Temas de sociolingüística

of 12/12
Por XoAnSeCa, IES ISAAC DÍAZ PARDO. SADA. 2º DE BACHARELATO. CURSO 2014/2015
  • date post

    03-Apr-2016
  • Category

    Documents

  • view

    228
  • download

    4

Embed Size (px)

description

Seis temas de sociolingüística para preparar as probas de acceso á universidade na materia de lingua galega e literatura.

Transcript of Temas de sociolingüística

  • Por XoAnSeCa, IES ISAAC DAZ PARDO. SADA. 2 DE BACHARELATO. CURSO 2014/2015

  • 2

    PARA REFLEXIONARMOS PREVIAMENTE

    As linguas non existen sen a xente que as fala, e a historia dunha lingua a historia dos seus falantes. Estamos ante a concepcin social da lingua.

    Imos facer un pequeno e modesto achegamento sociolingstica do galego. Cal a situacin da lingua galega en Galicia?

    O mundo plurilinge, iso fai que as linguas estean constantemente en contacto. O marco destes contactos pode ser o individuo ou a comunidade.

    Existe conflito lingstico en Galicia? Que futuro queremos para o galego?

    Existe todo un conxunto de actitudes, de sentimentos dos falantes fronte s linguas, e fronte a aqueles que as utilizan que teen consecuencias sobre o comportamento lingstico.

    Os prexuzos lingsticos conducen aos individuos a menosprezar a sa propia fala ou tamn aos seus falantes.

    A globalizacin, o transnacionalismo, a cultura de masas lvannos a un nico espazo pluridimensional, con mltiples conexins entre distintos compoentes de diferente nivel, conexins que configuran distintos tipos de redes. Estas mudanzas estn a configurar un cambio das condicins de existencia das linguas (ecosistema lingstico) que sen dbida van afectar as perspectivas do idioma galego.

    O futuro, pasa por un bilingismo compensado, un bilingismo que permita o equilibrio das linguas en contacto?

    As linguas non oficiais, anda sendo historicamente propias dun pobo, (linguas minorizadas) sofren a competencia doutra lingua allea (asumida polo estado como oficial) e que constite unha ameaza para a sa sobrevivencia.

    O bilingismo un fenmeno individual que consiste no emprego non condicionado de das

    linguas nunha situacin de inexistencia de conflito lingstico.

    A diglosia un concepto aplicable a situacins de dualidade lingstica na que a convivencia idiomtica conflitiva: hai unha lingua dominante e outra dominada en funcin dos usos, oficializacin, normalizacin

    Cmpre non perder de vista a historia do galego xa que hai uns sculos de opresin sobre a nosa lingua e de imposicin doutra que non conseguiron acabar co galego, anda que si conseguiron o seu desprestixio social e a perda de importantes usos as como tamn cortar a sa evolucin.

    Lembremos a historia da lingua, a expresin oral, o pobo, o rexurdimento e a necesidade de establecer unha norma comn, estender os seus usos e vencer os prexuzos e complexos. Os vellos petrucios son os protagonistas, tamn nestes momentos. Durarn sempre?

    A problemtica lingstica unha cuestin social, cultural e poltica. Un desafo para a cidadana.

  • 3

    A situacin do galego complexa, as solucins non son doadas e presentan certos problemas. certo que algns veen herdados da sa historia, pero outros son consecuencia de erros acumulados nestes ltimos tempos:

    As disputas normativas.

    Exclusivismo sectario e identificacin da lingua cunha ideoloxa determinada.

    Denuncias e pesimismo. Non se salientaron nunca os avances.

    Como os prexuzos lingsticos se trasladan tamn aos seus falantes.

    A necesidade de partir do propio para chegar ao universalismo do multiculturalismo.

    As campaas de normalizacin lingstica foron mal planificadas? Cales son os obxectivos da normalizacin lingstica: Monolingismo, ou bilingismo

    harmnico? Existen outros camios? A importancia da lingua inicial ou materna.

    Despois de trinta anos de normalizacin lingstica: como podemos describir a situacin actual do galego?

    ALGUNHAS CONCLUSINS TIRADAS DO MAPA SOCIOLINGSTICO DE GALICIA

    A lingua inicial de mis da metade dos galegos a lingua propia e unha persoa de cada seis bilinge inicial.

