O monte e a revolución da sustentabilidade

download O monte e a revolución da sustentabilidade

of 27

Transcript of O monte e a revolución da sustentabilidade

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    1/27

    O monte e arevolucin da

    sustentabilidade

    Xos Veiras Garca

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    2/27

    R e l a t o r i o p r e s e n t a d o n a X X I S e m a n a G a l e g a d e

    F i l o s o f a , " F i l o s o f a e r e v o l u c i n " ,

    o r g a n i z a d a p o l a A u l a C a s t e l a o d e F i l o s o f a .

    P o n t e v e d r a , 2 2 d e a b r i l d e 2 0 1 4 .

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    3/27

    O monte e a revolucin

    da sustentabilidade

    Xos Veiras Garca

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    4/27

    Algun escribiu "sustentabilidade revolucin", porque paravivirmos en paz co planeta non abonda con introducirmos algunhasmelloras, con poermos depuradoras ou con reciclarmos o lixodomstico, sendo iso importante. Cmpren transformacins radicais,mudanzas estruturais, superarmos o produtivismo capitalistadominante.

    Imos falar da realidade do monte galego, do moito que nos d, apesar das moitas agresins que sofre. Mais, ante todo, queremosdestacar cmo imos precisar cada vez mis do monte para tentarmosconstrur unha sociedade ecoloxicamente sustentbel nun contexto decrise que tamn ambiental, cmo son esenciais para o noso futurotodas as loitas, resistencias, propostas e proxectos en marcha que seestn a impulsar no pas a favor dun monte vivo do que nos poidamosbeneficiar todos e todas, as xeracins actuais e as futuras.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    5/27

    O capital natural a chave do benestar

    Hoxe somos pouco conscientes da nosa ecodependencia, da nosadependencia da natureza. Todas as dimensins do benestar humanodependen, en maior ou menor medida, directa ou indirectamente, dos

    tres tipos de servizos que nos proporcionan os ecosistemas:

    1) Servizos de abastecemento: as achegas directas ao benestarhumano procedentes da estrutura dos ecosistemas (alimentos, augadoce,...)

    2) Servizos de regulacin: as achegas indirectas provenientes dofuncionamento dos ecosistemas (control da erosin, regulacin

    climtica,polinizacin,...).3) Servizos culturais: contributos intanxbeis obtidos a travs da

    experiencia directa cos ecosistemas (desfrute esttico, identidadecultural,...).

    A base deste fluxo de servizos a biodiversidade, polo seu papelchave na manutencin dos ecosistemas. E como sinala a Avaliacindos Ecosistemas do Milenio en Espaa -un proxecto cientfico

    multidisciplinar destinado a avaliar a conservacin dos ecosistemasno Estado espaol e o seu vencello co benestar humano, tomandocomo referencia o programa Avaliacin dos Ecosistemas doMilenio, auspiciado polas Nacins Unidas-, "de todos oscompoentes que conforman a biodiversidade, a diversidadefuncional asociada aos microorganismos, vexetacin einvertebrados, que contribe en maior medida ao subministro dosservizos dos ecosistemas, principalmente dos servizos de

    regulacin".

    Tanto os servizos de abastecemento como os culturais dependen enltimo termo dos servizos de regulacin, pois estn ligados ao bofuncionamento dos ecosistemas. Por exemplo, sen a proteccin dosolo pola vexetacin (servizo de regulacin) dimine a capacidadede producin de alimentos ou de madeira (servizos deabastecemento).

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    6/27

    A perda ou deterioracin dos servizos de regulacin reduce o nosobenestar e trnanos mis vulnerbeis fronte a crises e perturbacins.Porn, tenden a ser ignorados e menosprezados, por seren invisbeispara o mercado e para a maiora da poboacin. Os intentos de

    valorizacin monetaria dos servizos de regulacin poden terinterese para suliar a sa relevancia, mais a mercantilizacindestes servizos non asegura a sa manutencin. Esta pasa pola savisibilizacin na tomada de decisins.

    Fonte: Avaliacin de Ecosistemas del Milenio de Espaa. Fundacin

    Biodiversidad.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    7/27

    O monte o maior capital natural de Galicia

    Falar de natureza en Galicia falar, sobre todo, de monte, que seextende por mis de dous terzos do territorio. Entendemos por terras amonte as cobertas por bosques, plantacins forestais e matogueiras.

    O conxunto das terras a monte teen unha importancia alta nosubministro de diversos servizos de abastecemento, de regulacin eculturais. Un dos servizos de regulacin do monte que est a adquirirmaior relevo o que se deriva da fixacin de carbono.

    Ao almacenar carbono e ao retirar da atmosfera unha parte do excesode carbono presente en forma de CO2, o monte xoga un papel

    importante na loita contra o cambio climtico. Porn, cmpre advertirque, tanto desde a Xunta como desde a industria forestal, timase enusar de forma perversa o servizo de regulacin climtica que nosofrece o monte. Cunha dobre intencin. Por unha banda, pretndesesoslaiar a necesidade urxente de reducirmos drasticamente as emisinsde CO2nas fontes, o que implicara a reconversin do noso modelo deproducin e consumo de enerxa, baseado nos combustbeis fsiles.

    Por outra banda, qurese respaldar a expansin das plantacinsforestais con especies de crecemento rpido como os eucaliptos, aoseren as que fixa carbono con maior rapidez.

    Sen negarmos a sa importancia, hora de valorarmos este servizodo monte cmpre termos en conta dous aspectos. O primeiro aincerteza verbo do seu clculo. Non posbel estimarmos conprecisin cnto carbono fixan a vexetacin e o solo, anda que est

    claro que s compensan unha pequena parte das nosas elevadasemisins actuais procedentes da queima de petrleo, carbn e gasnatural. O segundo aspecto a considerarmos a reversibilidade.Factores como os incendios poden facer que bosques e plantacinsdeixen de ser almacns e pasen a ser emisores de carbono.

    A mellor forma de contriburmos loita contra o cambio climticodesde o monte a conservacin e a expansin dos bosques. Nos

    bosques de carballo ou de faia chganse a acumular maiorescantidades de carbono que nas plantacins, e de xeito mis estbel.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    8/27

    Neste punto, convn destacarmos a diferenza radical entre bosques eplantacins forestais orientadas producin, especialmente se asrbores empregadas son alctonas. A Avaliacin dos Ecosistemas doMilenio en Espaa moi clara ao respecto,

    A pesar do que promoven as empresas do sector forestal, este tipo

    de cultivo monoespecfico de rbores exticas non se pode denominarbosques desde a perspectiva do seu funcionamento ecolxico, nin

    "capital natural" desde unha perspectiva socioecolxica, pola baixa

    capacidade, calidade e pobreza do seu fluxo de servizos.

    En palabras do escritor Eduardo Galeano,

    Los bosques industriales se parecen a los bosques naturales tanto

    como la msica militar se parece a la msica y tanto como la

    justicia militar se parece a la justicia.

    Fonte: "El bosque, sumidero de carbono y fuente". AgustnMerino (Departamento de Edafoloxa e Qumica Agrcola daUSC). Recursos rurais, n 6, xullo 2012.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    9/27

    A destrucin do monte galego

    A provisin de servizos polo monte galego enfronta hoxe mltiplesameazas, entre as que destacan os cambios de uso do solo.Refermonos en concreto progresiva artificializacin do territorio,ao crecemento da superficie ocupada por plantacins de eucalipto eoutras especies arbreas forneas, e ao avanzo do abandono do mediorural.

    A mudanza mis salientbel nos usos do solo en Galicia desde finaisdos anos oitenta o significativo crecemento das superficiesartificiais, custa fundamentalmente de terras a monte. As superficiesartificiais aumentaron en 8.800 hectrea no perodo 1987-2000, enoutras 2.500 hectreas entre 2000 e 2005, segundo os datosprocedentes do proxecto europeo CORINE Land Cover. Un aumentoequivalente superficie ocupada polas setes principais cidadesgalegas e que veu motivado, sobre todo, pola construcin deinfraestruturas de transporte por estrada, pola creacin de novas zonasindustriais e comerciais e pola ampliacin das zonas de extraccinmineira -moi vencellada construcin de estradas e de vivendas-.

    Fragmentacin dapaisaxe en Europa(maiorfragmentacin, tonmis vermello).

    Fonte: AxenciaEuropea de Medio

    Ambiente.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    10/27

    As consecuencias do proceso de artificializacin sobre o monte vanmoito mis al da perda irreversbel de solos naturais. Implica outrosefectos negativos igualmente importantes. Como o agravamento da xaelevada fragmentacin do territorio -empobrecedora da

    biodiversidade- ou o aumento da interfaz urbano-forestal, das reasonde as zonas construdas estn prximas s superficies forestais, nasque os incendios son das veces mis frecuentes.

