Río Tea

Post on 16-Apr-2017

305 views 7 download

Transcript of Río Tea

Río TeaRío Tea

LONXITUDE: 50 km

SUPERFICIE DA CUNCA: 411 km2

Concellos: O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

CLIMAAtlántico (cálido e húmido)

RÉXIME: Pluvial, con augas altas no inverno.

CAUDAL: 17,5 m³/s

NACEMENTO: na confluencia das serras do Suído e Faro de Avión.

Coto Miñoto, na serra do Suído

Porto Pardellas

A GRAÑA

Carballeira de Prado, no curso alto do Tea.

MACEIRA

Refuxio

Alén

O Tea en Barciademera

Tatín (Mondariz)

Ponte de Cernadela (Mondariz)

Xabriña

MONDARIZ

MONDARIZ BALNEARIOManancial de Troncoso

O Tea en Fózara

Borbén

O Tea en Fózara

PONTEAREASXinzo

Uma

O Tea na Ponte das Partidas (Ponteareas)

O Tea en Salvaterra do Miño

Desembocadura do Tea no Miño

DESEMBOCADURA: RÍO MIÑO

Confluencia do Tea e o Miño, fronte á illa de Fillaboa.

Foto Sigpac

XEOLOXÍANo curso alto salva fortes desniveis e forma canóns encaixados. Nos seus afluentes abondan as fervenzas e os rápidos. As rochas dominantes son os granitos.

Rego de Ponte Piñeiro (O Covelo)

Rego do Coveliño (O Covelo) Lourido (O Covelo)

No curso medio e baixo as augas remánsanse e fórmanse areais.

FLORANos bosques de ribeira dominan as amieiras e os salgueiros. Tamén se atopan freixos, sabugueiros, bidueiros (nas zonas máis altas) avelairas, sanguiños e carballos. No sotobosque valdeba, saltasebes, silvas, hedra, herba salgueira, salgueiriño, amenta de auga, amarelle... Nas augas e nas beiras hai Myriophylum, oucas, espigas de auga, herba das ras (nas partes remansadas), bricios, eneas, carrizos, violetas, espadainas, trevo de auga, adelfiñas, herba pulgueira...No Tea atópanse varias especies de fentos pouco comúns como o Dryopteris guanchica, e o Dryopteris affinis.

Xunco (Carex paniculata)

Platanaria (Sparganium erectum). Inflorescencias femininas (abaixo) abertas, e masculinas (arriba) pechadas.

FAUNANo Tea atopamos troitas, lampreas, anguías... As aves máis representativas son o merlo rieiro, o picapeixes, as lavandeiras... Abondan os réptis (cobra sapeira, cobra de colar), os anfibios (ra patilonga, verde e vermella, estroza, saramaganta, limpafontes...). Entre os mamíferos destacan a lontra e a rata de auga.

Troita (Salmo trutta).

Ra verde (Rana perezi)

Candil (Onychogonphus uncatus)

Os invertebrados máis comúns son os insectos (patinadores, libeliñas, gaiteiros, escarabellos de auga, colémbolos, escarabellos muiñeiros, tabáns, efémeras, perlas...). Acolle algunhas especies pouco comúns como o mexillón de río (Margaritifera margaritifera), as libeliñas Macromia splendens, tizón esmeralda (Oxygastra curtisii) e candil de Graslin (Gomphus graslinii).

Patinador ou zapateiro (Gerris lacustris)

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC RÍO TEA: A zona protexida comprende 97 ha nos Concellos de Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño. O espazo é importante pola excelente conservación da vexetación de ribeira e pola riqueza piscícola das súas augas.

LIC Serra do Suído (pendiente de aprobación): inclúe unha pequena parte das nacentes do Tea.

APROVEITAMENTOO río percorre zonas moi poboadas e foi amplamente explotado deste tempos antigos para a pesca (lamprea, troita...), para obter enerxía hidraulica (muíños, serrerías, pequenas centrais eléctricas) e como lugar de lecer. En Mondariz-Balneario hai fontes de augas medicinais.

Ponteareas

Mondariz

Fontes medicinais de Mondariz.

Minicentral en Maceiras

Instalacións para a pesca de lamprea.

Antiga serrería hidráulica en Maceiras (O Covelo).

MUÍÑOS

Tatín (Mondariz)

O Covelo

Ponteareas

DATOS HISTÓRICOSToda a área foi poboada desde tempos moi antigos do que dan testemuña os castros.No entorno do río consérvase un rico patrimonio: castros, pontes, muíños, igrexas, edificios civís...

Antigo hotel de Mondariz-Balneario

PONTES, PASOS

Covelo

Mondariz

Ponte de Cernadela (Mondariz)

Ponte de Fózara

Ponte dos Remedios (Ponteareas)

Ponte de Fillaboa (Salvaterra)

Ponte San Xoán de

Mosteiro(Barcia de

Mera)

TRADICIÓNS-LENDASA lenda conta que a ponte da Partidas foi construída nunha soa noite polos mouros. O nome da ponte ten varias orixes lendarias. Unha disque unha banda de ladróns reuníase na ponte despois de roubar para facer as partidas do botín. Tamén falan de cabaleiros que acostumaban reunirse alí antes de partir nas súas loitas. Outra conta coma sete irmáns (Asunción, Lucía, María, Marta, Amaro, Brais e Cibrán) xuntábanse alí antes de partir a predicar o evanxeo, e foi tanta a súa angueira de predicación que, despois de finaren, medraron sobre os seus corpos sete outeiros que arrodeaban a ponte. En todos estes montes erguéronse capelas na súa honra.

Na Ponte das Partidas celebrábanse os bautizos prenatais, procurando a protección das forzas sobrenaturais. Cando unha muller quedaba preñada acudía á medianoite á ponte e alí agardaba o primeiro camiñante que a cruzase convidándoo a botar auga do río sobre o seu ventre e a ser o padriño do meniño. Despois facían un pequeno xantar e botaban ao río os refugallos da comida.

PROBLEMASContaminación por resíduos urbáns, industriais e agrícolas.Alteración do curso e dos ecosistemas por centrais eléctricas.Presenza de especies exóticas

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta