Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

56
Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 2014-2015 2014- 2015 Neste proxecto inclúese un estudo sociolingüístico do IES PintorColmeiro e o seu entorno co fin de establecer un plan paracontribuir á normalización lingüística IES Pintor Colmeiro

description

Neste traballo inclúese un estudo sociolingüístico do IES PintorColmeiro e o seu entorno co fin de establecer un plan paracontribuir á normalización lingüística

Transcript of Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

Page 1: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro

2014-2015

2014-2015

Neste proxecto inclúese un estudo sociolingüístico do IES PintorColmeiro e o seu entorno co fin de establecer un plan paracontribuir á normalización lingüística

IES Pintor Colmeiro

Page 2: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

2

Índice .ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA .................................................................................. 3

1.Contorno .................................................................................................................... 3

1.1.Datos do IGE 2001 ............................................................................................. 4

1.2. Enquisa de condicións de vida das familias (IGE 2008): niveis de

coñecemento e frecuencias deuso do galego na Pontevedra nororiental .................. 5

1.3. A evolución sociolingüística 2001-2011 segundo os datos do IGE ................... 9

1.4. A paisaxe lingüística de Silleda ....................................................................... 12

2.Cuestionario sociolingüístico do centro: profesorado. ............................................ 20

2.1. Idade do profesorado. ...................................................................................... 20

2.2. Variables sociolingüísticas do profesorado. ..................................................... 21

2.3.Actitude do profesorado sobre a utilización do galego no ámbito educativo. .. 22

2.4.Actitude do profesorado sobre a normalización social do galego. ................... 24

3. Cuestionario sociolingüístico do centro: alumnos da ESO e familias. ................... 27

3.1. Metodoloxía do cuestionario. .......................................................................... 28

3.2. Persoas segundo o grao de entendemento do galego falado ............................ 29

3.3 Persoas que saben falar galego ......................................................................... 30

3.4. Persoas segundo o grao de entendemento do galego escrito ........................... 31

3.5. Persoas que saben escribir en galego ............................................................... 32

3.6.. Incidencia do uso do galego no IES Pintor Colmeiro e o seu entorno ........... 32

3.7.Uso social do galego do alumnado ................................................................... 39

3.8. Valoración do alumnado da normalización do galego no ensino. ................... 41

3.9.Valoración do alumnado da normalización social. ........................................... 43

3.4.O Profesorado ................................................................................................... 46

3.5. O alumnado ..................................................................................................... 46

3.5.Diagnóstico da normalización no IES Pintor Colmeiro. .................................. 48

3.6.Diagnóstico da normalización nas familias ...................................................... 51

3.7. Diagnóstico da normalización no alumnado. .................................................. 53

3.8. A ambientalidade sociolingüística do centro ................................................... 53

3.9. Ámbito e sectores claves do centro ................................................................. 54

4.Referencias .............................................................................................................. 56

Page 3: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

3

.ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA

1.Contorno

Silleda é un concello que pertence á comarca do Deza. Conta cunha poboación de nove mil douscentos corenta e oito habitantes (segundo o censo de 2010) ao longo de cento sesenta e nove quilómetros cadrados, dando lugar a unha densidade de poboación de 54’72 habitantes por quilómetro cadrado. Componse de trinta e tres parroquias:

-Abades (Santa María), Ansemil (San Pedro), Breixa (Santiago), Carboeiro (Santa María), Castro (San Mamede), Cervaña (San Salvador), Chapa (San Cibrao), Cira (Santa Baia), Cortegada (Santa María), Dornelas (San Martiño), Escuadro (San Salvador), Fiestras (San Martiño), Graba (Santa María), Lamela (San Miguel), Laro (San Salvador), Manduas (San Tirso), Margaride (San Félix), Martixe (San Cristobo), Moalde (San Mamede), Negreiros (San Martiño), Oleiros (San Miguel), Parada (Santo Tomé), Pazos (San Martiño), Piñeiro (San Xián), Ponte (San Miguel), Refoxos (San Paio), Rellas (San Martiño), Saidres (San Xoán), Siador (San Miguel), Silleda (Santa María), Taboada (Santiago), Vilar (San Martiño) e Xestoso (Santa María)-,

Silleda consta dun total de douscentos cincuenta lugares. Estes datos amosan claramente que se trata dunha sociedade moi vencellada ao rural e que boa parte do noso alumnado vive en pequenas entidades de poboación. A lingua maioritaria do Concello, sobre todo no rural, é o galego.

Concellos da Comarca de Deza. Situación de Silleda

Page 4: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

4

1.1.Datos do IGE 2001 Antes de realizar este estudo sobre o uso das linguas no alumnado do IES Pintor

Colmeiro buscamos facer un retrato sociolingüístico de Silleda. Para iso recorremos aos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Aínda que o IGE ten feito estudos máis recentes sobre aspectos sociolingüísticos (anos 2003 e 2008), os únicos datos accesibles no seu portal por concellos son os referidos ao ano 2001.

Os pais do alumnado da ESO do noso centro deberían atoparse na franxa de idade correspondente ao 2001 que aparece resaltada na táboa que presentamos aquí (de 15 a 44 anos). Dentro del indícase que usaban sempre o galego arredor dun 90% . No caso de convivencia con familiares de maior idade, o uso desta lingua, nesta altura, veríase incrementado a porcentaxes superiores.

Na comparación cos resultados obtidos do cuestionario recollido no presente

curso comprobamos que nestes 10 últimos anos houbo unha importante perda do uso do galego nas familias do alumnado da ESO.

Uso do galego en Silleda. IGE 2001

Sempre Ás veces Nunca De 5 a 9 anos 86% 7% 6% De 10 a 14 anos 68% 5% 5% De 15 a 19 anos 88% 7% 5% De 20 a 24 anos 93% 7% 5% De 25 a 29 anos 87% 7% 6% De 30 a 34 anos 92% 7% 8% De 35 a 39 anos 91% 5% 4% De 40 a 44 anos 96% 4% 5% De 45 a 49 anos 93% 4% 3% De 50 a 54 anos 98% 3% 3% De 55 a 59 anos 95% 3% 3% De 60 a 64 anos 97% 1% 2% De 65 e máis anos 97% 2% 2%

Page 5: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

5

1.2. Enquisa de condicións de vida das familias (IGE 2008): niveis de coñecemento e frecuencias deuso do galego na Pontevedra nororiental O Instituto Galego de Estatística (IGE) realizou ata o momento dúas grandes enquisas sobre os máis variados aspectos da sociedade galega chamadas “Enquisa de condicións de vida das familias”. Unha delas foi realizada no ano 2003 e a última da que dispoñemos datos é do ano 2008 (publicada no 2010). Os seguintes datos foron recollidos deste último traballo do IGE. No que nos interesa a nós, as características da poboación en relación coa lingua galega, a Enquisa de condicións de vida das familias ofrece datos sobre as cidades pero non sobre cada un dos concellos. Por esta razón as cifras que se ofrecerán serán as que fan referencia á chamada Pontevedra nororiental, que comprende as comarcas do Deza e Tabeirós - Terra de Montes. En todos os casos daremos dos datos da área chamada Pontevedra nororiental xunto cos xerais de toda Galicia para podermos situar os resultados comarcais sempre sobre unha referencia.

1.2.1. Persoas segundo o grao de entendemento do galego falado Sobre o grao de entendemento do galego falado pode resultar paradoxal facer unha comparación dos que afirman non entender o galego na nosa zona (4,07%) con áreas máis desgaleguizadas: 2’72% na área de Santiago, 2’19% da Barbanza-Noia . Podemos aventurar que a explicación ou ben se debe a que caemos dentro das marxes de erro da mostra, ou á identificación dun grupo no que callaron os peores prexuízos contra o galego.

Persoas segundo o grao de entendemento do galego falado

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco ou nada Total

Pontevedra nororiental 83,58 12,35 4,07 100,00

Galicia 66,02 28,77 5,21 100,00

Page 6: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

6

1.2.2. Persoas que saben falar galego A capacidade de falar en galego poden exercela ata un 92,66% da poboación. Os valores tanto da comprensión como da capacidade de falar en galego son mellores na área de Pontevedra nororiental que os referidos ao total de Galicia.

Persoas que saben falar galego

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco ou nada Total

Pontevedra nororiental 74,72 17,94 7,34 100,00

Galicia 54,13 35,02 10,85 100,00

1.2.3. Persoas segundo o grao de entendemento do galego escrito A competencia de comprensión lectora ofrécenos unha característica que clásicamente demosta a Importancia do ensino para conformación do tecido social. Sabemos que a carencia desta capacidade relaciónase habitualmente coa idade. aqueles que declaran non entender, ou entender pouco, o galego escrito conforman un grupo que chega ao 14,82%; na súa maioría persoas que non recibiron formación en galego. Isto reafirma tamén a necesidade de establecer un protocolo de actuación para a integración daqueloutros que tampouco tiveron acceso ao ensino en galego, o alumnado foráneo.

Persoas segundo o grao de entendemento do galego escrito

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco ou nada Total

Pontevedra nororiental 56,81 28,36 14,82 100,00

Galicia 46,83 36,18 16,99 100,00

1.2.4. Persoas que saben escribir en galego Normalmente cando pasamos do estudo do grao do entendemento da escrita á práctica activa da mesma, os valores caen. Así sucede que pasamos do 14,82% antes referido daqueles que non entenden a escrita en galego a un 37,46% dos que declaran non ser quen de escribilo, ou de facelo con moita dificultade. Tamén observamos que se nos outros epígrafes os datos ofrecían valores para a área de Pontevedra nororiental claramente mellores con referencia aos totais, neste ítem dáse unha maior converxencia entre os dous grupos. Isto lévanos a destacar que é fundamental ofrecer oportunidades de traballo escrito ao noso alumnado para mellorar unha competencia que é máis difícil de acadar.

Persoas que saben escribir en galego

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco Nada Total

Pontevedra nororiental 33,62 28,91 22,00 15,46 100,00

Galicia 25,25 32,59 23,27 18,88 100,00

Page 7: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

7

1.2.5. Incidencia do uso do galego na área de Pontevedra nororiental

a)O uso oral Un 56,85%, máis da metade, declaraban falar sempre en galego, se a éstes lle sumásemos aqueles que falando tamén en castelán falan máis ben en galego, terriamos un total do 79,88% da poboación. Os datos a nivel galego son moito máis desalentadores e coinciden case á perfección cos da área da Coruña. Poderíamos afirmar, en contra dunha opinión moi extendida, que para testar a saúde do uso oral do galego o mellor sería dar un paseo pola comarca coruñesa. Os prexuízos que pesan sobre o uso do galego establecen sempre o mesmo protocolo: cando os habitantes dunha zona con maiores índices de galeguización, como a do Deza, se trasladan a outra área máis castelanizada (a maioría das do resto), o galego pérdese polo camiño. Por esta razón debemos ter presente especialmente que un dos labores principais do Equipo de Normalización será o fornecemento dunha coiraza de seguridade no uso da lingua propia.

Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente

Porcentaxe

En galego sempre

Máis galego ca castelán

Máis castelán ca galego

En castelán sempre

Total

A Coruña 31,20 24,43 24,31 20,06 100,00

Pontevedra ororiental 56,85 23,03 12,60 7,53 100,00

Galicia 30,29 26,73 22,70 20,28 100,00

b) o uso escrito A competencia non implica o uso. Un 33,62% sabía escribir moi ben en galego, estariamos a falar dun 62,53% se lle engadimos aqueles que o saben facer bastante ben. Pola contra o uso do galego escrito redúcese a un 19,48%. Obsérvase unha gran inseguridade para poñerse a escribir en galego polo que se reforza a idea de que temos que procurar habilitar espazos de seguridade para esta práctica, moito máis que para o desenvolvemento doutro tipo de habilidades lingüísticas.

Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente

Porcentaxe

Galego Castelán Total

Pontevedra nororiental 19,48 80,52 100,00

Galicia 15,29 84,71 100,00

c) Porcentaxes de uso segundo a lingua inicial Os datos desta táboa explicitan un aspecto fundamental para o futuro da lingua: a transmisión familiar. Neste caso dispáranse as diferenzas comparativas entre a media galega e a correspondente á área nororiental de Pontevedra. A tendencia será a converxencia, e así o percibimos cada vez con máis forza desde o Equipo. Entre os rapaces máis novos é máis frecuente o corte de transmisión interxeneracional. Para todos aqueles traballos que se realicen de cara ás familias cómpre ter presentes estes datos.

Page 8: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

8

Persoas segundo a lingua na que aprenderon a falar

Porcentaxe

Galego Castelán As dúas Total

Pontevedra nororiental 72,47 13,14 14,39 100,00

Galicia 48,52 27,76 23,71 100,00

d) Porcentaxes de uso segundo a lingua que lle falaban os seus pais cando eran nenos Na mesma liña poderiamos comentar os resultados sobre a porcentaxe de persoas segundo a lingua que lle falaban os seus pais cando eran nenos pois a aprendizaxe inicial faise nesta lingua.

