Muller mat presentacion

29
MULLERES MATEMÁTICAS

Transcript of Muller mat presentacion

Page 1: Muller mat presentacion

MULLERES MATEMÁTICAS

Page 2: Muller mat presentacion

MEDALLA FIELDS● A iraní Maryam Mirzakhani gaña no 2014 a

medalla Fields, considerada como o Premio Nobel das matemáticas, é a primeira vez na historia que unha muller obtén este galardón.

Page 3: Muller mat presentacion

A presenza das mulleres na historia das matemáticas vén de lonxe.Con esta presentación tratamos de mostrar tanto o seu labor no eido das matemáticas, onde desenvolveron teorías fundamentais, como a súa constancia e loita contra os prexuízos e discriminacións dunhas épocas nas que se lles impedía a acceso ao coñecemento científico e se poñían trabas a divulgación dos seus descubrimentos, tendo que adoptar moitas veces identidades masculinas.

Page 4: Muller mat presentacion

TEANO s.VI a.C.

● Discípula de Pitágoras está considerada como a primeira muller matemática.

● Na Escola Pitagórica non existían prexuízos nin discriminación entre homes e mulleres.

Page 5: Muller mat presentacion

Anécdota

● Cóntase que un discípulo xove se namorou de Téano en canto a viu e preguntoulle a súa idade a Pitágoras, quen lle respondeu: “Teano é perfecta e a súa idade é un número perfecto”. “Mestre, non podería vostede darme máis información?”, insistiu o namorado, ao que o pensador contestou: “A idade de Teano, ademais de ser un número perfecto, é o número das súas extremidades multiplicado polo número dos seus admiradores que é un número primo”.

Page 6: Muller mat presentacion

Hipatía (370-415 d.C)● Era filla de Teón, un dos

homes máis sabios de Alexandría.

● Famosa polos comentarios sobre a obra de Arquímedes e substituír ao seu pai

● Na época da súa morte produciuse unha paralización do desenvolvemento das matemáticas en occidente.

Page 7: Muller mat presentacion

Hipatía (370-415 d.C)A súa influencia

● Os habitantes de Alexandría estaban pouco acostumados a que unha muller tivera tanta influencia nos medios científicos e políticos.

● Víana máis ben como unha meiga.

● Máis tarde foi acusada polos cidadáns de influír sobre o gobernador da cidade,para que este estivera en contra da cristiandade no ano 415 foi martirizada e asasinada por uns cristiáns fanáticos encabezados por uns monxes.

Page 8: Muller mat presentacion

EMILE DU CHATELET (1706-1749)● Nace en París o17 de

decembro de 1706, foi matemática e física , tradutora de Newton ao francés e difusora das súas teorías.

● As “Institutions de Phisique” foi a obra que deu a coñecer a Mme du Châtelet coma intelectual e a que lle daría o recoñecemento do mundo científico.

Page 9: Muller mat presentacion

EMILE DU CHATELET (1706-1749)VIDA “PRIVADA” E LEGADO

● Coñeceu a Voltaire cando era unha nena, xa que o filósofo visitara a casa da súa familia.

● Reencontráronse en maio do 1733 cando ela saíu despois do nacemento do seu terceiro fillo e estableceron unha forte relación.

● Mme du Châtelet deu nome a un asteroide e un cráter de Venus.

Page 10: Muller mat presentacion

María Gaetana Agnesi (1718-1799)

● Naceu en Milán e morreu tamén en Milán foi unha distinguida filósofa, matemática e lingüísta.

● No 1748 publicouse o seu libro “Institucioni Analithe” sobre o cálculo diferencial.

Page 11: Muller mat presentacion

María Gaetana Agnesi (1718-1799)

A historia da matemática Agnesi é importante polas súas contribucións ao cálculo diferencial e integral así como pola súa influencia na divulgación do cálculo.Tamén é unha das personaxes máis citadas nas reflexións sobre o papel histórico das mulleres nas matemáticas.Segundo algunhas persoas unha das súas obras matemáticas é a de autoría feminina máis antiga que se conserva.

Page 12: Muller mat presentacion

Sophie Germain (1776-1831)

● Foi unha importante matemática Francesa.

● O máis importante dos seus estudos foi o dos números primos.

● Sophie vestíase de home para entrar a escolas matemáticas de varóns.

Page 13: Muller mat presentacion

Sophie Germain (1776-1831)

● Naceu o 1 de abril de 1776 e faleceu o 27 de xuño de 1831.

● A causa do seu falecemento foi un cáncer de mama, que terminou coa súa vida.

● Sophie Germain foi unha gran matemática que dende moi pequena adicaba a maior parte do seu tempo as matemáticas, encantábanlle.

