solventado o obxetivo da permanencia, xogaranse a súa presenza en Burela (sede da Copa), nestas seis xornadas que restan con-tra Zaragoza, Valladolid, Gironella (próximo rival das ourensás) e Elche; es-tes cinco equipo loitarán por dous postos (sétimo e oitavo) para xogar o título copeiro. Burela por ser a anfitrioa, e Ponte Ourense e Móstoles pola ventaxa que levan con respecto ao resto de equipos, teñen asegura-da a súa presenza na fase final; Atlético de Madrid, (44 puntos), Rioja (4�) e Córdoba (40) o teñen moi fácil para acudir a Burela, salvo deblaque nestas seis xornadas. Polo que queda-rán dous postos para cinco equipos nos que esperemos que estén as rapazas do Ci-dade de As Burgas que na súa primeira participación na máxima categoría da Di-visión de Honra do fútbol sala nacional, están deixan-do moi boas sensacións alí

por onde van e de seguro que serán ao final de tem-pada o equipo revelación.

Vindeira xornadaO Cidade de As Burgas

visita a un rival directo nes-ta xornada, enfróntase ao Gironella. O equipo catalán ten os mesmos puntos (3�) que o Cidade polo que un pinchazo faría complicada a participación na próxima edición da copa. Outro par-tido no que os afeccionados

Unha vez logrado o obxectivo da permanencia, tócalles tentar estar a final de tempada entre os oito primeiros para desputar a Copa de España que se vai celebrar en Burela

ourensás porán as miradas será no Valladolid - Elche. O Zaragoza, pola súa ban-da, xa conta con tres puntos por tocarlle contra o Cam-pillos, equipo que borrouse da competición.

Vanessa do Cidade e Claudia do Burela pugnan polo balón. /RAMSÉS

Cidade - Burela en Os Remedios. /RAMSÉS

Page 7: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

7FÚTBOL SALA

Redacción

Fai uns días, a xogadora do Ponte Ourense, a ouren-sá Marta Figueiredo reci-bía a mellor das novas: era preseleccionada polo selec-cionador nacional José Ve-nancio, “tiña no móbil unha mensaxe de Enátali (coordi-nadora de Ponte Ourense) para que a chamara en canto puidera; en canto a chamei e díxome a nova, non o cría”, explicaba Marta.

A xogadora pontina é consciente da dificultade que ten ser seleccionada pero considera que “isto xa é un paso, é un soño para min”.

A preselección é para a disputa dun torneo interna-cional que se vai a disputar no mes de maio en Rusia. Das 18 preseleccionadas, José Venancio elexirá final-mente a 1� xogadoras, des-exando que unha delas sexa Marta Figueiredo, co que sería a primeira internacio-nal ourensá, non así a pri-meira que milita nun equipo ourensán.

As vindeiras semanas se-rán chave para que o selec-cionador a elixa para formar

4 Marta, preseleccionada con España

parte do combinado nacio-nal, pero para elo terá que facer bos partidos nun mes, o de abril, onde se xogará xunto coas súas compañei-ras gran parte das posibili-dades de facerse co título de campioas da División de Honra do fútbol sala femini-

no, neste mes agardan Cór-doba, Murcia ou o seu maior rival, Móstoles. Marta, a pe-sar de que pode ser chamada pola selección nacional, o ten claro “quero facer bos partidos para, sobre todo, beneficio do meu equipo, o Ponte Ourense”.

Marta Figueiredo posando coa camiseta da selección na tenda Sequesport. /RAMSÉS

Líderes!4 O Ponte Ourense aproveita o tropezo do Móstoles contra o Córdoba e encarámase á primeira posición a falta de seis xornadas.

R. Torres

O Ponte Ourense alcanza a primeira posición tras go-lear ao Atlético de Madrid Navalcarnero e aproveitar deste xeito o tropezo do Móstoles en terras cordo-besas onde caeu ante o Ca-jasur por un contundente 8-� no que foi a primeira derrota das madrileñas esta tempada.

�4 xornadas tiveron que pasar para que as de Ma-nuel del Castillo consigan o premio á constancia e aú-pense ao fronte da clasifica-ción da División de Honra do fútbol sala feminino.

As ourensás saían á can-cha sabedoras do tropezo das mostoleñas polo que saíron ao encontro moi en-

chufadas e tendo presente a importancia de sacar algo positivo deste partido con-tra un Atlético de Madrid que marchaba na terceira posición ata o día anterior, no que a vitoria do Burela facía que baixarán un pel-daño na táboa.

O inicio do encontro foi de gran intensidade debido a que ambas escuadras xo-gábanse moito neste encon-tro, sendo o Futsi o que tiña un maior control do balón pero cun Ponte ben asenta-do sobre a cancha. Na me-dianía da primeira parte, a internacional por España, Laura Fernández adiantaba ás visitantes tras unha xo-gada de estratexia de libre indirecto. Este gol templa-ba os nervos das pontinas

que ata ese momento eran desbordadas polas locais pero que, grazas as inter-vencións da súa porteira, Eva Tamayo, o marcador non se movera. A un minuto do descanso, Ampi en rápi-da transición poñía terra de por medio.

Nos primeiros minutos do segundo período, as “ro-jibrancas” asediaban a meta defendida por Eva empurra-das pola súa bancada; den-

de este dominio local, Anita Luján recortaría distancias. Sen tempo a meterse nova-mente no encontro, as ma-drileñas verían como Sarita, de xogada persoal, devolvía os dous goles de diferenzoa para o cadro pontino (3-1) e, dous minutos máis tarde chegaba o segundo gol da mañá de Ampi culminando unha contra. A partires dese momento o adestrador lo-cal, Emilio López, apostaba polo xogo de cinco, que lle permitía maior posesión ao seu equipo pero a costa de máis risco para a súa porte-ría, este plantexamento nos

minutos finais non fixo que o marcador variara, polo que se chegou ao remate do mesmo co resultado de 1-4 e co Ponte Ourense como novo líder da clasificación. A falla de tres minutos Sari-ta vía unha vermella direc-ta o que fará que se perda as dúas próximas citas do Ponte.

Derrota de MóstolesO Móstoles recibe a pri-

meira derrota da tempada diante dun Cajasur Córdoba que sorprendeu as madrile-ñas e as goleou por 8-�, a pesar de que o Móstoles

O partido de Pon-te Ourense contra o Córdoba será este sábado, 8 de abril, desde as 16.30 horas nos Remedios

adiantábase no marcador no primeiro minuto de en-contro.

Vindeira xornadaEste sábado, 8 de abril,

a partir das 16.30 horas, o Ponte Ourense recibe ao verdugo do Móstoles a pa-sada xornada, o Córdoba, ex equipo de Ampi e Sara. Este encontro será un boa oportunidade para compro-bar se as de Castillo chega-ron á primeira posición para quedarse. O Móstoles, pola súa banda, recibe ao UCAM Murcia, equipo que está na loita por non descender.Laura e Sara presionado a unha rival. /RAMSÉS

Page 8: 13 Abril 2011 - BD Nº32

8 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011 BALONCESTO

Este sábado, 9 de abril, ás 19 horas, o Codigalco Car-melitas recibe ao Arxil e o Pabellón Ourense ao Jopisa Burgos

Redacción

Tal e como describía o seu técnico, Lisardo Rodríguez, ao remate do partido que en-frontou o sábado en Os Re-medios a Pabellón Ourense e Cáceres (ao que ambos chegaban igualados a seis vitorias e desputábanse, polo tanto, o duodécimo posto da clasificación), “o resultado (43-84) demostrou que so-mos o segundo peor equipo da liga. O rival superounos en tódalas facetas. Foi frus-trante”. Pola contra, o Codi-galco Carmelitas, volvendo á súa senda habitual nos úl-timos meses, logrou superar a un contrincante sito por enriba na taboa. Nesta oca-sión, caeu ante as colexilas o Pío XII.