Persoas segundo a lingua que lles falaban os seus pais cando eran nenos

Porcentaxe

En galego sempre ou máis galego ca castelán

En castelán sempre ou máis castelán ca galego

Área de Vigo 46,86 53,14

Pontevedra nororiental 83,19 16,81

Galicia 65,36 34,64

e) Porcentaxe de uso segundo a lingua que lle falaban os seus avós cando eran nenos Un dato positivo da zona de Pontevedra nororiental obtémolo ao comprobarmos que os datos da táboa anterior son moi semellantes á seguinte, na que se explicitan as porcentaxes da lingua en que lle falaban os avós cando eran nenos. Obsérvase unha diminución, pero moi leve, de menos dun 4%. Nunha área moi castelanizada como a de Vigo, o abandono da lingua galega faise moito máis evidente pois se os niveis da lingua dos avós cos netos estaba xa nun 43,87%, a redución operada na seguinte xeneración (16,81%), reflicte un abandono case total do fundamental proceso de transmisión. Neste apartado (lingua que lle falaban os seus avós) non tivemos acceso a datos xerais para toda Galicia.

Persoas segundo a lingua que lles falaban os seus avós cando eran nenos

Porcentaxe

En galego sempre ou máis galego ca castelán

En castelán sempre ou máis castelán ca galego

Área de Vigo 56,13 43,87

Pontevedra nororiental 86,86 13,14

f) Porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou mási anos falan habitualmente en galego O dato problemático é o seguinte. Aínda que a un 83,19% da poboación da área nororiental de Pontevedra lles falaban sempre ou máis en galego, a porcentaxe redúcese á metade (42,15%) cando se pregunta pola lingua habitual de todos os membros da familia de 5 ou máis anos. Velaquí a fenda da transmisión do galego. Para situar mellor estes datos, apuntaremos que esta porcentaxe é das maiores que se dan

Page 9: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

9

en Galicia. No noso entorno podemos recoller cifras moi semellantes. Coruña suroriental: 47’73%; Lugo oriental: 41’63%; Ourense sur (50’18%). Para que os resultados a nivel galego baixen ata un 21,78% bastará indicar que nas zonas máis densamente poboadas os valores móvense na veciñanza do 10%, incluso un 5,99% para Vigo.

Fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente en galego

Porcentaxe

Pontevedra nororiental 42,15

Galicia 21,78

g) Porcentaxe de fogares nos que ningún dos seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego Os datos anteriores compleméntase cos obtidos de preguntar polos fogares nos que todos os membros da familia, de 5 ou máis anos, ten o castelán como lingua habitual. En Galicia o resultado indicaría que o castelán é lingua maioritaria. Na zona nororiental de Ponteveda o dato é dun 29,03%, o cal nos daría tamén que nunha cifra similar, 28,82%, se situarían as familias nun estado de transición, esencialmente de abandono do galego

Fogares nos que ningún dos seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego

Porcentaxe

Pontevedra nororiental 29,03

Galicia 51,79

1.3. A evolución sociolingüística 2001-2011 segundo os datos do IGE Na enquisa do censo de poboación e vivendas do 2011, o IGE achegounos novos datos sobre o coñecemento (entender e falar) e uso do galego. Fíxoo como parte do Censo de Poboación e Vivendas (CPV) do ano 2011 [http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0206002] Distintos medios debullaron os datos e observaron que houbo un descenso do uso do galego nun 13% entre os anos 2001 e 2011. Paradoxicamente os datos foron anunciados como moi positivos desde a Consellería de Educación celebrando que aumenten os que declaran falar nas dúas linguas. Os novos datos do IGE non revelan moitas novidades con respecto ao xa coñecido sobre usos da lingua galega. A enquisa reducíase a tres preguntas:

Cal é o seu coñecemento do galego? (Enténdeo, Fálao, Leo , Escríbeo)

Cando usa o galego? ( Sempre,Nunca, Ás veces )

Onde o usa? (pode marcar varias opcións) (En familia, Na escola, No traballo) A polémica xurde da resposta á segunda pregunta, a do uso do galego. A nota da Consellería destaca que "aumenta o uso das persoas que se desenvolven habitualmente nas dúas linguas". Significa iso que hai máis xente que habitualmente fala en galego? Sería moi chocante que isto fose así pois outras enquisas moito máis

Page 10: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

10

completas, tanto do propio IGE como do Mapa Sociolingüístico de Galicia, revelan que a tendencia ao uso do galego é decrecente. Comentábase, por exemplo, que esta situación podía resumirse diciendo que cada hora o galego perde 3 falantes. Para comparar os datos ofrecidos estas semanas polo IGE con outra enquisa das mesmas característica temos que remitirnos a outra dese mesmo organismo do ano 2001. Quen elaborou unha excelente comparativa entre os datos obtidos no 2001 e os que se acaban de publicar do 2011 foi Carlos Neira, tanto en varios mapas como en táboas como a que se pode consultar na seguinte ligazón: [https://www.google.com/fusiontables/DataSource?docid=1_qPHoIS4DI40y60IkvcACIEVasGkhdNucpyYBo18#rows:id=1] No CPV do IGE do 2011 faise referencia a datos agrupados para a comarca do Deza, que estaría formada polos concellos de Agoalada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Trátase, xa que logo, dunha agrupación distinta á que podemos tirar das enquisas dos anos 2003 e 2008 do mesmo organismo, no que a agrupación comarcal á que pertencía o concello de Silleda era a de Pontevedra Nororiental, de configuración algo distinta. Polo tanto non é posible tampouco comparar os datos en agrupación comarcal entre os recollidos no 2011 e o de 2003 e 2008. Por esta razón limitarémonos a facer unha análise entre os do 2001 e 2011.

1.3.1.Datos de Silleda: IGE 2001-2011 Concretando no caso de Silleda, a consulta dos números que nos ofrece o IGE revelan unha redución dun 15,38% entre os anos 2001-2011 na poboación do concello que responde que sempre usa o galego. Estes datos son bastante coherentes cos resultados do estudo sociolingüístico que realizamos no centro o curso pasado, un documento, no que por certo, facíamos referencia aos resultados do IGE do 2001.

Para completar eses datos fixemos unha comparativa entre o uso da lingua falada en Galicia, na zona nororiental de pontevedra, a lingua de uso dos pais segundo os alumnos do centro e a lingua do propio alumno. Nestes dous últimos grupos a suma de "sempre en galego" e "máis galego ca castelán" dábanos resultados dun 75,29% e 75,86%. Isto lévanos a reafirmarnos en que a resposta á enquisa do IGE como falantes "sempre" de galego non significa monolingüismo en exclusiva, senón que recolle tamén unha boa parte de falantes maioritarios de galego.

Page 11: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

11

1.3.1.a.Poboación en vivendas familiares de 5 ou máis anos segundo o coñecemento do galego En xeral os datos sobre as competencias lingüísticas seguen dando datos altos para as competencias en galego. Prácticamente toda a poboación (a un nível do 99%) declara ser quen de entender o galego. Velaí un dato sobre o que establecer un discurso no que a implantación do monolingüismo en galego non debe causar problema ningún no conxunto da poboación. Tamén se pode concluir que, cun pequeno esforzo, poderían establecerse programas de acollemento lingüístico para ese 1,4% da poboación que ten dificultades na comprensión do galego. En Silleda só habería 20 persoas, dun total de 8770, que non entenderían a nosa lingua. Isto constata que sería factible a posta en práctica de cursos de integración en galego para esa poboación con dificultades lingüísticas.

2011 Entenden Falan

Galicia 98,59 90,78

Pontevedra 98,55 89,42

Deza 99,58 97,21

Silleda 99,77 96,59

1.3.1.b.Poboación en vivendas familiares de 5 ou máis anos segundo o uso do galego

Ao estudar os níveis de uso os datos son moi outros dos recollidos nas competencias. Comparar estes datos cos da ECVF 2008 é dificultoso porque nesta recolléranse datos sobre a lingua oral segundo o seu uso fose: sempre/máis galego ca castelán/máis castelán ca galego/ castelán sempre (ver apartado 1.2.5.a deste mesmo documento). Pola contra, na enquisa do 2011 os resultados están distribuídos en tres categorías relativas ao uso do galego: sempre/ás veces/nunca. En conclusión, non se pode facer unha comparativa estricta entre os datos 2008/2011. De todas formas enxérgase unha baixada no uso do galego, baixada certificada sen ningún tipo de dúbidas ao establecer a comparación entre os datos de 2001 e 2011.

2011 Sempre Ás veces Nunca

Galicia 43,80 45,32 10,87

Pontevedra 34,40 52,84 12,76

Deza 75,89 20,86 3,25

Silleda 76,65 19,58 3,77

Un desafortunado análise da Consellería de Educación destaca que "aumenta o uso das persoas que se desenvolven habitualmente nas dúas linguas"http://www.edu.xunta.es/web/node/13636 Significa iso que hai máis xente que habitualmente fala en galego? Sería moi chocante que isto fose así pois outras enquisas moito máis completas, tanto do propio IGE como do Mapa Sociolingüístico de Galicia, revelan que a tendencia ao uso do galego é decrecente. Comentábase, por exemplo, que esta situación podía resumirse diciendo que cada hora o galego perde 3 falantes. Que é o sucede realmente? Os que declaran falar en galego "ás veces" non están dicindo que falan un 50% de galego, polo que o anuncio da Consellería carece do máis

Page 12: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

12

elemental, o rigor científico. Cómpre ter análises ben feitas da realidade para poder establecer prácticas normalizadoras acaídas a esa realidade. É fundamentar facer análises non manipuladas e construídas arredor dos datos e non de prexuízos ou posicionamentos radicais. Para completar eses datos fixemos unha comparativa entre o uso da lingua falada en Galicia, na zona nororiental de pontevedra (ECVF 2008), a lingua de uso dos pais segundo os alumnos do centro e a lingua do propio alumno (enquisa propia do IES). Nestes dous últimos grupos a suma de "sempre en galego" e "máis galego ca castelán" dábanos resultados dun 75,29% e 75,86%. Isto lévanos a reafirmarnos en que a resposta á enquisa do IGE como falantes "sempre" de galego non significa monolingüismo en exclusiva, senón que recolle tamén unha boa parte de falantes maioritarios de galego.

1.4. A paisaxe lingüística de Silleda Durante o curso 2012-13 os alumnos Antía Buján Dobarro, Isidro Gil Pallarés, Carlos Mato Rodríguez, Diego Pérez Rodríguez, Pedro Segade Penela, Sonia Troitiño Loureiro e David Varela Salgado colaboraron na realización dun traballo sobre a paisaxe lingüística de Silleda co fin de mellorar o coñecemento sobre o estado social da lingua galega no concello.

1.4.1.Que é a paisaxe lingüística? Agustín Fernández Paz comenzaba así un artigo na Revista Galega de Educación do ano 1986:

“Imaxinemos por un momento que un habitante doutro planeta, unha especie de antropólogo das estrelas, chega a Galicia coa misión de facer un estudo sobre a situación lingüística do noso país”.

Continuemos a estela de Fernández Paz e consideremos que o extraterrestre chega a Silleda e pasea polas súas rúas. Vería moitos sinais e carteis, pero podería concluir finalmente que está en Galicia? Sería quen de adiviñar que a gran maioría dos habitantes do concello son galego-falantes? O estudo da paisaxe lingüística consiste en facer o mesmo que ese suposto extraterrestre: investigar a presenza escrita das distintas linguas nos espazos públicos. Aquí temos dúas imaxes correspondentes aos dous grupos principais de sinais recollidos. O da esquerda correspóndese cun sinal dun organismo oficial, o segundo a un comercio.

Page 13: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

13

1.4.2.Pasos que seguimos para facer o estudo da paisaxe lingüística de Silleda Redactar un documento de traballo [ver ANEXO III]que nos servira para planificar o que tiñamos que realizar. Partimos dun artigo do profesor da Universidade de Vigo Miguel López Docampo, publicado no nº 33 dos Cadernos de lingua da RAG [http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/e83aa3f5-7169-4656-b7a7-c1ec2250d0e7]. Na medida do posible seguimos a metodoloxía alí indicada. Por exemplo, cada sinal considérase individualmente, aínda que haxa varios que pertenzan

ao mesmo comercio. Nese documento establecimos tres grupos principais en que clasificar os soportes da escrita nos espazos públicos: aqueles que son responsabilidade das administracións, os pertencentes aos comercios ou particulares, e un último apartado no que se pretendían recoller as as pintadas e os graffitis. O seguinte paso consistiu en percorrer varias rúas céntricas de Silleda sacando fotos . Fixémolo pola Avenida do Parque, a Rúa María Colmeiro, a Rúa Venezuela , a Rúa do Progreso e a Rúa H en dúas xornadas do mes de febreiro do 2013. Así obtivemos

máis de 800 fotos, sobre as que faríamos todo o traballo posterior. Establecimos varios grupos de traballo, repartindo entre eles as fotos recollidas. Realizamos un primeiro paso de depuración das fotos, eliminando algunhas ben por estaren repetidas, ben porque finalmente decidimos que non nos interesaban. Quedámonos así con 752 fotos. Mediante un documento colgado na nube de Google Drive ao que tiñan acceso todos os colaboradores, etiquetáronse todas as fotos principalmente en dous campos. O primeiro deles facía referencia ao tipo de soporte que contiña a mensaxe fotografiada e o segundo á lingua ou as linguas nas que viña redactada. Finalmente realizamos un traballo de reconto dos datos obtidos e elaboramos este informe no que se dá conta deles. Para acompañar este informe tamén se realizaron varios vídeos con parte das fotos recollidas.