Page 14: Muller mat presentacion

MARY SOMERVILLE (1780-1872)Mary Somerville, nace o 26 de

decembro de 1780 en Escocia e

finou o 28 de Novembro de 1872 en

Nápoles, foi unha matemática e

científica escocesa.Foi unha das mulleres do seu tempo que con máis

paixón se dedicou ao estudo das matemáticas e ao

coñecemento dos avances científicos.

Popularizou a astronomía e escribiu multitude de ensaios”.

Page 15: Muller mat presentacion

MARY SOMERVILLE (1780-1872)A SÚA OBRA

-The Magnetic Properties of the Violet Rays of the Solar Spectrum.

- Ensaios sobre a Refracción dos raios solares.

- Acción dos raios solares sobre xugos vexetais. (On the action of the Rays of the

Spectrum on Vegetable juices).

-Transmisión dos raios solares en diferentes medios (Experiments on the

Transmission of the Chemical rays of the solar spectrum across different media).

- 1834 - The Connection of the Physichal Sciences.

-1848 - Physical Geography.

- 1869 - On Molecular and Mycroscopic Science.

On the theory of diferences.

- Tradutora de "A Mecánica Celeste" de Laplace.

Page 16: Muller mat presentacion

Augusta Ada Byron (1815-1852)

● Ada Byron nace o 10 de decembro de 1815. Filla do poeta Lord Byron, a súa nai fixo todo o posible para que non seguira os pasos do seu pai polo que dende pequena a guiou polo camiño das ciencias e as matemáticas. Con 17 anos Ada coñece a Mary Sormerville que a anima nos seus estudos matemáticos.

Page 17: Muller mat presentacion

Augusta Ada Byron (1815-1852)

Durante unha cea organizada por Sormerville en novembro de 1834, Ada escoita a Charles Babbage falar das súas ideas sobre a máquina analítica, e a partir daí aparece a colaboración entrambos. Babbage traballou sobre este proxecto e realizou unha conferencia sobre os seus traballos nun seminario de Turín (Italia) en 1840, e un matemático italiano chamado Menabrea escribe un artigo en francés sobre todo o que dixo Babbage. Ada, que estaba casada dende 1843 co Conde de Lovelace e era nai de 3 nenos, traduciu este artigo, e cando llo ensinou a Babbage este suxeriulle que engadira as súas propias ideas.

Page 18: Muller mat presentacion

Augusta Ada Byron (1815-1852)O resultado foi que as notas que engadiu Ada eran tres veces máis do artigo orixinal. Nesas notas, que

foron publicadas en 1843, ela prediciu que a máquina de Babbage podería ser usada tanto para un uso práctico como científico. Ada suxire a Babbage escribir un "plan" para que a máquina calculase

números de Bernuilli, este "plan" é considerado o primeiro "programa de ordenador", e por isto considerase a Ada o primeiro programador da historia. Existe unha linguaxe de programación

desenvolvida polo departamento de defensa de USA en 1979 que leva o seu nome: ADA. Foi unha muller adiantada o seu tempo, que lamentablemente morre

moi nova (con 37 anos).

Page 19: Muller mat presentacion

FLORENCE NIGHTINGALE (1820-1910)

● Naceu en Florencia o 12 de maio de 1820

● Foi enfermeira e coñecida como a pioneira da enfermería moderna. Acadou a fama mundial polos seus traballos pioneiros de enfermería na asistencia aos feridos durante a guerra de Crimea. O mundo científico realizoulle varios recoñecementos entre os máis salientables atopamos os seguintes: Primeira muller admitida na Royal Statistical Society Británica en 1860. Membro honorario da American Statistical Association 1874. Recibiu a Cruz vermella do Mérito. A Orde do Mérito Británico.

● Desde o ano 1974 celébrase o Dia Internacional● da Enfermería, promovido polo Consello● Internacional de Enfermaría, celebrase cada● 12 de maio, para conmemorar o seu nacemento.

Page 20: Muller mat presentacion

Aplicou os seus coñecementos de Estatística á epidemioloxía e á estatística sanitaria. Foi a primeira muller en formar parte da Royal Statistical Society británica e membro honorario da American Statistical Association

En 1883, a raíña Vitoria concedeu a Florence Nightingale a Cruz Vermella Real e en 1907 converteuse na primeira muller en acadar a Orde do Mérito.

A súa figura aínda a día de hoxe resulta moi controvertida. Sendo unha muller vitoriana convencida loitou por librarse do estereotipo do rol feminino. Tamén estivo contra a imaxe caritativa asociada as coidadoras, tendo sempre presente o carácter humano dos coidados. Defendendo así unha profesión emerxente. Se ben é certo que non é unha feminista, temos que enmarcala dentro do contexto social no que se desenvolveu, si contribuíu á causa da emancipación da muller.

Non inventa a enfermaría como profesión, mais o seu traballo, si resulta ser un punto de inflexión na profesionalización da enfermaría moderna e mesmo coloca os primeiros alicerces na consideración dos coidados como unha disciplina.