Nin cóxegasAs amargas declaracións

de Lisardo Rodríguez antes mencionadas, a pesar de es-tar totalmente xustificadas polos 40 minutos que as precederon, foron comple-tamente fieis ao espectáculo que se viviu na cancha pabe-llonista na vixésimo cuarta xornada de Liga Feminina

Derrota “frustrante” do Pabellón ante o Cáceres

�. Un Cáceres que chega-ba a Ourense logo de sete derrotas consecutivas, non tivo ningún problema para arrasar ao que, en teoría, era o seu rival máis directo. O Pabellón saiu á cancha sen apenas motivación nin con-centración, carencias que as de Nete Bohígas non tarda-ron en aproveitar, facéndose coa maioría dos rebotes e logrando chegar ao descan-so xa cunha cómoda ven-taxa (�0-4�). Unha derrota anunciada que a segunda parte só serviu para rati-ficar. De feito, a distancia no casilleiro foise facendo cada vez maior e sen que as cacereñas tiveran que suar en exceso a camiseta logra-ron rematar o encontro 41 puntos por diante (43-84). Nesta ocasión, nin a sempre brillante actuación de Bris-tol (esta vez menos lucida que de costume) conseguiu limpar o máis mínimo a mala imaxe que ofreceron as ourensás, quizais máis sorprendente do normal ao vir precedida dun encontro (o da xornada �3) no que as de Lisardo Rodríguez non só conseguiron vencer ao

Aros León como visitantes (61-66), senón que domina-ron cada un dos minutos de partido, o que parecía (aínda que non foi así) o fin da súa mala racha.

Nove vitorias e noveno posto

Pola contra, a cara dóce da xornada proporcionóu-nola o Codigalco Carme-litas, que segue a acadar resultados históricos para o clube colexial e ascenden-do, pouco a pouco, na cla-sificación xeral a costa de vencer a grandes e peque-nos. Despois de que fai dúas xornadas lle puxesen as

cousas difíciles ao líder, o Valbusenda, aínda que sen ser capaces de doblegalo (xa que as colexialas re-mataron perdendo 58-69), esta vez foi o Pío XII, que contaba cunha baixa de-terminante (Isa Suárez), a vítima do Codigalco, logo dun encontro moi axusta-do e caracterizado polos numerosos erros de ambos conxuntos, así como por unhas baixas anotacións, que se extenderon ata o derradeiro período. Pero a partir do minuto 35 as de Juan Rodríguez romperon o encontro cando cunha defensa zonal consegui-ron un parcial de 0-13, que sentenciaba a cita cun 38-50 a favor das visitan-tes. A novena vitoria das ourensás, que lles permitiu escalar ata o noveno posto da tá10boa. Só a ausencia de descensos empaña un pouco o bo sabor de boca que as colexialas están a deixar en cada encontro que desputan.

4 Pola contra, o Codigalco venceu ao Pío XII.

Noelia Oliva defendendo a unha rival. /RAMSÉS

Co corazón en Ourense e a cabeza en Ciudad Real4 O Club Ourense Baloncesto chega á penúltima xornada coa última pinga de osíxe-no para saír da posición de descenso direto e meterse no play out.

Salva Arco internándose na zona do Breogán no último partido disputado en Ourense. /RAMSÉS

R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto chega a esta penúlti-ma xornada coa esperanza de xogarse a participación no play out polo descenso na derradeira xornada da liga regular.

O final de tempada está próximo e a hora da ver-dade achégase; as mate-máticas non fallan, nesta

xornada, a 33, unha vitoria cobista e derrota do Adepal daríalles a oportunidade aos de Rafa Sanz xogarse o participar no play out na última xornada, calqueira outro resultado nestes dous encontros condearían ao Augas de Sousas Ourense ao descenso. O COB re-cibe a un Melilla en horas baixas, mentres que o Ade-pal recibe a un Murcia que

Page 9: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

9BALONCESTO

Co corazón en Ourense e a cabeza en Ciudad Real4 O Club Ourense Baloncesto chega á penúltima xornada coa última pinga de osíxe-no para saír da posición de descenso direto e meterse no play out.

Salva Arco internándose na zona do Breogán no último partido disputado en Ourense. /RAMSÉS

chega como líder e claro aspirante ao ascenso, polo que o normal sería que o COB rematara a xornada a unha vitoria dos casteláns, pero nesta tempada nada é normal.

Derradeira xornadaDe producirse os resulta-

dos favorables para o COB, chegaríase á derradeira xor-nada da liga regular cun

Club Ourense Baloncesto que visita a cancha do Pa-lencia que pode chegar a este encontro coa necesi-dade de gañar para non xo-gar o play out de descenso; mentres que pola súa ban-da, o Adepal xoga en León contra un Baloncesto León que non se xogaría nada, xa que o play off de ascenso o ten asegurado e co factor cancha a favor. Difícil situa-

ción dun Club Ourense Ba-loncesto que perdeu moitas oportunidades ao longo da liga para non estar sumido no máis profundo da clasi-ficación. É difícil arranxar medio ano nun partido pero agora é obrigatorio facelo en dous. Os nervos marca-rán o corazón dos cobistas en Ourense mentres a ca-beza non esquecerá Ciudad Real.

O COB xoga esté venres, 8 de abril, no Paco Paz desde ás 21 horas contra o Melilla

O que non sexa a vitoria do COB e derrota do Adepal condearía aos de Rafa Sanz ao descenso

Rafa Sanz, adestrador do COB. /RAMSÉS

"Temos que gañar sí ou sí"4 O COB afronta a enésima final cargado de motivación.

Redacción

Ante unha cita tan de-terminante (a pesar de non ser a primeira nin a última da tempada que vive o COB) tanto o equipo como o seu ade-strador sairán á cancha cunha única obriga “ga-ñar sí ou sí”, tal e como sentenciaba Rafa Sanz durante a rolda de prensa previa ao enfrontamento co Melilla. “Para nós é unha final, este partido non admite ningún tipo de erros, xa que se tra-ta da nosa única opción para salvar a categoría. Debemos xogar ao límite das nosas posibilidades”. Segundo o cordobés os cobistas son plenamente conscientes da situación que atravesan e de todo o que se xogan este venres, pero a pesar diso están cargados de gañas e mo-tivación para enfrontar o encontro con éxito.

En canto ao rival, Sanz mantense cauto e con-sidérao, como a tódolos demais conxuntos da Leb Ouro, un duro contrin-cante para o colista. “Non estamos en posición de desprestixiar a ninguén”, asegurou. Ademais, é coñecedor de tódalas ha-bilidades do Melilla e considera que unha das chaves do seu contrincan-

te será o xogo un contra un (no que homes como Jason Detrick son máis que peri-gosos), por iso aposta por “non cometer ningún erro en defensa porque teñen moitas vías de anotación, ademais de ser un conxunto moi ben distribuído ofensi-vamente”.

Pero como ademais de gañar o COB precisa que o Adepal caia ante o Murcia, é moi probable que unha gran-de maioría dos seareiros do Ourense estean pendientes do que acontece simultánea-mente en Ciudad Real. Todo o contrario do que pronosti-

ca facer Rafa Sanz, segundo o cal “se gañamos pregunta-rei como quedou o Alcazar. Ata ese momento nós de-bemos ter tódolos sentidos centrados unicamente na nosa actuación”.

Por último, como non podía ser doutro xeito, o técnico do Augas de Sousas quixo dirixirse á afección tan incondicional coa que contan e confesou que “te-mos unha espiña clavada logo do último partido na casa. Por iso, queremos de-volverlle o sabor da vitoria á nosa xente”. Ogallá así sexa.

Page 10: 13 Abril 2011 - BD Nº32

10 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

ARTES MARCIAIS

Redacción

A expedición galega de kick boxing regresou a casa con tres metais do segundo campionato federado que se celebra este ano. David Nieto Fernández, bronce; Laura Dopazo Sequeiros, prata e Daniel Dopazo Se-queiros, prata, foron os que se colgaron metal neste campionato nas probas de

3 medallas para Galicia no segundo campionato oficial do ano de Kickboxing

Semi-Contact e Formas. Es-tas medallas únense ás co-lleitadas na primeira cita do ano, onde acadaron outras tres. A próxima cita nacio-nal será a proba de full-con-tact, que terá lugar os días 1 e � de abril na localidade sevillana de Osuna; ao que o clube deportivo Escuelas de kickboxing Cipri Go-mez e disciplinas asociadas aportará 4 competidores.

Cipri cos seus pupilos.