1.4.3.Os datos recollidos. Durante dúas xornadas, no mes de febreiro do 2013, os alumnos colaboradores neste proxecto do Equipo de Normalizaicón do IES Pintor Colmeiro, fixeron máis de 800 fotos por algunhas das rúas máis céntricas da vila de Silleda. Despois dunha revisión comprobamos que tiñamos varias fotos de alcantarillas. Cando comenzamos a recollida de fotos non

Page 14: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

14

tardamos en comprobar que había demasiadas alcantarillas e que pretender facer unha recollida exhaustiva incrementaría moito o noso arquivo. Basta un paseo por calquera vila ou cidade para que nos decatemos de que esta parte do mobiliario urbano vén escrito normalmente en castelán, incluso en motios casos. O caso de Silleda non é distinto ao doutros concellos galegos. De todas formas o seu impacto visual non é significativo Unha vez depurada toda a colección de imaxes, acabamos cun arquivo de 752 sinais. No traballo do que partiamos, establecíanse dúas grandes categorías: administración e comercio. Nós engadímoslle unha máis para recoller nela as posibles pintadas ou pancartas que non caesen en ningunha das outras dúas etiquetas. Despois de realizado o traballo comprobamos que este último grupo é case anecdótico, con só 23 sinais. Ademais foinos imposible determinar a lingua en que estaban escritas a maioría destes sinais, polo que para ter unha refencia de cómo se distribúen as linguas cando paseamos por Silleda, resulta prácticamente irrelevante termos en conta os sinais recollidos baixo esta epígrafe.

Das 752 fotos recollidas a gran maioría, 620, corresponden ao comercio. 109, un 14%, correspóndese a sinais das administracións. Polo tanto quen determina a paisaxe lingüística de Silleda é, esencialmente o ámbito dos particulares e o comercio frente ás insitucións.

1.4.4.As administracións A maior sorpresa que tivemos ao comprobar os resultados foi o obtido ao facer o estudo da distribución das linguas nos sinais das administracións. Supoñíamos que o uso do galego se aproximaría ao 100%, pero non foi así. Dos 109 sinais deste grupo, 67 (un 61%) estaban escritos en galego; 37 (un 6%) aparecían só en castelán e 8 (6%) nas dúas linguas. Isto revelabaque as autoridades no concello non estiveron realmente demasiado implicadas na normalización lingüística.

administración

galego 67 61,47

administración; 109 (14%)

comercio; 620 (82%)

pintadas; 23 (3%)

Page 15: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

15

castelán 37 33,94

galego/castelán 0 0

inglés 4 3,67

gal/cast/ing 1 0,92

Porén, postos en contacto co Concello, éstes non entendían como podían darse tales cifras. Finalmente comprobamos que todo se debía aos sinais de vaos colocados na entrada dos garaxes. Como en Silleda non hai servizo de grúa, os responsables da colocación deste tipo de sinalizacións son os particulares. Despois de feito o reconto de sinais de vao, comprobamos que ascendían a un total de 32. Isto lévanos a facer un apuntamento sobre a recollida dos datos. Comprobamos que pode haber sinais que, non sendo responsabilidade das administración, tampouco poida ser atribuible ao comercio. Ademais vimos neste caso que non ten por que tratarse de pintadas ou notas informais. Polo tanto, a táboa definitiva na que se recolle o reparto de linguas naos sinais da administración será a seguinte

administración

galego 67 87,01

castelán 5 6,49

galego/castelán 0 0

inglés 4 5,19

gal/cast/ing 1 1,30

A cidadanía silledense decátase simplemente paseando polas rúas máis céntricas da vila, que as administracións apostan pola mesma lingua que usan os veciños. Ademais a sociedade xa aceptou esta situación polo que o abandono do galego por parte das administracións enténdese como unha evidencia da hipocrisía lingüística. En consecuencia a existencia, aínda que sexa de poucos, sinais da administración en castelán, teñen un alto poder antinormalizador polo que é fundamental que os organismos oficiais asuman esta responsabilidade e se esforcen por coidar que todos

87,01

6,49 5,19 1,3

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

100

galego castelán inglés gal/cast/ing

Administración-porcentaxes

Page 16: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

16

os avisos que sexan responsabilidade súa se fagan en galego. Como curiosidade temos o caso único dunha foto que fai referencia a un cartel trilingüe en galego, castelán e inglés. En casos como este poderiamos estudar se algunha delas ten algún tipo de preferencia sobre as demais. No caso que nos ocupa podemos comprobar como claramente o galego ocupa un lugar preponderante

Outro dato que pode parecer estraño é que teñamos 4 sinais da administración monolingües en inglés. Que clase de mensaxe quer mandarnos o organismo oficial redactándoo en inglés? O misterio desaparece cando miramos as imaxes: son sinais de stop.

Preséntase o problema de que facer para cambiar a situación. Ao revisar os datos comprobamos que a maior parte dos sinais que nun principio identificamos coa administración e que son monolingües en castelán son os referidos aos vaos de aparcamento das entradas dos garaxes, polo que sería relativamente sinxelo comenzar a cambiar a situación.

Neste traballo recollimos un total de 32 fotografías de vaos, que representan prácticamente o 87% do total dos sinais en castelán que nun principio lle asignáramos ás administración. Por iso farémoslle unha proposta ao Concello para que cambie este tipo de sinais e para que os que se coloquen de aquí en diante teñan garantizada a súa emisión en galego. De facerse así sería ademais unha aposta moi visible para os veciños de Silleda. Ademais con este traballo pretendemos abrir unha porta de colaboración coa entidade local para establecer proxectos normalizadores

Como son moi poucos os sinais en castelán que recollimos no noso paseo para establecer esta paisaxe lingüística, podemos identificalos todos aquí. Tres dos carteis foron recollidos en contedores do lixo.

Outro dos sinais anuncia a localización dunha oficina de apostas, regulamentada polo estado. Este aspecto repítese en moitas ocasións: que os organismos estatais sexan completamente irrespetuosos coa lingua propia dos territorios.

Page 17: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

17

Por último atopamos unha sinalización dun espazo reservado a carga e descarga redactado en español.

1.4.5.O comercio Dos 602 sinais comerciais, 120 están en galego e máis do triplo, 384, en castelán. Outros 45 aparecen nas dúas linguas. Non fixemos ningunha análise sobre se hai predominancia dalgunha lingua nestes últimos sinais. En 25 sinais aparecen en inglés. Deles 12 son monolingües e no resto o inglés aparece acompañado doutra(s) lingua(s). Temos tamén 30 fotos nos que tivemos problemas para etiquetar a lingua na que estaban redactados.

comercio

galego 120 20%

castelán 394 65%

galego/castelán 53 9%

inglés 12 2%

cast/ing 5 1%

gal/ing 2 0%

gal/cast/ingl 2 0%

4 ou máis 2 0%

sen clasificar 30 5%

Na saeguinte táboa descríbense as porcentaxes unha das columnas desta táboa indicamos o número de sinais en cada lingua e na seguinte columna as porcentaxes correspondentes. Incluímos as columnas nas que aparece unha porcentaxe do 0% porque en realidade non é nula. Nos tres casos atopamos 2 sinais, que representan unha porcentaxe do 0,0033%.

Page 18: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

18

Chama a atención que estando asentados os comercios nun entorno galegófono os comercios respondan usando outra lingua que non é a ambiental. Esta gráfica pon en evidencia unha anormalidade que se non a percibimos como tal é por estaren moi asentados prexuízos que veñen de moi atrás. Unha das consecuencias deste estudo é a evidencia da conveniencia de establecer acordos para unha planificación da normalización no entorno. Para iso puxémonos en

contacto con ECOS (Asociación de empresarios e comerciantes de Silleda) e trasladámoslle os resultados deste estudo. Resulta que a asociación empresarial mantén o galego como lingua de comunicación social, tal e como fai tamén o Concello. Pola contra os resultados recollidos da paisaxe lingüística de Silleda ofrécennos un panorama completamente distinto, onde o castelán é a lingua hexemónica.

En moitos casos a cartelería dos comercios procede de marcas e axentes externos que emiten os seus sinais en castelán. Pensamos que compría que os comerciantes de Silleda reflexionasen sobre este feito para que a presenza do galego non se vexa aínda máis excluída polo que os invitamos a que as mensaxes de confección propia que emitan deberían facela en galego. Deste xeito compensaríase tan siquera cuns mínimos o percorrido paisaxístico polas rúas do noso entorno. Partimos da base de que a escasa normalización que atopamos é debida a hábitos históricos normalmente irreflexivos e a prexuizos lingüísticos aos que conviña facerlle frente colectivamente. Eses prexuízos non quedan dentro dos comercios ou nos valos publicitarios, senón que se trasladan a toda a cidadanía e particularmente á xuventude. Trataríase de implantar modos de reverter o proceso. O alumnado formado con

20%

65%

9%

2% 1% 0% 0% 0% 5%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

Porcentaxes-comercio

Page 19: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

19

ferramentas sociolingüísticas podería ser axente normalizador dos espazos próximos. Aínda que o título desta epígrafe faga referencia ao comercio cómpre destacar que non só son responsables os comerciantes os responsables deste tipo de sinalización. Hai carteis como este que presentamos aquí, que puideron ser colocados por calquer cidadán. Isto sérvenos para insistir na necesidade de contar coa colaboración de todo o mundo para a normalización.

1.4.6.Conclusións sobre a paisaxe lingüística de Silleda. “Cómpre ter en conta que as rúas e espazos públicos son o escenario idóneo para

promover unha lingua xa que será vista por milleiros de transeúntes a diario. De aí, que a escolla da lingua e a súa situación nos sinais non se realiza ao chou nin

arbitrariamente, senón que detrás de cada elección prima sempre algunha intención. […] A omisión do galego no espazo público , a súa ignorancia, pode ser lida como a praxe efectiva dos que, consciente ou inconscientemente, pretenden tapar, calar e

enmudecer a nosa lingua deixándoa paulatinamente sen respiración” A paisaxe lingüística: unha análise dun espazo público galego, López Docampo, Miguel,

Cadernos de lingua nº 33, RAG 2011 As pintadas teñen pouca ou ningunha relevancia para establecer a paisaxe lingüística de Silleda. Observamos poucas e normalmente sen unha lingua identificable. As administracións fixeron unha aposta moi importante pola normalización nos espazos públicos. Este feito é usualmente aceptado pola cidadanía polo que calquera desviación do uso do galego por parte da oficialidade tamén se ve como unha chamada a non ser fieis á lingua da terra, e polo que observamos no uso do galego por parte dos

particulares, poucas desculpas fan falta para este abandono. A maior parte da sinalización correspóndelle aos particulares. Comprobamos que desde as iniciativas colectivas hai un respecto evidente do uso do galego; pensemos nos casos do Concello ou das asociación de ámbito local. Porén desde a inicitiva privada ou individual, o abandono do uso do galego é a conclusión máis clara e evidente deste estudo.

Como certificado da situación recollimos toda unha serie de sinais das entradas dos aparcamentos para indicar un punto polo que se podería comenzar a actuar desde o concello. Así elaborouse tamén un vídeo con estes sinais para evidenciar que o punto de partida non é nada bo para a lingua galega, pois non atopamos nin un sinal que nos enviara a mensaxe “Prohibido aparcar. Vao permante” e preguntámonos, por que despois de 30 anos do establecemento da Lei de Normalización Lingüística, nun concello como o noso, eminentemente galegófono, temos que sentir a vergoña dun desleixo tan claro. Puxémonos en contacto coa concelleira de normalización lingüística para trasladarlle estas inquedanzas e co fin de que se estableza un plan normalizador de acción conxunta coas asociacións e centros escolares. Tamén nos puxemos en contacto coa

Page 20: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

20

directiva de ECOS para que divulguen estes datos da situación sociolingüística do concello. Fíxosenos evidente o emprego masivo do castelán en todo tipo de rotulación e anuncios comerciais. O uso por parte das administraciónsSe isto, ademais non se acompaña, como acabamos de ver, dunha aposta normalizadora clara das administracións, temos o campo preparado para a substitución lingüística. O galego está ameazado pola lingua dominante, que ademais ten todas as ventaxas lexislativas. Pensamos que debemos promover e colaborar cos empresarios e comerciantes de Silleda para trasladarlles esta realidade e a importancia fundamental da súa colaboración para a visibilización da lingua galega. Con este traballo certificamos que o estado social da lingua galega no concello non é bo. Un síntoma é a súa paixase lingüística. Isto lévanos a pensar que os prexuízos cos que se carga ao uso do galego están profundamente enraizados no noso entorno máis próximo, pero decatármonos desta evidencia é tamén o primeiro paso para establecer un proxecto de futuro para a normalización. Para o pasado deixamos os prexuízos e os modos de proceder antigos e irreflexivos respecto do uso da lingua galega.