    Anda que non se dispn de datos, todo apunta a que o ritmo deartificializacin do territorio galego diminuiu nos ltimos anos comoresultado da crise econmica. No que atinxe, en particular, minara,o nmero de explotacins descendeu de 400 a 296 entre 2007 e 2011,o que se traduciu nunha menor presin sobre o territorio.

    Esta tendencia pode mudar no futuro prximo se se materializanmoitas das propostas de novas minas promovidas por empresasmultinacionais estranxeiras que puxeron os seus ollos en Galiciaatradas pola explotacin de recursos mineiros que se revalorizaronnos ltimos anos nun contexto mundial de demandas crecentes e

    Distribucin daInterfaz Urbano-Forestal (IUF) enGalicia.

    Fonte:"Delimitacin de laIUF en Galicia:Anlisis del riesgode incendio".Mara L. ChasAmil (USC), JuliaTouza (UV),Eduardo D. Garca

    Martnez (UV). 6Congreso ForestalEspaol, 2013.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    11/27

    recursos cada vez mis escasos. Se ben as perspectivas para aexplotacin dos minerais mis ligados ao sector da construcin nonson moi favorbeis, e a minara enerxtica fsil semella cousa dopasado aps o esgotamento das minas de lignito das Pontes e de

    Meirama, a minara metlica pode rexurdir con forza despois de misde tres dcadas de inactividade. Como ben sabido, intentos denovas explotacins de minerais metlicos e industriais cun forteimpacto socioambiental negativo estn a suscitar un importanterexeitamento nas comarcas afectadas e en todo o pas, oposicin quexa logrou paralizar proxectos como as minas de ouro de Corcoestoou a de feldespatos da Limia.

    A artificializacin est a reducir a superficie de monte, anda queben certo que s lixeiramente en termos porcentuais. Galicia foi esegue sendo, sobre todo, monte. A superficie a monte estndese poruns dous millns de hectreas, dos cais un milln e medio estnarborizadas, a metade do territorio galego.

    Teramos que viaxar moi atrs no tempo para contemplarmos unhaGalicia con tantas rbores. O forte crecemento demogrfico e a

    expansin da agricultura e a gandera durante o Antigo Rxime1

    aceleraron o proceso deforestador iniciado coa revolucin neoltica.Estmase que a superficie arborizada atinxiu niveis mnimos amediados do sculo XVIII e comezos do XIX. Xa desde o inicio dosculo XVIII boa parte da madeira consumida en Galicia tia que serimportada. A destrucin dos bosques autctonos e a intensahumanizacin do territorio fixeron que as ltimas poboacins degrandes carnvoros como o oso pardo ou o lince, noutrora presentesen grande parte do pas, se extinguisen entre o sculo XIX e asprimeiras dcadas do XX.

    1.Entre principios do sculo XVI e mediados do XIX a poboacin galegamultiplicouse por seis, desde 300.000 at 1.800.000 habitantes (1860). No sculoXVI a superficie de terreo de cultivo permanente supoa un 10% do territorio,

    incrementndose at atinxir un 24% a mediados do XIX. Nalgns momentos dosculo XX chegou a acadar o 30%. Estmase que as terras con boas aptitudes para ocultivo agrario supoen unha cuarta parte do territorio galego.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    12/27

    Hai moitas rbores no monte, mais restan poucos bosques, e sobretodo, restan poucos bosques antigos, bosques autctonos cun altograo de naturalidade, escasamente transformados pola accinhumana. Estes bosques ocupan hoxe s unhas poucas decenas de

    miles de hectreas. Durante as ltimas dcadas medrou a superficiecoberta por frondosas autctonas, grazas maiormente rexeneracinnatural que tivo lugar en montes e terras agrarias abandonadas, maispolo de agora son bosques xuvens.

    A maior parte da superficie arborizada actual o resultado do cultivode pieiros e eucaliptos efectuado durante as ltimas dcadas poriniciativa pblica e privada. En particular, a progresin do eucalipto

    ten sido espectacular desde que a fbrica de celulosa de ENCE enPontevedra comezou a utilizar a madeira de eucalipto como materiaprima. Entre comezos dos anos setenta e a actualidade, os eucaliptosmultiplicaron por mis de dez a sa superficie (como masas puras).Unha "eucaliptizacin" certamente moi lesiva para o medio, algo bendocumentado na literatura cientfica. Aln de afeccins negativassobre o solo e a dispoibilidade de auga, supuxo un empobrecemento

    drstico da biodiversidade, basicamente porque non hai especiesautctonas capaces de se alimentaren das sas follas.