R. Torres

Os xóvenes deportistas Sergio Parga e Andrés Pi-ñeiro disputaron en Madrid o Campionato Nacional de Wushu, onde acadaron dous podios cada un deles.

Sergio Parga, de 15 anos, foi terceiro no estilo Chan-guan e campión nacional en manexo de Lanza. Pola

As xoves promesas do Wushu ourensán4 Sergio Parga e Andrés Piñeiro regresaron do Campionato Nacional de Wushu con catro podios.

súa banda, o seu compa-ñeiro (adestran xuntos no ximnasio Artai), Antonio Piñeiro, tamén de 15 anos, acadou a segunda praza en manexo de Sable do Sur e a terceira posición en estilo Nanquan.

Estes dous rapaces, aman-tes do deporte do Wushu, adestran entre tres e catro días á semana durante dúas

Redacción

Dúas medallas foi o acadado pola expedición ourensá no Campionato de España de Jiu Jitsu celebra-do en Madrid, que compos-ta por tres judokas chegaba ao campionato coa ilusión de facer un bo papel.

Felipe Iglesias, en menos de 6� quilos, tívose que conformar coa medalla de

horas diarias. Ademais, o seu deporte favorito o tras-ladan á vida cotiá á hora de concentrarse, por exemplo, nos estudos.

Presentámoslles a Andrés e Sergio, uns adolescentes que teñen un gran futuro no deporte do Wushu e, que de seguro, darán que falar en vindeiros campionatos que disputen desta disciplina.

Mosquera, xerente do pavillón, e o concelleiro de Deportes, Varela, flanqueando aos deportistas Andrés Piñeiro e Sergio Parga. /RAMSÉS

Dúas medallas na Nacional de Jiu Jitsu4 Iglesias e Álvarez foron os medallistas.

prata tras caer na final con-tra o tres veces campión do mundo e besta negra par-ticular do ourensán, Fran-cisco Javier García, por un resultado de 9-�. Antes da final, o ourensán desfíxose do rioxano Eneko Aburru-za e do madrileño Oscar de Paz en semifinais.

Christian Alvarez foi bronce na categoría de -94 quilos. Christian participou

na liguilla xunto aos extre-meños José Manuel Maris-cal e Santiago Rodríguez e os madrileños Thaer Odeh e Stefan Truta. Ao final da mesma rematou no terceiro posto, por detrás de Odeh e Mariscal.

O outro ourensán que par-ticipou no campionato, Mi-guel Baldemar Álvarez (-85 quilos), venceu no primeiro combate contra o madrileño Carrasco de la Mata pero quedou apeado das opcións de colgarse unha medalla ao perder contra o canario Juan Daniel Diepa Suárez.

36 anos despois, Laura Valdés

A ourensá Laura Valdés

foi a representante ouren-sá, 36 anos despois de que o fixera a última, na fase final do campionato nacional de Judo na cate-goría júnior, celebrada na localidade madrileña de Villaviciosa de Odón.

Valdés non puido supe-rar a primeira ronda caen-do ante unha das favoritas a conquistar o título (ao final rematou en segunda posición), a madrileña So-fía Hogrefe. A campioa de España foi a compañeira de Laura, a galega Tecla Cadilla. Ao ouro de Tecla hai que engadir para a ex-pedición galega outras tres medallas de ouro, dúas de prata e catro quintos pos-tos.

O mérito de Valdés é o de ser a primeira ourensá en participar na fase final dun campionato nacional 36 anos despois de que María Jesús González Gó-mez “Tutusa”, conquista-se a medalla de prata na categoría de -54 quilos, na edición de Córdoba, en 1975.Os tres representantes ourensáns no campionato nacional de Jiu Jitsu.

Page 11: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

11POLIDEPORTIVO

Redacción

O Galmédica B ascende de forma matemática á �ª División Autonómica do te-nis de mesa despois de ven-cer no Paco Paz aos AVCD Lavadores A de Vigo por un 6-1. Dúas semanas sobra-ronlle aos ourensáns para

TENIS DE MESA

Ascenso no primeiro ano4 O Galmedica B ascende á 2ª División Autonómica.

certificar o seu ascenso no primeiro ano de vida do se-gundo equipo do Galmédi-ca Tenis de Mesa.

O Galmédica B conta todos os seus encontro por vitorias e neste encontro rompeu unha racha que lle levou a non ceder un so punto en todo o campiona-

to; o primeiro que cedeu ao seu adversario foi neste en-contro (o do ascenso) con-tra os vigueses dos AVCD Lavadores A.

Agora tocan dúas se-manas de parón ligueiro para voltar á competición o vindeiro 16 de abril para afrontar a recta final da liga.

Nesa ocasión, o Galmédica B recibe ao AD Vincios-Pastelería Melosa.

Galmédica AEse mesmo día, 16 de

abril, o primeiro equipo, o Galmédica A, comezará a súa loita na fase de ascenso á 1ª División Nacional.

Integrantes dos dosu equipos do Galmédica Tenis de Mesa.

Redacción

A pasada fin de semana chegou ao seu fin a Liga Galega de Xadrez por Equi-pos �011, na que, a maioría dos clubes ourensáns fixe-ron unha boa actuación, lo-grando incluso varios deles o ascenso de categoría.

Na División de Honra, o Xadrez Ourense finalizou sexto, logo da mellor tem-pada da súa historia, men-tres que o Liceo Orensano rematou en penúltima posi-ción, o que o obriga a vol-tar á 1ª División o próximo ano.

Fin da tempada de xadrez 4 Os equipos ourensáns lograron resultados dispares, aínda que a maioría deles conse-guiu aprobar o curso.

Precisamente, na nova categoría do Liceo, a Peña Recreativa terminou tercei-ra e a tan só un punto do segundo clasificado. Pola súa banda, o Universitario Ourense mantivo a categoría sen problemas, ao contrario que o Xadrez Ourense “B”, que se fixo coa salvación “in extremis” ao gañar o úl-timo enfrentamento por 4-0. Xa na �ª División, compre destacar o ascenso do Cela-nova “A”, que volta a Pri-meira tan só un ano despois de descender. Pola contra, os que non foron quenes de manter a categoría foron o

Attake Peonil de Bande e o Celanova “B”, que ate-rrizan de novo en Terceira unha tempada despois de abandonala. En cambio,

Xadrez Loureiro e Ateneo mantiveron a categoría con comodidade, a pesar de realizar un mal comezo de tempada.

Por último, en 3ª Divi-sión, lograron tamén o as-censo o Casa da Xuventude e o Xadrez Ourense “D”, o que lles permite ocu-par as prazas en Segunda que deixan valeiras Attake peonil e Celanova “B”.

4 Empate do Pavillón Balon-mán OurenseRedacción

O Balonmán Pavillón Ourense, terceiro clasifi-cado na �ª División Au-tonómica Masculina, em-patou na pasada xornada cun dos seus rivais máis directos, o C.D. Conxo, sito só un posto por enriba dos ourensáns pero a unha distancia xa insalvable de once puntos, que o obrigan

Partido do Pavillón en Os Remedios. /RAMSÉS

a aspirar tan só a conservar o bronce neste campiona-to. Para poder conseguilo debe vencer o vindeiro 17 de abril ao S.A.R. (décimo clasificado) e o 1 de maio, de novo en Ourense, ao lugués Balonmán Fishing Work Viveiro (quinto).

Decubal B.S. Meaño e C.D. Conxo, con 37 e 35 puntos, son os dous aspi-rantes ao liderato da liga.

Page 12: 13 Abril 2011 - BD Nº32

1� BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

ESPECIAL CALDARIA BARROCÁS

Page 13: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

13ESPECIAL CALDARIA BARROCÁS

Page 14: 13 Abril 2011 - BD Nº32

14 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

NOVAS

Redacción

Nova vitoria do Cam-pus Ourense cadete ante o equipo dos Ingleses de Vi-lagarcía, nun partido moi igualado os do campus con-seguiron impoñerse por un 20–12 o final do encontro.