2.Cuestionario sociolingüístico do centro: profesorado. Para determinar cal o perfil sociolingüístico próximo ao noso centro de ensino realizamos un par de cuestionarios, un ao profesorado e outro ao alumnado. O que recollía os datos do profesorado foi elaborado a partir da guía editada no 2008 pola SXPL A planificación lingüística nos centros educativos[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacionLinguistica_2e

dicion_baixa.pdf] Como non se trata de realizar un estudo a partir dunha mostra, senón recollendo datos do total do profesorado, pensamos que a forma máis cómoda de recoller os datos era mediante un formulario do Google Drive. [https://docs.google.com/forms/d/1_QKpxgL3AlDeuyNUaRilIg6xJILupcnb2RT_pvSeJoY/viewform?edit_requested=true] O formulario foi enviado desde o correo corporativo do centro coa petición de que fose cuberto para elaborar o presente informe. Para a recompilación dos datos deste cuestionario elaboramos o documento que aparece no ANEXO II. Como foron moi poucas as respostas enviadas, enviouse un recordatorio. Con todo só se recolleron 35 respostas dun total de 45 profesores, o que representa unicamente un 77,78% polo que os datos que temos levan a erros inadmisibles para un traballo minimamente rigoroso. En atención aos que colaboraron enviando o cuestionario, presentaremos os resultados obtidos. En moitos casos, no canto de valores exactos, daremos intervalos dentro dos que necesariamente terá que acharse o valor real de cada cuestión. Para iso converteremos cando sexa posible as respostas en valores numéricos.

2.1. Idade do profesorado. O valor medio da idade dos que responderon o cuestionario é de 46 anos. A gran maioría, 20 deles, áchanse dentro do intervalo de idade que vai dos 41 aos 50 anos.

Page 21: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

21

2.2. Variables sociolingüísticas do profesorado.

a) Lingua de uso habitual do profesorado A primeira cuestión viña redactada así: “Que lingua empregas habitualmente?”. As respostas podían ser: 1=’Só castelán’, 2=’Predomina o castelán’, 3=’Castelán e galego por igual’, 4=’Predomina o galego’ e 5=’Só galego’ Tendo en conta o anterior o valor medio obtido foi de 3,97. Se nos situásemos nos casos extremos e todos os que non cubriron o cuestionario elixiran a resposta 1 (respectivamente a resposta 5), teríamos que a lingua habitual do profesorado se movería entre os valores 3,31 e 4,2. Partindo da idea de que aqueles que non enviaron o cuestionario debe ser un grupo de características sociolingüísticas menos favorables ou de menos uso do galego que o resto do profesorado, afirmaríamos que o valor medio de uso do galego entre os docentes do IES probablemente sexa menor que 3,97, cunha cota inferior de 3,31. Este mesmo razoamento podemos aplicalo ao resto dos ítems estudados sobre o grupo de profesores. De aquí en diante daremos unicamente o valor medio dos datos recollidos xunto co intervalo determinado polos valores obtidos nos casos máis extremos. Cómpre avisar de que máis que os gráficos, sempre elaborados sobre as respostas recollidas, máis acorde coa realidade estarán os datos numéricos da media e os intervalos que ofrezamos.

b)Autoavaliación sobre a capacitación do profesorado para impartir as clases en galego A pregunta: “Como consideras a túa capacitación para empregar o galego na actividade docente?”. As posibilidades de resposta: 1=’Moi baixa’, 2=’Baixa’, 3=’Media’, 4=’Alta’ e 5=’Moi alta’. A moda desta distribución foi ‘Alta’, escollida polo 57% dos que responderon. O valor medio foi de 3,86 e o intervalo determinado polos valores extremos daqueles que non fixeron o formulario viría dado por 114,223

0%

11% 11%

46%

31%

0%

5%

10%

15%

20%

25%

30%

35%

40%

45%

50%

Só castelán Predomina o castelán

Castelán e galego por igual

Predomina o galego

Só galego

Lingua habitual do profesorado

Page 22: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

22

c) Disposición do profesorado a formarse nunha axeitada capacitación A pregunta: “Cal é atúa disposición a facer cursos de reciclaxe e actualización, co obxectivo de acadar unha capacitación axeitada?”. As posibilidades: 1=’Ningunha’, 2=’Pouca’, 3=’Moderada’, 4=’Boa’ e 5=’Plena’. Non tería sentido facerlle esta pregunta a aqueles que declaraban ter unha capacitación alta ou moi alta. Por iso só se recolleron as respostas dos 9 profesores que ou ben tiñan unha capacitación media (8 deles) ou moi baixa (só 1). 4 responderon que terían unha disposición media e 2 contestaron que a súa disposición era boa.

2.3.Actitude do profesorado sobre a utilización do galego no ámbito educativo. Para valorar actitudes presentábase unha afirmación e pedíase valorar o grao de acordo coa mesma mediante o seguinte esquema: 1=’Completamente en desacordo’, 2=’Bastante en desacordo’, 3=’Indiferente’, 4=’Bastante de acordo’ e 5=’Completamente de acordo’ De seguido presentamos os tres enunciados que se propuxeron para que fosen valorados polo profesorado

a) As matemáticas pódense aprender en galego Os resultados mostran un grao de acordo moi alto cunha media de 4,86 e un intervalo que acota o valor de todo o profesorado de 894,4 . Polo tanto poderíamos afirmar

que os profesores do IES Pintor Colmeiro considéranse bastante ou en completo acordo coa afirmación.

3% 0%

23%

57%

17%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

Moi baixa Baixa Media Alta Moi Alta

Capacitación do profesorado para impartir clases en galego

Page 23: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

23

b)O uso do galego establecido na lexislación educativa é suficiente Este enunciado é o único modificado respecto dos recollidos da guía A planificación lingüística nos centros educativos. As razóns para esta modificación son suficientemente claras para todo aquel que teña algo de coñecemento da política lingüística dos últimos anos. A guía está editada no 2008 e foi unha das propostas elaboradas ao abeiro do decreto 124/2007 tal e como se indica reiteradamente na nomeada guía. Daquela o debate político estaba en se o uso do galego establecido por ese decreto era necesario. Nas circunstancias actuais, cun establecemento do uso do galego para o ensino cheo de prohibicións, non tería sentido preguntar pola necesidade, senón pola suficiencia. O valor numérico medio indica bastante desacordo: 2,06. O intervalo de valores máximos e mínimos para o total do profesorado é 712,821 polo que o resultado final

nunca chegaría á indiferenza. O alumnado obtivo 2,59 nunha pregunta semellante. No caso do cuestionario aos profesores o enunciado estaba integrado dentro dunha epígrafe sobre o ámbito educativo, no dos alumnos tratábase dunha referencia xeral.

0% 3% 0% 6%

91%

0%

20%

40%

60%

80%

100%

Total desacordo Bastante desacordo Indiferente Bastante de acordo Completamente de acordo

As matemáticas pódense aprender en galego (profes)

Page 24: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

24

c) O ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua Ese era exactamente o enunciado proposto. O resultado numérico dinos que o profesorado está completamente de acordo con el pois acada un valor de 4,69. O intervalo para o total do profesorado ofrécenos unhas cotas que están entre 3,87 e 4,76. O alumnado obtivo 4,19 de media sobre esta cuestión. O valor é menor que o obtido do profesorado que respondeu pero pode ser que do total do profesorado obtivésemos unha valoración menor (ata 3,87).

2.4.Actitude do profesorado sobre a normalización social do galego. Para valorar actitudes presentábase unha afirmación e pedíase valorar o grao de acordo coa mesma mediante o seguinte esquema: 1=’Completamente en desacordo’,

37%

29% 29%

3% 3%

0%

5%

10%

15%

20%

25%

30%

35%

40%

Total desacordo Bastante desacordo Indiferente Bastante de acordo Completamente de acordo

O uso do galego establecido pola lexislación é suficiente (profes)

0% 0% 6%

20%

74%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

Total desacordo Bastante desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Completamente de acordo

O ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua (profes)

Page 25: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

25

2=’Bastante en desacordo’, 3=’Indiferente’, 4=’Bastante de acordo’ e 5=’Completamente de acordo’ Facemos as mesmas consideracións que as realizadas en todos os apartados relativos ao cuestionario realizado ao profesorado. Como non temos un número suficiente de respostas para dar valores exactos cun alto grao de aproximación, ofreceremos un intervalo dentro do que necesariamente deberá estar o valor exacto. Pasemos a presentar os enunciados e a comentar o grao de aceptación dos mesmos polo grupo de profesores.

a) En Galicia, debería usarse máis o galego Podemos afirmar que o acordo é practicamente completo pois o valor medio é de 4,57. Neste caso o intervalo é 674,783

Podemos observar no diagrama de barras que para o profesorado que enviou as respostas repítese a mesma porcentaxe de total acordo que aparecía na cuestión anterior, un 74%, na que o enunciado era “O ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua”. A mesma cuestión foille proposta ao alumnado da ESO. Unha característica das respostas do profesorado é que o seu grao de apoio á normalización é sempre maior que o obtido das respostas do alumnado. Neste sentido estaríamos diante dun colectivo profesional cun perfil máis positivo fronte á valoración do galego que o declarado polo seu alumnado. Cumpriría aproveitar esta característica favorable do colectivo docente para que exerza de vector normalizador no centro. Ante a mesma cuestión a media do alumnado foi de 4,44

b)A adquisición de dúas ou máis linguas enriquece O grao de acordo con este enunciado é o maior de todos os propostos cunha media de 4,91. O intervalo para o total do profesorado é 934,044 e cae completamente dentro do acordo total.

0% 3% 11% 11%

74%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

Total desacordo Bastante desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Completamente de acordo

En Galicia debería usarse máis o galego (profes)

Page 26: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

26

Presentamos o gráfico sempre mantendo a reserva de que está realizado sobre o total de respostas e non sobre o de profesores. Este é outro enunciado proposto ao alumnado. A súa media foi inferior: 4,28

c) O galego é unha lingua axeitada para os videoxogos O valor medio das respostas alcanza o 4,69 e o intervalo é 764,873 . Volvemos a estar diante dun alto nivel de acordo co enunciado. A media do alumnado da ESO nesta cuestión foi bastante inferior: 3,22

d) A lingua galega debe ser fomentada socialmente Os datos son moi semellantes aos do enunciado anterior. Partindo dun valor medio de 4,63, o intervalo que limita o valor definitivo do conxunto do profesorado é 714,823

0% 0% 0% 9%

91%

0%

20%

40%

60%

80%

100%

Total desacordo Bastante desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Completamente de acordo

A adquisición de dúas ou máis linguas enriquece (profes)

0% 0%

11% 9%

80%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

Total desacordo Bastante desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Completamente de acordo

O galego é unha lingua axeitada para os videoxogos (profes)

Page 27: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

27

3. Cuestionario sociolingüístico do centro: alumnos da ESO e familias. Para determinar cal o perfil sociolingüístico próximo ao noso centro de ensino realizamos un par de cuestionarios, un ao profesorado e outro ao alumnado. Neste último intentamos recoller non só datos dos alumnos do centro, senón tamén das súas familias. Tomamos como base o estudo do IGE 2008 para poder encadrar dentro deste contexto os resultados obtidos no noso cuestionario. O noso non se trata dun estudo a partir dunha mostra pois partimos da base de que ao facermos o estudo dunha poboación pequena e controlable podíamos acceder a unha recollida de datos do total da poboación. Como en cursos anteriores centramos os nosos esforzos na etapa obrigatoria do ensino que se imparte no noso centro. Polo tanto os resultados que daremos serán os relativos ao alumnado que cursa a ESO. Co fin de recoller información elaboramos un formulario mediante o Google Drive. [https://docs.google.com/forms/d/1GF4U2GBSpQ6YyX3yA9Zm7iP59tVJrMtCZqxdyEQD-ok/viewform?edit_requested=true]Desde o departamento de orientación organizouse aos titores para que nunha sesión acudiran á Aula de Informática e responderan o cuestionario. Despois dos primeiros accesos comprobamos que había unha cantidade inasumible de cuestionarios que non eran respondidos, debido seguramente a que ao finalizar non os enviaban. Concluímos que para futuras realizacións de consultas convén establecer un protocolo para que o sigan os titores ou os profesores encargados de que se cubran os cuestionarios. Finalmente resolvemos os problemas comentados grazas á colaboración dos titores que, en varios casos, volveron co alumnado da súa titoría a realizar o cuestionario tendo especial coidado en realizar todos os pasos. A recollida de datos dos cuestionarios ao alumnado efectuouse mediante o documento que se pode consultar no ANEXO I. O total de cuestionarios recollidos distribuíronse da seguinte forma segundo as táboas seguintes e nas que se indica o número de alumnos de cada grupo e a cantidade respostas recollidas:

0% 0%

14% 9%

77%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

Total desacordo Bastante desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Completamente de acordo

A lingua galega debe ser fomentada socialmente (profes)

Page 28: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

28

Nº alumnos Nº respostas

1ºA 22 20

1ºB 21 21

Total 43 41

Polo tanto o máximo erro que podemos cometer ao dar resultados sobre 1º da ESO será dun 4,65%

Nº alumnos Nº respostas

2ºA 23 23

2ºB 24 23

Total 47 46

O máximo erro que cometermos ao dar resultados sobre 2º da ESO será dun 2,13%

Nº alumnos Nº respostas

3ºA 20 20

3ºB 19 19

3ºC 5 5

Total 44 44

Os resultados dados para 3º da ESO serán sobre o total do alumnado polo que non cometeremos erro ningún sobre os datos que ofrezamos.