    Fonte: Elaboracin propia a partir dos Inventarios Forestais estatais.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    13/27

    O crecemento excesivo e desordenado das plantacins de eucaliptofixo que o monte galego, no que xa abundaban especies propensas aarder como os pieiros e as que forman as matogueiras, se tornaseanda mis combustbel. Isto, unido ao abandono da xestin de

    extensas superficies, como resultado do xodo rural e datransformacin da agricultura, pervivencia da "cultura do lume", douso habitual do lume como ferramenta agropecuaria, explican aproliferacin de incendios altamente destrutivos das ltimas dcadas.Desde a dcada de 60 ardeu tanta superficie como a que ocupa omonte na actualidade. Isto significa que moitos montes arderon variasveces, que sofreron incendios recorrentes que os degradaronseveramente, ao se erosionar e empobrecer o solo.

    Coa crise definitiva nos anos sesenta do modo de producin agrarioorgnico, do que o monte era unha peza indispensbel, do tempo do"lume controlado", empregado nas estivadas (cultivos temporais decereais no monte) e na rexeneracin de pastos, pasamos ao tempoactual do "lume sen control", do incendio forestal. Anda que nomodo de producin agrario tradicional o lume non estaba tan

    controlado, nin era tan pouco destrutivo, como moitas veces seimaxina. Os lumes escapaban s veces do control dos labregosespallndose polo monte. Luis Guitin, profesor do Departamento deXeografa da Universidade de Santiago, estudoso da historia dosbosques en Galicia, afirma que os efectos destes incendios non selimitaban tan s ao mato porque con frecuencia o lume escapaba aocontrol dos pastores extendndose aos estratos superiores davexetacin ou aos bosques prximos, como de novo queda demanifesto nas declaracins de moitos preitos que se desenvolveronperante o mis alto tribunal de xustiza de Galicia.

    A seguinte noticia, publicada no xornal La Voz de Galicia, parecedun vern de hai uns anos, mais est datada no 7 de setembro de1883,

    La ola de incendios que tiene lugar en la provincia de Orense

    amenaza cosechas y viviendas. El fuego ha castigado con especialvirulencia, durante el ltimo mes, a gran parte de esta provincia

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    14/27

    gallega.

    A presenza destrutiva no monte galego do lume de orixe humanaremntase miles de anos atrs, modelando a paisaxe galega desdeentn, especialmente durante o ltimo milenio, e da man docrecemento demogrfico, moi acusado desde o sculo XVI. FranciscoDaz-Fierros, catedrtico de Edafoloxa da Universidade de Santiago,escribe, escribe, referndose ao perodo comprendido entre 1100 e1850,

    Os solos, sobre todo cando as estivadas remontaban as costas que

    orlaban os vales, foron sometidos a diferentes vagas erosivas durante

    todo o perodo, polo que cando hoxe en da se observan esas terrasesquelticas de moitos cumios e pendentes do pas, algunhas con

    mis rocha ca solo, cmpre preguntarse cantas tiveron a sa orixe

    neste perodo? E as agras e cortias foron, finalmente, caladas

    testemuas desa loita incesante contra a perda da fertilidade, na

    procura dun difcil equilibrio, sempre atento pantasma da fame, da

    que dependa a supervivencia da poboacin campesia. Galicia

    remata o perodo cun incremento evidente dos seus recursos en

    poboacin e riqueza, pero tamn deixando ver fondas feridas nunhanatureza que, coa tcnica e a razn como aliadas, foi s instrumento

    e obxecto do proveito do ser humano.

    hora de abordarmos o problema dos lumes fundamental termospresente que a utilizacin do lume como ferramenta agraria segue aser hoxe unha causa moi importante de incendios forestais no nosopas. Segundo as estatsticas oficiais, a eliminacin do mato e dos

    residuos agrcolas, xunto coa rexeneracin de pastos para o gando,son as principais causas inmediatas coecidas de incendios forestais.