O partido comezaba con ocasións en ámba-las áreas caendo o primeiro tanto a prol dos visitantes coa con-seguinte transformación (0-7). Os ourensáns reacciona-

CAMPUS OURENSE RUGBy

Vitoria do Campus Ourense Rugby cadete4 Contra os Ingleses de Vilagarcía.

ron e un ensaio de Moisés poría o 5-7 e, máis tarde un novo ensaio, nesta ocasión por mediación de Babarro, daba a volta ao marcador 10-7 e un golpe de casti-go posterior faría que no electrónico reflexara 13-7. Antes de rematar a primeira parte, unha transformación dos Ingleses deixarían o 13-1� no ecuador do encontro.

Na segunda metade, os intercambios en ataque su-cedíanse ata que nas pos-

trimerías do encontro, un ensaio con tranformación de Andzhel colocarían o definitivo 20-12.

Final de ligaCoa vitoria, o Campus

recupera a terceira posición e deixa para o derradeiro encontro de liga a posibli-dade, dependen deles mes-mos, de mantela, o que se-ría un gran resultado nesta, a súa primeira tempada na competición.

Equipo cadete da Campus Ourense Rugby. /Campus

Redacción

O xogador cadete do Campus Ourense Rugby, Jorge Castro, participou coa selección galega no campionato de España de seleccións autonómicas coa que se alzou campión do torneo.

Na final dobregaron á anfitrioa Aragón por un contundente 0-18 nun par-tido que controlaron, sobre todo, na segunda parte.

4 Jorge Castro coa selección galega cadete

Jorge Castro, señalando co brazo nun partido co Campus.

Redacción

Esta fin de semana o Caldaria Barrocás visita o campo do Murcia na 13ª xornada onde unha vitoria ourensá o mantería unha tempada máis na División de Honra do hoquei herba nacional. O cadro barroco ven de vencer en casa na pasada xornada ao Uni-versidade de Sevilla por dous goles a cero polo que prácticamente ten asegu-rada a permanencia. O Caldaria Barrocás ocupa a sexta praza con 11 puntos, a oito do primeiro posto do Junior e a 10 do último, o Universidade de Sevilla. De refrendar a permanen-cia tan pronto, e lonxe de loitar polo ascenso, daría a o posibilidade de contar a canteira con máis minutos nas últimas xornadas para ir collendo minutos nesta competición, tan distinta

HOqUEI HERBA

A refrendar a permanencia4 Unha vitoria diante do Murcia daría a per-manenca ao Caldaria Barrocás.

de nivel de xogo con res-pecto á Primeira División.

O vindeiro partido en casa para os de Miguel Castaño será o domingo, 17 de abril, en Mariñamansa contra o Atlético San Se-bastián, terceiro clasificado da competición.

Ourense Galicia Cali-dade

Con dous partidos por dis-putar nesta fase, o Ourense Galicia Calidade non levan-ta cabeza e, en oito partidos tan so obtivo dous empates, o resto cóntase por derrotas; a última delas a pasada fin de semana contra o Junior onde onde foron goleadas por 7-0. Os problemas de escasez de efectivas fai que esta tempada sexa para ol-vidar o parece, senon cam-bian radicalmente as cousas que o Ourense Galicia Ca-lidade vai descender á Pri-meira División.

Este domingo, 10 de abril, o Ourense xoga en casa (Mariñamansa) a par-tir das 1� horas contra o Atl. Terrasa.

Primeira División Mas-culina

Na Primeira División, un ano máis o Apóstol Ouren-se vai ser o amo e señor da competición; con dez vito-rias de dez partidos disputa-dos está máis que claro que o Apóstol vai ser o campión do gruppo III da Primeira División, polo que o inte-rese está en saber quen vai ser o segundo clasificado, devandita praza estará entre o equipo filial do Barrocás e o Albor que poderían un dos dous acudir ao campio-nato nacional (en caso de re-nunciar o Apóstol como xa o fixera o ano pasado) para saber cal é o mellor equipo de Primeira División dos catro grupos nacionais.

Partido do Ourense Galicia Calidade disputado en Mariñamansa. /I. OSORIO

Page 15: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

15PUBLICIDADE

Page 16: 13 Abril 2011 - BD Nº32

16 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

MOTOR

Os vindeiros 15, 16 e 17 de abril, o ourensán Abadín estréase en Fór-mula 2 no circuito de Silverstone (Reino Unido), onde se celebrou o primeiro test da pretempada

R.T.

Xa está todo listo para que o 16 de abril ruxan os motores no I Rali de terra de A Gudiña, válido para o I Campionato galego de ra-lis de terra.

A idea parte do presiden-te da Federación Galega de Automobilismo para orga-nizar o primeiro campiona-to galego de terra a petición dos pilotos; para elo con-tactou con Ourense Motor Sport (con Lito Saa á cabe-za) co obxectivo de que se organizara unha das probas do campionato en territorio ourensán e ,ademais, sería a primeira proba de devandi-to campionato.

Desde Ourense Motor Sport pensaron que o con-cello de A Gudiña era o máis propicio para realizar esta proba polo que contac-taron co órgano municipal,

A Gudiña preparada o seu Rali de terra4 Terá lugar o sábado 16 de abril.

na figura do seu alcalde, quen deu todas as facilida-des, ademais de volcarse os empresarios da zona no evento.

Tramos secretosComo en todos os ralis

de terra, os tramos son un segredo ata que o piloto está na liña de saída, que é cando lle fan entrega do mapa de ruta, a diferenza dos de asfalto que saben o percorrido con antelación. Con este condicionante, a primeira pasada do tramo é de adestramento para pos-teriormente realizar unha oficial.

O rali que comeza ás 10.00 horas constará de catro tramos con dúas pa-sadas cada un deles. Dous tramos pola mañá e dous pola tarde. Primeiro farase unha primeira pasada de adestramento no primeiro

e segundo tramo para des-pois facer unha segunda pasada, oficial, dos dous primeiros tramos. Xa pola tarde a mesma tónica, unha primeira pasada de adestramentos no terceiro e cuarto tramo e unha se-gunda pasada oficial, para rematar o rali en torno ás 19.00 horas.

Lito Saa conta con ter unha gran participación nesta primeira toma de contacto coa terra “se chegamos aos 30 partici-pantes xa será un éxito” e é consciente de que moi-tos pilotos galegos “están pondo apunto os seus co-ches para este rali”.

O que sí é seguro é a presenza de pilotos como Roberto Méndez, de Competición Ponferrada ou mesmo Juan Casares, co Evo X, o vehículo campión do campionato de España; outro piloto que confirmou asistencia é Felipe Fernández cun prototipo de Ibiza.

Pensando no futuroSen haber rematado

este primeiro rali, desde Ourense Motor Sport xa contan con facer novas edicións en vindeiros anos e ademais de ampliar a Concellos cercanos a A Gudiña, “esperamos para outras edicións facer o rali Conso - Frieiras” remata-ba Lito.

Lito Saa, organizador do primeiro rali de terra de A Gu-diña. / RAMSÉS

Redacción

O pasado mércores 30, baixo un clima típicamen-te británico, o piloto gale-go José Luis Abadín com-pletou a segunda xornada de test previos ao comezo da tempada no FIA For-mula Two Championship, no circuito de Snetterton, sito ao noroeste de Ingla-terra, en Norwich.

Pero as adversidades meteorológicas lonxe de perxudicar ao ouren-sán, axudáronlle a testar o comportamento do seu monopraza Williams ante diferentes estados da pis-ta, dándolle así unha am-pla experiencia de cara á tempada que comeza nun-has semanas (os vindeiros 15, 16 e 17 de abril) no circuito de Silverstone, trazado no que se reali-zou o primiero dos test fai unha semana e que nesa ocasión albergará as dúas probas independen-tes que comprende a cita, unha desputada o sábado e outra o domingo, que con-

Abadín, listo para a Fórmula 24 O ourensán rematou a pretempada en Norwich con resultados excelentes.

tarán coas súas respectivas clasificacións.

Abadín, que obtivo uns resultados excelentes ao longo de ambos tests, ca-lificou o derradeiro como “moi satisfactorio, o que era imprescindible se este ano quero lograr os meus obxectivos. Cada vez en-tendo mellor o coche e es-tou moi contento de cara ao inicio da tempada, na que agardo seguir con esta pro-gresión”.