Nº alumnos Nº respostas

4ºA 27 26

4ºB 9 9

4ºC 10 8

Total 46 43

Eis que o máximo erro cometido sobre as afirmacións que fagamos sobre 4º da ESO será dun 6,52%. Sumados todos os parciais vemos que o total de alumnos matriculados na ESO é de 180. O número de cuestionarios respondidos é dun total de 174. Así que para resultados globais a cota de erro é dun 3,33%

3.1. Metodoloxía do cuestionario. Como queríamos ter datos contextualizados, para elaborar o cuestionario recollemos en primeiro lugar os resultados do IGE 2008 pois ofrecíanos valores tanto para o total de Galicia como outros máis restrinxidos para a que denominan comarca de Pontevedra Nororiental. Así como é factible a recollida de datos dos alumnos, os datos relativos ás familias eran moito máis difíciles de obter directamente. Por iso optamos por facer preguntas ao alumnado sobre cuestións que afectan aos seus familiares. En consecuencia, convén ter sempre presente que os valores obtidos que fagan referencia a pais ou avós, son en realidade da percepción que o alumnado do noso centro ten con respecto a esas cuestións.

Page 29: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

29

A outra fonte que utilizamos para elaborar o cuestionario foron as recomendacións que se ofrecen en dous manuais recomendados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística editados no ano 2008:

A planificación lingüística nos centros educativos

[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacionLinguistica_2edici

on_baixa.pdf] Guía práctica para a planificaicón lingüística nos centros

educativos[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacion.pdf] Outro dos obxectivos que marcamos para a elaboración do cuestionario foi o de que tivera o menor número posible de preguntas para que fose factible tanto a súa contestación nun tempo breve como a recollida posterior dos datos. Estas razóns son tamén as principais que nos levaron a restrinxir o grupo que o contestaría ao alumnado da ESO. O seguinte paso consistiu na elaboración dun formulario mediante a ferramenta Google Drive.[https://docs.google.com/forms/d/1GF4U2GBSpQ6YyX3yA9Zm7iP59tVJrMtCZqxdyEQD-ok/viewform?edit_requested=true].Desde o departamento de orientación organizouse aos titores para que nunha sesión acudiran á Aula de Informática e responderan o cuestionario. Por último fíxose un repaso dos resultados. Corrixíronse algúns erros da folla de cáculo de recollida[https://drive.google.com/file/d/0B0jUUV2NRm_QTmRjWjJBa0NOZmc/edit?pli=1]e finalmente realizouse un reconto dos resultados mediante un documento elaborado con ese fin (ANEXO I) De seguido preséntanse os resultados obtidos. Todos os valores identificados co Centro refírense aos datos do noso cuestionario. Os valores restantes referentes á totalidade de Galicia ou á comarca de Pontevedra Nororiental foron recollidos da ‘Enquisa sobre as condicións de vida das familias’ do 2008 e son responsabilidade do Instituto Galego de Estatística. Referímonos a estas últimas normalmente como IGE 2008.

3.2. Persoas segundo o grao de entendemento do galego falado Os datos sobre o entendemento do galego falado polas familias son inferiores ao dos alumnos. Isto, a menor valoración das capacidades dos pais respecto das do propio alumno, vai repetirse en todas as competencias. Por isto cómpre destacar unha vez máis que os datos relativos ás familias no noso cuestionario veñen dados polo que os alumnos perciben sobre eles, mentres que os datos tirados do IGE foron recollidos mediante un cuestionario directo. Neste sentido uns e outros valores non son directamente comparables.

Page 30: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

30

Persoas segundo o grao de entendemento do galego falado

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco ou nada

Total

Galicia 66,02% 28,77% 5,21% 100%

Pontevedra nororiental

83,58% 12,35% 4,07% 100%

Centro Pais 62,64% 31,61% 5,75% 100%

Centro alumnos

80,46% 17,82% 1,72% 100,00%

3.3 Persoas que saben falar galego Aínda que se mantén o sinalado na anterior epígrafe (que a valoración sobre as competencias propias obtén mellor valoración que as dos pais) os resultados son máis parellos e caen na veciñanza do perfil ofrecido polo IGE 2008 para a comarca Pontevedra Noroeste

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

Moito Bastante Pouco ou nada

Persoas que entenden o galego falado

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro Pais

Centro Alumnos

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

Moito Bastante Pouco ou nada

Persoas que saben falar en galego

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro Pais

Centro Alumnos

Page 31: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

31

Persoas segundo a capacidade de falar en galego

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco ou nada

Total

Galicia 54,13% 35,02% 10,85% 100%

Pontevedra nororiental

74,72% 17,94% 7,34% 100%

Centro Pais 70,11% 21,26% 8,62% 100%

Centro alumnos

77,01% 19,54% 2,87% 100,00%

3.4. Persoas segundo o grao de entendemento do galego escrito Os datos obtidos para o centro son significativamente máis altos que os do IGE 2008. Ata tal punto que o grao de entendemento do galego escrito é practicamente total (96,55% para os pais e 98,28% para os alumnos). Incluso os valores son superiores aos do entendemento do galego falado. Só hai tres rapaces da ESO, dun total de 180, que declaran pouca ou nula comprensión do galego oral.

Persoas segundo o grao de entendemento do galego escrito

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco ou nada

Total

Galicia 46,83% 36,18% 16,99% 100,00%

Pontevedra nororiental

56,81% 28,36% 14,82% 100,00%

Centro Pais 64,94% 31,61% 3,45% 100,00%

Centro alumnos

72,41% 25,86% 1,72% 100,00%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

Moito Bastante Pouco ou nada

Persoas que entenden o galego escrito

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro Pais

Centro alumnos

Page 32: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

32

3.5. Persoas que saben escribir en galego A capacidade para comprender o galego escrito acada as mesmas porcentaxes que a que obtivéramos para o galego falado. Dous alumnos máis, ata sumar un total de cinco, declaran ter dificultades para falar en galego. Este feito, oito máis numeroso en centros de cidades, xera grandes dificultades sociais, e xa non digamos sociolingüísticas especificamente. No noso caso, ao partirmos dun entorno galegofalante, o problema ten un peso menor e a presión ambiental pode xogar a favor da normalización. Insistimos na importancia de ofrecer oportunidades de traballo escrito ao noso alumnado para mellorar unha competencia que é máis difícil de acadar.

Persoas que saben escribir en galego

Porcentaxe

Moito Bastante Pouco Nada

Galicia 25,25% 32,59% 23,27% 18,88%

Pontevedra nororiental

33,62% 28,91% 22,00% 15,46%

Centro Alumnos

67,82% 28,74% 2,30% 1,15%

3.6.. Incidencia do uso do galego no IES Pintor Colmeiro e o seu entorno

a)O uso oral Significativamente, cando pasamos das competencias ao uso hai un cambio nas respostas entre pais e alumnos. Xa vimos que os pais eran considerados menos competentes para falar, entender e escribir en galego que os propios rapaces. Pois ben,

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

Moito Bastante Pouco Nada

Persoas que saben escribir en galego

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro Alumnos

Page 33: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

33

agora podemos comprobar que o alumnado fai un menor uso desas pretendidas superiores capacidades que os seus proxenitores. A tendencia nas novas xeracións é a un uso menos monolingüe cun abandono máis acusado do emprego preferente do galego.

Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente

Porcentaxe

En galego sempre

Máis galego ca castelán

Máis castelán ca galego

En castelán sempre

Galicia 30,29% 26,73% 22,70% 20,28%

Pontevedra nororiental

56,85% 23,03% 12,60% 7,53%

Centro pais 50,00% 25,29% 13,22% 11,49%

Centro alumnos 44,25% 31,61% 15,52% 8,62%

b) o uso escrito A comparación entre os datos do IGE 2008 e os obtidos do alumnado do centro no relativo á lingua habitual na escrita son sorprendentemente case inversos. Á vista do cuestionario do IES hai unha gran coherencia entre a capacidade de escritura en galego e o seu uso. Lembremos que a nivel xeral isto non é así pois aínda que máis da metade da poboación se recoñece capaz de escribir polo menos bastante ben en galego, só un de cada 7 o fai habitualmente. Os estudos sociolingüísticos indícanos a existencia dunha gran inseguridade na escrita en galego polo que temos que ser especialmente coidadosos en procurar habilitar espazos de seguridade para esta práctica.

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

En galego sempre Máis galego ca castelán

Máis castelán ca galego

En castelán sempre

Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente

Galicia

Pontevedra ororiental

Centro pais

Centro alumnos

Page 34: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

34

Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente

Porcentaxe

Galego Castelán Total

Galicia 15% 85% 100%

Pontevedra nororiental

19% 81% 100%

Centro alumnos 70% 30% 100%

c) Porcentaxes de uso segundo a lingua inicial A porcentaxe de alumnos que declara ter aprendido a falar en galego (45,98%) é case coincidente coa cifra que o IGE 2008 nos dá para toda Galicia (48,52%). Pola contra hai unha gran diferenza respecto do valor comarcal (72,47%). Porén comarca e alumnado do instituto reflicten cifras moi semellantes para o castelán como lingua inicial (13,14% e 16,67% respectivamente), A explicación a todo isto vén da comparativamente grande cifra (37,36%) de alumnado que declara haber aprendido a falar nas dúas linguas. Isto danos que pensar que a percepción do alumnado sobre a presenza social das linguas está fortemente condicionada por unha sobrevaloración do español. Outro aspecto a destacar é que no Equipo coméntase que os rapaces máis novos do centro son tamén os máis castelanizados. Os datos do cuestionario non din o mesmo xa que neles non se aprecia ningún tipo de redución da transmisión xeracional a medida que recollemos os datos do alumnado máis novo.

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

Galego Castelán

Lingua na que escribo habitualmente

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro alumnos

Page 35: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

35

Persoas segundo a lingua na que aprenderon a falar

Porcentaxe

Galego Castelán As dúas Total

Galicia 48,52% 27,76% 23,71% 100,00%

Pontevedra nororiental

72,47% 13,14% 14,39% 100,00%

Centro Alumnos

45,98% 16,67% 37,36% 100,00%

d) Porcentaxes de uso segundo a lingua que lle falaban os seus pais cando eran nenos O que vimos de afirmar vese reforzado pola seguinte gráfica. Se sumamos as respostas a galego como lingua inicial con aqueles que declararon criarse nas dúas, obtemos unha cifra moi semellante á cantidade de alumnos que afirman que os seus pais lles falan sempre ou máis en galego ca en castelán. Tamén destaca unha perda porcentual de 10 puntos cando é alingua galega na que lle falan os pais aos alumnos se o comparamos cos resultados comarcais. Porén se comparamos as capacidades en galego no IES, sempre temos valores maiores que os dados para Pontevedra Nororiental. Estamos diante dunha constatación da baixada da transmisión interxeracional?

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

Galego Castelán As dúas

Lingua na que aprendín a falar

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro Alumnos

Page 36: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

36

Persoas segundo a lingua que lles falaban os seus pais cando eran nenos

Porcentaxe

En galego sempre ou máis galego ca castelán

En castelán sempre ou

máis castelán ca galego

Outro caso

Galicia 65,36 34,64

Pontevedra nororiental 83,19 16,81

Centro Alumnos 72,99 21,84 5,17

Hai dous anos realizáramos outro cuestionario, tamén entre todo o alumnado da ESO, no que faciamos a pregunta de cal era a lingua que se falaba na súa casa. Os resultados que obtivemos daquela aparecen neste diagrama de barras. Podemos

comprobar unha gran coincidencia cos que estamos tratando nesta epígrafe. Se nos resultados do curso 2011-12 sumamos ‘só galego’ e ‘máis galego’, obtemos un total de 69,4%, moi próximo ao 72.99% do cuestionario 2013-14. Isto reforza a fiabilidade dos números obtidos polas nosas sondaxes sociolingüísticas. Lembramos tamén que comprobaramos que a lingua dos rapaces na casa coincide coa que falan os seus familiares case de forma exacta. Isto lévanos a insistir na importancia da transmisión no mantemento do uso e o coñecemento da lingua de noso e o fundamental que é reforzar a continuidade desa transmisión.

