CIRCULAR Axudas NEE 2012-2012

3
Avda. Fernández Ladreda 43 - 36003 PONTEVEDRA Tfno.: 986 805955 Fax: 986 805937 [email protected] Xefatura Territorial da Consellería de Educación e O. Universitaria Servizo de Recursos Educativos Complementarios CIRCULAR SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2012-13. Comunicámoslles que no BOE do 9 DE AGOSTO foron publicadas as axudas arriba indicadas mediante Resolución do 2 de agosto do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Pódese obter toda a información na páxina : www.educacion.es Para acceder a estas axudas os alumnos deberán aportar o certificado de minusvalía, pero no caso de non tela recoñecida o departamento de orientación do centro educativo deberá aportar un certificado que indique que o alumno presenta necesidade de apoio educativo (artigo 2 da convocatoria). Tamén poderán presentar estas solicitudes os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades. Ademais de cumprir estas condicións os solicitantes deberán ter praza no centro educativo para o curso 2012- 13 nos estudos de: educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais, programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial e programas de formación para a transición á vida adulta O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 25 de setembro É moi importante que dean a maior publicidade posible a esta circular e que revisen que os datos das solicitudes veñan correctamente cubertos e ademais comproben que se aportan os documentos obrigatorios. Os centros serán os encargados de encher na solicitude os seguintes datos: 1 - Na páxina 1: a) Cubrir o apartado D b) Cubrir o apartado F para o que deberán ter en conta que:

description

Enviada pola Xefatura Territorial en Agosto

Transcript of CIRCULAR Axudas NEE 2012-2012

Page 1: CIRCULAR Axudas NEE 2012-2012

Avda. Fernández Ladreda 43 - 8º36003 PONTEVEDRATfno.: 986 805955 Fax: 986 [email protected]

Xefatura Territorial da Consellería de Educación e O. UniversitariaServizo de Recursos Educativos ComplementariosBolsas de estudo

CIRCULAR SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2012-13.

Comunicámoslles que no BOE do 9 DE AGOSTO foron publicadas as axudas arriba indicadas mediante Resolución do 2 de agosto do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Pódese obter toda a información na páxina : www.educacion.es

Para acceder a estas axudas os alumnos deberán aportar o certificado de minusvalía, pero no caso de non tela recoñecida o departamento de orientación do centro educativo deberá aportar un certificado que indique que o alumno presenta necesidade de apoio educativo (artigo 2 da convocatoria).

Tamén poderán presentar estas solicitudes os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Ademais de cumprir estas condicións os solicitantes deberán ter praza no centro educativo para o curso 2012-13 nos estudos de: educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais, programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial e programas de formación para a transición á vida adulta

O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 25 de setembro

É moi importante que dean a maior publicidade posible a esta circular e que revisen que os datos das solicitudes veñan correctamente cubertos e ademais comproben que se aportan os documentos obrigatorios.

Os centros serán os encargados de encher na solicitude os seguintes datos:

1 - Na páxina 1:

a) Cubrir o apartado Db) Cubrir o apartado F para o que deberán ter en conta que:- A axuda de material non se pode conceder para educación infantil, primaria e ESO.- As axudas de comedor e transporte solicítanse exclusivamente para os alumnos que utilicen estes servizos no centro escolar sempre que non sexan gratuítos.

2 - Na páxina 5 certificar que o alumno ten praza no centro para o curso 2012-2013.

3 - Na páxina 6:a) O departamento de orientación do centro será o encargado de cubrir os datos do

apartado B sempre que se solicite a axuda de reeducación a cargo dun gabinete externo e será imprescindible que especifique a DURACIÓN DA NECESIDADE DO SERVIZO.b) Comprobar que os datos do apartado C están debidamente cubertos

c ) Efectuar a xestión co inspector de zona para que encha os datos do apartado D da solicitude. É IMPRESCINDIBLE QUE ESTE APARTADO VEÑA CUBERTO PARA EVITAR O RETRASO NO TRÁMITE XA QUE DE NON SER ASÍ TEREMOS QUE DEVOLVER A SOLICITUDE AO CENTRO PARA QUE FAGAN A XESTIÓN E A REMITAN DE NOVO A ESTA SECCIÓN.

Page 2: CIRCULAR Axudas NEE 2012-2012

Avda. Fernández Ladreda 43 - 8º36003 PONTEVEDRATfno.: 986 805955 Fax: 986 [email protected]

Xefatura Territorial da Consellería de Educación e O. UniversitariaServizo de Recursos Educativos ComplementariosBolsas de estudo

Documentos que o centro deberá aportar á solicitude

É IMPRESCINDIBLE QUE:

a) o departamento de orientación do centro estenda un certificado que xustifique a necesidade específica de apoio

sempre que o alumno non dispoña de certificado de minusvalía (no resto dos casos xa aportan o certificado de minusvalía)

b) todas as solicitudes que inclúan a petición para reeducación externa deberán traer cumprimentada a páxina 6 nos apartados B) departamento de orientación, C) gabinete externo e D) inspección de zona.

Deberán remitir as solicitudes a esta delegación provincial até o 01 de outubro acompañadas dunha relación alfabetizada dos solicitantes.

Pontevedra, 14 de agosto de 2012O xefe territorial

Asdo. César A. Pérez Ares

A todos os centros educativos dependentes da Consellería de Educación da provincia de Pontevedra.