    Os novos falantes poden adquirir ambas as das simultaneamente.

    Tres de cada cinco galegos son mis ben galego falantes. A inmensa maiora dos galegos declara entender o galego. Dous terzos aseguran saber falalo fluidamente. Algo mis da metade declara saber lelo. Menos dun terzo se declara competente para escribilo. De todos os xeitos, en xeral, o galego flase mis no rural, por parte das persoas con

    profesins menos cualificadas e con menor nivel de estudos. A partir do tramo (26 a 35 anos) a cada do galego como lingua inicial frase.

    COMO CONSECUENCIA?

    As linguas non son simplemente instrumentos de comunicacin, senn recursos para o desenvolvemento integral das persoas, polo tanto teen a consideracin de bens culturais e son conformadores de identidade colectiva.

    A recuperacin do galego unha tarefa colectiva. A cidadana debe aspirar a un bilingismo equitativo que permita o desenvolvemento da lingua propia.

    En contextos de bilingismo desigual, o predominio no sistema educativo da lingua ambiental dominante reforza a marxinacin da lingua subordinada. A diglosia contina vixente e a substitucin lingstica, a pesar dos avances, anda unha ameaza. Debemos propugnar o monolingismo defensivo dos galegofalantes como estratexia para acadar un bilingismo igualitario.

    Podemos hoxe describir a situacin sociolingstica de Galicia recorrendo aos conceptos de diglosia e substitucin lingstica?

  • 4

    O futuro pasar polo bilingismo produtivo en galego e en casteln e por unha boa competencia en ingls?

    O galego debe establecer contactos estreitos co portugus?

    Precisa o galego dunha rea territorial, funcional e comunicacional de especial proteccin na que ter estatus preferente?

    PARA DESCRIBIRMOS UNHA LINGUA

    Perfil histrico e literario. Anlise da situacin xurdica, poltica, administrativa e socioeconmica. A sa prctica social. Persoas que a falan por tramos de idade. Niveis de uso no ensino. Utilizacin nos medios de comunicacin. Presenza na vida profesional e comercial.

  • 5

    Tema 1. As funcins sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuzos lingsticos: a sa

    repercusin nos usos.

    A funcin bsica dunha lingua a de servir como medio de comunicacin entre os membros dunha comunidade. Dependendo do mbito de uso da lingua, a funcin comunicativa concrtase ou non noutras funcins mis especficas. Falar galego, por exemplo, algo mis que empregar un instrumento de comunicacin; un acto social no que, entre outras cousas, se pon de manifesto a vinculacin a unha cultura, a un territorio

    O termo bilingismo designa a capacidade que ten unha persoa para se expresar mis ou menos con igual destreza en das linguas (bilingismo individual); en sentido colectivo (bilingismo social) refrese comunidade na que se empregan das linguas, sendo bilinges boa parte dos seus individuos. O bilingismo motivo de enriquecemento para o individuo, mais difcil que as linguas se atopen en situacin de igualdade e proporcionalidade totais dentro dunha comunidade.

    A diglosia un concepto lingstico que se aplica a situacins de conflito lingstico e desemboca na superposicin dominante dunha lingua, no noso caso o casteln, sobre outra, o galego. Esta posicin dominante manifstase nos usos sociais, na oficializacin e na normalizacin e difusin. A lingua dominada pouco empregada na escrita e propia da comunicacin oral, familiar e de actividades de mbito restrinxido.

    O conflito lingstico dse cando nunha sociedade se produce unha convivencia lingstica desequilibrada e diglsica entre das ou mis linguas. Esa situacin conduce ao dominio dunha lingua sobre outra e incide fundamentalmente na desigualdade do uso de ambas as das, no maior prestixio dunha en detrimento da outra e incluso na posible substitucin dun idioma por outro.

    En Galicia obvia a presenza de das linguas: unha, o galego, a propia do pas e outra, o casteln, de fra, imposta dende a Idade Media. Esta dualidade, presenta unha situacin de equilibrio, igualitaria e de non discriminacin ou pola contra se manifesta conflitiva e discriminatoria?

    A situacin lingstica en Galicia dende o sculo XVI est determinada pola coexistencia diglsica, conflitiva e desequilibrada entre o casteln e o galego. O casteln substituu o galego nos usos escritos e formais relegndoo comunicacin oral e informal. Produciuse deste xeito unha especializacin lingstica e unha xerarquizacin que levou ao casteln consideracin de lingua alta, de poder e de prestixio e ao galego a ser considerada a lingua baixa, de segunda clase, menosprezada e minorizada.

    Nestes momentos, a pesar de que existen disposicins legais que protexen e difunden o galego como lingua oficial de Galicia; a pesar de que o galego lingua vehicular no ensino, que est presente (de desigual modo) nos medios de comunicacin de masas, e a pesar das campaas de normalizacin lingstica, a lingua propia de Galicia segue a ser unha lingua de segunda, unha lingua de usos restrinxidos. O pretendido bilingismo harmnico, dicir, a convivencia das das linguas en p de igualdade dentro de Galicia probable que desemboque na substitucin da mis feble.

    certo que o galego foi experimentando unha crecente presenza pblica no seo da sociedade e estase a introducir en reas e mbitos de uso antes exclusivos do casteln, anda as a existencia de prexuzos lingsticos determina que na prctica coti a situacin do galego segue a ser diglsica. Entre os prexuzos que existen sobre a lingua galega hai algns que xa veen de vello: O galego lingua de pobres, o galego lingua de aldens, o galego non serve fra de Galicia, o galego

  • 6

    un idioma imposto, pero hainos tamn modernos, resultado do proceso de estandarizacin: o galego estndar un idioma inventado, o galego dos libros non o entendo. Todas estas ideas preconcibidas inflen na percepcin e nos usos lingsticos dos cidadns, que poden provocar mesmo un complexo de inferioridade con respecto sa lingua inicial (autoodio). Os prexuzos cumpren unha funcin defensiva, xa que se utilizan co fin de xustificar e manter a posicin dominante de certos grupos sobre outros. Son ademais difciles de detectar porque a xente intenta ocultalos ou polo menos disfrazalos, sexa de xeito consciente ou inconsciente. O certo que malia que a gran maiora da poboacin ten competencia lingstica en galego, usa cada vez mis o casteln.

    A alternativa a esta situacin conflitiva pasa necesariamente por un proceso de normalizacin lingstica que restaure o unilingismo natural eliminando as situacins diglsicas, o cal non debe ser incompatible co bilingismo ou trilingismo que todo individuo debe procurar. A cidadana debe aspirar a un bilingismo equitativo que permita o desenvolvemento da lingua propia. A diglosia contina vixente e a substitucin lingstica, a pesar dos avances, anda unha ameaza. Por esa razn debemos propugnar o monolingismo defensivo dos galegofalantes como estratexia para acadar un bilingismo igualitario.

    (794 palabras)

    Tema 2. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. A normalizacin do galego.

    Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas. En canto ao nmero de

    falantes, as linguas mis estendidas son o chins mandarn, o ingls, o hindi, o espaol, o ruso, o rabe, o portugus Esta gran diversidade lingstica correspndese tamn cunha gran variedade de situacins nas que se poden atopar as linguas dende o punto de visto poltico:

    - Linguas con estado e linguas sen estado: as que representan de forma oficial e legal un estado e as propias de territorios que non teen independencia poltica.

    - Linguas oficiais en mis dun estado: portugus, espaol, ingls

    - Estados unilinges: nos que se fala unha soa lingua.

    - Estados plurilinges: nos que se falan varias linguas.

    As linguas hexemnicas gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder poltico-econmico que as potencia.

    Consideramos linguas minoritarias aquelas que no territorio de seu teen un nmero realmente reducido de falantes (o aragons en Aragn, por exemplo). Pola contra, catalogamos como linguas minorizadas aquelas variedades lingsticas de pequena extensin pero claramente maioritarias no seu territorio propio, que estn sometidas a condicins sociais tales que ven restrinxidas as sas funcins de uso. A competencia desigual cunha ou varias linguas alleas de maior prestixio constite o factor bsico desencadeante desta situacin.

    O galego, un idioma que nunca perdeu a sa condicin de lingua maioritaria no seu territorio propio, padeceu durante sculos unha marxinacin que o mantivo afastado dos usos institucionais e oficiais e relegado a condicin de lingua oral familiar, situacin que o converteu en lingua minorizada.

  • 7

    O conflito lingstico que se produce pola primaca social entre un idioma hexemnico e unha lingua minorizada soamente coece das sadas posibles: A substitucin lingstica, e a normalizacin lingstica, dicir, o establecemento de medidas polticas, legais, sociais e lingsticas para a recuperacin do idioma marxinado que posibiliten a posterior convivencia harmnica de ambas as das linguas.

    Denominamos, polo tanto, normalizacin lingstica o proceso de adquisicin por parte do galego de funcins e mbitos de uso e recuperacin daqueles que lle foron usurpados polo casteln. A normalizacin pretende restaurar na sociedade o unilingismo natural eliminando as situacins diglsicas.

    O galego, lingua natural e propia de Galicia, foi desprazado polo casteln, lingua fornea, dos espazos que naturalmente ocupaba. Normalizar o galego significa, pois, recuperar a sa presenza exclusiva en todo tipo de ocasins e actividades da vida social, cultural, comercial, administrativa, de relacin

    O novo marco poltico deseado a partir da Constitucin de 1978, do Estatuto de Autonoma de Galicia (1981), da Lei de normalizacin lingstica de 1983 e das demais disposicins e decretos que a desenvolven provocaron importantes avances cualitativos no seu prestixio e recuperacin social ocupando terreos ata entn pouco propicios: actuacin poltica institucional, ensino, medios audiovisuais Porn hai quen entende que este proceso anda minoritario e pouco cristalizado xa que se d unha certa reticencia e resistencia, cando non oposicin frontal, en relacin ao galego.

    O galego chega ao sculo XXI con presenza en todos os mbitos e emprego real en todas as funcins da sociedade que constite o seu espazo cultural natural. Pero, polo de agora non podemos considerar rematado o proceso de normalizacin lingstica xa que existen actitudes que seguen a considerar o galego como unha lingua mis acada para falar cos amigos e familiares, na aldea e coa xente de mis idade, e o casteln a lingua que debe empregarse de maneira preferente no comercio, na igrexa, no xulgado, na universidade e, en xeral, nos intercambios sociais mis formalizados.

    Segundo os datos do Mapa Sociolingstico de Galicia, a porcentaxe dos que falan galego decrece drasticamente conforme dimine a idade das persoas. Desta maneira, de non mudaren os indicadores, a situacin evolucionara de maneira moi negativa para o galego, xa que un descenso tan severo do nmero de falantes podera mesmo facer perigar a propia supervivencia da lingua. Anda que estudos mis recentes confirman un estancamento desa tendencia de diminucin, a creba do proceso que transmita o idioma de pais a fillos segue a constitur unha seria ameaza para o futuro da lingua.

    (681 palabras)

    Tema 3.

    Historia da normativizacin: A construcin da variedade estndar. Interferencias e desviacins da norma.

    Entendemos por normativizacin dun idioma a regulacin do tipo de idioma a empregar,

    dicir, unha variedade unificada, comn a todos os seus falantes. Est estreitamente emparellada coa sa normalizacin, coa sa implantacin xeral na sociedade. O proceso de normativizacin ou estandarizacin lingstica ten a sa plasmacin concreta na determinacin dunha ortografa, unha gramtica e un dicionario do idioma.

  • 8

    O galego, sometido dende o sculo XVI a unha situacin diglsica que o reduciu a ser unha lingua oral, experimentou un proceso de deterioro do seu sistema lingstico, alterado pola intromisin do casteln e asistiu a unha disolucin da sa unidade bsica ao carecer dun referente culto que servise como modelo uniformizador. As consecuencias disto foron a castelanizacin e a dialectalizacin do idioma.

    Cando no sculo XIX o galego gaa outra vez o espazo escrito, os seus cultivadores encntranse cun idioma fragmentado, rstico, de vocabulario limitado e que supla as sas insuficiencias co modelo do casteln. A pesar de estar xa presente dende os primeiros momentos a necesidade de lograr unha unificacin da lingua escrita, cmpre esperar ao sculo XX para que xurdan as primeiras propostas dunhas normas comns.

    Nos anos 1970-71 a Real Academia Galega (RAG) fai pblicas unhas Normas ortogrficas e Morfolxicas que recollan gran parte das solucins que se xeneralizaran, mis ou menos espontaneamente, no galego escrito. En 1971 crase na Universidade de Santiago de Compostela o Instituto da Lingua Galega (ILG) que publica nesa dcada os primeiros mtodos de aprendizaxe do noso idioma. En 1980 a Asociacin Scio-Pedagxica Galega (AS-PG) edita as Orientacins para a escrita no noso idioma, que tern unha versin reintegracionista no ano 1982. Nese mesmo ano de 1982, o ILG e a RAG elaboran as Normas ortogrficas e morfolxicas do idioma galego, declaradas oficiais pola Xunta de Galicia. Dende aquela, estas normas foron actualizadas e revisadas en 1995 e en 2003.

    Existen das grandes tendencias no que se refire normativizacin do galego. A tendencia reintegracionista propugna a aproximacin do estndar galego ao do portugus de Lisboa. Fronte postura reintegracionista, os partidarios da normativa oficial, sen negaren a existencia dun estreito parentesco e dunha fase comn galego-portuguesa, defenden a identidade do galego como lingua autnoma e independente do portugus e toman como punto de partida o galego oral, depurado dos elementos espurios provocados pola convivencia desequilibrada co casteln.

    A normativa representa o galego comn ou estndar, que a travs dunha gramtica e dun dicionario normativos, fixa uns usos apropiados da lingua e excle as chamadas interferencias e desviacins da norma.

    Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos son formas creadas artificialmente por reaccin diferencialista con relacin ao casteln. Consiste en galeguizar anda mis aquelas palabras que o galego comparte co casteln en virtude de falsas analoxas. o caso de primaveira (por primavera), humn (por humano), gasolia (por gasolina), labourar (por laborar), etc.

    Os vulgarismos afectan case sempre fontica e son propios do galego oral. Consiste na alteracin do vocalismo ou consonantismo das palabras por cambio dun fonema por outro. o caso de marmurar (por murmurar), probe (por pobre), espranza (por esperanza)

    Os arcasmos son o resultado de querer depurar a lingua botando man de formas medievais para substitur palabras plenamente galegas, anda que idnticas ou parecidas ao casteln. Algns arcasmos son: vegada (por vez), nascer (por nacer), tduo (por ttulo), etc.

    Por outra banda, as linguas adoitan incorporar ao seu lxico termos procedentes doutras, que se coecen por ese motivo co nome de prstamos. Hainos necesarios e aceptables que cobren lagoas lxicas que van xurdindo. Pero hai outros que son innecesarios xa que para o seu significado si existe unha palabra propia na lingua receptora. Estes ltimos son os que se denominan interferencias e son debidos presin sociocultural dunha lingua dominante. Na nosa lingua a

  • 9

    maior parte das interferencias proceden do casteln (castelanismos), anda que tamn veen do ingls (anglicismos) e tamn do portugus (lusismos).

    A peculiar convivencia, de matices diglsicos, entre galego e casteln determina que esta ltima se vexa mis protexida que o galego fronte s interferencias e poida manter mellor a sa identidade lingstica. O grao e intensidade das interferencias vara segundo os individuos e as situacins, mais poden afectar a todos os planos da lingua: fnico, ortogrfico, morfosintctico e lxico. Son castelanismos parexa (por parella), conexo (por coello) boda (por voda), atmsfera (por atmosfera) a leite (por o leite), o calor (por a calor) o senta na alma (por sentao na alma), vou a contar un conto (por vou contar un conto) escoba (por vasoira), grifo (por billa)

    Dende o momento en que existe a variedade estndar dun idioma, esta adoita a converterse na variedade de mis prestixio e, en consecuencia influir nas distintas variedades tradicionais (xeogrficas e sociais). As das variedades poden coexistir sen problema nunha distribucin axeitada de funcins. Mentres as tradicionais se utilizan en situacins comunicativas informais, variedade estndar correspndenlle as funcins pblicas e formais e, por suposto, as escritas.

    (830 palabras)

    Os temas 4, 5 e 6 comparten o primeiro pargrafo de presentacin.