65%

35%

83%

17%

73%

22%

5%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

En galego sempre ou máis galego ca

castelán

En castelán sempre ou máis

castelán ca galego

Outro caso

Lingua na que lle falan os pais

Galicia

Pontevedra nororiental

Centro alumnos

Page 37: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

37

Dándolle valores numéricos a 1=”só castelán”, 2=”máis castelán”, 3=”igual”, 4=”máis galego” e 5=”só galego”, obteríamos un valor de 3,81 para a lingua que se fala na casa do alumnado da ESO segundo os resultados do curso 2011-2012.

e) Porcentaxe de uso segundo a lingua que lle falaban os seus avós cando eran nenos Nesta cuestión temos dificultades para obter conclusións debido a que ana nosa enquisa abrimos a posibilidade de responder ‘outro caso’. Fixémolo coa intención de que escolleran esta opción os alumnos estranxeiros que falan unha lingua distinta do galego e do castelán pero a elevada porcentaxe de escollas desta resposta, un 13%, indícanos que houbo respostas fóra deste caso específico. Non é nada fácil explicar a diferenza para o uso do galego por parte dos avós entre os datos do centro e os comarcais. De todas formas constátase un maior uso do castelán por parte dos pais do noso alumnado (22%) fronte ao 11% atribuído aos avós.

Persoas segundo a lingua que lles falaban os seus avós cando eran nenos

Porcentaxe

En galego sempre ou máis galego ca castelán

En castelán sempre ou máis castelán ca galego

Outro caso

Pontevedra nororiental 86,86% 13,14% Centro alumnos 75,86% 11,49% 12,64%

f) Porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente en galego Volvemos a obter unha cifra na veciñanza do 70% para o uso familiar do galego no alumnado da ESO do IES Pintor Colmeiro. Lembremos que obtivéramos un 69,4% hai dous anos e que a lingua na que lle falan os pais ao noso alumnado é o galego nun 73%. É importante resaltar esta coherencia pois podería parecer un resultado pouco crible por ser moito maior que os dados polo IGE 2008 tanto para a comarca como para toda Galicia.

87%

13%

76%

11% 13%

0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90%

100%

En galego sempre ou máis galego ca

castelán

En castelán sempre ou máis castelán ca

galego

Outro caso

Os meus avós falaban conmigo

Pontevedra nororiental

Centro alumnos

Page 38: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

38

Fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente en galego

Porcentaxe

Galicia 21,78

Pontevedra nororiental 42,15

Centro Familias 68,97

g) Porcentaxe de fogares nos que ningún dos seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego Aínda que a cifra que obtivemos no noso estudo para a porcentaxe de familias nas que todos os seus membros de 5 ou máis anos flan habitualmente só castelán é pequena comparada cos datos recollidos do IGE 2008, debemos destacar que estamos diante dunha significativa porcentaxe da poboación, un 19%, que vectoriza cara a exclusión do galego. Teñamos en conta que a pesar de que a ambientalidade próxima é galegófona, a cada vez maior invasión das relacións a distancia na vida cotiá, afortala a expansión deste grupo social antinormalizador.

Fogares nos que ningún dos seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego

21,78%

42,15%

68,97%

0,00%

20,00%

40,00%

60,00%

80,00%

Galicia Pontevedra nororiental Centro Familias

Fogares nos que todos os membros de 5 ou máis anos falan habitualmente en galego

52%

29%

19%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

Galicia Pontevedra nororiental Centro Familias

Fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só castelán

Page 39: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

39

Porcentaxe

Pontevedra nororiental 51, 79

Galicia 29,03

Centro Familias 18,97

3.7.Uso social do galego do alumnado As preguntas do cuestionario que se refiren a este epígrafe foron recollidas da guía editada no 2008 pola SXPL titulada A planificación lingüística nos centros educativos

[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacionLinguistica_2edicion_bai

xa.pdf]

a)Lingua do alumnado cos compañeiros Fixemos tres preguntas para determinar o uso social do alumnado da ESO cos compañeiros. Na primeira das cuestións observamos que o uso do galego cos compañeiros redúcese respecto do que eles mesmos declaran facer en xeral ou do que fan os pais. Efectivamente, o alumnado do IES Pintor Colmeiro declara usar só ou predominantemente o galego cos compañeiros nun 53,45% mentres que esta porcentaxe para eses mesmos alumnos no uso xeral elévase a un 75,84%. Para non seren contraditorias estas cifras teriamos que concluír que a ambientalidade do centro é un vector castelanizador. Acabamos de ver tamén que a porcentaxe de familias nas que todos os seus membros usan predominantemente o galego é do 68,97%. Este dato reforza a anterior conclusión. Dándolle valores numéricos a 1=”só castelán”, 2=”máis castelán”, 3=”igual”, 4=”máis galego” e 5=”só galego”, obteríamos un valor de 3,39 para a lingua de relación cos compañeiros. Este valor é menor que 3,81, o obtido para o uso nos fogares

9,77% 12,64%

24,14%

36,21%

17,24%

0,00%

5,00%

10,00%

15,00%

20,00%

25,00%

30,00%

35,00%

40,00%

Só castelán Predomina o castelán

Castelán e galego por igual

Predomina o galego

Só galego

Lingua do alumnado cos compañeiros

Page 40: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

40

b). Lingua do alumnado nos comercios Cunha distribución de porcentaxes similar á da lingua de uso do alumnado cos compañeiros temos a relativa á lingua que usan nos comercios. A única diferenza é que incrementan nun 7% as respostas extremas en detrimento das centrais. O valor numérico resultante é tamén moi semellante, 3,34.

c) Lingua do alumnado no médico O valor numérico 3,37 reflicte que asproporcións de uso de galego e castelán en distintos ambientes mantense. Falando en termos xerais, todos estes resultados dan valores de uso para o predominio do galego que están 20 puntos porcentuais por debaixo do obtido no uso no fogar ou o uso habitual.

16,09%

11,49%

18,39%

29,89%

24,14%

0,00%

5,00%

10,00%

15,00%

20,00%

25,00%

30,00%

35,00%

Só castelán Predomina o castelán

Castelán e galego por igual

Predomina o galego

Só galego

Lingua do alumnado nos comercios

16,67%

8,62%

24,71%

21,26%

28,74%

0,00%

5,00%

10,00%

15,00%

20,00%

25,00%

30,00%

35,00%

Só castelán Predomina o castelán

Castelán e galego por igual

Predomina o galego

Só galego

Lingua do alumnado no médico

Page 41: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

41

3.8. Valoración do alumnado da normalización do galego no ensino. As preguntas do cuestionario que se refiren a este epígrafe foron recollidas da guía

editada no 2008 pola SXPL titulada A planificación lingüística nos centros educativos

[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacionLinguistica_2edicion_baixa.pdf]

a)As matemáticas pódense aprender en galego Ao darlle os valores numéricos ás respostas obtemos unha puntuación media bastante alta: 4,17. Outra vez volvemos a atopar un 73% de alumnos que se manifestan favorables á aprendizaxe das matemáticas en galego. O preocupante está da outra banda, un 10% dos alumnos cos prexuízos suficientes como para excluír ao galego dunha materia como as matemáticas.

b) A adquisición de dúas (ou máis) linguas enriquece O enunciado proposto ten poucas posibilidades de argumentación en contra. Sucédelle o mesmo que ao do apartado anterior. En consecuencia as distribucións parecen practicamente calcadas. A valoración numérica media é de 4,28. Con todo aínda temos un 5% de refractarios.

5% 5%

17% 15%

58%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Total acordo

As matemáticas pódense aprender en galego

Page 42: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

42

c) Gustaríame recibir máis clases en galego Nesta cuestión a valoración numérica media baixa ata o 3,27. O valor indica unha pequena aposta por un incremento de horas de clase en galego. Como cabía esperar, increméntase especialmente a cantidade de indiferentes. O resto é moi complicado de valorar, entre outras razóns porque teriamos que debullar cal é a distribución de aulas impartidas en cada lingua a cada grupo para poder contextualizar mellor as respostas. Con todo obsérvase un preocupante 17% de alumnos que se posicionan en contra do incremento do número de aulas en galego. Pensamos que non se pode atribuír esta porcentaxe en exclusiva a unha actitude de rexeitamento total da lingua. Moi probablemente entre en xogo a inseguridade que poidan ter a desenvolverse en galego.

3% 2%

19% 18%

59%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Total acordo

A adquisición de dúas (ou máis) linguas enriquce

Page 43: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

43

3.9.Valoración do alumnado da normalización social. As preguntas do cuestionario que se refiren a este epígrafe foron recollidas da guía

editada no 2008 pola SXPL tituladaA planificación lingüística nos centros educativos

[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacionLinguistica_2edicion_bai

xa.pdf]

a) O galego é unha lingua axeitada para os videoxogos Estamos diante doutro enunciado de difícil refutación. Porén demóstrase un grao importante de oposición. Evidénciase que boa parte do alumnado ten asumidas funcións distintas segundo a lingua da que se trate. Aquí evidenciase outro aspecto que se debe traballar desde o Equipo de Normalización. Cómpre poñer de manifesto o que sucede e deseñar estratexias para atacar os prexuízos asociados á exclusión do galego de determinadas funcións. Entre outros aspectos hai que procurar ligazóns entre o uso do galego e as novas tecnoloxías. O valor numérico medio obtido é de 3,22, un pouco superior á media (3)

10%

7%

34%

16%

27%

0%

5%

10%

15%

20%

25%

30%

35%

40%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Total acordo

Gustaríame recibir máis clases en galego

Page 44: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

44

b) O ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua O resumo medio numérico da valoración dada polo alumnado da ESO é de 4,19. As respostas contrarias á afirmación demostran ignorancia en aspectos socioligüísticos. As indiferentes indican un alleamento da cuestión que normalmente é unha toma de postura asociada ao abandono da lingua minorizada.

c) En Galicia, debería usarse máis o galego Observamos tanto nestas respostas como na anterior unha porcentaxe dun 17% de indiferentes con respecto a situación social da lingua.

23%

4%

28%

18%

27%

0%

5%

10%

15%

20%

25%

30%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Total acordo

O galego é unha lingua axeitada para os videoxogos

3% 4%

17%

23%

53%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo Total acordo

O ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua

Page 45: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

45

É claro o apoio que sustenta este enunciado: a valoración numérica media é de 4,44;mais tamén temos que apuntar que a puntuación do enunciado “gustaríame recibir máis clases en galego” era de 3,27. Isto é, hai apoio a un incremento do uso do galego, pero este apoio non se sustenta da mesma maneira cando se lles propón un incremento que os implique directamente.

d) O uso do galego establecido na lexislación é suficiente Este enunciado é o único modificado respecto dos recollidos da guía A planificación lingüística nos centros educativos. As razóns para esta modificación son suficientemente claras para todo aquel que teña algo de coñecemento da política lingüística dos últimos anos. A guía está editada no 2008 e foi unha das propostas elaboradas ao abeiro do decreto 124/2007 tal e como se indica reiteradamente na nomeada guía. Daquela o debate político estaba en se o uso do galego establecido por ese decreto era necesario. Nas circunstancias actuais, cun establecemento do uso do galego para o ensino cheo de prohibicións, non tería sentido preguntar pola necesidade, senón pola suficiencia. A media numérica das respostas 2,59 indica un importante grao de desacordo. Teñamos en conta que os que responden ao cuestionario son alumnos de entre 12 e 16 anos e que polo tanto teñen pouca capacidade de análise das problemáticas sociais. O normal dentro dun grupo destas características é obter un índice alto de conformidade polo que se detectamos unha actitude contraria á suficiencia lexislativa, podemos afirmar que o dato é indicativo de que existe unha posibilidade nada desprezable de reflexión sobre o estado social da lingua tan pronto como adquiran esas capacidades.

3% 1%

17% 12%

68%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo Total acordo

En Galicia, debería usarse máis o galego

Page 46: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

46

3.4.O Profesorado O galego é a lingua habitual do profesorado, que ten, en xeral, un elevado nivel

de capacitación para empregar o noso idioma na actividade docente así como disposición para facer cursos de reciclaxe e actualización. As actitudes cara á utilización do galego no ámbito educativo e as actitudes cara á normalización social do galego son, en xeral, positivas.

O perfil sociolingüístico do profesorado é esencialmente galegofalante, posuíndo competencias e actitudes suficientes para impartir a docencia en galego.