Sexto en F3O piloto galego chega á

Fórmula � cargado de ilu-sión e gañas, logo do seu paso polo Europena F3 Open, certame no que re-matou sexto a pesar de non

haber podido desputar seis das carreiras por falla de fi-nanciación, algo que non lle acontecerá este ano, xa que a igualdade de condicións entre os pilotos é unhas das premisas básica da catego-ría na que agora se estrea.

De cara á próxima edición, o Ourense Motor Sport está pensando en levar o rali a outros con-cellos próximos a A Gudiña José Luis Abadín no circuito de Snetterton (Norwich) durante o último test.

José Luis Abadín.

Page 17: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

17MOTOR

Xinzo de Limia agarda aos Quads4 O domingo 17 de abril chega o campionato galego de Quads á vila ourensá.

Redacción

O vindeiro domingo, 17 de abril, Xinzo de Limia acolle a segunda proba do Campionato Galego de Quads onde haberá unha nutrida representación de pilotos da zona.

Guillermo Rodríguez Ai-rabella, Daniel Parada Fer-nández, Francisco Álvarez Nieto, David Loureiro Ál-varez e Julio Marra Quin-tas, todos eles do “Quad club Os Queimados” serán protagonistas na súa casa.

Daniel Parada e Gui-llermo Rodríguez, que foron segundo e terceiro respectivamente na pri-meira proba do campio-nato galego disputada en A Golada, participan en Q Aficionados. Francisco Álvarez e David Loureiro, ambos en categoría Q Ini-ciación, quedaron segun-do e cuarto en A Golada, sufrindo David Loureiro unha caída; éste piloto foi terceiro o pasado ano no nacional de Q Iniciación. Julio Marra que compi-te en Q1-Pro, por culpa da súa lesión, rematou a primeira proba en quinta posición.

A de Xinzo será a se-gunda dun total de cinco probas que comezaron o pasado mes de marzo en A Golada. A segunda das ci-tas será no circuíto de “A Tapada” xunto ao parque de bombeiros de Xinzo de Limia (17 de abril), a ter-ceira no circuíto de Car-ballo (A Coruña), a cuarta regresa a Xinzo o domin-go 7 de agosto e rematará o campionato galego de novo en A Golada o �3 de outubro.

Julio Marra o ten claro e agarda facer un bo papel en Xinzo, “sempre saio a gañar e en Xinzo non vai a ser menos”, e márcase como obxectivo para esta proba “estar entre os tres

primeiros”. Este ano, Ma-rra pretende estar entre os tres primeiros clasificados no campionato galego e para elo tentará partici-par nas cinco probas que conforman o torneo, “in-tentarei facelo o mellor que poida pero gustaríame quedar entre os tres pri-meiros de Galicia”, sen-tenciaba Julio Marra.

Tamén no NacionalO piloto limiao, tamén

participará no Campiona-to Nacional de Quads no que ten moitas esperan-zas de facer un bo papel, “gustaríame achegarme ao podio e incluso nalgunha carreira subir a el”. Julio está ansioso de que come-ce o campionato aínda que unha lumbociática o fixo perder tres semanas de adestramentos polo que a súa preparación física non é a axeitada, pero pouco a pouco vaise esquecendo dos seus problemas físicos e empeza a coller a forma idónea.

A Julio Marra o acom-pañarán no campionato nacional outros dos pilotos de Xinzo de Limia, como son Guillermo Rodríguez Airabella e David Lourei-ro Álvarez. As probas que contan para o nacional son as de Zuera (zarago-za), Carballo (A Coruña), Onda (Castellón) e Alme-nar (Lleida).

Xinzo de Limia acolle dúas probas do Cam-pionato Galego de Quads, os domingos 17 de abril e 7 de agosto, no circuí-to de “A Tapada”, preto do parque de bombeirosGuillermo Rodríguez participando nunha proba de Quads.

Page 18: 13 Abril 2011 - BD Nº32

18 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

NATACIÓN

Redacción

O domingo �7 de marzo a piscina “Rosarios Due-ñas” de Ourense acolleu o Festival de Natación Más-ter de Fondo “Memorial Gerardo Steudell”, organi-zado polo Club Natación Pabellón e a FEGAN e con-sistente nunha única proba, os 1.500 metros libres, que deu comezo ás 10 da mañá, coa primeira das seis series

O Festival de Fondo de Natación Máster quedouse en Ourense4 Cris e Manuel G. Colomo fixéronse coas primeiras prazas do podio.

mixtas (formadas a partir dos tempos de inscripción) nas que foron organizados os 48 nadadores participan-tes.

Do clube anfitrión com-petiron seis nadadores: Cris G. Colomo e Ana Pereira (+45), Manuel Rodríguez (+50,) José Luís Vila (+30), Jesús Carlos Quintas (+35) e Manuel G. Colomo (+55). Dos cales os irmáns Colo-

mo foron os que máis des-tacaron, acadando incluso o podio, ao realizar Manuel a proba en tan só �1´57” e Cristina en ��´10”.

En memoria de SteudellEsta cita, á que asisitu

a súa viúva, organizouse en lembranza de Gerardo Steudell, máximo impulsor da natación máster en Ga-licia e un dos pioneiros en toda España. Equipo ourensán de categoría máster.

Redacción

Un total de 400 nadado-res das categorías benxa-mín e alevín déronse cita o pasado �7 de marzo en Pontevedra no VI Trofeo Promesas do Lérez.

Os participantes proce-dían de tres clubes portu-gueses e quince galegos, entre eles o Club Natación Pabellón de Ourense que levaba �4 deportistas a de-vandita cita.

Martín Rodríguez e Paula Blanco, de ouro4 Acadaron sendos ouros en 100 costas no VI Trofeo Promesas do Lérez.

Representación ourensáTodos os ourensáns logra-

ron na proba pontevedresa

baixar as súas marcas per-soais facendo ademais mar-cas mínimas galegas e, in-

Integrantes do CN Pabellón que participaron no trofeo pontevedrés.

cluso algúns, achegáronse ás mínimas españolas.

Concretamente, do Clube Natación Pabellón Ourense acadaron o ouro Martín Rodríguez e Pau-la Blanco, ambos en 100 costas. Pola súa banda, Andrea Bello, en 100 bol-boreta, fíxose coa medalla de bronce.

Redacción

Achégase o verán e as competicións invernais chegan ao seu fin con gran-des actuacións dos repre-sentantes ourensáns do CN Pabellón que ademais con-seguen as mínimas para os vindeiros campionatos.

Benxamín zonalNa sexta xornada

Benxamín de carácter zonal celebrada na pisci-na Rías do Sur de Ponte-vedra, os representantes ourensán acadaron gran-des resultados. Nos �00 estilos masculinos, o do-minio pabellonista foi to-

4 As brazadas da basetal, sendo Héctor Alvarez Alvarez, segundo; Jacobo Caride Cid terceiro; David Gonzalez García cuarto e oitavo, Noel Quiroga Ra-mos.

En 100 bolboretas, Héctor Alvarez Alvarez alcanzou de novo o podio sendo nes-ta ocasión o terceiro caixón en rapaces, e en rapazas a mellor foi Noelia Rodri-guez Ferreira, segunda.

Vindeira citaO vindeiro sábado, 9 de

abril, na piscina Rosario Dueñas de Ourense, cele-brarase a sexta e derradeira xornada de carácter zonal da liga alevín.

Page 19: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

19ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4 Nesta ocasión, a “mundourensán” á que nos achegamos é a pívot rusa do Pabellón Ouren-se Olga Federova, que, lonxe de calquera tópico, non ten un atisvo de frialdade nas distancias curtas, nin dentro nin fóra da cancha. Vella coñecida do Pabellón Ourense regresou este inver-no á entidade ourensá para botar unha man ás pupilas de Lisardo Rodríguez.

R. Torres

Con 1,90 metros de altu-ra, loira e de ollos claros, a nosa seguinte mundouren-sán é a rusa Olga Federo-va, que dende mediados de tempada voltou ás filas do Pabellón Ourense, logo dun parón de dous anos nos que militou nun conxunto san-tiagués, para axudar a que o clube pabellonista acada-se os mellores resultados posibles neste curso. Algo que finalmente non está a poder ser debido á irrema-table mala racha que está a atravesar o conxunto dirixi-do por Lisardo Rodríguez, e que a dorsal número 19 acusa á falta de sorte, non de traballo.