    HISTORIA DA LINGUA: SCULOS XX E XXI.

    Ao longo do sculo XX foise consolidando o proceso de normalizacin da lingua galega ao acceder a novos mbitos de uso que ata ese momento lle estaban vedados: ensaio, narrativa, actos pblicos, ensino, administracin pblica, correspondencia privada En termos xerais, a consideracin pblica acerca do galego foi mellorando pouco a pouco ata acadar nestes ltimos anos o recoecemento oficial como lingua propia de Galicia. Con todo, existen notables diferenzas no transcorrer do sculo XX e na actualidade os datos de galegofalantes monolinges en galego e as porcentaxes do seu uso en termos absolutos determinan, cando menos, unha certa preocupacin en canto supervivencia da nosa lingua.

    (109 palabras)

    Tema 4. O galego no primeiro terzo do sculo XX: caractersticas lingsticas fundamentais. Contexto

    histrico e situacin sociolingstica.

    Neste perodo que vai dende o 1900 ata a Guerra Civil de 1936/39, continase o labor dignificador da lingua galega iniciado no sculo anterior grazas a unha serie de iniciativas orientadas a superar os moitos atrancos cos que se atopaba a cultura galega.

    En 1906 fndase a Real Academia Galega (RAG), unha iniciativa iniciada polos intelectuais decimonnicos e que se far realidade a principios do sculo XX con dous claros obxectivos: a elaboracin dun dicionario e unha gramtica.

    Coa aparicin das Irmandades da Fala (1916) prodcese un salto cualitativo no emprego do idioma a nivel cultural e o galego utilizarase nos actos pblicos, no xornalismo, no ensaio poltico, nos textos cientficos Creadas para a defensa, dignificacin e cultivo do idioma, tiveron o seu momento cume en 1918 na celebracin da I Asemblea Nazonalista Galega onde, sen abandonar o obxectivo lingstico, formulan un plan mis amplo de recuperacin poltica, social e econmica

  • 10

    de Galicia que se resume en dous grandes obxectivos: autonoma para Galicia e o galego lingua oficial.

    En 1920 xorde en Ourense a revista Ns, integrada por Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, e que conta coa colaboracin de Lousada Diguez, Castelao e outros e que pretende servir de canle de expresin para a posta ao da e potenciacin da cultura galega ata entn moi localista e excesivamente marcada pola lrica, o ruralismo e o costumismo. Para actualizar, normalizar e universalizar a cultura galega, os homes de Ns acollen nas sas pxinas colaboracins de autores estranxeiros, traducins, informacins e noticias do que se faca noutras literaturas, e ademais tamn se preocupaban da arqueoloxa, antropoloxa, filosofa, msica, demostrando na prctica a validez do galego para todo tipo de mbitos, algns dos cales lle estaban totalmente vedados como o ensaio, a leccin universitaria, o discurso poltico, o tratado cientfico, a tribuna oratoria

    Precisamente, coa creacin en 1923 do Seminario de Estudos Galegos vaise potenciar o uso do galego na prosa cientfica e tcnica. O Seminario vai poer de manifesto a preocupacin dun sector do mundo universitario por Galicia, que ser obxecto de investigacin como fenmeno natural, histrico, social, poltico, cultural, etc.

    Coa instauracin da Repblica (1931), o galeguismo vaise reagrupar en torno ao Partido Galeguista que pretender conseguir a autodeterminacin poltica para Galicia, e que se ver materializada na elaboracin do Estatuto de Autonoma do 1936, que recolla no seu articulado a cooficialidade de galego e casteln na Administracin e un ensino bilinge nas escolas primarias que en niveis superiores se centraba en impartir Lingua, Historia e Literatura Galegas. Por vez primeira, despois de catro sculos, o galego pareca recuperar algunhas cotas de oficialidade.

    Desta etapa podemos destacar algns estudos lingsticos, entre outros: Dicionario galego casteln (1928) de Leandro Carr Alvarellos e Gramtica do idioma galego (1922) de Manuel Lugrs Freire.