    A dcada de oitenta do sculo pasado foi a de incendios misdevastadores. O terrbel pico de incendios de 1989 provocou talimpacto social que obrigou Xunta a crear un potente servizo dedefensa contra os incendios forestais. Deste xeito, conseguiuse limitara dimensin do problema incendiario a partir da dcada dos anos

    noventa. Porn, baixo condicins de vento, temperatura e sequidademoi desfavorbeis, o "exrcito" de homes e mulleres que combate

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    15/27

    esforzadamente os lumes vese desbordado por vagas de lumes quedisparan as cifras de monte ardido. A vaga de agosto de 2006 fixo queese ano fose o peor desde 1989, o que marcara un novo fito naconcienciacin e mobilizacin sociais.

    Hai un factor que raras veces se ten en conta hora de falar dosincendios, pero que cada vez mis relevante. o cambio climtico,

    que explica a tendencia ao empeoramento dos ndices meteorolxicosde perigo de incendios rexistrada nos ltimos decenios, misacentuada no sur e no interior do pas e tamn mis marcada na pocade perigo invernal (marzo) que no vern. A facilidade coa que o lumeprende e se propaga tende a aumentar. Os incendios podern facersemis rpidos e intensos no futuro canto maior sexa o avanzo docambio climtico. Se ademais se mantn a tendencia observada de

    aumento dos episodios de chuvia intensa no outono, as riadas e osarrastres de terra aos ros sern maiores.

    Superficie anual ardida (miles de hectreas) entre 1961 e 2013. A lia vermella

    corresponde superficie total e a azul arborizada.

    Fonte: Aula Silvicultura (http://silvicultor.blogspot.com.es/), a partir dos datosoficiais.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    16/27

    O aumento do perigo de incendio non a nica consecuencia damudanza climtica sobre o monte galego. Destacan tamn amediterraneizacin da vexetacin e o incremento da proliferacin deaxentes patxenos das masas arbreas, ao se veren favorecidos polo

    aumento das temperaturas no inverno2

    .

    2."Evidencias e impactos do cambio climtico en Galicia". Xunta de Galicia, 2009.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    17/27

    Unha Galicia ecoloxicamente dependente nun

    mundo en Crise

    O cambio climtico, o teito do petrleo (o fin da era do petrleoabundante e barato) e a diminucin acelerada da biodiversidade sonas principais dimensins da crise ecolxica global, os principaissinais do choque da humanidade contra os lmites ambientais doplaneta.

    No inicio da dcada de setenta, un grupo de investigadores do MITadvertiu no libro Os lmites do crecemento que, se continuaban aaumentar ao mesmo ritmo as presins humanas sobre a Terra, o

    colapso econmico e poboacional sera inevitbel. A evolucin domundo nas ltimas dcadas aproximouse moito ao proxectado en "Oslmtes do crecemento" baixo o escenario denominado bussines asusual(mis do mesmo).

    Fonte: Web do Smithsonian Institute, baseado en "A comparison of the limits ofgrowth with 30 years of reality". G.M. Turner (Global Enviromental Change, vol18, 2008).

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    18/27

    O rpido crecemento da producin e o consumo impulsado polaglobalizacin capitalista estanos a achegar cara a unha catstrofeecolxico-social global sen precedentes.

    Como se posiciona Galicia neste escenario de profunda crise

    ecolxica?. Insolidariedade e vulnerabilidade definen o nosoposicionamento. Como pas, consumimos ben mis do que nospermitira un reparto xusto das posibilidades ecolxicas do planeta.Facmolo custa das xeracins futuras e doutros territorios, coafinalidade de soster unha economa insustentbel cuxa demanda denatureza creceu vertixinosamente nos ltimos cincuenta anos, unperodo coecido en todo mundo como a Grande Aceleracin.

    Galicia ocupa hoxe moito mis espazo ambiental do que llecorrespondera por poboacin, como poen de manifesto diversosindicadores acoto ignorados (as pegadas ecolxica, de carbono,.. ).

    Galicia un pas excedentario en residuos e en contaminacin e

    deficitario en recursos. A travs dos intercambios comerciais,abastecmonos dos recursos que non temos e desprazamos boa parte

    Fonte: Elaboracin propia a partir de "Informe Planeta Vivo 2008" (WWF, ZSL,Global Footprint Network) e "El anlisis de la huella ecolgica en Espaa"(Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mario, 2007).

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    19/27

    dos impactos ambientais asociados s demandas da nosa economa.Exportamos, mis que importamos, insustentabilidade.