Como decidiches acep-tar a primeira vez a oferta do Pabellón Ourense?

Olga Federova: “Dende que cheguei a España, a excepción da tempada que estiven no Barça (e que me resultou moi dura debido a que saía dunha operación de ligamento), sempre xo-guei en Galicia e non que-ría marchar. Ademais tiña a miña parella acá, polo que cando me ofreceron xogar en Ourense non o dubi-dei”.

que motivou a túa saída temporal do Pabellón?

O.F.: “Debeuse a que ti-ven á miña filla. O que en-gadido a que o meu home pasou a traballar en Ponte-vedra me levou a aceptar

a oferta dun equipo san-tiagués, xa que dese xeito estaba máis preto da casa e podía ir e voltar no mesmo día”.

E como se deu, de novo, a túa volta a Ourense esta tempada?

O.F.: “Xa non tiña pen-sado xogar este ano despois da disolución do equipo de Santiago, pero chamoume Lisardo en novembro para pedirme que viñese a botar-lles unha man e aínda que levaba xa un tempo lonxe do baloncesto decidín pro-bar de novo”.

que diferencia atopa-ches no Pabellón dende a primeira vez que mili-taches nel con respecto a agora?

O.F.: “Creo que a dife-rencia máis significativa foi o cambio de presidenta, porque do resto o clube se-gue máis ou menos igual”.

Neste momento o clube está atravesando unha complicada racha, a que cres que se debe?

O.F.: “Paréceme que es-tamos a ter moi mala sorte. Primeiro tivemos moitas lesións, que nos impedi-ron adestrar co equipo ao completo e, en consecuen-cia, rematamos perdendo ata con conxutnos contra os que non o deberíamos haber feito. Iso fixo que cada vez nos custase máis levantar a cabeza. Pero agardo aca-bar ben esta tempada para comezar a seguinte con bo pé”.

Cres que nestas dúas xornadas que quedan é

posible deixar polo menos un bo sabor de boca aos seareiros?

O.F.: “Eu non perdo a esperanza. Creo que todo é posible, non podemos dicir que sexamos un mal equi-po, senón o contrario, pero non sei que nos está a pasar que non funcionamos como debemos”.

Que filosofía cres que precisa o Pabellón para evitar unha situación coma esta o ano que vén?

O.F.: “Quizais máis sorte que traballo. Non sei que nos pasa pero sempre que hai un momento decisivo na liga lesiónase algunha xogadora ou acontece algo que desestabiliza ao equipo. Agardo que para o ano que vén poidamos chegar aos partidos o 100% da planti-lla, algo que agora parece imposible”.

Entón tes previsto con-tinuar en Ourense?

O.F.: “Aínda non o sei, non teño nada decidido, pero se atopo un traballo “normal” deixaría o balon-cesto. Nesta etapa da miña vida estar lonxe da familia fai que me sexa complicado

Máis persoal4 Olga Federova naceu o 16 de abril de 1978 en Kislovodsk (Rusia), onde comezou

a xogar ao baloncesto con tan só 1� anos.4 Logo dunha longa traxectoria na Primeira Liga Rusa de Baloncesto (militando

nas filas de conxuntos de Rostov del Don, San Petersburgo, Camara e Moscú), Fede-rova veu a España para xogar no Extrugasa de Vilagarcía, o Universitario de Ferrol e o Barça, antes de comezar a defender, por primeira vez, as cores do Pabellón Ourense na temapada �003-�004.4 Amante da pasta, a coca-cola e a cor azul, a pívot pabellonista escaparíase agora

mesmo a unha isla deserta para relaxarse.

seguir xogando”. A primeira vez que vi-

ñeches á nosa cidade, que foi o que máis te sorpren-deu?

O.F.: “A gran amizade que existe entre os adestra-dores e xogadoras. Mira ata que punto é así que un dos adestradores que tiven acá é o padriño da miña filla”.

Cómo levas estar tan lo-nxe do teu país natal?

O.F.: “Ao principio lé-vase mal, polo idioma e as

costumes tan distintas, pero agora din que son máis ga-lega que rusa (risas). Xa levo 1� anos en España e a pesar de que os meus pais e irmáns están en Rusia eu teño acá formada a miña propia familia, co meu home e a miña filla, polo que xa estou moi acostu-mada a España. Tamén creo que o meu carácter extro-vertido e a amabilidade da xente de acá axudoume a integrarme con facilidade”.

Olga Federova nas bancadas de Os Remedios./RAMSÉS

Olga Fedorova nun partido en Os Remedios. /RAMSÉS

Page 20: 13 Abril 2011 - BD Nº32

�0 BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

DEPORTE E SAÚDE

4O RINCÓN DO MESTRE

IV Exercicio: Mensaxes- Adopto unha posición

máis cómoda e distendida, e pecho os ollos.

- Durante uns segundos inspiro amodo e profundo, enchendo a miña mente de calma e tranquilidade.

- Sinto como en cada ins-piración estou a encher o meu organismo de calma, tranquilidade, e os meus pulmóns de osíxeno.

- Reteño a respiración durante uns segundos.

- A continuación, lenta-mente e sen ruído algún ex-pulso e percibo como o meu corpo descansa, afróuxase.

- Gozo brevemente destes momentos.

- De novo, inspiro lenta e profundamente, e noto como o meu organismo está a encherse de enerxía, for-za e de saúde.

- Reteño a respiración uns momentos.

- Agora expulso de ma-neira silenciosa a ansieda-de, a negatividad, inquietu-des, depresións.

- Alégrome do ben que o paso nestes momentos.

- Outra vez inspiro amo-do e profundo enchendo a miña mente de calma, paz, tranquilidade e alegría.

- A continuación, expul-so de forma silenciosa a intranquilidade, o nervio-sismo, os pensamentos ne-gativos.

- Experimento durante uns momentos esa paz in-terna, percibo como o meu organismo está cheo de saúde física e mental.

- Para saír deste esta-do de relaxación, gozo de como a miña inspiración e espiración funcionan que dá xenio.

- Ao abrir os meus ollos sinto como o meu organis-mo está distendido, des-cansado e relaxado.

- Este exercicio repítese dúas veces ao día.

V Exercicio: O outeiro- Póñome cómodo e re-

laxado. - Pecho os ollos. - Estou rodeado dunha

paisaxe marabillosa, ceo azul e ás miñas ao redor flores de todas as cores des-prendendo un cheiro moi agradable.

- Inspiro profundamente

polo nariz. - Conteño o aire durante

uns momentos. - Agora expúlsoo suave-

mente. - Todo o meu corpo

afróuxase, disténdese, des-cansa.

- De novo inspiro, os pul-móns énchense de aire, de harmonía, de vigor, de ilu-sión.

- Reteño a respiración uns segundos.

- Agora expulso ansie-dade, tensión, negatividad, depresión e inquietude.

- Estou tranquilo, estou libre, estou en paz.

- En todo o meu corpo hai unha agradable sensa-ción de benestar.

- Atopo un carreiro cheo de flores a ambos os dous lados que me leva ao alto dun outeiro.

- Chego arriba e síntome nun tronco.

- Desde alí observo unha paisaxe marabillosa, árbo-res e plantas de todas as cores a ambos os dous la-dos.

- Vexo como as aguias voan sobre o ceo azul.

- No fondo do outeiro, observo un regato de augas cristalinas.

- A ambos os dous lados do río hai verdes e frondo-sas árbores, encima dos ca-les voan os pajarillos.

- En toda a chaira pode-mos ver diferentes árbores, cerdeiras, maceiras, pera-les, melocotoneros.

- Todo o val está rodeado dunha beleza incompara-ble, cores de todas as clases que me fan sentir feliz.

- Para saír deste estado de calma, tranquilidade, alegría e benestar conto do dez ao cero.

- Abro os ollos e experi-mento unha sensación moi agradable e pracenteira.

VII Exercicio: Un per-corrido por todo o corpo

- Póñome cómodo e re-laxado.