3.5. O alumnado O galego é a lingua habitual do alumnado na súa vida cotiá, tanto no seu ámbito

escolar coma familiar. A competencia comunicativa en galego que traen da etapa anterior é, en xeral, boa. Os alumnos procedentes doutros países incorpóranse progresivamente á aprendizaxe do galego.

A área na que reside o noso alumnado é galegofalante. Isto significa ter gañados varios chanzos pois representan unha proporción pequena aqueles que carecen de práctica nas diversas competencias lingüísticas. Porén a ninguén se lle pode escapar que a consideración que o alumnado ten da lingua galega non está á altura das linguas hexemónicas. Faremos unha descrición das actitudes comúns que segundo Formoso Gosende son as características do estudantado de secundaria dun contexto galegófono.

Inseguridade. Aínda que tanto a competencia oral como escrita da gran maioría do alumnado é aceptable teñen a conciencia de posuír unha competencia máis baixa. Esta actitude lévaos facilmente ao abandono do uso do galego. Para atacar estes prexuízos cómpre que aprendan a diferenciar entre fala e lingua e a ser permisivos cos trazos dialectais así como a asumir como propio o estándar. Unha palabra que deberíamos eliminar do vocabulario de toda a comunidade educativa é “castrapo”.

19%

11%

22%

2%

29%

0%

5%

10%

15%

20%

25%

30%

35%

Total desacordo Bastante en desacordo

Indiferente Bastante de acordo

Total acordo

O uso do galego establecido na lexislación é suficiente

Page 47: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

47

Cómpre unha reivindicación da calidade lingüística e destacar a importancia da norma para un uso formal. Cómpre tamén que se asuma que en distintos contextos úsanse falas distintas.

Amabilidade ou submisión lingüística. Este prexuízo parte da consideración de inferioridade do galego con relación ao castelán. Isto ten moito que ver con estar o galego marcado como lingua dunha clase social inferior. Pensemos que a un castelán-falante permíteselle mostrar a súa ignorancia do galego para así exixir un cambio de lingua no seu interlocutor. O cambio de papeis pode ser unha estratexia moi efectiva para tratar esta actitude.

Rexeitamento do acento galego. A falta de aprecio pola lingua propia pode levar a moitos rapaces a avergonzárense do seu acento galego falando castelán. As medidas correctoras deste prexuízo pasan pola afirmación identidaria. Con todo, nas zonas nas que está máis implantado o uso do galego, o propio prexuízo leva ao rexeitamento a aqueles que falan castelán con acento galego. Isto parte de que asumen que a fonética castelá debe ser neutra.

Rexeitamento da normalización. Nas zonas galegofalantes existe a conciencia errónea de que teñen importantes deficiencias no coñecemento do castelán.

A impostura, o emprego forzado do galego na vida pública ou no ensino é moi facilmente detectable e actúa como diglosia inversa. Pode levar ao rexeitamento das medidas de discriminación positiva para o galego se non se identifican as actitudes desprezativas de quen fai ese tipo de usos.

Lingua do rural. A identificación do galego como lingua do rural ten como corolario o seu abandono tan pronto como un se traslada a un ámbito urbano. Este discurso lígase co galego como lingua inútil, unha lingua que pecha oportunidades. Cómpre insistir en que todos os que saben galego, tamén saben castelán. O contrario non é certo.

Lingua do nivel social baixo e do rexistro coloquial. Trátase da identificación do uso do galego por ruralismo. Fronte a isto pódese destacar o uso do galego por galeguismo, destacando o uso dunha lingua de calidade por parte de personaxes públicos.

Lingua como marca de ideoloxía nacionalista. Esta identificación pode ser unha razón para que unha parte dos galegofalantes deixen de empregar a lingua para que non os relacionen cunha determinada ideoloxía. Fronte a esta percepción podemos botar man da ideoloxía conservadora da maioría da poboación adulta do rural, claramente galegofalante.

Lingua pouco útil. Asúmese o castelán como lingua franca e isto trae como consecuencia directa a anulación do galego por inútil. Considérase así máis necesario aprender castelán que galego, e no caso de aprender linguas, estímase preferentemente a lingua franca internacional, o inglés.

A resposta pasa por trasladar a necesidade de ter firmemente asentado o coñecemento da lingua propia. Sen ter esta premisa ben asentada non ten posibilidades de éxito o uso do argumentario contra os prexuízos.

Un aspecto moi relevante cando se fala da utilidade da lingua é o da utilidade laboral. Normalmente as primeiras referencias que fai o alumnado sobre a falta de utilidade do galego teñen que ver co seu uso no ámbito laboral. Hai varios aspectos a desenvolver. Un deles ten que ver coa idea de que “se marchas por aí fóra, non te vas

Page 48: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

48

entender en galego”. Outra, máis achegada á realidade social, recorre a descricións de situacións de imposición do castelán nos traballos.

]Para tratar estas posturas podemos partir da proximidade do galego co portugués e co castelán, cunha enorme cantidade de falantes no mundo (608 millóns segundo o Ethnologue [1] [http://www.ethnologue.com/language/spa], [2][http://www.ethnologue.com/language/por]), o que nos levaría a partir dunha vantaxe relacional internacional, non dunha desvantaxe. Por outra parte, cómpre que o alumado coñeza os seus dereitos de uso do galego sobre a base do orgullo nunha cultura milenaria.

3.5.Diagnóstico da normalización no IES Pintor Colmeiro. Damos deseguido unha relación de aspectos sobre os que asentar o labor

normalizador así como outra daqueles que temos que evitar ou mellorar.

3.5.1.Puntos fortes 1. A xestión administrativa do noso IES realízase en galego.

2. Falando en termos xerais, o profesorado está formado e familiarizado tanto cultural

como curricularmente coa lingua galega.

3. Cóntase cunha parte do profesorado que non só ten unha sólida formación en

galego, senón que tivo que superar con esforzo persoal as importantes deficiencias

derivadas de usar unha lingua sen normalizar (falta de recursos didácticos en

galego) .

4. centro está nunha zona cun ambiente social favorable ás iniciativas normalizadoras.

5. Non houbo unha excesiva tendencia a incidir desde os EQUIPO DE

NORMALIZACIÓN constituídos no centro nos contidos de carácter culturalista

(revista, redaccións, libros, etc.)

6. Neste centro existe unha liña de actuación normalizadora continuada desde hai

varios anos.

7. Tampouco os anteriores EQUIPO DE NORMALIZACIÓN demostraron unha excesiva

focalización no carácter etnográfico ou centrado nas datas do Día das Letras

Galegas e que limitan outras posibles actividades orientadas á transformación dos

usos lingüísticos.

8. A presenza dos EQUIPO DE NORMALIZACIÓN ten un importante potencial para a

normalización do galego no centro.

9. A presenza do galego como materia específica e como variedade vehicular nunha

parte do currículo percíbese como unha realidade consolidada.

10. Existe un grupo de profesores interesados na docencia en galego e na súa

normalización .

11. Boa parte do alumnado é galegofalante

12. Existen materiais para poder desenvolver o ensino en galego nalgunhas áreas.

Page 49: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

49

13. A porcentaxe de familias que lles transmiten o galego aos fillos é aínda

considerable, nalgúns casos de xeito consciente e comprometido.

14. En xeral, as familias non se amosan contrarias a que os seus fillos coñezan o galego,

mesmo en moitos casos isto valórase positivamente.

15. Receptividade positiva ante as actuacións normalizadoras nas familias.

16. Foise estendendo socialmente unha variedade estándar do galego que debería

facilitar o achegamento a este idioma de sectores e familias non galegofalantes.

17. Para o grupo de alumnos que recibe o centro o galego é lingua de uso preferente

18. Naturalidade dos mozos/as ante a presenza social do galego.

3.5.2.Puntos débiles 1. Non se fomenta que as relacións orais (de carácter informativo, administrativo, etc.)

entre o persoal dos centros e outros membros da comunidade educativa ou da

sociedade, en xeral, se realicen en galego.

2. Hai unha parte de profesorado que, malia poder impartir a súa docencia en galego,

non o fai por diversas razóns.

3. Detéctase certo abandono nalgúns docentes que imparten o/en galego só por

obriga e outros que mesmo declinan cumprir esta responsabilidade.

4. Constatamos unha falta de formación do profesorado no ámbito da sociolingüística

aplicada ao ensino.

5. A maior parte do labor equipo centrábase en actividades moi pechadas que xiraban

arredor do traballo dunha ou dúas persoas con pouca incidencia no centro.

6. Non se estableceron relación fluídas con entidades e asociacións que desenvolven

as súas actividades no entorno no que insiren o centro.

7. Escaseza de actividades extraescolares deseñadas para fomentar o uso da lingua

galega.

8. Necesidade de galeguizar os servizos e actividades que se poñen en marcha (por

exemplo, servizos de comedor ou de transporte, actividades extraescolares, etc.).

9. Aínda que se organizan variadas actividades extraescolares, non hai un protocolo

que incida na procura da súa conexión coa promoción da lingua e da cultura galega.

10. Tendencia a que o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN só teña un carácter formal, sen

unha intervención práctica suficiente nos asuntos que lles competen.

11. Non existe continuidade no traballo dos distintos grupos que formaron os EQUIPO

DE NORMALIZACIÓN nos sucesivos anos debido principalmente á baixa

participación do alumnado e profesorado no mesmo.

12. Os membros do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN non temos a formación necesaria en

planificación lingüística no ensino e mais a dinamización sociolingüística.

13. Aínda que existen coordinadores de dinamización lingüística provinciais e centrais

para dinamizar e orientar o traballo dos EQUIPO DE NORMALIZACIÓN dos centros,

estes deixaron practicamente de funcionar desde hai dous anos.

14. Non hai contactos con outros equipos doutros centros próximos.

Page 50: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

50

15. A participación nos EQUIPO DE NORMALIZACIÓN é unha tarefa pouco incentivada e

que se basea no voluntarismo e altruísmo dos seus membros.

16. catálogo de áreas curriculares que se imparten en galego sufriron unha importante

redución no último ano.

17. Carencias a nivel de materiais terminolóxicos específicos, sobre todo nas áreas de

coñecemento impartidas nos ciclos.

18. Tratamento, por parte da Administración, do ensino en galego como se dunha

lingua estranxeira se tratara.

19. profesorado do centro que pode aportar achegas ao traballo na normalización e

dinamización lingüística non está coordinado arredor dun proxecto común.

20. Existe un sector do profesorado que aínda vive como unha molesta imposición a

presenza da lingua galega na práctica docente malia ocupar a lingua unha posición

claramente subordinada.

21. A pesar de que maioritariamente, o uso espontáneo da lingua oral en ambientes

informais é o galego, a asunción acrítica do fenómeno diglósico réstalle espazos ao

galego a medida que o alumnado e/ou o seu entorno social adquire cotas de

complexidade.

22. nivel da aprendizaxe do galego por parte do alumnado é claramente inferior ao

acadado no castelán.

23. Falta de apoio e asesoramento desde a Administración para afortalar e difundir as

experiencias galeguizadoras dos centros.

24. As programacións didácticas das distintas áreas non teñen en conta a normalización

da lingua galega polo que non hai unha orientación consciente neste sentido.

25. En moitas materias non existe material editorial en galego e constátase unha forte

redución no último ano.

26. No eido audiovisual e informático as carencias son maiores.

27. Nalgunhas familias a lingua galega foi perdendo o seu papel como elemento de

cohesión e/ou de identidade familiar.

28. Algunhas familias manteñen, con diferente extensión e forza, prexuízos e

estereotipos ante o galego e os seus falantes.

29. Inexistencia de canles para a aparición de ‘líderes de opinión’ galegofalantes que

sexan modelos a imitar para a mocidade.

30. Utilización escasa do galego nos ámbitos e espazos máis relacionados coa

mocidade: actividades deportivas, musicais, de lecer, etc., e escasa extensión do

galego nos medios audiovisuais e nas TIC (Internet, informática, chat, etc.), ámbitos

e instrumentos de moito prestixio e seguimento entre a xente moza.

31. Os medios de comunicación espallan modelos cara á mocidade case

exclusivamente en inglés ou en castelán, pero non en galego.

32. Se nin tan sequera o acceso á Administración pública precisa de ningunha clase de

coñecemento do galego, a relevancia do seu uso e coñecemento é practicamente

nula para o acceso ao mundo laboral.

Page 51: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

51

33. aumento da presenza do galego provoca, nalgúns casos, un medo infundado a

perder competencia na aprendizaxe doutras linguas.

34. Cada vez teñen maior presenza social a mensaxes de desprezo das medidas de

normalización que acusan os responsables de levalas a cabo de moverse

unicamente por intereses particulares e de instrumentalizar a lingua.