FLORENCE NIGHTINGALE (2)

Page 21: Muller mat presentacion

Emmy Amalie Noether (1832-1935)

● Matemática de orixe alemá (xudea).

● Doutorouse na Universidade de Erlangen-Nurnberg.

● Revolucionou as teorías de aneis, corpos e álxebras.

Page 22: Muller mat presentacion

Emmy Amalie Noether (1832-1935)

O seu pai era profesor de Matemáticas. Traballou seis anos, sen cobrar, no Instituto Matemático de Erlangen. En 1915 é invitada a Universidade de Gottingen, onde pasa catro anos dando clases en nome de Hilbert, por veto da Facultade de Filosofa. Ata 1919 non consegue a habilitación.

Permanece en Gottingen ata 1933, data en que e expulsada de Alemaña.

Emigra a EEUU e traballa no Bryn Mawr College de Pensilvania ata a súa morte.

Destacou en Física teórica e Álxebra abstracta.

Revolucionou as teorías de aneis, corpos e álxebras.

Foi considerada por D. Hilbert e A. Einstein, entre outros, a muller máis importante na Historia das Matemáticas.

Page 23: Muller mat presentacion

SOFIA ALEKSADROVNA JANOVSKAJA (1896-1966)

● Nace en Pruzhany (Bielorrusia) en 1896 e morre en Moscova en 1966.

● Matemática rusa que se forma en Odesa. Tras a súa colaboración ca Revolución Rusa, volve os seus estudos en 1923 na Universidade de Moscova

● Traballou en Filosofía e Lóxica Matemática.

● Publica artigos sobre a Historia das Matemáticas: Xeomería de Descartes, os paradaxosos de Zenón,matemáticas exípcias..

Page 24: Muller mat presentacion

SOFÍA KOVALEVSKAYA (1850-1891)● Tamén coñecida por Sony Kovalevsky.

● Naceu o15 de xaneiro de 1850, Moscova, Rusia.

● Morreu 10 de febreiro de 1891, Estocolmo, Suecia.

● Escribiu 1 libro, unha nihilista: novela rusa.

● Foi a primeira matemática rusa de importancia e a primeira muller que conseguiu unha plaza de profesora universitaria en Europa. Nacida e criada nunha familia cigana rusa de boa formación académica.

● A Fundación Alexander von Humboldt de Alemaña outorga un premio bi-anual chamado Sofia Kovalevskaya a prometedores xoves investigadores de todos os campos.

Page 25: Muller mat presentacion

SOFÍA KOVALEVSKAYA● Sofia Kovalévskaya morre

aos corenta e un anos, de gripe e Neumonía. Entre os seus traballos figuran: “Sobre a teoría das ecuacións diferenciais”, que aparece no Journal de Crelle, “Sobre a rotación dun corpo sólido arredor dun punto fixo”, polo cal obtén un importante premio outorgado pola Academia de Ciencias de París, en 1888.

Page 26: Muller mat presentacion

EMMA CASTELNUOVO(1913-2014)

● En 1946 da unha conferencia e escribe un artigo sobre “El Método Intuitivo” para ensinar Xeometría no Primeiro Ciclo de Secundaria.

● En 1952 publica o seu libro de “Aritmética I Numeri” para alumnos de primeiro ciclo de Secundaria.

Page 27: Muller mat presentacion

EMMA CASTELNUOVO(1913-2014)

● Cos seus métodos didácticos revolucionou a maneira de ensinar matemáticas na ensinanza secundaria: conectando os saberes matemáticos coa vida cotiá, creando materiais cos seus propios alumnos para facilitar a comprensión de conceptos e relacionando as matemáticas con outras ciencias e facetas do saber humano como a física, a química, a bioloxía, a arquitectura ou a música.

● No ano 1999 deu unha conferencia nas 9ª JAEM que se realizaron en Lugo.

Page 28: Muller mat presentacion

MARÍA JOSEFA WONENBURGER (1927-2014)

● Naceu en A Coruña o 17 de xullo de 1927 en Montrove (Oleiros).

● Morreu o 14 de Xuño de 2014 (86 anos de idade).

● Está formada na materia de matemáticas no Instituto Eusebio da Garda en A Coruña.

● Ten un amplo coñecemento nas linguas inglesa e alemana. Foi investigadora nos EE.UU e en Canadá.

● O seu pai era alemán e a súa nai era valenciana.

● Centrouse na teoría de grupos e álxebra de Lie. Estudou grupos de rotación de grupo ortogonal.

● No 2007 a Xunta de Galicia creou o premio María Wonenburguer para recoñecemento das mulleres galegas con traxectorias do ámbito da ciencia.

Page 29: Muller mat presentacion

MULLERES MATEMÁTICAS

● MOITAS GRAZAS ÁS AUTORAS E AOS AUTORES DESTA PRESENTACIÓN:

● ALUMNADO DE 2º ESO B