    Dise que a galega unha economa con vocacin exportadora. asse ollamos para a balanza comercial monetaria. Mais se reparsemos

    na balanza comercial fsica, a que emprega como unidades astoneladas e non os euros, veramos que a realidade invrtese. Galicia unha economa importadora, especialmente de minerais (enerxticose non enerxticos), mais tamn de alimentos. A balanza comercialfsica galega claramente deficitaria.

    Desde mediados dos anos cincuenta constatouse unha mudanza noconsumo de recursos da economa espaola que non foi allea aeconoma galega. Como en todos os pases enriquecidos, pasousedunha Economa da Producin a unha Economa da Adquisicin3.Os recursos biticos renovbeis que supoen unha verdadeira

    producin de materia vexetal no sentido fsico e ecolxico-perderon importancia relativa fronte aos recursos abiticos

    Balanza comercial fsica de Galicia .

    Fonte: Elaboracin propia a partir dos datos de C-intereg e DataComex.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    20/27

    combustbeis fseis, minerais non enerxticos-. Hoxe a economagalega apoiase na adquisicin e consumo masivo destes recursospreexistentes (non renovbeis), nomeadamente de petrleo.

    Temos unha grande dependencia externa de enerxa, de minerais e

    de alimentos. Recursos que a longo prazo tenden a ser mis escasos ecaros.

    3."El metabolismo de la economa espaola. Recursos naturales y huella ecolgica(1955-2000)". scar Carpintero. Fundacin Csar Manrique, 2005.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    21/27

    Sen monte non hai futuro. O monte ten futuro

    Ao deixarmos de ser unha sociedade agraria cun metabolismo socialde base orgnica e transformrmonos nunha sociedade industrialsustentada no consumo masivo de recursos non renovbeis, o monteperdeu peso como subministrador de recursos naturais. At adesarticulacin da agricultura orgnica, un monte moi humanizadooperaba como un imprescindbel espazo agrario complementario dasterras de labrado, provendo fertilizante (toxo), pasto para o gando,terra para o cultivo temporal de cereais (estivadas), lea, madeira oufroitos.

    Durante as ltimas dcadas, o monte s ten xogado un papelrelevante como subministrador de madeira ou, mellor dito, de certostipos de madeiras. E s desde principios de sculo volveu adquiririmportancia como fornecedor de enerxa. Foi grazas a un rpidodesenvolvemento elico, s interrompido en anos recentes debido srestricins s renovbeis introducidas nas ltimas mudanzasregulatorias do marco elctrico estatal. Un crecemento eliconecesario, mais que foi regulado pola Xunta sen atender a criterios

    ecosociais, o que deixou os beneficios do aproveitamento do vento enmans de grupos empresariais multinacionais estranxeiros e deteriorouseriamente moitos dos nosos espazos naturais mis valiosos.

    Hoxe a achega da enerxa elica obtida nos montes ao "mixelctrico" galego necesaria, importante e positiva desde unhaperspectiva ambiental global. Porn, esa achega podera terse logradode xeito moi diferente, distribundo os beneficios econmicos daenerxa elica de xeito equitativo -promovendo a participacin depropietarios de montes e cidadana en xeral na promocin de parqueselicos, seguindo o exemplo de pases como Dinamarca- eminimizando o impacto sobre o territorio, para o cal deberan terseexcludo desde o inicio as zonas de maior valor ecolxico como reasde desenvolvemento elico.

    A achega do monte ao noso subministro de enerxa tamn medrounos ltimos anos grazas ao crecemento do uso enerxtico da biomasa.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    22/27

    Como no caso da elica, tamn coa biomasa se estn a pasar por altoas cautelas ambientais necesarias. Especialmente preocupante podeser a deterioracin dos solos por unha extraccin excesiva debiomasa, esquecendo que o mato ou os restos de corta non son

    residuos ou combustbeis, senn nutrientes para a rexeneracin dossolos, unha vez que se descompoen. Ao tempo que se minusvaloranos riscos, esaxranse os beneficios, especialmente no tocante loitacontra o cambio climtico. Na verdade, a biomasa non presenta o talbalanzo neutro de dixido de carbono do que tanto falan algunhasempresas e a Xunta mentres obvian que a queima de biomasa unhafonte de contaminantes locais prexudiciais para a sade humana

    (tamn o son, por suposto, a queima de restos agrarios ou os incendiosforestais). Outra cuestin importante a ter en conta o impactoambiental negativo dos chamados cultivos enerxticos, propostoscomo subministradores de biomasa, pois trtase de plantacins moiintensivas compostas a mido por especies exticas invasoras comoeucaliptos ou acacias.