- Pecha os ollos. - Atópome tranquilo, re-

laxado, alegre e contento. - Agora inspiro tranquilo

e profundamente. - Reteño o aire durante

uns momentos. - Expulso o aire e o meu

corpo tranquilízase e sosie-

Os efectos positivos e beneficiosos da relaxación mental (IV)

VIII Paseo pola saúdeRedacción

A loita contra a resisten-cia aos antimicrobianos é o tema do Día Mundial da Saúde �011, que a Con-cellería de Sanidade de Ourense conmemorará or-ganizando a VIII Feira da saúde: Paseo pola saúde. Os stands estarán instala-dos na rúa Bispo Cesáreo os días 7 e 8 de abril, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a �0:30 horas.

Neste evento estarán pre-sentes 37 asociacións de saúde que ofrecerán distin-tas actividades, entre elas a posibilidade realizar probas sanitarias gratuitas (índice de glucosa en sangue, da tensión arterial, do osíxe-no en sangue, coximetrías, indice de masa corporal, probas de alcolemia…). Tamén haberá degusta-cións, xogos, conferencias, obradoiros, asesoramento médico e psicolóxico, e música en vivo a cargo do grupo Escorba Jazz.

Como novidade este ano, e dada a coincidencia nas datas co Día Mundial do cancro de colón, a Conce-llería de Sanidade en co-laboración coa Asociación Española contra o Cancro de Ourense aproveitarán para difundir a importan-cia da prevención do can-cro colon-rectal a través da instalación dunha estrutura xigante que simulará un co-lón para que os cidadáns a

traves de visitas guiadas co-ñezan o seu funcionamento dun xeito lúdico.

O Concello de Ourense quere facer extensiva a con-memoración do Día Mundial da Saúde a toda a cidadanía, polo que estará previsto que nas farmacias de todos os barrios se realicen probas sanitarias gratuitas durantes estes días, grazas a colabo-ración do Colexio Oficial de Farmacia.

Stands do paseo pola saúde do ano pasado./ARQUIVO.

Redacción

No pleno da Deputación de Ourense celebrado no mes de marzo aprobouse o Plan de Infraestruturas Deportivas �011, ao que se destina un orzamento de 3.658.880 euros. En total son 15 obras que be-neficiarán aos concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar, a Veiga, Baltar, Muíños, Ribadavia, Xinzo de Limia, Porqueira, Cea, O Barco de Valdeorras, Bande, Sandiás, Petín, Vi-lar de Santos e A Merca.

Os investimentos dedi-caranse a construción de campos de fútbol de herba artificial e piscinas muni-cipais, así como de pistas polideportivas, constru-ción de gradas e obras de peche e acondicionamento de instalacións deportivas.

A distribución do finan-ciamento será para cada

A Deputación de Ourense destina 3,6 millóns de euros para obras deportivas4 Acordado no pleno do mes de marzo.

obra a que estableza o con-venio de cooperación que se subscribirá entre a Deputa-ción de Ourense e a Secre-taría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En todo caso, o financiamento a cargo dos concellos inte-

resados será do �0%, con excepción da obra do cam-po de fútbol de herba arti-ficial en Velle (Concello de Ourense), ao tratarse dunha obra de iniciativa provincial para a que non está prevista financiamento municipal.

ga. - De novo fago unha

inspiración profunda, os meus pulmóns énchense de harmonía, vigor, ilu-sión.

- Reteño o aire durantes uns momentos.

- Expiro e noto como expulso ansiedade, mal humor, pensamentos ne-gativos, inquietudes.

- Estou tranquilo, libre e en paz.

- Fago un percorrido por todo o corpo.

- Todo o meu organismo está tranquilo e relaxado.

- Dedos, pés e nocellos, relax, relax, relax.

- Dedos, pés e nocellos gozan de boa saúde.

- Pernas, xeonllos e coxas, relax, relax, relax.

- Pernas, xeonllos e coxas están pletóricos de saúde e forza.

- Glúteos e cadeiras, re-lax, relax, relax.

- Glúteos e cadeiras es-tán sans, sans e sans.

- Costas e columna, re-lax, relax, relax.

- Costas e columna fun-cionan de maneira mara-billosa.

- Abdome e peito, relax, relax, relax.

- Abdome e peito, saú-de, saúde e saúde.

- Pescozo e coiro cabe-ludo, relax, relax, relax.

- Pescozo e coiro cabe-ludo, saúde, saúde e saú-de.

- Mentón, fazulas e ollos, relax, relax, relax.

- Mentón, fazulas e ollos, están pletóricos de saúde.

- Sinto tranquilo, sose-gado e feliz

- Os meus intestinos, re-lax, relax, relax.

- Os meus intestinos funcionan á perfección.

- O meu estómago, re-lax, relax, relax.

- O meu estómago está pleno e rebosante de saú-de.

- Para saír deste estado de saúde e de alegría, con-to de dez a cero. Ao abrir os ollos experimentarás unha sensación agradable e pracenteira.

Alfonso Vilachá, pro-fesor de Educación Física e entrenador nacional de

fútbol

José Luis Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense. /RAMSÉS

Page 21: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

�1PUBLICIDADE

Page 22: 13 Abril 2011 - BD Nº32

�� BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

ENTREVISTA

R. Torres

Seguidor do CD Ouren-se e o Deportivo de La Coruña, practicante de ba-loncesto nalgúns dos seus ratos libres e fiel ás catego-rías base, Fernando Varela, Concelleiro de Deportes, sempre tivo claro que se o seu partido, o Bloque Na-cionalista Galego, chega-ba ao goberno municipal de Ourense a carteira que ocupou durante estes catro anos estaba predestinada para el. E con dous obxec-tivos na mente (mellorar as instalacións deportivas da cidade e redistribuir as subencións) tomou as ren-das deste apartado en �007, desenrolando unha labor que, a día de hoxe, valora, sen dubidar nin un intre, de xeito totalmente positivo.

A piques de rematar a lexislatura, que valoración che merece a actuación da Concelleiría de Deportes durante a mesma en ter-mos de infraestructuras?

Fernando Varela: “A

ENTREVISTA A FERNANDO VARELA – CONCELLEIRO DE DEPORTES:

“Nesta lexislatura tivemos dous obxectivos: mellorar as infraestruturas

deportivas e redistribuir as subvencións”4 O concelleiro de Deportes aposta polas categorías base como garantía de futuro dos clubes ourensáns.

valoración para nós é al-tamente positiva, a pesar de ter uns orzamentos moi xustos debido á situación económica que vive o país. Este goberno municipal fixo unha aposta importan-te por revitalizar o deporte na cidade de Ourense, cen-trándose en facilitar o acce-so da cidadanía ao deporte como un dereito social. Concretamente en materia de infraestructuras, podo dicir que dende a nosa con-cellería fíxose moito en moi pouco tempo. Reformamos o pavillón dos Remedios; actuamos tamén nas pistas exteriores (habilitando unha pista de padel que conta con aforo completo a diario), abrimos a piscina exterior (que levaba seis anos inuti-lizada), reformamos a sala de musculación.

A maiores, construímos un campo de herba sintética en Santa Cruz de Arrabaldo (que supuxo un importante cambio para a localidade xa que conta cunha escola de fútbol), cubrimos a pista polideportiva de Barrocás,

reformamos integramente o polideportivo de Oira. Ade-mais, hoxe mesmo (mérco-res 30 de marzo) comezaron as obras de recuperación das súas piscinas, que, engadi-das ao complexo deportivo último modelo que se cons-truirá en Eiroás, completa o noso obxectivo de centrali-zar o deporte da zona.

Por último, seguimos tra-ballando na construcción do tan necesario complexo deportivo de Mariñamansa, que terá un amplo espazo adicado á ximnasia, xa que así o demandan 400 depor-tistas da nosa cidade.

En xeral, hai moita de-manda de instalacións de-portivas en Ourense e a pe-sar de que aumenta a nosa oferta máis está aumentado a demanda, por iso creo que a obriga desta conce-lleiría é a creación de máis infraestructuras ou o acon-dicionamento das existen-tes, porque esta cidade está abonada a facer deporte de xeito constante”.

E en materia adminis-trativa?