    Non obstante, esta rehabilitacin social do idioma coincide cunha perda porcentual de falantes monolinges en galego e o inicio dunha extensin social da diglosia. Por unha banda, o sistema de ensino que emprega o casteln como lingua nica e que reprime o galego en calquera situacin escolar. Por outra banda, a sangra da emigracin levou fra de Galicia a milleiros de persoas que tian o galego como lingua inicial. Estas circunstancias, xunto co transvasamento demogrfico do rural ao urbano provoca que o proceso de recuperacin de mbitos de uso iniciados a principios de sculo se vexa seriamente danado.

    A nivel lingstico, o contacto co galego medieval a raz das edicins e publicacins de documentos, cantigas e textos en prosa unido ao desexo de depuracin e necesidade de cubrir os baleiros lxicos do galego patrimonial levaron a que, cada vez mis frecuentemente, aparecesen formas arcaicas. Tamn se produce un achegamento ao portugus a onde se van buscar as referencias para a solucin de problemas lxicos ou morfolxicos. As, o galego dos escritores deste primeiro terzo do sculo un galego que a penas est marcado dialectalmente e no que se adoptan solucins tomadas da tradicin literaria ou ben restauradas do portugus, o que dar orixe a numerosos arcasmos e lusismos. Por outra banda, o diferencialismo en relacin co casteln e a busca da pureza idiomtica provocarn os hipergaleguismos e a pseudoevolucin, configurando dese xeito un galego afastado da prctica falada normal, arbitrario e como de laboratorio, que continuar con certa vixencia posteriormente Guerra Civil.

    (713 palabras)

  • 11

    Tema 5. O galego de 1936 a 1975: caractersticas lingsticas fundamentais. Contexto histrico e

    situacin sociolingstica. A partir do ano 1939, finalizada a guerra civil, inciase en Galicia, unha vez mis, un perodo de

    interrupcin das actividades culturais e lingsticas propias. A nova orde imposta caracterzase pola represin de todo aquilo que supoa un feito diferencial tanto a nivel poltico, como cultural ou lingstico. A igrexa, a escola, a Administracin pblica, os medios de comunicacin van empregar exclusivamente o casteln. Galicia somrxese nun silencio profundo e o galego convrtese nunha lingua clandestina e pouco a pouco vai ir perdendo prestixio social e, por suposto, mbitos de uso que non sexan os exclusivamente familiares.

    Prosegue o proceso de substitucin lingstica durante os anos da ditadura a pesar da superioridade demogrfica da lingua galega, pois a maiora da poboacin segue a ser monolinge en galego ou bilinge galego-casteln. Non obstante, vanse afianzando os prexuzos lingsticos que levarn ao galego consideracin de lingua inferior. A transmisin do galego como lingua materna vai ir diminundo na medida en que se produce a integracin dos individuos de procedencia rural nas reas urbanas e os seus fillos van ser escolarizados nun sistema lingisticamente homoxeneizador.

    Entre 1936 e 1950, anos da mis dura e pechada etapa do franquismo, a penas se publican libros en galego. Sen editoriais, mortos, silenciados ou exiliados os galeguistas a Galicia territorial cede a sa palabra Galicia Americana: editoriais (Galiza, Nova, Citania), reedicin e edicin de libros, conferencias, publicacins peridicas, emisins de radio, representacins teatrais, actos cvicos converten Bos Aires na capital cultural e espiritual de Galicia.

    No ano 1950, un grupo de galeguistas entre os que se encontraban Ramn Pieiro, Otero Pedrayo, Fernndez del Riego, Ferro Couselo e outros, nace a editorial Galaxia, que axia se converter nun dos principais instrumentos da recuperacin cultural galega. Outras empresas literarias destacables son a revista Grial, a coleccin de poesa Benito Soto (dirixida por Celso Emilio Ferreiro), a coleccin Xistral en Lugo e o suplemento literario do diario composteln La Noche.

    Galicia vai recuperando pouco a pouco a sa voz e xorden arredor dos anos sesenta diferentes institucins e asociacins culturais ( O Facho, na Corua; O Galo, en Santiago de Compostela; a Asociacin Cultural de Vigo; Agrupacin Cultural Auriense, en Ourense, e Agrupacin Cultural Abrente, de Ribadavia) que se empean no traballo de recuperacin lingstica e cultural, de afirmacin da personalidade nacional e de resistencia fronte ao franquismo. A contestacin poltica ao rxime franquista reactvase coa fundacin da UPG (Unin do Pobo Galego) en 1964 e o Partido Socialista Galego (1965) que representan un novo galeguismo que reclama o dereito autodeterminacin e adopta unha defensa decidida da lingua galega, denunciando o bilingismo e establecendo o galego como lingua oficial de Galicia.