    Como o que interesa non a transicin cara a un modelo enerxtico

    sustentbel senn o crecemento econmico ao prezo que for,pretndese impulsar a biomasa, como antes se fixo coa elica, senabordar previamente unha planificacin enerxtica que decreza oconsumo de enerxa e promova tamn outras renovbeis como asolar.

    Non a calquera prezo, mais cmpre aproveitarmos moito mis onoso potencial de obtencin de enerxas renovbeis. Se temos

    presente a nosa elevada dependencia enerxtica e alimentar, as comoo contexto de agravamento da crise ecolxica global, seremos misconscientes da necesidade urxente de lograrmos un maior grao desoberana enerxtica e alimentar, entendidas como a capacidade paradecidirmos sobre os nosos propios recursos co obxectivo dereducirmos a nosa dependencia externa. Enmarcando esa procura desoberana alimentar e enerxtica na transicin cara a un modelo

    econmico sustentbel que reduza drasticamente o impactosocioambiental dos nosos padrns de producin e consumo, tantodentro como fra do noso territorio, isto , tanto o impacto

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    23/27

    intraterritorial como o extraterritorial.

    Evidentemente, a maior relocalizacin posbel da producin e oconsumo e o axuste da economa aos lmites ecolxicos implicaloitar contra o proceso de globalizacin neoliberal, contra as polticas

    europeas, estatais ou galegas que estn a empurrar en sentidocontrario.

    Nun mundo onde a explosin demogrfica e o crecemento daproducin e o consumo inherente ao produtivismo capitalista fixo quecomecemos a chocar contra os lmites ambientais globais, onde nosaproximamos, ou estamos xa, non s no cnit do petrleo, senn no"cnit de todo" (como di Richard Heinberg), o noso sobreconsumoactual de natureza, baseado en importacins masivas, acabar por serinvibel. Se queremos ser unha sociedade resiliente nun mis queprobbel escenario global de descenso acelerado da dispoibilidadede recursos e de acusada degradacin ambiental, debemos consumirmenos e mellor e renovar a nosa relacin coa terra, "entendida comoterritorio e sobre todo como solo, como cerne da vida e como orixe detoda riqueza autntica", como afirma a Gua para o descenso

    enerxtico promovida pola Asociacin Vspera de Nada. En palabrasdo presidente desta asociacin, o economista ecolxico Xon Doldn,"re-ruralizar e re-agrarizar o mundo xa non unha opcin maisapenas algo inevitbel".

    Neste escenario inevitbel, o monte volver ocupar necesariamenteun lugar central como fornecedor de variados servizos deabastecemento e culturais, ao tempo que adquirirn anda maior

    importancia os servizos de regulacin que nos proporciona.Un monteintegrado cunha agricultura e gandera ecolxicas; con mis bosquesnaturais e menos plantacins forestais, xestionadas con criterios desilvicultura ecolxica e cunha producin diversificada;subministrador de enerxas renovbeis aproveitadas respectando abiodiversidade e do xeito mis distribudo posbel por multitude depequenos produtores.

    De costas ao monte, permitindo a sa destrucin e espolio, nonseremos quen de construrmos unha sociedade na que poidamos vivir

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    24/27

    ben dentro dos lmites ambientais. E tampouco ser factbel un montevivo mentres o noso modelo de producin e consumo requiracantidades elevadas de enerxa e de materiais, a menos, claro, quesexa custa de manter e acentuar a exportacin de danos ambientais

    va importacin masiva de bens, custa de espoliar outros pobos eterritorios, o que nos resultar cada vez mis complicado.

    Un modelo socialmente xusto e ecoloxicamente sustentbel -tanto aescala galega como global-, que tea como obxectivo central obenestar humano (e o do resto de seres vivos) seguira catro principiosbsicos:

    -Renovabilidade nas fontes enerxticas.-Peche de ciclos de materiais nos procesos de producin.-Suficiencia, redistribucin e autocontencin con regulacindemocrtica.-Principio de precaucin.

    Como sinalan scar Carpintero e Jorge Riechmann, ao definir estesprincipios, "formlanse tres ideas chave moi interrelacionadas parapensarmos cabalmente a transicin de sistema: a idea de lmite(relacionada coa sustentabilidade), a idea de igualdade (que nospermite pensar en que sociedades mis igualitarias sern sociedadescon maior nivel de benestar), e a de democracia econmica".