3.6.Diagnóstico da normalización nas familias A familia segue sendo unha institución social ben valorada. Esta institución ten

un papel moi relevante no mantemento da lingua galega e tanto pode ser o maior freo ao proceso de substitución como ser o mellor sustento para manter a fidelidade á lingua propia. No noso entorno temos que destacar dous aspectos:

Que se hai unha importante maioría de alumnado instalado no galego é porque esta é a lingua que usan normalmente as familias do noso concello. Podemos afirmar que hai un uso habitual do galego por parte de aproximadamente un 70% das familias.

Os datos sociolingüísticos do IGE e da enquisa realizada no propio centro demostran que o galego sufriu unha importantísima perda como lingua de uso no ámbito familiar nos últimos 10 anos.

3.6.1.Puntos positivos 1. No noso entorno é considerable a base demográfica da lingua galega tanto cando

falamos de lingua inicial, de lingua habitual, e de usos lingüísticos. Ciframos no

entorno do 70% o uso do galego nas familias. Polo tanto podemos afirmar que a

porcentaxe de familias que lles transmiten o galego aos fillos e fillas é aínda

considerable. Non temos datos sobre a porcentaxe de casos no que esta

transmisión se debe a unha actitude positiva e consciente respecto do galego.

2. Practicamente todos os que fan uso habitual do castelán teñen contacto con

galegofalantes.

3. O galego aumentou considerablemente o seu prestixio social nos últimos 30 anos.

4. Un sector apreciable das familias de nova creación manifestan a súa simpatía ou

actitude positiva cara ao galego.

5. Percepción positiva por parte dalgunhas familias do coñecemento da nosa lingua,

xa que comproban que é un capital social básico para a socialización dos fillos.

6. Pensamos que con carácter xeral as familias do noso entorno non se amosan

contrarias a que os seus fillos coñezan e aprendan en galego, mesmo en moitos

casos isto valórase positivamente.

7. A existencia dun estándar permitiu facilitar o achegamento a este idioma de

sectores e familias non galegofalantes.

8. Desde o Concello hai unha actitude positiva de cara a afrontar a promoción dos

valores e usos do galego.

Page 52: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

52

3.6.2.Puntos negativos 1. Existen xa familias nas cales a presenza do galego non se constata en ningunha das

tres xeracións actuais.

2. Non temos datos da presenza do galego nas primeiras etapas do ensino: nin en

preescolar nin en primaria.

3. Insuficiente presenza do galego na oferta asociativa e de tempo libre (agrupacións

infantís, acampadas de verán, etc.) dedicada á infancia, tanto desde a esfera

pública como desde a privada.

4. Escasos recursos formativos e de lecer en lingua galega dirixidos aos máis novos,

especialmente en soporte audiovisual e informático (vídeos, xogos electrónicos,

etc.).

5. Os mellores utentes da nosa lingua son as persoas maiores, que na actualidade

son un sector social pouco valorado.

6. Algunhas familias transmiten prexuízos e estereotipos ante o galego e os seus

falantes.

7. Algunhas familias non lle dan importancia ao coñecemento do galego de cara ao

futuro dos seus fillos.

8. Cando observamos que un adulto se dirixe a un neno, de xeito prexuizoso faise moi

habitualmente en castelán, aínda no caso de seren galegofalantes.

9. Escasa valoración da lingua galega no seo familiar en termos de identidade, de

utilidade e de prestixio social.

10. Escasa consciencia das vantaxes do papel de conexión coa lusofonía.

11. Actuación social pasiva e pouco comprometida coa revitalización da lingua.

12. Desde as diferentes administración non se fomentan como deberan actuacións

encamiñadas a que sexa posible criar os fillos en galego. A situación política do

concello nos últimos anos determinou que fosen practicamente nulas as

actuacións de fomento da lingua galega.

13. As familias perciben normalmente unha mensaxe de conformidade coa

secundarización da lingua galega que os mantén en posturas conformistas.

14. Percíbese pouca motivación entre os pais para transmitirlles o galego aos seus

fillos.

15. Nalgunhas familias existe o prexuízo de que unha adquisición inicial do galego

pode ser unha eiva para unha aprendizaxe adecuada do castelán.

16. Algúns adultos carecen a miúdo de formación escolar en lingua galega, o que

acrecenta a reafirmación en determinados prexuízos e moitas veces deriva na

ruptura da transmisión do idioma aos fillos.

17. Está moi estendida a idea de que o galego está fortemente dialectalizado e que o

estándar non é máis que un produto de laboratorio. Isto provoca a

minusvaloración do galego, orixina confusión e mesmo leva á renuncia á súa

transmisión por parte dalgúns galegofalantes de sempre.

Page 53: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

53

3.7. Diagnóstico da normalización no alumnado.

3.7.1.Puntos positivos 1. A competencia en galego por parte do noso alumnado, especialmente na escrita, é

moito mellor hoxe en día que en décadas anteriores. 2. O galego é lingua de uso preferente na mocidade do concello. 3. A maioría usa e ten contacto decote co galego. 4. Son raros os casos de manifestación de desprezo polo uso da lingua. 5. As iniciativas normalizadoras non son mal recibidas polos alumnos.

3.7.2.Puntos negativos 1. Non está totalmente xeneralizada a competencia escrita e lectora entre a

mocidade. 2. Cada vez é menor o número de mozos que recibiron o galego como lingua inicial. 3. A capacidade para falar en galego dalgúns rapaces castelanófonos presenta eivas

importantes. Isto deriva no illamento do galego e o fortalecemento dos prexuízos. 4. Os rapaces castelanfalantes están cada vez máis excluídos de contextos

galegófonos, o que supón un obstáculo máis para a mellora das súas competencias na nosa lingua.

5. Cada vez é maior a carencia de modelos lingüísticos de referencia que sirvan para mellorar a competencia en galego e para estimular o seu uso.

6. Deturpación bastante xeneralizada e escaso rigor normativo no uso do galego, factores que trasladan a algúns falantes eventuais a idea de que non cómpre unha aprendizaxe formal deste.

7. Cada vez existen menos espazos para o uso espontáneo do galego 8. A maior presenza do inglés e do castelán fomentada polo decreto 79/2010

promove a extensión de prexuízos sobre o galego como lingua de segunda categoría.

9. Falta de referentes galegofalantes que sexan modelos para a mocidade. 10. A falta de medios de comunicación en galego ofrece ao alumnado modelos

exclusivamente en castelán, ou, cada vez máis, en inglés. 11. Falta de actividades dirixidas á xuventude en galego. 12. incremento das canles de televisión fixo decrecer o impacto que podía ter a TVG.

Tampouco detectamos nesta canle unha programación que conecte coa mocidade. 13. aspecto identitario ‘ser galego’ é feble. Isto resta fortaleza ao usos lingüísticos en

galego. 14. coñecemento e uso do galego non se valora para o acceso a un posto laboral.

Incluso nos últimos tempos houbo unha importante depreciación nas Administracións Públicas.

3.8. A ambientalidade sociolingüística do centro O galego é a lingua habitual da documentación administrativa, do rotulado do

centro e das notas informativas dos taboleiros. A lingua galega utilízase nas comunicacións orais e escritas co alumnado, coas familias e con outras institucións. Úsase tamén o galego nas conversas que, fóra das actividades docentes, as persoas

Page 54: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

54

adultas do centro manteñen co alumnado, así como nas interaccións co alumnado en contextos informais e na realización das actividades extraescolares. En xeral, o galego é a lingua habitual do persoal docente e en menor medida do persoal non docente do IES Pintor Colmeiro.

O Centro conta dunha dotación de fondos en galego na biblioteca (libros, revistas, CD’s, DVD’s) e está presente tamén na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación (páxina web do centro, blog da biblioteca ou das clases, actividades informáticas na docencia...). O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza accións relativas ao uso da lingua galega no centro.

A porcentaxe de alumnado inmigrante no centro é escasa e os lugares de procedencia predominantes son América Latina e Europa do Leste (Ucraína e Romanía, sobre todo), polo que as linguas faladas no ámbito familiar do alumnado inmigrante son o castelán e outras linguas europeas. A competencia en galego do alumnado inmigrante é, en xeral, escasa e necesitan un longo período de aprendizaxe.

As variables deste punto permítennos afirmar que, fóra das actividades docentes, a presenza da lingua galega na vida do centro é maioritaria e que, polo tanto, o contorno lingüístico do instituto é claramente galegófono.

3.9. Ámbito e sectores claves do centro A análise destes parámetros no noso centro educativo e, dentro de cada un, dos

diferentes sectores de actividade, con posibles actuacións singulares que debemos ter en conta, permítenos coñecer os ámbitos de intervención.

3.9.1.Administración Este nivel de intervención está constituído polas relacións do Centro coa

Administración e os aspectos burocráticos do propio Centro. Nel distinguimos os seguintes sectores de actuación:

3.9.1.1.Sector 1: Actividade oficial e relacións coa administración Os documentos oficiais escritos tales como arquivos, comunicacións,

convocatorias, avisos, certificados, actas de reunións, oficios, regulamentos, follas informativas e a documentación interna do centro están en galego.

Os documentos relativos á xestión económica do centro tales como recibos, facturas, inventarios, balances, documentos contables, etc. están escritos en galego.

A lingua da comunicación oral nos claustros, reunións de traballo, comisións, etc. é, en xeral, o galego. Aínda que a presenza do castelán incrementouse nos últimos anos.

3.9.1.2.Sector 2: Aspectos visuais A rotulación externa e interna do centro, os horarios, os taboleiros de anuncios,

a páxina web do centro, os carteis, as listaxes de prezos e menús do bar, os calendarios, a catalogación da biblioteca e do material audiovisual fanse en lingua galega.

Page 55: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

55

3.9.2.Interacción didáctica Este apartado analiza a rede de relacións interpersoais que se establecen na

comunicación educativa.

3.9.2.1.Sector 1: A actuación dos docentes O docente é promotor dos usos lingüísticos pola adecuación, propiedade e corrección da lingua que utiliza, pola variedade de funcións para as cales usa a lingua e polas actitudes que mantén cara á lingua e a súa recuperación e a dinámica que é capaz de pór en marcha. No noso centro a actuación dos docentes desenvólvese en galego en todas aquelas materias que indica a normativa, e nunha porcentaxe importante daquelas en que non está prescrito.

3.9.2.2.Sector 2 Os materiais didácticos *Os libros de texto e os materiais didácticos dos diferentes departamentos están en galego (na medida en que o permite a lei) e incorporan os usos necesarios para actuar na nosa lingua en todos os ámbitos da actividade social.

3.9.2.3.Sector 3 O clima da clase No noso instituto favorécese unha actitude de integración e de valoración da nosa lingua e cultura a través da rotulación, os símbolos e adornos dentro da clase, o taboleiro de anuncios, os murais, calendarios, horarios e carteis.

3.9.3.Relación co contexto sociofamiliar Neste ámbito analízase a rede de relacións interpersoais que se establecen na comunicación educativa. Distinguimos tres sectores de actuación:

3.9.3.1.Sector 1 Comunicacións orais A atención ao público en reunións con familias, intervencións en actos oficiais, actividades extraescolares, intervencións nos medios de comunicación, campañas informativas do centro, semanas ou xornadas culturais, celebracións, actuacións teatrais e musicais, etc. desenvólvese en galego.

3.9.3.2.Sector 2 Comunicacións escritas As circulares, follas informativas ás familias, notas de prensa, anuncios, autoadhesivos, cartas, prensa da escola, páxinas web, blogs, etc. estaban escritos en galego. Nos últimos anos incrementouse a presenza do castelán.

Page 56: Análise sociolingüística do IES Pintor Colmeiro 14-15

56

4.Referencias Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico. Formoso

Gosende, Valentina, Xerais 2013

A planificación lingüística nos centros educativos

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacionLinguistica_2edicion_baixa.pdf

Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/GuiaPlanificacion.pdf Cadernos de lingua nº 33. RAG 2011

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/e83aa3f5-7169-4656-b7a7-c1ec2250d0e7

Censo de poboación e vivendas. Galego

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0206002

Valoración dos datos IGE 2001-2011. Consellería Educación

http://www.edu.xunta.es/web/node/13636 Mapa de uso e evolución do uso do galego 2001-2011, por Carlos Neira

https://www.google.com/fusiontables/DataSource?docid=1_qPHoIS4DI40y60IkvcACIEVasGkhdNucpyYBo18#rows:id=1

Cuestionario para o alumnado. Ficha de recollida de datos sociolingüísticos do

IES Pintor Colmeiro

https://docs.google.com/forms/d/1GF4U2GBSpQ6YyX3yA9Zm7iP59tVJrMtCZqxdyEQD-ok/viewform?edit_requested=true

Recompilación de datos do alumnado da enquisa sociolingüística do IES Pintor

Colmeiro

https://drive.google.com/file/d/0B0jUUV2NRm_QTmRjWjJBa0NOZmc/edit?pli=1 Entrada no Etnologue. Español

http://www.ethnologue.com/language/spa Entrada no Etnologue. Portugués.

http://www.ethnologue.com/language/por