Mateo e outros relatos de 1º Primaria

7

description

Relatos inventados polos nenos e nenas de 1º curso para o I Certame de Relato Curto Ceip Sigueiro

Transcript of Mateo e outros relatos de 1º Primaria

1º A

• O VIOLÍN MÁXICO de Alumnos e alumnas de 1º A

1º B• MATEO de Sara Sonería, Sara Iglesias, Pablo Gacio, Marta

Leira e Pablo Fernández

1º C

• O MISTERIO DA CLASE ENCANTADA de

alumnos e alumnas de 1º C

O VIOLÍN MÁXICO

1ºA

Había unha vez unha clase de primeiro A do colexio de Sigüeiro,

que tiña vintetrés nenos/as moi traballadores.

Un día foron á biblioteca e ao subir as escaleiras escoitaron uns

choros. Quedaron paralizados e descubriron que os xemidos viñan da

aula de música. Camiñaron paseniño, abriron a porta amodiño, e oíron os

choros que non sabían de que punto exacto procedían. Decidiron sentarse

nas cadeiras e que os encargados buscaran nas caixas dos distintos

instrumentos. De súpeto nunha caixa oíron unha voz que dicía:

- Por favor sacádeme de aquí que quero tocarlle aos nenos.

Quitárono e o violín comezou a andar e a tocar el só. Os nenos

empezaron a bailar e a cantar ao redor del. Todos xuntos baixaron e

deron unha volta ao patio. Subiron as escaleiras e chegaron á clase onde

o violín parou de tocar e díxolles:

- Deixádeme quedar na vosa aula para que nunca máis me metan na

caixa.

Os nenos prometéronlle que si.

E colorín colorado este conto do violín xa está rematado.

Alumnos e alumnas de 1ºA do CEIP de Sigüeiro

MATEO

1º B

Nun país chamado Musicandia vivía Mateo, un neno ao que lle gustaba moito ir ás

festas á noite a oir música e a bailar.

Un día o director da banda como vía que lle gustaba a música invitouno a tocar un

instrumento, Mateo ao primeiro tiña vergoña, pero despois despois decidiu tocar a

frauta. Tanto se divirtía tocando que soñaba con ela e pasaba todo o tempo tocándoa. O

director ao velo tan entusiasmado e que a tocaba tan ben, díxolle que podía ser da súa

banda.

Mateo aceptou, ían de festa en festa e a xente gustáballe moito ver a Mateo.

Cando ía tocar, Mateo, botaba de menos aos seus país e sentíase so, ata que un día

decatouse que os seus papás tamén estaban entre o público. Mateo entón era feliz. Xa

tiña todo!.

FIN

Nome: Sara Sonería, Sara Iglesias, Pablo Gacio, Marta Leira e Pablo Fernández.

Curso: 1ºB

ICADE: 6 anos.

O MISTERIO DA CLASE ENCANTADA

1º C

Érase unha vez, unha clase chea de nenos e nenas moooooi traballadooooores, pero

tamén eran un pouquiño revoltosos. Todos os días ao chegar á clase, tiraban as mochilas

e os abrigos ao chan.

A mestra xa non sabía que facer con eles. Estaba taaaan desanimada que ao acabar a

clase e o marchar todos a casa os lapis decidiron axudala:

- Esto non pode seguir así!

- É certo, temos que darlles unha lección.

Os lapis convocaron unha reunión, cos libros, as cores, pegamentos, o encerado, o

ordenador, as mesas, as sillas…, en fin, con todo o material escolar que había na aula. A

reunión ía ser as catro en punto da tarde. Chegou o momento, todos querían falar, e

falar, pero ninguén entendía nada, de súpeto o borrador golpeou no encerado e fíxose o

silencio:

- Pareceeeeemos os nenos...!!!!, así non hai quen entenda nada, e senón falamos por

orden non chegaremos a ningún acordo.

- Ten toda a razón, - dixo o encerado. Eu creo que o primeiro que teríamos que facer e

pensar uns minutiños de qué maneira poderíamos darlle unha lección a estes cativos.

Estades de acordo?.

- Síííííí, sííííi.

Durante uns minutos estaba todo en silencio, oíanse algúns pasos dos materiais que

paseaban o mesmo tempo que pensaban, tic-tac, tic-tac, tic-tac, pasaban os minutos.

Os percheiros foron os primeiros en falar.

- Nos propoñemos desaparecer da clase, total no nos teñen en conta, non colgan os

abrigos, iso quere decir que non nos queren. Os percheiros puxeronse moi triste.

Os lapis e os libros dixeron que iso non, porque se os nenos e nenas non os querían,

todos eles os adoraban e o pasaban moi ben todos xuntos.

De súpeto, as cores deron a idea.

- Ten que ser algo moi discreto para que a mestra non se de conta. Escoitade con

atención: O problema é que cando chegan tiran as mochilas e os abrigos o chan, entón

simplemente o que temos que facer, sobretodo vos, os percheiros é que cando tiren os

abrigos o chan cada un con moita cautela te des que volver a poñerllos, o volven tiran

poñemosllos outro vez, e así ata que se cansen, anque empezarán a preguntarse que é o

que esta a pasar, coas mochilas o mesmo, aquí precisamos a axuda de vos, os lapis , os

pegamentos e nos as cores, xa que esas mochilas pesan moito, soamente temos que

tumbarnos coma si estiveramos tirados no chan sin recoller, cando eles miren o redor.

Que vos parece?.

Fíxose un silencio durante un anaco, e de súpeto, empezou a soar unha música, eran os

propios materiais da aula tocando e puxéronse a cantar:

Ji ,ji,ji Ji,ji,ji

Ji,ji,ji ji,ji,jo

Teño unha broma para ti. Temos unha broma para vos.

Ji, ji,ji Ji,ji,ji

Ji,ji,ja ji,ji,ji

Unha broma ímosvos gastar. Teño unha broma para ti.

Ao acabar de bailar e cantar, chegaron a conclusión de que era unha IDEA XENIAL!!!!.

Ao dia seguinte así o fixeron, os nenos e nenas, asustáronse tanto que nunca máis

volveron a tirar os abrigos e as mochilas ao chan. A mestra non o cría pero estaba

moooi conteeeenta.

AUTORES: NENOS E NENAS DE 1º C (1º CICLO)

IDADE: 6 ANOS