    Nesta transicin seran chaves, no caso galego, o decrecemento do

    consumo de enerxa e a expansin das enerxas renovbeis at tornarinnecesarias as de orixe fsil, comezando polo carbn; a reducin doconsumo de minerais e de plsticos e un maior emprego da madeira,ou a xeralizacin dun modelo de alimentacin sen exceso de protenasanimais baseado en alimentos ecolxicos locais. Todo iso implicaraunha moi importante relocalizacin da producin e o consumo e aconseguinte revitalizacin do medio rural.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    25/27

    Monte vecial, o patrimonio silente.

    Como vimos ao comezo, os montes xa nos dan hoxe moito, malia enxeral non estaren ben protexidos e coidados. Mais para nos poderen

    proporcionar o fluxo de servizos de regulacin, abastecemento eculturais que precisaremos cada vez en maior medida e, ao tempo,seren reservorios de biodiversidade, comprira, de agora en diante,xestionrmolos tendo en mente as ideas chaves que apuntabamosantes para nos referir transicin xeral da economa: sustentabilidade,igualdade e democracia.

    Para iso, fundamental a planificacin e a intervencin desde ospoderes pblicos cun enfoque de democracia participativa,acompaada dunha mobilizacin de recursos acorde coa relevanciaestratxica do monte no noso pas. O investimento pblico no monteen Galicia, excludos os gastos en extincin de incendios, sinxelamente ridculo, considerando tanto a importancia do montecomo as posibilidades orzamentarias, incluso no contexto presente.

    A actuacin dos poderes pblicos na procura do ben comn debeimpedir a deterioracin e espolio do monte, nomeadamente por partede grandes empresas do sector madeireiro ou enerxtico, as comoimpulsar a xestin sustentbel, tanto de xeito directo como indirecto.

    Un mbito a ter especialmente en conta o dos montes veciais enman comn. Son 3.215 montes que suman unha superficie de

    667.000 hectreas, o que representa nada menos que o 33% das terrasa monte e o 22,5% do territorio. Polas sas caractersticas ofrecenvantaxes e posibilidades moi interesantes.

    As parcelas de monte privado particular son de dimensin moireducida, de tan s 0,25 hectreas de media, o que obriga a buscarfrmulas de asociacionismo para as xestionar. Sen embargo, o tamao

    medio dos montes comunais acada unhas 230 hectreas, o que, deentrada, facilita a sa xestin. Por outro lado, a forma de propiedade

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    26/27

    colectiva e a estrutura de xestin democrtica posibilitan aparticipacin de toda a comunidade local, de toda a parroquia oualdea, tanto no goberno como no reparto de beneficios do monte.

    A realidade dos montes comunais moi heteroxnea, e atopamosmoitos casos de mala xestin, mais tamn algns dos melloresexemplos de xestin, protagonizados por comunidades que procuranmanter ou renovar un aproveitamento diversificado do montesocialmente beneficioso que respecte, cando menos, algns principiosecolxicos

    Outra forma de xestin participativa impulsada desde a cidadanaque est a dar os primeiros pasos a custodia do territorio. A safinalidade conservar montes e outros espazos que teen un altovalor ecolxico.

    Xa para rematar, quero deixar unha conclusin final: o monte unanda enorme e valiossimo capital natural que cmpre coidarmos erestaurarmos na medida do posbel. Un monte do que certamente

    imos poder prescindir cada vez menos no futuro, un futuro que estarmarcado nas vindeiras dcadas polo final do curto perodo da nosahistoria no que dispuxemos de abundantes recursos non renovbeis.

    urxente que, como xa est a facer moita xente, o defendamos, queevitemos a sa apropiacin por grandes empresas que s mirn poloseu, que o resgatemos das forzas de mercado e o poamos ao servizo

    do ben comn das xeracins actuais e futuras, para vivirmos bendentro dos lmites ecolxicos.

  • 8/10/2019 O monte e a revolucin da sustentabilidade

    27/27

    E s t a p u b l i c a c i n l i c e n c i o u s e c o a L i c e n z a

    C r e a t i v e C o m m o n s R e c o e c e m e n t o - N o n

    c o m e r c i a l 4 . 0 I n t e r n a c i o n a l . P a r a v e r u n h a c o p i a

    d e s t a l i c e n z a v i s i t e :

    h t t p : / / c r e a t i v e c o m m o n s . o r g / l i c e n s e s / b y - n c / 4 . 0 / .