    En 1963, co gallo do centenario da publicacin de Cantares gallegos de Rosala de Castro, a Real Academia Galega instite a efemride das Letras Galegas cada 17 de maio. No ano 1965 a lingua e literatura galegas entran nos plans de estudo da Universidade de Santiago, sendo o primeiro catedrtico Ricardo Carballo Calero, quen publica en 1966 o importante estudo lingstico Gramtica elemental del gallego comn. De significacin semellante o Diccionario galego casteln (1968) de Xos Lus Franco Grande. En 1971 crase o Instituto da Lingua Galega, organismo universitario que ir participando activamente na definicin da norma culta do galego moderno.

  • 12

    (546 palabras) Tema 6.

    O galego a finais do sculo XX e comezos do XXI: caractersticas lingsticas fundamentais. Contexto histrico e situacin sociolingstica.

    Morto Franco (1975) e instaurada, despois da transicin poltica, unha democracia

    parlamentaria (Constitucin de 1978), Galicia dtase dun Estatuto de Autonoma (1981) e de institucins propias como a Xunta de Galicia e o Parlamento. A situacin do idioma vai estar, a partir de a, definida polo marco xurdico-legal que emana da Constitucin, do Estatuto e das leis do Parlamento de Galicia.

    O galego incorprase s mis variadas funcins: xornais e revistas (divulgativas, cientficas ou culturais), ao ensino, radio e televisin, ao libro didctico (filosofa, matemticas, xeografa); empregado na Universidade, na Administracin, na Igrexa, na publicidade Mais a pesar desta presenza semella que anda se est lonxe de conseguir a recuperacin total do idioma.

    A calidade de utilizacin do galego mellorou moito a partir dos anos setenta. Ademais do xa iniciado en anos anteriores, a creacin do Departamento de Lingstica e Literatura Galegas na Universidade, as como a publicacin de gramticas e manuais de aprendizaxe, os cursos de galego promovidos por diferentes entidades e, en xeral, a maior preocupacin tanto individual como colectiva pola calidade do galego empregado, contriburon notablemente a aumentar o nivel de correccin da lingua.

    En 1982, froito do acordo entre a Real Academia Galega e mais o Instituto da Lingua Galega, publcanse as Normas Ortogrficas e Morfolxicas do Idioma Galego que definen o estndar da lingua contempornea e que a Xunta de Galicia adoptou como oficiais. Anda que a aceptacin desta normativa non foi unnime e existe por parte de determinados colectivos unha oposicin que se traduce na aparicin doutros sistemas ortogrficos e morfolxicos de carcter reintegracionista, o certo que dende a revisin das normas no 2003, este rexeitamento mnimo.

    No ano 1983 promlgase a Lei de Normalizacin Lingstica, que vai a supoer entre outras cousas a incorporacin da Lingua Galega ao sistema educativo oficial, o cal supn un fito histrico xa que por vez primeira os galegos comezan a ser alfabetizados sistematicamente na propia lingua. No ano 2004 aprbase por unanimidade no Parlamento galego o Plan Xeral de Normalizacin da Lingua Galega, documento que desea actuacins de promocin e defensa do idioma para o converter en lingua de uso normal en Galicia.

    Malia estes cambios, a situacin social da lingua galega nestes ltimos anos non sufriu grandes cambios. O galego segue a perder falantes iniciais e habituais, e tampouco consegue desterrar vellos e novos estereotipos lingsticos negativos que fan que o seu uso habitual, sobre todo nos mis novos, dimina da a da. O galego ablase hoxe entre o positivo dos avances que se acadaron e a preocupante persistencia de sntomas moi negativos para o futuro da lingua. Na situacin de conflito lingstico que anda estamos a vivir, de non cambiar as tendencias, o galego pode chegar a desaparecer, anda que por outra banda, a nosa lingua xa superou ao longo da sa historia outras situacins desfavorables mis complexas.

    (477 palabras)