F.V.: “En materia admi-nistrativa hai que sinalar que cando a collemos esta concelleiría tiña unha débe-da de �70.000 euros e agora

Fernando Varela nas pistas exteriores do Pavillón de Os Remedios. / RAMSÉS

As reformas realizadas en Os Remedios, o campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo e o polideportivo de Oira son as obras das que Varela está máis orgulloso

Page 23: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011

�3

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº3� - Ano: III - 8 de abril �011 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

ENTREVISTA

mesmo é un servizo público eficaz e eficente, totalmente consolidada e sen facturas pendentes.

En canto ás subencións, fixemos unha evidente re-distribución, houbo unha redución do 15% nas su-bencións nominativas, pero un incremento do 60% nas de concurrencia competiti-va (ás que cada ano unhas 60 entidades deportivas concorren) e do 50% nas axudas por actividades (esenciais tendo en conta que en Ourense celébranse anualmente un total de 80 actividades distintas). E, ademais, fomos os primei-ros en por en marcha as bol-sas individuais de axudas a deportistas, que seguiremos ofertando no futuro”.

A Concelleiría de De-portes está tamén mos-trando o seu apoio incon-dicional ao atletismo na nosa cidade.

F.V.: “Así é. Dende o go-berno municipal levamos a práctica do atletismo e as carreira populares aos distintos barrios de ouren-se (O Couto, A Ponte e A Carballeira), o que significa achegar o deporte popular a tódalas zonas da cidade. E, como non podía ser doutro xeito, tamén fixemos unha aposta importante pola Ca-rreira da San Martiño, sita entre as 10 primeiras do estado, co que ver a 10.000 atletas correndo ese día én-chenos de orgullo”.

Voltando ás obras que realizou a súa concellei-ría, cal considera que foi a máis importante para Ourense?

F.V.: “Polos grandes

beneficios que proporcio-naron á cidadanía non hai unha sóa obra, son tres: as reformas feitas en Os Re-medios, o campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo e a remodelación do polide-portivo de Oira.

E cal non lles deu tempo a facer?

F.V.: Sen dúbida, lamen-to moito que aínda non es-tea feito o polideportivo de Mariñamansa. Nós demos os pasos precisos para co-mezar as obras, pero por causas axenas ao depor-te (aspectos urbanísticos) estanse retrasando. De tódolos xeitos, estou con-vencido de que durante o vindeiro mandato será unha realidade.

Ademais, creo que segui-mos a ter unha importante necesidade en materia de atletismo, porque unha ci-dade como Ourense, na que hai un clube tan importante como é o Academia Postal (con dous equipos, mascu-lino e feminio, na máxima categoría), non pode per-mitirse ter unhas pistas non homologadas ao máximo nivel, por iso este aspecto pode dicirse que é un pun-to negativo para o conce-llo, pero, para compensalo, imos a traballar duro co fin de conseguir esa zona de lanzamentos que lle falta.

A homologación das pistas do campus pasa por unilas ao complexo de Monterrei ou construír a zona que lles falta, como se atopa neste momento este proceso?

F.V.: Dende a concellei-ría comprometémonos coa Delegación da Federación Galega de Atletismo en Ourense e co Clube Aca-demia Postal a mercar os accesorios precisos para as pistas de atletismo, xa que non o fixeron nin a Xunta nin a Universidade, para o que investiremos 70.000 euros. E, ademais, seguire-mos a traballar para lograr unha zona de lanzamentos a poder ser sita nas inmedia-cións do campus.

Teñen algún terreo en mente?

F.V.: Pensamos nun, pero a Universidade ten prevista

a construción dun parque no mesmo, polo que esta-mos a intentar paralizar ese proxecto. Se non fose posi-ble buscaremos outro.

En termos xerais, en que aspectos se baseou a filosofía de actuación da Concelleiría de Deportes nesta lexislatura?

F.V.: A concellería repar-tiu os seus esforzos en dúas áreas: a mellora das insta-lacións deportivas (como comentei antes) e a redis-tribución das subencións. En canto a esto último, creo que foi moi atinada a nosa idea de redistribuir as axu-das, porque ata o de agora na nosa cidade estábase adicando a maior parte dos presupostos en apoiar os clubes de élite, olvidando a base, por iso nós apostamos claramente por cambiar iso.

Persoalmente tiña vos-tede algunha vinculación co mundo do deporte an-tes de ser concelleiro?

F.V.: Na miña casa sem-pre se viviu o deporte in-tensamente, sobre todo o baloncesto, xa que o meu pai foi durante �5 anos o Presidente da Federación ourensá de Baloncesto e eu practiquei fútbol e balon-

cesto dende neno. Era o seu obxectivo esta

concelleiría se chegaba ao goberno municipal?

F.V.: Si, sen dúbida. Es-taba destinada a min. Se o BNG asumía parte da res-ponsabilidade do goberno apostariamos polo depor-te, porque o consideramos un elemento fundamental da nosa sociedade e se iso acontecía a Concellería de Deportes iba a ser para Fer-nando Varela.

Como ve o deporte en Ourense?

F.V.: Por unha banda, necesitado de instalacións deportivas. E, por outra, a nivel federado vivimos mo-mentos difíciles, a raíz da situación económica actual. Nambergantes, por exem-plo, en fútbol sala feminino temos dous equipos na Di-visión de Honra (co Ponte Ourense a punto de facer historia ao estar a piques de gañar a liga e co Cidade de As Burgas como claro can-didato a participar na Copa da Raíña). Ademais, esta-mos a destacar en atletismo, así como en voleibol, balo-nman e rugbi. E en canto ao fútbol e ao baloncesto, os nosos xogadores están a facelo moi ben, particu-

larmente o CDO, que debe voltar a segunda B, que é a súa categoría.

Cre que os sectores pú-blico e privado apoian o suficiente ao deporte ourensán?

F.V.: Eu, como represen-tate do sector público local, creo que este sí o fai e té-molo demostrado durante estes catro anos. En canto ao sector privado, hai moi-tas entidades que están a co-laborar, pero hai outras que non o poden facer debido á súa situación económica, o que é totalmente compren-sible.

Ao comezo da tempada mantívose firme na súa postura de non incremen-tar as axudas económi-cas destinadas ao Clube Ourense Baloncesto, reci-biu nese momento moitas presións para que cam-biase de idea?

F.V.: Ao principio sí, pero tiñamos totalmente claro que era a mellor de-cisión política posible. De tódolos xeitos, quero dicir que a labor da directiva do Augas de Sousas é moi me-ritoria, logrando unha gran afluencia de público en cada partido e involucran-do a toda a cidade. Por iso

quero, dende aquí, felicitar a Jorge Bermello e agardo que finalmente consigan salvar a categoría.

En canto ao conflicto co Ponte Ourense polas ins-talacións de Oira, como se atopa o mesmo Sneste intre?

F.V.: Para min ese con-flicto é totalmente incom-prensible e dende a conce-lleiría cremos que ten dúas caras. Non sei se realmente a motivación da directiva do Ponte son só as instala-cións, xa que nós actuamos antes, durante e despois do inicio das súas movili-zacións sobre o complexo deportivo de Oira. De fei-to, nos últimos días inves-timos alí máis de �0.000 euros para instalar auga quente sanitaria, arreglar as filtracións das bancadas (que provocaban, á súa vez, filtracións na cafetería – a cal imos a arrenxar tamén en breve-) e reformamos o campo de fútbol tal e como nos pedían. Entendo as de-mandas dos país, pero non comparto as súas moviliza-cións cando a nosa actua-ción sobre as instalacións de Oira foi sempre impor-tante dende o principio da lexislatura.

Segundo Varela o Complexo deporti-vo de Mariñaman-sa e a homologa-ción das pistas de atletismo do campus son as súas asignaturas pendentes, as ca-les pensa aprobar ao longo do vindei-ro mandato

A pesar da complicada situación económica actual, o Concelleiro de Deportes cré que os nosos conxuntos están a realizar un grande traballo. Destacamos en fútbol sala femi-nino, atletismo, natación, voleibol, rugby... e, como non, en baloncesto e fútbol

O Concelleiro de Deportes na piscina Rosario Dueñas de Ourense. /RAMSÉS

Page 24: 13 Abril 2011 - BD Nº32

BARRIOS DEPORTIVO8 de abril de �011